martes, 16 de outubro de 2012

As Derradeiras eleccións autonómicas. Fin

Cando no 2009 Feijoó gañou por vez primeira moitos sacaron o conto de que nas vindeiras, orixinalmente  no 2013, seguro que perdía. A verdade é que nunca compartin esa analise basada en... nada. Se gañou cando non tiña o goberno está claro que co goberno vai ter unha victoria Fraguiana. E xa que falamos de Don Manuel (D.E.P) non está de mais lembrar o que fixo falta para que aacabará perdendo por un e polos pelos que aí estivo o reconto (ou Chavez, ou Zapatero segundo a dereita):
- crise das vacas tolas
- Prestige
- Guerra de Irak
- Desmaios de Fraga
- Revolta de Baltar
- Zapatero, ergo goberno amigo do PSOE, na Moncloa
- La puta Coz berrando por un cambio, cuestionando a saúde e a idade do candidato Fraga, e aireando a revolta Baltar como mellor espello do caciquismo que debía desaparecer.
E con todo o anterior gañaron as eleccións e perderon o goberno por un. E voltaron no 2009. Ergo agora si que nos imos enterar do que é gañar e do que é España. Todo iso axudado por unha oposición que leva facendo o parvo desde o 2009 e que deixou pasar todalas oportunidades de sacar proveito da crise e da xestión de Feijoó. Iso en xeral no caso do nacionalismo é aínda peor. Tras perder as oportunidades de ser mioriatario, no 2001, e a de ser decisivo, no 2009 adicouse a dar por boa a vide de Brian como explicación do seu ser. En vez de traballar para salvar algo da desfeita fixo o que todos sabemos. Polo tanto a partires do 22 morrerá o pouco que sobreviviu a desfeita do 1.  E o peor é que con razón. Se nos adicamos a facelo todo mal e a meter a cabez no cú que se pode esperar. 

Ao mesmo tempo todos os acontecementos mencionados coinciden coa firme intención de acabar coas autonomías por parte do PP. Xa o faga de xeito sutil, baleiramento por non exercer as competencias o estilo Feijoo combinado coa previsible devolución de competencias, ou mediante reforma constitucional.  Isto que non escapa a ninguen foi combatido en Catalunya... Se ben todo esta previsto. As voces máis moderadas, que a fin de contas outra guerra sae cara, teñeno dito varias veces: " autonomía para Cataluña y País Vasco como estaba previsto inicialmente y desaparición de todas las demás autonomía artificiales". Aquí, aínda por riba de quedar desfeitos,  imos ter que saír a rúa pra defender unha autonomía capada, os catro que sairemos, e que o resto de la región ría a cachón de nós.

En fin, tal como dixen no seu tempo: "as eleccións ou o día de San Patricio, o que ocorra antes, poñerán fin a este blogue". O domingo toca votar e ver como Feijoó triunfa a nivel de Fraga e nos españoliza de vez para sempre. Ergo, aquí rematan Galizauberalles e Galizauberalles2. Se todo vai ben o día de San Patricio publicarei unha reflexión final que incluirá a data de borrado dos blogues por se alguen quere aproveitar e gardar algo destes.

PD1: Peche de Campaña de Converxencia XXI: um gran mitin de Fin de Campaña en Cangas do Morrazo, o venres 19 de outubro ás 20:30 na Casa da Cultura de CANGAS.Intervirán Carlos Vázquez Padín (Secretario Xeral de Converxencia XXI e número 1 ao Parlamento de Galícia por Pontevedra) e Antonio Pérez González (Secretario de Finanzas e Coordenación Electoral de Converxencia XXI e número 2 por Pontevedra ao Parlamento da rúa Hórreo).

Saúdos e sorte para todos.

martes, 9 de outubro de 2012

Lembranza de Zapatero: o fracaso


No seu momento Xopau xa fixo unha analise final sobre Zapatero. Eu por falta de tempo deixeino pasar ata hoxe. 
Josep Ramoneda (GARA 5-II-2012):  " Aznar gobernou cun proxecto claro de reconquista ideolóxica, de hexemonía cultural, e cando logras iso a hexemonía política vén de seu. A proba é que o PSOE xa non existe nalgúns lugares: Murcia, Madrid, Valencia. Para min un dos grandes fracasos de Zapatero é que en sete anos non deu recortado nin un milímetro a hexemonía ideolóxica do PP”.
A cita anterior engloba claramente o significado e a problematica que subxace o mandato do anterior presidente do goberno. Pode que todo o mundo siga teimando na crise económica, non é para menos, porén o verdadeiramente significativo de Zapatero é o seu primeiro mandato e as eleccións de 2008. 
Unha frase habitual, unha de tantas froito da transición, é a de que España é de esquerdas. Jimenez Los Santos considera que é unha parvada, unha de tantas que lastran a esquerda. E ten razón. España como calquera país inserido na posmodernidade xira entorno a aqueles que sexan capaces de levar a primacía da súa mensaxe a esfera publica e actuar en menor contradición posible, polo menos en público con esa mensaxe. Zapatero chega o poder tras oito anos de Aznarato e antes deste unha longuisima etapa socialista na que o PSOE ao tempo que moderniza as estruturas económicas e ata certo punto sociais esquece moitos dos seus sinais de identidade. Ou noutras palabras: convencido de que o país é de esquerdas, da súa superioridade moral e do poder de PRISA deixou o campo ideolóxico baleiro. O rearme do PP neses tempos foi de manual. Cando lle sumaron o goberno central actuaron para barrer o contrario partindo da idea de que si nos votaron foi para algo. Zapatero tentou facer algo semellante. De feito pode considerarse que aceptou como certa a frase xa citada e ademáis outra que di que o PP pode romper calquera día e parir unha dereita non cerril. De aí que xogase todalas bazas pendentes desde a transición:
Pasar a un estado federal (Estatuto de Catalunya, reforma non realizada do Senado)
Intento de separar dunha vez Igrexa e Estado (a prometida e non realizada lei de Liberdade Relixiosa, lexislar dun xeito claro o aborto, matrimonios homosexuais).
- Ver se aparece esa dereita soñada (illamento do PP)
Aumentar a pluralidade de medios progresistas (Concesión da licenza de televisión a Mediapro coa aparición de La Sexta e Publico)
Nin que dicir ten que fracasou en todo.
Fracasou pola propia oposición dunha parte dos seus que desde o día un do seu mandato botaban de menos a Felipe e como se facían as cousas naquel tempo. Porque non nos enganemos a dereita civilizada é o PSOE. Nunca se falará bastante da traxedia que supuxo que non callase unha forza democratacristiá na transición e que estes acabasen no PSOE ou no PP.
Fracasou porque os que poderían apoialo comportaronse como nenos de patio de colexio (ERC), adolescentes enfadados porque os castigan sen saír (CiU), ou caseiros indignados (PNV). Todos eles fixeron boa a imaxe dos nacionalistas pedichóns que retratan os medios da dereita madrileña.
Fracasou porque os que deberían acompañalo mediaticamente estaban enfadados e arruinados (PRISA) ou carecían de pegada suficiente ademáis de ter problemas propios de solvencia (Mediapro). F
racasou porque o PP non vai romper. Porque simplemente iso co que soñan os demáis a eles e os seus votantes non lles interesa. Entre outras cousas porque xa existe, é o PSOE. Fracasou porque ao fin non tiña os recursos nin a capacidade necesarias para triunfar nunha aposta tan alta, e España non é de esquerdas. 
O que si é importante é que o intentou. Tivo o valor de ir a por ese país no que cría e que teoricamente era posible. Non saíu. Non tivo a maioría absoluta no 2008 e o PP, tirado o monte, subiu en escanos. Un fracaso clarificador para quen queira velo. Sexa como sexa eu agradezolle o intento e botoo de menos.

