mércores, 9 de novembro de 2011

Da censura e de Converxencia XXI

Un amable lector informa do seguinte:

"Hoxe [referíase o día 5] aparece no diario El Pais esta noticia

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/CC/OO/acusa/Educacion/bloquear/centros/acceso/blogs/criticos/gestion/elpepuespgal/20111105elpgal_15/Tes

Seguindo o fío podedes ver os seguintes blogs para facervos unha idea do que está pasando... Cando todos teñamos a boca pechada, ¿quen berrará por nós?

http://davidov3.blogia.com/temas/tramppas-de-la-xunta.php

http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cod=105477

http://iesounonies.wordpress.com/2011/10/28/directores-pelotudos-e-inspectores-ociosos-3/#blgtk08#tores-pelotudos-e-inspectores-ociosos-3/

Saúdos a todos"


Por outra banda desde Converxencia XXI informan de: 


Rematados os avisos unha puntualización final. Eu estou tendo problemas para acceder o apartado de publicación dos blogues. O caso máis grave foi onte que blogger non me deixou publicar e blogaliza non me deixou (segue sen deixarme) modificar a anotación. A priori supuxen que sería un problema das plataformas. Raro que as dúas fallasen a un tempo porén igual non é cousa delas. E iso que por aquí so pasan catro persoas contandome a min.  Sana paranoia miña?



martes, 8 de novembro de 2011

venres, 4 de novembro de 2011

Escenarios de pesadelo

Comezou a campaña electoral. O resultado a estas alturas parece cantado. Porén aquí van algúns escenarios posibles. Todos eles de pesadelo.
-          UpyD decisiva. Xa sexa como complemento dunha maioría absoluta ou dunha reforma constitucional.
-          Maioría absoluta do PP con 210 deputados. Con esa cifra podería reformar a Constitución ao seu antollo sen precisar a ninguén máis.
-          Goberno de Gran Coalición de feito ou de dereito. Por un milagre final o PSOE consegue un empate técnico e vaise a un goberno de Gran Coalición. Ou ben tras o esfondamento decisivo do mesmo deciden apoiar o PP en todo por “responsabilidad y patriotismo”
-          Vitoria do PSOE. Por un milagre aínda máis grande co anterior o PSOE consegue gañar as eleccións. Obviamente en minoría como ata agora co que sería unha repetición aumentada das dúas últimas lexislaturas. Ou ao final acabando na opción anterior.
Cal sería a única opción non pesadelesca? Un triunfo en minoría do PP onde as forzas necesarias para a formación de maiorías fosen o PNV e CiU. Ao fin todo vai dar igual. E imos ir a unha maioría absoluta e punto.


xoves, 3 de novembro de 2011

Tempos Novos, Praza Pública e Converxencia XXI

Fai máis dun ano que Tempos Novos pechará a súa páxina web. Agora reabrea renovada. Podedes vela aquí. E aquí podedes contactar para entre outras cousas subscribirbos a edición en papel e que non morra.

Xa que falamos de medios de comunicación en galego pasamos a dar nova do intento dun por nacer. Filipe Díaz e Manuel Barreiro tentan botar a andar un xornal dixital. Aquí tedes toda a información.



Por último e para rematar coa folla de avisos desde Converxencia XXI din o seguinte:



"Converxencia XXI encara o seu primeiro reto nuns comicios estatais cara as Eleccións Xerais do 20 de novembro. O traballo levado a cabo por simpatizantes e afiliados de Converxencia XXI foi intenso e acadamos un 40% máis dos apoios que precisabamos en toda Galicia. En total, máis de 4000 galegos e galegas avalaron o proxecto de Converxencia XXI para ser a alternativa galega e de centro a representalos na Carrera de San Jerónimo os próximos catro anos. Neste link podes atopar a información relativa a este Fito na breve historia do noso partido

Con este motivo, e para manter aos simpatizantes de Converxencia XXI informados das actividades do partido, iniciamos con este os envíos de newsletters periódicas. Por unha banda, podes atopar no seguinte link as propostas progamáticas de Converxencia XXI, tamén te convidamos a coñecer aos nosos cabezas de listas ao congreso así como as nosas candidaturas completas ás cortes xerais do estado.



Así mesmo, convidámoste a ollar o noso decálogo programático “Dez razóns para apoiar a Converxencia XXI” se estás de acordo con nós, sentiríamonos honrados de que compartas esta información cos teus coñecidos, temos por diante un dos máis importantes retos de Converxencia e contamos contigo para acadar un moi bo resultado nos devanditos comicios.