Dada a miña tardanza en tratar o asunto do proxecto_decreto_plurilinguismo teño un bo feixe de ligazóns sobre o asunto. Porén o final decidin centrarme so nos seguintes: o de Fermin Bouza, o de Anton Baamonde,e o de Ferradura en transito. Desde o noso lado e desde o outro nas palabras do Ponselleiro, do martir, e da señora esa.
Ben e que podo aportar eu? Pouca cousa. O decreto novo (a falta de ser o definitivo) mellora o anterior na forma sen cambialo para nada no fondo. Este cambio de faciana pretende seguir incidindo no caracter radical e impositor dos que o combaten. Non hai mais que ler o Ponselleiro e o martir, que menten coma cabróns que son e agachan outras cousas. De feito aí esta a súa perigosidadade mediatica, mentres a practica residen en dúas palabras e un feito: xeral, predominante e que os escolares teñan libros en castelán se lles peta. Porque por moito que leo o decreto os termos xeral e predominante (combinados coas familias) dame a posibilidade (legal ou alegal) de que haxa centros onde todo vaia en castelán e listo. O dos libros é o mais grave, pois eu que nunca obriguei a falar/escribir en galego a ninguen pese a que a miña materia é das que se dan en galego dou fe que os rapaces non mutaron e por economia se o libro esta en galego = galego nos exames e preguntas en galego sobre a materia asi falen entre eles en castelán. Como todo o mundo o sabe de aí a teima en darlles liberdade oral, escrita e de libro.
A perigosidade mediatica radica en que sobre o papel parece equilibrado. Ergo moitos dos que se subiron o carro da lingua recentemente, mentres botan pestes contra os nacionalistas que poderína trabucarse porén sempre estiveron aí, van baixar en aras do equilibrio e do consenso. O que faga o PSdG e o seu entorno vai ser clave.
Esta é a hora da verdade por:
- o decreto vai saír si ou si.
- vai haber que artellar a supervivencia da lingua coa escola en contra coma nos vellos tempos.
- e veremos cantos quedamos o final nesta trincheira, se os que sempre estivemos ou alguen mais.
Tamén en Galizauberalles
Ningún comentario:
Publicar un comentario