martes, 20 de outubro de 2009

Foro Aberto e outra reflexións sobre o 18

Onte vin Foro Aberto, o novo programa de discusión da TVG, para ver se dicían algo da manifestación, e a verdade non me decepcionou. Poderanse dicir moitas cousas da TVG porén non se pode dicir que non sepan facer o seu traballo. E onte fixerono a perfección desde a selección e presentación de imaxes e informacións ata os convidados coas súas intervencións e ese moderador tan pouco moderado todo contribiu a transmitir as seguintes mensaxes:

- Alberto, "Señor de las Habihuelas", Feijoo: é un moderado que defende galego e castelán por igual

- Quen rachou o consenso lingüístico foi o bipartito cun decreto que pretendía a inmersión en galego

-É necesario recuperar o consenso e a paz da época de Fraga

- O pobo galego xa deciciu o 1 de Marzo que estaba en contra do decreto e todas as manifestacións están deslixitimadas porque tentan cambiar a vontade das urnas. Ademais son politicas e non pola lingua.

- Defensa do galego = radicalismo = nacionalismo = non aceptar a vontade das urnas.

- A pobre TVG é un medio galego e os radicais dos manifestantes atacarona con violencia (non dixeron mais nada, so ataque e violencia co cal o comun pode imaxinar que lle prenderon lume ou algo así. Pena que non fose así)

Hai que ter en conta que na transmisión destas ideas traballou a reo o moderador e contou coa involuntaria axuda de Carlos Callón. Este foi entrevistado e non estivo moi fino: nervioso, demasiado impetuoso nas súas respostas, e demasiado político no senso de que respostaba coma un político (sen concretar, fuxindo do que o incomodaba). Carlos non foi capaz de presentar unha argumentación próxima a xente e a súa fuxida das preguntas trampa transmitíu a dobre sensación de ocultar algo e non ser capaz de defenderse das criticas. Lamentable, eu esperaba que a estas alturas Carlos e calquera defensor do galego tivera un discurso coherente artellado para estes casos, mais tendo en conta que a mesa enviou a alguen a un dos programas de debate-linchamento de popular tv, e xa sabían que podían esperar.

Aquí algunha das preguntas trampa de Foro Aberto (non literais que non teño tan boa memoria nen grabei o programa aínda que si recollen o espiritu) e a resposta que eu considero acertada. (Non me creo na posesión da verdade así que acepto aportacións a ver se sacamos un documento de autodefensa entre todos)

A manifestación é contra o goberno?

Non, contra a súa politica lingüística que baseandose nunha inesistente discriminación do castelán pretende abolir as medidas promotoras do galego. Lingua que si esta discriminada e en perigo.

O goberno conta coa lexitimidade das urnas e no seu programa ía a derogación do decreto. Por que se manifestan?

O goberno é lexitimo igual que o é o noso dereito a manifestarnos e esixir que se manteña un decreto que a fin de contas esixe o 50% das materias en galego e que respeta o consenso existente ata que o PP o rachou.

O decreto establecía a lo menos o 50% das materias en galego, ese polo menos asusta a xente que ve a inmersión lingüística tras el. Por outra banda o consenso rompeuno o bipartito co seu decreto que non tivo en conta a opinión do PP. Que me pode dicir disto? Que pensa da inmersión lingüística?

En primeiro lugar hai que ter en conta que non existe diferenza entre o decreto de 1995 de Fraga e o de 2007 do bipartito en canto a contidos agas ese alo menos. O decreto do 2007 xurde porque o anterior non se cumpría. E vendo as dificultades para acadar o 50% en calquera dos decretos o temor é infundado. Sobretodo porque sobrepasar ese 50% sería unha decisión dos centros, decisión na que tamén estarían implicados os pais así que ningén tería inmersión, no improbable caso de que algun centro decidira , se non o quixera. Respecto o PP, este aprobou todas as medidas anteriores o decreto do 2007 e estaba nas negociacións deste e dacordo con este ata que se desmarcou a ultima hora por intereses electorais , ante as presións e intrucións chegadas desde Madrid e o xurdimento de GB ( o que vai despois da coma é opcional segundo o interlocutor que teñamos diante)

Respecto a inmersión (Carlos non dixo nada, que é peor que dicir a verdade porque a peor pouco nos queda). Estou a favor da inmersión lingüística en galego porque sería a única forma de que realmente se consiguese o dominio pleno da lingua galega. A inmersión non implica a desaparición do castelán do sistema educativo. Tampouco o pon en perigo dada a súa abrumadora presenza en todos os eidos: internet, libros, radio, televisión, música, e por suposto a fala da xente. A inmersión non implica que a xente non poida falar castelán.