martes, 2 de outubro de 2012

Benvidos o século XIX

Unha das últimas ideas saídas co gallo da crise foi a de que as vacacións deixasen de ser retribuídas. A ocorrencia é unha máis das moitas que saltan a actualidade cada día loitando por levarnos o máis atrás posible. O problema non reside na parte desas ocorrencias que acaban converténdose en verdades dogmáticas, e previa apelación a necesidade de rigor e sacrificio levadas a practica. O problema reside na incapacidade de crebar esa argumentación, propia de teólogos preconciliares, e levar a cabo outro tipo de medidas. A sociedade asiste indefensa ante esta volta atrás xeral. Algo moito máis grave en España e en Galiza cuxos séculos XIX non son comparables o de Alemaña por poñer un exemplo. Aquí o goberno decente e de senso común do PP destapou as esencias patrias tentando lograr o que fallou no XIX: a España unitaria. Comezou con bo pe, unha parte moi importante da sociedade mercou e segue a consumir a explicación de que a culpa da crise é o dispendio autonómico e as autonomías mesmas. Un revival decimonónico no que o PP non esta só: pola esquerda ou progresía que un xa non sabe como cualificalos xurdiulle o arrebato antisistema dos cabreados (vexase 15M e demais) que fartos dos seus? Comezan a tirar contra todo para maior ledicia dos do outro lado que ven confirmadas as súas verbas de que son a única xente de orde que existe. O que lles permite turrar un pouco máis e plantexar a súa frase favorita "O nosotros o el caos" Co que moita xente acaba renunciando e dicindo "Vosotros". Algo lóxico, se chega o momento eu tamén direi "Vosotros". O último elemento que faltaba era Catalunya. Unha vez máis bota a andar polo lado de pedilo todo ou perdelo todo coa esperanza de que a outra parte ceda e o final gañe un pouco e... e a ver se desta sae porque das outras veces o resultado sempre foi perdelo todo. De momento mentres uns claman por suspender a autonomía e mandar a garda civil o silente Rajoy limitase a dicir que aplicara a Constitución. E todo co segundo rescate chamando a porta: o día 22 saberémolo. En fin que o dito: benvidos o século XIX. Demos grazas que o ano que ven igual voltamos o XVIII.

P.D 1: Actos de Converxencia XXI no comezo da campaña.  Mitin o 5 de outubro no Centro Sociocultural do Sar, en Santiago de Compostela, as 20:30. As 22:30 cea para celebrar o devandito arranque no Restaurante CASA MANOLO da Praza de Cervantes. O prezo estipulado para a cea é de 25 € para o público en xeral e com desconto para os Estudiantes Converxentes.

P.D 2: páxina sobre o noso insigne presidente, presente e futuro diga o que diga a páxina en cuestión.
http://www.feijoo2012.com/


Tamén en Galizauberalles2

venres, 15 de xuño de 2012

Non vai quedar nada


A crise combinada coas apetencias neoliberais de aco e de acola esta a esnaquizar todo o que non colla no estreito reducto mental de o mercado é bo. Pensións, sanidade e educación publicas pasaron de dereitos a luxos contraproducentes para unha sociedade "solvente". Agora que estamos rescatados, e camiño do segundo rescate, o dito anteriormente vai cobrar maior sentido. Ademais aqui vaise engadir outro elemento menor en comparación co anterior porén importante cara o futuro: as autonomías. As autonomías sobranlle os de aquí, xa sabemos a cales, a xente que mercou a mensaxe de que son culpables da crise, e os que nos van intervir que non as entenden: porque un estado ou é federal ou centralista, non unha desfeita rara coma aco. 
Con este panorama de fondo as autonómicas convertense nalgo irrelevante. Se como di a lóxica gaña Feijoo, os recortes e a desaparación da autonomía faranse a bo ritmo e cun sorriso polo ben de España. Se por milagre se produce outro goberno a ecuación será a mesma agás no do sorriso, aínda que co PSdG nunca se sabe, ante a imposición do goberno central e os homes de negro.
De feito para asegurar que todo vaia ben estase a preparar unha reforma da lei electoral para que os emigrantes teñan máis doado votar, pobriños, e correxir a reforma anterior que fixo que case non votaran. Tamén se lle vai devolver o voto a entre 30.000 e 200.000 "exiliados vascos froito da violencia etarra" sen necesidade de que volten ó País Vasco. Viva a democracia.
Pode parecer que non hai esperanza porén haina. Non vou falar dela porque é delito. Con isto remata esta tempada. Se Deus quere e San Patricio axuda voltaremos coa derradeira tempada en outubro ou setembro.

mércores, 23 de maio de 2012

Vai de música

Para todos aqueles que buscan música en galego e xa non aturan o lúar:

http://musicaengalego.blogspot.com.es/

http://www.komunikando.net/

Nesta última ademáis contamos coa xenial webserie Non saímos do Lixo:















E remato co triunfo do programa educativo de Feijoó: por fin falamos  linguas estranxeiras con normalidade.





FOTO TOMADA NO CORTE INGLÉS DE LA CORUÑA



Tamén en Galizauberalles

martes, 22 de maio de 2012

Os Nosos?

O 17 fun a manifestación no bus que fletaron os da CIG desde a miña vila.  Eramos poucos, xa que os escindidos decidiron non ir en nada que cheire a UPG. Xa na manifestación o de sempre: un feixe de organizacións disitntas competindo polo espazo e con cara de non querer contaminarse cos demáis. Cartaces e manifestos enfrontados, contraditorios que dan boa mostra da nosa debilidade. Non existen os nosos nun senso amplo. Cada quen está totalmente pagado de si mesmo, do lingüista, economista e politico que leva dentro. A unidade é imposible. Todos sospeitan de todos. a estas alturas eu esperaba polo menos un minimo común máis forte e practico que ir manifestarse contra Feijoo de vez en cando. Non digo que non deban existir opcións e ideas diferentes, porén algo de sentido practico no viría mal. E temios algo diso? Non. Uns marchan no peor momento e da peor forman posible, outros boicotean os intentos de xornais que van xurdindo porque non son dos seus o do nh... Esta claro que nos gusta facer parvo. Camiñamos firmemente cara a mellor demostración diso: unhas autonómicas nas que tras o triunfo d Feijoo vexo a uns e a outros celebrando o non baixar tanto como se pensaba e aos outros non telo feito tan mal para ser a primeira vez.
Eu pola miña banda decidin que a estas alturas os meus son todos: desde os de Ceivar ata a malvada U. Non creo que me poida permitir o luxo de prescindir de ninguen. Será que son o máis parvo de todos.

