Dicía nunha anotación anterior como Ramon Piñeiro fracasara no seu intento de que os partidos de eido estatal en Galiza fosen verdadeiramente galeguistas. Naquel momento puña como exemplos a seguir o PSC e UPN, sinalando as multiples diferenzas co PSdG-PSOE e o PP de Gallicia (pobre de min como me atrevera a usar o nome do país falando deles). Porén os exemplos de compromiso coa terra nai sin caer no separatismo (palabra tan grata a Fraga e o "Señor de las Habichuelas" multiplicanse:
Os deputados do PP por Euskadi no Congreso dos deputados negaronse a votar en contra do concerto vasco. Aquí algo semellante sería impensable. Lembremos que Galicia para o PP so existe para sacrificarse por España. Estamos moi mal cando ata os cerriles entre os cerriles poden darnos leccións de compromiso coa terra.
Bo artigo sobre o Grande R.Piñeiro, debo de recoñecer que saenme as zarpas cada vez que un bloqueiro empezan a falar del.Sen dúvida ti o encaraches dun xeito ponderado.Sen darlle importancia o que diga a coz, e concordar contigo na sinvergonzería de algúns que se din seguidores seus, gostaría facer un par de notacións:
ResponderEliminarO xiro culturalista producese tras pasar don Ramón uns anos na cadea, e constatar o fortaleza do réxime franquista.O fondo era evidente galeguista, e o estatuto e o desenvolvemeto político da Galiza, sempre estivo na sua mente.
Confundese, en ocasiós de xeito tortizeiro, duas ideas de don Ramón.Unha a necesidade de dividir o galeguismo nas duas correntes ideolóxicas da época socialcristias e socialdemócratas , de ahí o partido popular galego(si de don Xaime Illa, non o de Fraga) e o psg comandado por Beiras(eu creio que estaba acertado, pero é discutible). Tralo desgrazado fracaso de ambalas duas opcións, e cando comeza o intento de galeguizar os partidos estatais(con éxito inicial, e dendelogo tralo congreso do psdg do 82 e a “re-españolización” da ucd no 81, unha auténtica quimera), pero o estatuto aprobouse e o Galego foi oficial.Dous feitos que como amosan a actitude do ppsoe actuais non son para ter como algo pequeno.Saudos
Dous cousas máis, aos diputados do pp vasco, se votan contra o concerto,se lla cortan en euzkadi, eiqui se lla chupamos sempre.Sinto ser tan gráfico, pero creo que non há outra explicación.Por iso son o doble de ricos.Sendo moi españoleiros, comparado co frijoleteo o UPN parece un partido nacionalista radikal.
ResponderEliminarHoxe xa esta Converxencia21, ou sexa non há necesidade de ppsoe, saudos
Pois aledame que che gustara a anotación sobre Ramon Piñeiro. En xeral non me gusta falar daquelo que non sei por iso me aproximei o publicado sobre el en vez da súa obra, cos perigos que iso implica.
ResponderEliminarRespecto o PP de aquí pouco se pode engadir. Por outra banda sempre mencionas Converxencia XXI. No caso de que sexas algo mais ca un simple simpatizante estarei encantado de recibir e publicar información sobre o partido que vaia mais ala da publicada na súa páxina web.
Un saúdo.