A mesa critica o PP, e criticou o PSOE, nunca o BNG. É a mesa unha estensión do Bloque?

En primeiro lugar a manifestación do 18 convocouna a plataforma Queremos Galego. A mesa forma parte dela mais non é única organización integrada na plataforma (Carlos non o dixo e non estaba de mais dicilo). A Mesa ten como unica preocupación a Lingua e ten afiliados de todas as ideoloxías (esta foi a resposta de Carlos). A Mesa criticou a quen non defende ou ataca a Lingua, cando o BNG ataque a lingua criticaremolo como os mais. De momento non se produciu o caso asi que non o criticamos.

E vostede nacionalista?

(Carlos tentou non responder e acabou facendoo, hai que responder o que se sexa e non dar pe a que somos uns covardes ou uns que pretenden enganar a xente)

Si (no caso de Carlos e do meu). Mais a iso non é relevante. A defensa e o amor a lingua abrangue a persoas non nacionalistas. Por certo vostede é votante do PP? Tampouco é relevante e é tan capcioso como a pregunta que me acaba de facer. (Esto serve para calquera entrevistador)

Vostedes rexeitan a enquisa, como poden estar en contra do que din os pais?

Estamos en contra da enquisa en primeiro lugar porque contiña preguntas trampa: responder todo en galego implicaba manter o 50% co que se solapaba con outras opcións da enquisa, mentres todo en castelán implicaba realmente todo en castelán.

Por outra banda e respecto os pais podo darlle dúas respostas a demagoxica e a razonable:

- a demagoxica: os pais que non queiran que os seus fillos estuden unha determinada materia poden quitala do curriculo a partires de agora. Que fagan unha enquisa por materia.

- a lóxica. Vivimos nunha democracia na que todos somos iguais en dereitos. A democracia non é a vontade da maioría senon a igualdade ante a lei, a igualdade de dereitos e que a maioría conforma gobernos porén respetando sempre os dereitos da minoría. Dise que non impoña o galego que xa teño dereito a falalo. Eu non o impoño simplemente quero que se garanta o meu dereito. Como non vou falar coa parede senon con persoas estas deben coñecer o galego para que se queren falar castelán que o falen porén eu non teña que dirixirme a eles en castelán porque o galego vano entender igual. E para iso todos os que non o aprenden na casa deben aprendelo na escola. E como demostra o profundo coñecemento do inglés neste país unha materia soa de lingua non chega.

Perigo de morte, galegofobia, radicalismo. Non están sendo demasiado duros e sendo vostedes os radicais?

Tendo en conta que nunca insultamos os castelán falantes nen pretendemos que desaparezan, que o decreto establecía un 50% de materias en galego, que se pretenden revisar as leis de protección do galego cara a súa conversión en algo opcional, e que continuamente se denigra a nosa lingua dicindo que non serve para nada ou se espalla a mentira do perigo de extinción do castelán ou de que imos perseguindo os seus falantes mentres o uso do galego diminiu día a día, e segue vedado en moitos ambitos, creo que non temos nada de radicais. Mais ben quedamos curtos.

Fala castelán na intimidade?

(Única resposta de Carlos que me gustou) Eu falo castelán sen ningun problema con quen non sabe galego e non ten porque sabelo como un amigo de Madrid. Estar a favor do galego non é estar contra o castelán. Os galegofalantes si sabemos castelán pese o que digan algúns ultimamente.

Aqui remato. Carlos se les isto non o tomes como algo persoal, todos podemos trabucarnos. E recoñezo a túa valía, moito mais cando eu non me atrebo a asinar co meu nome estas cousas.

Respecto o 18.

Un amigo que non foi o 17 de Maio e si esta vez estaba abraiado coa cantidade de xente que viu, para el o 18 é un exito. Outro que si foi o 17 cre que foi menos xente.