Tamén en Galizauberalles

mércores, 18 de abril de 2012

O 19 Folga no ensino non universitario

A sección das mocidades de A Mesa pola Normalización Ligüística, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes convocaron para o día 19 de abril un paro no ensino medio para denunciar que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%.


A esta folga, que será de toda a xornada, está convocado o alumnado do 2º ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, EPA e Ensinanzas Artísticas e Especiais.

 As organizacións convocantes queren denunciar con esta folga que nestes tres anos de goberno de Núñez Feijóo non se puxo en marcha nin unha soa medida favorábel á lingua propia de Galiza, ben ao contrario, practicouse unha política lingüística destinada a reducir a presenza do noso idioma nas aulas. A mocidade reclama, tamén, que o galego exista nas materias científico-técnicas en que o Decreto 79/2010 impón o uso obrigatorio do castelán.


Tamén en Galizauberalles

venres, 13 de abril de 2012

As bolas máxicas na TVG-2

Comezo cunha boa noticia: a TVG-2 está a repoñer As bolas Máxicas, desde o comezo e coa doblaxe orixinal dos 90. Tedes tres horarios dispoñibles: pola maña, pola tarde e pola noite. Apurade que xa esta rematando o primeiro campionato do mundo de artes marciais.


Continuo coa nova de Wert, ministro de educación, tranquilizounos nunha reunión coa recén creada Confederación de Empresarios de educación: a novo bacharelato concertará o primeiro curso por ser obrigatorio e en canto a situación económica o permita concertarase todo o Bacharelato.

Remato coa conversión de Platón o neoliberalismo

E co video Simiocaracia:


Tamén en Galizauberalles2

mércores, 28 de marzo de 2012

Greve xeral e outras cousas

Serie de anuncios e novas:

- Mañá é día de greve xeral, para darlle pulo varias asociacións de consumidores engaden a recomendación de que ademáis non se consuma nada: recomendan facer a compra hoxe ou venres, non gastar nos bares, nin repostar, reducir o consumo de luz e auga etc.

- Se tempo atrás falaba da situación de Antom Santos, hoxe xa é oficial que vai ser procesado. Que as evidencias na súa contra sexan discutibles cando menos non significa nada o estar de por medio unha das magnificas leis de España: a Antiterrorista.

- A pregunta sobre quen ía quedar a cabeza do TDT Party : Intereconomía. A canle do touro consolida o 1,5% de audiencia con "El gato al agua" como líder indiscutible da súa audiencia. 13 tv logra un 0,8%. Veo7 desapareceu en xaneiro dando lugar a Discovery Max, aínda que Carlos Cuesta presenta un deses programas de linchamento de 23:30 a 1:00 co fin de que a xente lembre que a canle segue sendo de Unidad Editorial e para evitar competir con "El gato...". La10 desapareceu en xaneiro e tras meses de teletienda este venres 30 na súa frecuencia pasará a emitir Paramount Channel, cunha programación de 24 horas o día de teletienda. Popular tv, nas comunidades onde existe como Galiza, deixou de emitir salvo o minimo para conservar a licenza, o resto reemite programación de 13 tv e teletienda. Tele Coz vai ben, que a Xunta sempre paga a punto.

- PNG-PG, TeGa, PGD, APG e Converxencia XXI reunironse o sabado para ver se crean un partido ou coalición de dereitas. Non foron os de Converxencia Galega nin os do PG, este último sin actividade desde antes das municipais.

- Para quen queira seguir os blogues en galego de wordpress que visite: http://gl.wordpress.com/ 

- A rede social galega cabozo, convoca un concurso para o día das letras e crea o distinto de codigo aberto galego. (no momento de escribir isto a páxina non é accesible desde o ordenador do centro, si o era desde o da casa, curioso?)

Privatización hospitais castela a mancha, pois iso o documento fala por si só.

- Boas vacacións a quen poida disfrutar delas esta semana santa, Tamén en Galizauberalles

mércores, 21 de marzo de 2012

Retrasado día de San Patricio

O sábado,. foi 17 de marzo, día de San Patricio, patrón da Santa Irlanda e deste modesto blogue. Foi o noso aniversario e pasou polos problemas que estou a ter. Así que hoxe toca a análise anual postposta: todo o dito o ano pasado serve para éste. Seguimos coa media de visitas sitúada en catro persoas a semana, o que quere dicir que sempre hai un alleo a redacción que cae por aquí. A inclusión en Facebook fixo aumentar as visitas o primeiro e segundo día para despois voltar a normalidade. Respecto o país que dicir: todo a peor e seguirá a peor. Reflexión breve porén exacta.
Respecto os anuncios, o PNG-PG deixou o BNG a fin de semana que nós estabamos de aniversario. Supoño que con isto, o quedar só a UPG e o MGS , rematou o espectaculo feito para maior gloria de "La Puta Coz" e os que marcharón comezarán a facer algo útil, e os que quedaron por fin poderán porse a traballar. A raíz da marcha do PNG-PG, sempre posto como exemplo da dereita dentro do BNG, Converxencia XXI sacou un comunicado respecto as posibilidades da dereita nacionalista. So falta que os ruxeruxes sobre Cuiña JR. se confirmen ou desmintan definitivamente.



Tamén en Galizauberalles

mércores, 14 de marzo de 2012

Relatorios de Converxencia XXI e Gabriel o pensador

Converxencia XXI comezou a publicar os relatorios froito da súa conferancia política, os dispoñibles ata o momento son:

- Política enerxética
- Protección social
- Cultura
- Política Agraria
- Política ambiental
- Sanidade
- Deportes e política deportiva

Por outra banda UGT e CCOO sumáronse a convocatoria de greve xeral para o 29 de Marzo.
Máis Galiza abandou o BNG, tal é como estaba previsto. Aymerich de momento, e para a miña sorpresa, queda. Tendo en conta como vai a cousa das espantadas xurdeme unha pregunta: tendoo todos tan claro como o teñen por que ir adiando os tempos convertendo á marcha nunha fuga por capitulos? Gañase algo así? Eu teño unha resposta porén pareceme tan indigna que me nego a darlle forma.
Para rematar con algo agradable deixovos dous videos de Gabriel o pensador: 1, 2

Tamén en Galizauberalles

mércores, 29 de febreiro de 2012

De todo un pouco

Imos con varios anuncios:
- Público pechou a súa edición en papel. De momento sobrevive a versión dixital. Se a iso lle sumamos a absorción de "La Sexta" por Antena3, que se fará efectiva en Xuño, o frente mediatico progresista ou progre queda reducido a "El País" e a SER.
- Hoxe nace Dioivo novo dixital en galego. Que teña sorte!
- Converxencia XXI informa: A Conferencia Política que terá lugar o vindeiro sábado 3 de marzo no Centro Sociocultural de Conxo, Santiago de Compostela, terá coma obxectivo fixar uns posicionamentos políticos específicos en diversos eidos.

Os relatorios presentados por diferentes afiliados de Converxencia XXI, que poden ser emendados e serán sometidos a votación na Conferencia, versan sobre os seguintes temas:
- Os principios liberais da nación aplicados a Galicia
- Política enerxética
- Protección social
- Cultura
- Relacións internacionais
- Universidade
- Política agraria
- Reforma administrativa para Galicia
- Política ambiental
- Política no ensino
- Sanidade
- Urbanismo
- Deportes e política deportiva
- Hoxe fai tres anos da desfeita do 1 de marzo do 2009. Si, non estou errado, como este ano é bisesto o 1 de marzo desprazase un día co que non corresponde co cabodano. Non creo que se poida dicir máis do que xa se leva dito, aquí e noutros sitios. Como reflexión so podo engadir que o segundo mandato de Feijoo vai ser moito peor, sobretodo se a desfeita da oposición combinada con D´Hont fanlle chegar os 50 deputados que precisaría para "reformar" o estatuto el so. Perspectiva que pode pasar. A fin de conta por aí andaBeiras dicindo que as eleccións non son unha prioridade para el e os que se unan a el. Xa o vexo poseído polo extase "perroflautista" chamando a abstención. En fin cousas veredes. Como un cento de partidiños novos. Os ruxe-ruxes din que ao mellor ata se anima Cuiña Jr.
- Como veríades isto vai moi despazo nas súas actualizacións. Ben o quid é que eu, Lannister, non estou tendo tempo, xa que este curso esta sendo "peculiar", como tampouco vou telo no futuro xa aviso que eu limitarei a manter activa a sección de avisos e dúas anotacións: a de San Patricio e a despedida de curso. Quen queira colaborar xa sabe: galizaprimeiro@gmail.com Iso si quen mande  cousas sepa que as publicarei cando poida: retrasos de entre unha semana e dez días poden ser habituais.

Un saúdo os que seguides a pasar por aquí.

martes, 7 de febreiro de 2012

E de quenes estamos a falar?

Ao fin parece que os do Encontro Irmandiño van marchar este domingo, ou non? A estas alturas un xa sabe se están de troula ou simplemente non teñen nin idea de nada. Para aclararnos un pouco as cousas Xopau fai un Quen é quen do BNG. Certo que estaba pensado para a semana pasada de aí o comezo do texto, e certo tamén que esquece o PNG-PG o único representante da dereita dentro do BNG, porén o que di segue sendo válido. No caso do PNG-PG tampouco importa moito, leva anos sen facer máis cousa que existir e servir de argumento para xustificar que o BNG é a casa común do nacionalismo. Por certo eles tamén están pensando en marchar. Respecto o do PSOE só podo dicir que todo segue o guión previsto fai moito, sen que a labazada do 20 N, maior do previsto, cambiase nada. En fin deixovos con Xopau. Dado que a anotación é moi longa poñovos o pdf para que o descarguedes.quenestnobng-120130152818-phpapp02

Tamén en Galizauberalles

venres, 3 de febreiro de 2012

O que esconden as cifras da EPA

Heder envíanos unha anotación que nos axuda a comprender mellor a realidade escondida tras a cifras da EPA. Por certo, e antes de deixarvos con Heder, outra cifra económica: o IPC ou inflación acumulada do periodo 2000-2010 foi do 31,8% para que despois digan que os recortes dos soldos non son para tanto que temos unha inflación moderada. Sen máis, Heder:

"Creo que resulta interesante saber qué significa exactamente ter unha taxa de paro do 21.52% e case cinco millons de parados según a enquisa de poboación activa ( que é de onde se quitan as cifras oficiais).

 O punto que precisa aclaración é qué estamos contando como parado. Moita xente pensa que os datos de paro se refiren ao paro rexistrado (persoas inscritas como demandantes de emprego) ou incluso a persoas en idade de traballar que non teñen un contrato oficial. Quenes así pensan, cren que habería que descontar destas cifras de desemprego as persoas que traballan "en negro", sexa en traballos por conta allea sen contrato, sexa en pequenas actividades autónomas (clases particulares, limpezas en fogares...).

 Pero a enquisa de poboación activa non se refire a ningún destes dous conceptos cando fala de persoas desempregadas. O regulamento que define o concepto de desemprego é o seguinte:
http://www.ine.es/epa02/reg1897_2000.pdf

Compre salientar algúns puntos clave deste regulamento:
1º- Para estar desempregado non é requisito estar rexistrado como demandante de emprego.
2º- Os tres requisitos que se deben cumplir son:
* Non ter traballado nin sequera 1 hora a cambio de remuneración en metálico ou en especie durante a semana anterior á de referencia ( se traballas 1 hora e te dan algo a cambio estás ocupado)
* Ter feito algunha xestión activa para buscar emprego nas últimas 4 semanas ( renovar a inscripción na oficina de emprego NON é unha xestión activa, e as persoas que non fixeron xestions de busqueda nas últimas catro semanas son inactivas)
*Estar dispoñible para empezar a traballar nun prazo de 2 semanas ( as persoa que por responsabilidades familiares, estudos, incapacidade transitoria ou calquera outro motivo non poidan empezar a traballar como máximo en 2 semanas son inactivas)

Observemos que as preguntas refírense á realización de traballo e non ao feito de ter un contrato. Contra o que moitas persoas pensan, en xeral os informantes SI recoñecen ter actividades polas que non cotizan e incluso ter empregos por conta allea sen contrato.

Por todo o anteriormente dito, as cifras de desemprego no caso do estado español son absolutamente dramáticas, xa que habería que engadir a elas para ter  o número de persoas que desexan traballar e non poden a aquelas que estudan para tentar ter un traballo, as que están enfermas no momento da enquisa, as que levan tanto tempo buscando que  nas últimas catro semanas non fixeron ningunha xestión de búsqueda, as que realizan pequenas actividades remuneradas claramente insuficientes para vivir, as que se encargan do coidado de familiares e non poden empezar a traballar ata buscar a alguén que os sustitua...