Para min houbo tanta como o 17 e con sorte mais. A diferenza é que a xente segun entraba na zona vella dispersabase e non toda remataba na Quintana, mesmo xente que remataba na Quintana seguía camiño e non paraba. Pesou o sol e coñecer que non se ía coller.

O 17 estiven na terceira enchenta, esta vez na primeira. O que me quedou claro foi que polo menos non fixemos o ridiculo e que o modelo de manifestación esgotouse. Non se pode apiñar a xente nun espazo reducido. Xente que sabe o que vai e a que lle fan aguantar intervención moi boas porén demasiado longas. (A min o sol de xustiza desta vez custoume aguantalo mais que a chuvia do 17) É preciso artellar outras cousas. Sobretodo porque esto é unha carreira de fondo da que so se colleitara algun exito (con sorte) no 2013 se cae Feijoo. Por iso digo que o modelo de manifestación esgotouse. Se na 2ª xa flaqueou a cousa non insistamos en deslombarnos nos mesmos

[Nota: nun programa de debate serio o moderador non deber ser un simple espectador, debe intervir para desmontar cliches e facer que os invitados se expliquen. Nese senso Foro Aberto mellora a Hai Debate, claro que so na idea porque o moderador non debe tomar parte nen acosar/linchar/manipular cousa que o de Foro Aberto fai a perfección en defensa dos intereses do seu amo)

4 comentarios:

  1. Completamente en desacordo no tocante a Carlos Callón. Eu quedei sorprendido da habilidade que mostrou para non deixarse enlear nas continuas preguntas trampa e no acoso do moderador que non permitía articular respostas pausadas e todo se lle ía en neutralizar as ideas do entrevistado. En varias ocasións Callón pediu que lle deixase concluir as súas respostas.
    A min a entrevista pareceume insólita pola tremenda perversión que contiña, mexturando constantemente allos con bugallos e ultrapasando os límites do que é a ética periodística.
    Lémbrolle que a primeira pregunta foi algo así:
    Sr. Callón, pensa vostede que o presidente Zapatero debería ter en conta as peticións dos manifestantes pola vida e contra o aborto de Madrid xa que a súa manifestación foi multitudinaria?

    Ou cousas deste teor ( cito de memoria):
    Non foi unha manifestación política contra o goberno? É vd. do Bloque?
    Hai que facer notar que a reiteración destas últimas preguntas era a clave para facer aparecer ao ministro Caamaño como un títere do BNG, como quedou de manifesto cando, no cumio do delirio, CLR deixou de ser un entrevistador para pasar a ser un crispado defensor das políticas do goberno Feijóo.
    En fin, de puta pena.

    ResponderEliminar
  2. Pois nada en desacordo logo respecto o entrevistado (mais que nada porque quero deixar claro que non é unha reflexión contra Carlos) coincidimos no ben que fai o seu traballo a TVG (defender a Feijoo e espallar as súas mentiras). Un saúdo e grazas por pasar.

    ResponderEliminar
  3. Carlos respostou ben,saiu airoso ten toda a parroquia exaltada, pero dúvido que gañase un parroquiano novo.E máis creio que gañou o Callón e perdeu a causa do galego.Amigo lannister creio que esta ben disfrutar do exito,son dias de viños e rosas pero ...
    A manifestación do domingo pode ser un canto o ceo, algo similar a unha manifa contra a fame no mundo senón conseguimos artellar un proxecto como ben dixeste liberal-revolucionario.Isto non só e por a lingua, senón por cousas se cabe máis importantes. a nosa Liberdade, prosperidade e a dignidade dos galegos.E isto último e o que pode movilizar aos galegos, e acredito que é o auténtico temor dos castellanistas. As noxentas declaracións dos monteagudos no vieiros ou os tipiños coma o Lorenzo, poden darnos idea da estratexia frijolera. Potenciación dun vácuo "mellor galeguismo" propagandista-panfletario e demonización e ataque ao nacionalismo, querendo corter calquera aspiración de aumentar a nosa capacidade de decisión.Un saudo

    ResponderEliminar
  4. Duar basicamente estamos de acordo.Un sáudo.

    ResponderEliminar