A maioría destes datos están dispoñibles cos resultados completos da enquisa de poboación activa, que, ademáis da taxa de paro, aporta moitísima información sobre o mundo laboral. Recomendo por tanto non quedarse cos titulares dos periódicos e buscar os resultados completos ou, incluso, os microdatos, que están dispoñibles na web do ine no seguinte enlace.
http://www.ine.es/prodyser/micro_epa.htm
O primeiro enlace da páxina explica a grandes rasgos a metodoloxía seguida e as definicións utilizadas, polo que recomendo encarecidamente a sua lectura antes de facerse unha idea dos resultados."

martes, 31 de xaneiro de 2012

O tres en raia ou as catro esquinas?

E pasou a feira e todo segue igual. Quen lea as reflexións da prensa escrita, papel  ou dixital, escoite os programas de televisión… sacará en limpo que a U volveu gañar e segue a ser moi mala e abraiarase da atención mediatica cara BNG fronte o silencio habitual, iso si o ton despectivo e manipulador segue omnipresente. A única nova que se sae do guión é a que fala da tricefalia imposible: Aymerich, Jorquera, Vázquez. Eu que podo dicir? Creo que atinei bastante o venres, non era difícil. Por outra banda concordo no da tricefalia que pode pasar a cuarteto se incluímos a Beiras volto a cargo institucional e coa bala de prata de marchar na recamara sen atreverse a disparala. Eu espero pouca cousa. Ningún dos catro me gustaba antes da Asemblea e despois da Asemblea non cambiei de opinión.  Coma sempre quédame a sensación de que os da U son uns resesos e ao mesmo tempo os únicos que teñen un proxecto nacionalista e son de fiar. Para a minoría que coma min se define en primeiro  lugar e ante todo coma nacionalista chega. Para a inmensa maioría dos votantes do BNG que son de esquerdas ante todo non. Imos mal. Podemos esperar algunha mellora? Iso depende das ilusións de cada un, eu non espero ningunha. Porén do mesmo xeito que o venres dicía cal sería o resultado que a min me gustaría agora elucubro sobre o que podería saír dese cuarteto se… vivísemos nun mundo de fantasía e ilusión:

-    Vázquez debería montar nun coche e comezar a percorrer cada recuncho do país de agrupación en agrupación. A campaña das autonómicas comezou o 21 de novembro do ano pasado e hai moito que facer. Reconstruír o partido e darlle pulo en tódolos lugares de Galiza debería ser o seu traballo desde xa.

-    Jorquera debería dimitir en Madrid e montar noutro coche para percorrer o país. Porén el non debería ir a ver os do partido, el debería falar con todos os que están fóra. Asociacións de veciños, de empresarios, xente nas feiras etc. Hai que escoitar, que falar e non prometer imposibles. E por suposto nunca debería coincidir no espazo con Vázquez.

-    Aymerich debería aceptar que o seu tempo xa pasou e lanzarse a xugular de Feijoo en cada intervención parlamentaria. As súas mensaxes deberían ser unha corrente de transmisión da dos dous anteriores.
-    Beiras debería ser un comodín dos dous primeiros e aproveitar o seu carisma para tentar recuperar os que marcharon ou nunca estiveron.

Por suposto os catro deberían estar coordinados coma un reloxo de precisión tanto nas verbas coma na posta en escena. E nunca coincidir no espazo salvo para momentos realmente importantes. Por que? Catro voces falando en catro lugares distintos máis dicindo o mesmo reforzan a mensaxe cubren espazo e obrigan os medios a tratar o tema. Claro que todo isto é ficción como o era a miña idea de Asemblea.

Remato cunha cousa que me abraiou do resultado da Asemblea, o ruxerruxe sobre se algúns máis centristas estarían dispostos a fundar un partido de dereitas. Sería a parvada definitiva, xa temos cinco partidos de dereita nacionalista. Se de verdade viron a verdade tras anos de” Galiza ceibe, poder popular” que non mareen máis: o que buscan xa existe, chamase Converxencia XXI.

Tamén en Galizauberalles

venres, 27 de xaneiro de 2012

Resesos e perroflautas

A verdade é que estiven pensando moito tempo se ía escribir esta anotación, e no caso de facelo que que ía dicir que non se teña dito xa. En fin alá vou e perdoen os lectores pola reiteración de contidos. De feito para complementar o que segue recomendo ler (1,2) anotacións anteriores que tratan aspectos do mesmo tema: a Asemblea do BNG e que vai saír dela.

Desde outubro de 2010 ata hoxe tiven a oportunidade de falar con moitas persoas do BNG. Persoas que eran simples militantes de base e que pertencían na inmensa maioría dos casos o colectivo máis numeroso de todos, os non adscritos a sigla ningunha. Ademais había tamén xente da UPG, non atopei ningún Irmandiño, nin de Máis Galiza. O que indica simplemente a correlación de forzas nos lugares nos que me movín, que ninguén saque conclusións erradas. A todo iso debo sumar unha lectura atenta de moitos artigos, desde os de “La Puta Coz” os desaparecidos “Galicia Hoxe”, “Xornal de Galicia” e un bo feixe de blogues.

O trazo común de todo o anterior pode resumirse en dous conceptos: refundación e todo é culpa da UPG. O problema, ao meu modo de ver, é que por moito que se esforcen todas as fontes só transmiten unha loita polo poder. Das miñas conversas cos non upegallos non saquei ningún proxecto en limpo máis aló de que é preciso acabar co mandato da UPG. As razóns para elo foron sempre “así non se pode seguir”. Ante a miña pregunta de si tan claro o tiñan porque non daban derrotado unha organización que pese a ser maioritaria non o é en termos absolutos, a resposta foi : “ti non sabes como son os da U”. O pedir máis aclaracións os interlocutores explicáronme cousas como as seguintes:
é que os da U van sempre as Asembleas, a todas, e votan sempre
os da U cambian a data da Asemblea para cando temos outros compromisos etc.
Referíanse a Asemblea local e o compromiso que lle impediu ir votar foi levar o fillo o partido de fútbol. Resultado, de  10 membros (cifra ficticia para reflectir a composición no lugar onde me falaban), foron votar os 4 da U e 2 dous outros. Os derrotados, enfadados “por que ti non sabes como son os da U” non fixeron campaña nas locais e mesmo algún segundo os rumores a fixo a favor da lista do PSOE.

Se nos cinguimos as novas dos media o máis parecido a un proxecto alternativo é o dos Irmandiños, volcados nunha especie de “perroflautismo” que non é máis que o mesmo da U porén acaído os novos tempos e moi enfadado porque os da U gañan as Asembleas.

Pola contra cando falei cos da U estes si estaban organizados, e contaban/contan cun proxecto claro: o dos anos 70. Vamos reseso de todo. Ademais claro de estar fartos de que os demais lles boten a culpa de todo, cando a hora da verdade son eles cando acaban facendo todo o traballo.

E así estamos desde o 2001. Polo tanto eu non espero nada da Asemblea. Sobre todo porque non vai pasar o que eu considero clave: distinguir entre os problemas do nacionalismo e os da estrutura do BNG.

Do primeiro, alén de que está claro que nacionalistas hai poucos e que a maioría dos votantes do BNG son de esquerdas e non nacionalistas pouco máis podo dicir. Precísanse mentes máis brillantes ca miña para tentar atopar solución.

Respecto o segundo para min a solución sería unha refundaición de verdade: deixarse de caralladas resesas e “perroflautas”e partir de 0. Desde a UPG aos Irmandiños todos os partidos e correntes de opinión deberían disolverse e integrarse nun BNG que, agora si, fose un partido. Recoñecer que ó ser un partido de esquerdas é imposible que sexa a casa común do nacionalismo e polo tanto tender a man, de xeito simbólico, a que alguén faga un partido forte que sume pola dereita. Deixar o proceso Asembleario que so serve para unha eterna guerra de puñaladas polas costas e para atrasar a toma de decisións nun contexto, o da democracia mediatica na que vivimos, que precisa golpes de efecto e reaccións rápidas. E por último, e so por esta vez o tratarse dunha refundación, unhas primarias para escoller candidato a Xunta  e Voceiro. Primarias o estilo americano no que o primeiro paso sería agrandar o censo de participantes. Cunha campaña intensa e prolongada por cada vila do país, aberta a todos e con debates (a ver se así saía un proxecto) . Nin que dicir ten que non vai pasar nada do dito.

Entón podemos augurar calquera destas cousas:
A U gaña coma sempre e os outros seguen co de “ti non sabes como é a U”, porque marchar non van marchar.
Gañan os outros e invértense os papeis coa U adicándose a torpedear canto fagan os novos. (Por certo, para min estaría perfectamente lexitimada tendo en conta o que leva aguantado desde o 2001)
Gaña a U e os outros por fin liscan. Para min o mellor resultado posible. Desde o 2001 mantense a unidade como un fin en vez de como un medio. O obxectivo ter máis vixiados os inimigos. Igual o romper uns e outros pensan nalgo máis que nas siglas e nas persoas e sacan un proxecto que mereza a pena.



Tamén en Galizauberalles

mércores, 25 de xaneiro de 2012

Economía e Chorima

Hoxe toca anuncios, primeiro David Peon informa sobre as consecuencias económicas dos recortes, despois Converxencia XXI informa do nacemento da súa revista: Chorima.
"As distintas políticas económicas aplicadas en USA e na UE comezan a dar os seus froitos: Estados Unidos reduce a taxa de desemprego do 10% ao 8,5% mentras a zona Euro sube ata o 10,3% a finais de 2011, cun crecemento económico 3 puntos acumulados por detrás dos USA.

E mentras as políticas europeas centradas na consolidación fiscal non conseguen os froitos desexados, a política expansiva americana si está a conseguir o desapancamento do sector privado da economía. Ata cando durará o noso particular zeitgeist?

Ligazón ao artigo: Zeitgeist (II)."
"Estimado/a simpatizante:

Dende Converxencia XXI achegámosche a nosa última iniciativa para mantervos informados das actividades e opinións que estamos a desenvolver. O primeiro número da Revista Chorima, onde informaremosvos das nosas actividades recentes, iniciativas de Converxencia XXI, artigos e entrevistas a persoeiros destacados.

Aproveitamos esta ocasión para convidarte a que te unas á nosa cada día maior familia converxente. Podes atopar información na nosa web, e para ser converxente, só tes que enviarnos a este mesmo enderezo eletrónico o documento seguinte cos teus datos: http://www.converxencia.eu/wp-content/uploads/2011/04/ficha-de-afiliacion-2011.pdf

Agardámos que te animes a unirte ao noso proxecto para facer unha Galicia máis próspera e mellor!!"



Tamén en Galizauberalles

martes, 24 de xaneiro de 2012

Sobre o que implica a Audiencia Nacional

Mentres a progresía racha as vestiduras polo de Garzón, a quen simplemente se lle esta a aplicar a xustiza de excepción que el mesmo puxo en pé, as verdadeiras implicacións da Audiencia Nacional e as leis paridas para maior gloria desta, como a Lei Antiterrorista, continuan pasando desapercibidas.  Reproduzo unha anotación de Ferradura en tránsito onde quedan claras as devanditas implicacións.
 
 " Por iso esta Ferradura, hoxe, se fai voceira desa situación e incorpora as palabras do pai de Antom Santos. Léana, favor, con calma e indignación. Vai:
Crueldade, impotencia
Se copio do dicionario Ir Indo a definición do adxectivo cruel, sae isto: Que se comprace en
facer sufrir ou en ver como sofren os demais. O Estraviz explícame que é cruel quen é “capaz de
fazer padecer a outros ou de ver que padecem sem se comover”. E o dicionario da real Academia
Galega (permítaseme escribir real con minúscula, como seica o facía o noso grande poeta Curros)
dime: Que fai sufrir sen sentir pena por iso ou mesmo compracéndose.
                            Non sei se os responsábeis do funcionamento do sistema penitenciario acadan para si o compoñente de sadismo que inclúe algunha destas descricións da palabra cruel. O que semella
evidente é que regularon o seu lerio para facer sufrir a quen está preso, mais non só. Para facer que padeza o entorno familiar e social de quen estea encadeado. E os feitos confirman que moito mellor canto maior sexa a intensidade do sufrimento.
                                 A miña experiencia de relación con este sistema é recente. Comeza coa detención do meu fillo Antom Santos o 2 de decembro de 2011, en Lugo, acusado de non se sabe que. Polo que coñezo da súa declaración perante un xuíz do tribunal que substitúe ao famoso e franquista Tribunal de Orden Público, a xa non menos famosa Audencia Nacional, el declarouse, sen dubidalo, independentista galego, e negou ter relación con ningún feito penado pola lexislación española vixente. O xuíz decretou secreto de sumario, e ordenou ao mesmo tempo o seu inmediato ingreso en prisión.
                                         Aplicáronlle a Lei Antiterrorista, contestada, como é sabido, por Amnistía Internacional. Permaneceu incomunicado ata o 5 de decembro, cando o levaron á Audiencia. Seguiu sen contacto co exterior ata o 9, día no que lle permitiron facer unha chamada á casa, de 45 segundos, desde a Prisión de Aranjuez, onde ingresou despois de pasar uns días na de Soto del Real. Repare o lector, a lectora, de que falamos de máis de seis días sen que o preso se poida poñer en contacto con ninguén. Onde fican os dereitos humanos máis elementais?, os que con frecuencia invocan as persoas con poder nestes eidos, onde se vende, con técnicas semellantes ás da venda de aspiradoras, unha modélica organización política, a democrática civilización occidental.
                              Despois veñen máis atrancos. Disfrazadas de burocracia, pedras no camiño de familiares e de todas as persoas do seu entorno, para que o secuestro legal, o illamento do preso, sexa o máis efectivo posible. A arañeira de Kafka, como toda (re)creación da imaxinación humana, queda moi curta á beira da realidade cruel que constrúe o sistema. Ata o día 18 de decembro, ata os quince días ben cumpridos desde a detención, non lles é posible, a súa nai e a seu pai, velo. E canto custa chegar ao Centro Penitenciario Madrid VI de Aranjuez! Non se está a falar dos 650 quilómetros de distancia que cómpre percorrer, e mais os outros tantos da volta. Moito máis difícil que guiar o coche por Castela adiante, en inverno, entre brétemas intensas e xeadas, contra reloxo para atender as obrigas laborais, pois as visitas están marcadas para as sete e media da tarde dos domingos, moito máis difícil é peneirar a confusa e contraditoria información que se fornece desde as cadeas.
                                           Vai pasando o tempo, e ao preso, como se dixo, aínda non pode visitalo ninguén diferente de seus pais, que se achegaron a onda el en todas as ocasións que puideron. Ademais do duro sistema carcerario, que mesmo raciona os libros (só permiten retirar tres por semana da biblioteca), dos máis de quince días que tarda en recibir unha carta, sempre que non a devolvan cun pretexto, e poderíanse enumerar en longa restra outros exemplos de represión, ademais diso, aínda hoxe, 18 de xaneiro, non pode o preso poñerse en contacto por teléfono con ninguén. Impídenllo atrancos burocráticos que non somos quen de desbloquear.
                                     Impotencia, si, é o estado de ánimo que te anega. Pero cómpre seguir a furar con constancia, para ir abrindo buratos neste muro carcerario.
Para rematar, algo que un entende como obvio: a inequívoca solidariedade coas persoas que
están na mesma situación. Porque hai máis presos e presas, aquí, onde o mundo se chama Galicia, e tamén fóra dela. E, por asociación de ideas, chega agora á punta dos meus dedos esoutra palabra: Capital, Kapital (o adxectivo que lle acae medra, rotundo, nun poema de Chus Pato)
Xosé Luís Santos Cabanas"

Tamén en Galizauberalles

venres, 20 de xaneiro de 2012

Primarias

Unha das cousas máis simpáticas das teimas progresistas no vello continente é abominar de todo o americano para despois copialas veñan ou non a conto. A copia favorita nos últimos tempos é o das primarias. Claro que o resultado sempre resulta catastrófico polo mero feito de que as primarias en Europa non teñen sentido. Para entender porque hai que ver que son as primarias en USA.
As primarias son unha das múltiples reminiscencias que quedan no sistema político usaco de cando non eran unha democracia senón un sistema liberal. Nese contexto de pensamento político liberal e non democrático encaixan  feitos como o complexo sistema de elección presidencial ou que os dous partidos, por moito que se empeñen as progresías europeas, teñan a mesma base ideolóxica. Isto debese a que nas 13 colonias orixinais non houbo que desmantelar o Antigo Réxime, por non existir, co que as tendencias políticas eran mais practicas ca teóricas. Debían debater sobre como organizar o poder non sobre as bases deste. Debido a isto, ata o día de hoxe, os partidos políticos americanos son meras plataformas electorais cuxa finalidade é facilitar o proceso electoral e non presentar unha argumentación ideolóxica de cómo debe ser o poder. Así os demócratas do sur poden ser moito máis conservadores ca os republicanos da costa leste e ao mesmo tempo estar en partidos distintos.
As primarias son o corolario lóxico do anterior. Nun país recen creado e con distancias enormes, pensemos que estamos no XVIII, o único xeito de que os candidatos fosen coñecidos era estruturar un sistema que os obrigase a percorrer o país para gañar apoios. E iso son as primarias. Co tempo quedou o asunto englobado dentro dos partidos. Partidos que comezan a existir de xeito activo co proceso en cuestión. Así as primarias serven para mobilizar o electorado no senso máis literal: conseguir que se inscriban no censo. Lembremos que o censo electoral USA é distinto do administrativo. Para figurar no censo electoral hai que inscribirse nel. As primarias buscan crear un censo favorable e convencer a xente de que finalmente faga o esforzo de ir votar o martes que toca.
Por outro lado os candidatos non so se dan a coñecer senón que van perfilando as súas propostas. Algo moi útil dado que a diferenza dos partidos europeos nos que se sabe mais ou menos o que defende cada un, en USA todo depende do candidato.  Pese a todo co paso do tempo a pureza orixinal foise diluíndo porque as campañas custan millóns e os intereses en xogo son moitos. Isto fai que na medida do posible se busque clarificar e acurtar o proceso para non favorecer o rival e aforrar custos. É dicir evitar o risco de división do partido que pode facer que os derrotados queden na casa ou voten o outro partido o ser derrotado o seu candidato nas primarias. De aí os apuros demócratas no 2008 o non chegarse a un acordo Clinton-Obama, e teimar ámbolos dous en pelexar ata o final.
E precisamente este ultimo punto o que nos permite enlazar coas primarias europeas. Os partidos europeos teñen unha base ideolóxica  clara que fai que o programa estea claro desde o comezo e non dependa dos asuntos do candidato. Ergo o único que logran as primarias e debilitar o potencial electoral do partido dado que as diferenzas van acabar sendo persoais caéndose na división do electorado. Sobre todo porque as primarias non son tan abertas como as USA dado que o factor de elaboración do censo electoral non existe. De aí que as experiencias europeas ata o momento resulten fallidas. Quere dicir isto que é imposible traspasar o modelo? De xeito literal claro que si a non ser momentos excepcionais de crise absoluta e refundación desde cero do partido. Non sendo así a única opción sería unha reflexión seria que permita cambiar o modelo. Se se quere claro. A min persoalmente non me gusta o proceso americano así que tampouco vou dar ideas.
Tamén en Galizauberalles

martes, 17 de xaneiro de 2012

Dicionario

Chegan novos tempos. Hai que adaptarse. Para encaixar mellor no próximo escenario, é imprescindible saber idiomas. Este blogue comeza aquí unha nova serie de entradas, abertas e ampliables, para entender a neolingua do futuro que xa está aquí.

Empezamos cunha lista de sinxelas expresións habituais traducidas do galego ao neoliberal. Moitas xa lle resultarán familiares: popularizáronse estes días, outras importáronse hai anos. Aí van:

Non diga “recesión”, diga “crecemento negativo”.
Non diga “recorte”, diga “aforro”.
Non diga “traballo”, diga “emprego”.
Non diga “patronal”, diga “organización empresarial”.
Aínda que é mellor que non diga “empresario”, diga “emprendedor”.
Non diga “garantido con fondos públicos”, diga “subvencionado”.
Non diga “privatizar”, diga “profesionalizar a xestión”.
Non diga “universal e gratuíto”, diga “café para todos”.
Non diga “servizo público”, diga “gasto”.
Non diga “fiscalidade regresiva”, diga “aforro para as familias”.
Non diga “abaratar o despedimento”, diga “facilitar a contratación”.
Non diga “convenio colectivo”, diga “rixidez nas relacións laborais”.
Non diga “os beneficios da banca”, diga “a tranquilidade dos mercados”.
Non diga que “o noso poder adquisitivo estivo por baixo das nosas necesidades”, diga que “vivimos por encima das nosas posibilidades”.
Non diga “universidade”, diga “viveiro adaptado ás necesidades do mercado laboral”.
Lembre que sindicatos e funcionarios non teñen “dereitos”, teñen “privilexios”.
E mentalícese; vostede non é “pobre”, é “clase media”.
Tampouco é “cidadán”, é “cliente”, “consumidor” ou “usuario”.
E non diga “foderse”, diga “adaptarse”.
A lingua neoliberal comparte raíces co idioma neocón. Tamén lle convén coñecer algunhas expresións coloquiais do neocón.
Non diga “violencia machista”, diga “violencia na contorna familiar”.
Ou substitúa “colexio privado”, por “centro educativo de libre elección”.
Este glosario irá medrando coas súas achegas. Moitas grazas.


mércores, 11 de xaneiro de 2012

Facebook e Patrimonio

Hoxe anunciamos que creamos un muro no facebook, con nome falso como este blogue, para tentar ter mais o día os lectores de cando actualizamos.
Alcume: Jaime Lancaster,  http://www.facebook.com/profile.php?id=100003315926599&sk=wall

E informamos sobre unha páxina clave para preservar o patrimonio galego:
http://patrimoniogalego.net/
por certo se ides a sección sobre medios de comunicación a ver se sabedes que xornal non dixo nada?

Tamén en Galizauberalles

martes, 10 de xaneiro de 2012

SOBRE ZAPATERO. IN MEMORIAM

Voltamos tal e como dixemos, a Deus grazas e a San Patricio tamén.  Comezamos cunha anotación de Xopau, pensada para o pot 20N, porén segue sendo valida, pese o adiamento na publicación. Sen máis deixovos con Xopau:

"Ter militancia política activa permite algunhas veces cousas que doutro xeito non se poderían facer. É moito máis fácil para unha persoa significada politicamente falar ben doutra da oposición que para a maioría dos votantes. Eu  nunca fun socialista nin apoiei a Zapatero pero moitos dos que onte foron ás urnas a tombar o seu partido si creron nel  e por iso hoxe teñen un especie de silencio moral sobre as súas cabezas.

Desde a óptica nacionalista vaise o único presidente do goberno de España que creo que chegou a entender as reivindicacións históricas de certas comunidades e que representou a un PSOE verdadeiramente con vocación federal. Só desde esta óptica se entende en todo o seu conxunto a entrega das armas por parte de ETA ou a experiencia do tripartito en Cataluña. Tamén se entende así a saída de Paco Vázquez para o Vaticano co fin de propiciar un bipartito en Galiza que non estivese permanentemente minado polas opinións dun personaxe tamaño. É certo que en Euskadi o PSOE se aliou co PP pero ese paso tamén era alí necesario se se quería que logo chegasen outros. Para un nacionalista son actos insuficientes pero que marcan distancia con respecto aos anteriores presidentes de goberno e moito me temo que marcarán abismos cos que están por chegar.

Os amigos do simbólico débenlle un acto sen precedentes na democracia española: o cumprimento da súa promesa electoral de retirar as tropas de Iraq con todo o que iso supuxo. É un acto de autoridade do Estado Español que nunca fará o PP por moito que presuma de nacionalista español e de defender os intereses patrios. O patriotismo do PP é tan pobre e chabacano que coma o de toda a dereita española de sempre remata en Euskal-Herria e en Catalunya. É un patriotismo de charanga e pandeireta, de zarzuela e chotís, de señorito andaluz vido a menos…
Nunca fun, por outro lado, grande defensor de facer unha política baseada en exclusiva nos dereitos civís, cousa que non quere dicir que non me parezan importantes. Semella triste que un presidente dos EEUU gañe as eleccións cun programa que se basea nun 50% no feito de ser negro, o mesmo sucedía con Hillary Clinton cando competiu  na carreira á Casa Branca empregando o argumento de ser muller. Non en tanto, e se un se move por internet, parece que a maioría da xente nova de esquerdas entende esta ideoloxía só coma feitos deste tipo. É dicir pesa o feito de ser muller, gay, non andar en coche oficial, baixarse o soldo e cousas así. Non chego a entender os odios a Zapatero de xente deste teor despois da Lei do Aborto, da Lei que regula o matrimonio entres persoas do mesmo sexo e tantos outros feitos simbólicos que desenvolveu e que foron moitas veces proporcionais aos problemas estruturais do seu goberno.

Sobre a crise que o tombou fixo os xestos que faría calquera gobernante nun primeiro momento. Cando se di que negou a crise o que non se explica é que o sistema capitalista e o que mellor o encarna, a Bolsa, móvense por algo tan lene e variable como a confianza. Se Zapatero dixese que o país ía entrar en recesión a cousa adiantaríase pero isto non indica que se fose a saír antes nin que a crise actuase con menos virulencia.
En fin, Zapatero foi mal presidente por moitas outras cousas: permitir que a Unión Europea e os mercados afogasen a autoridade dos gobernos, deixar seguir medrando a especulación urbanística, non converter a España nun estado Federal, banalizar coas ministras na revista Vogue, usar os dereitos civís para encubrir os seus erros de xestión, non colocar as linguas do Estado como intocables nos territorios onde se falan, modificar a constitución conchabándose co PP e facer unas campañas baseadas en marketing puro e duro (aquilo de ZP).

Agora ben, ninguén dos que non votaron socialista o 20-N lle pediron nunca nada diso e ademais sempre estiveron en contra de medidas dese tipo, tamén hai catro anos cando lle deron a maioría. Por iso eu teño o beneficio da crítica e eles non. Por iso eles non foron votar o Domingo optando por esconderse nas casas e pola abstención e por iso, ao fin, o BNG nunca rendabiliza os votos socialistas que se perden. É o mesmo que dicir que moitos votantes socialistas de Galiza son infinitamente peores que Zapatero para a nosa nación. Noxo me dá cando me din que con eles nos temos que aliar.

Coa caída de Rodríguez Zapatero volta o PSOE máis cerril, centralista e xacobino ,como  de feito xa se viu na campaña. É un PSOE que en Galiza e nalgúns concellos da Mariña coñecemos ben.Ese PSOE que durante os próximos dous ou tres anos vai firmar co PP, por falso patriotismo, todas as medidas que este adopte  e que nos devolverán territorialmente ao nivel competencial dos anos 80. Medidas, fique claro, que nadan teñen que ver coa solución da crise pero que van ir no lote.

Eu nunca fun de ZP e por iso dixen."