Neste momento en que todo vai segundo o previsto, aprobación do decretazo, conven manter a cabeza a fría. Moitas veces o noso peor inimigo somos nos mesmos. Algún podería sacar a colación o da inconstante alma céltica, non sei. Eu prefiro dicir que a maioría dos que militamos neste bando teñen a teima de negarse a ver a realidade. Como consecuencia diso emociónanse (17 de Maio) e deprímense (Decretazo) cunha facilidade sorprendente. De aí que insista en que é preciso manter a cabeza fría. O decretazo chegou como estaba previsto. Como estaba previsto o ruxerruxe da rúa é escaso. Obvio cando xa levamos un ano con algo e cando a crise asoma con forza o fuciño. Por iso non hai que botar as mans a cabeza nin pensar en queimarse o bonzo ( en todo caso se alguén se anima o do cinto de explosivos...)
O decretazo chegou e como dicía "onte" chega o momento de cambiar de estratexia. Non é hora de mais manifestacións nin folgas. Hai que gardalas para os seguintes pasos do programa popular: Lei de Normalización e Estatuto. Non, hai que empezar a falar unhos con outros. A facer cousas polo lingua e polo país na medida das nosas posibilidades en cada lugar no que estemos. A próxima hostia vai ser mais gorda. "El señor de las habichuelas" recuou no que non lle quedou mais remedio que recuar, non polo que fixemos nos. E recuou para agruparse e gañar forzas cara o seguinte embite. Conta con que a crise e as municipais fagan abandonar o PSdG o noso lado e que caia como a froita podrida que é no seu. Debemos ser conscientes diso e meditar. Para a vindeira debemos estar todos xuntos e cunha soa voz. Non é tempo de desacougo. Por que o decretazo ou o informe do IGE, dixeron algo que non soubéramos xa?
Coma sempre o decretazo noutros medios:
Coma sempre o decretazo noutros medios:
http://atrenza.blogaliza.org/2010/05/21/galego-lonxe-dos-cativos/
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=6796
http://nosquedaportugal.blogspot.com/2010/05/paga-pena.html
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=422&seccion=5
http://seioque.com/index.php/main/extra-extra
http://www.xornal.com/artigo/2010/05/20/politica/xunta-aproba-decreto-do-plurilinguismo/2010052012273200283.html
http://bretemas.blogaliza.org/2010/05/20/aprobase-o-%C2%ABdecreto-de-feijoo%C2%BB-dia-triste-para-o-futuro-do-idioma/
http://www.vieiros.com/nova/79656/maquillaxe-inaceptabel-valoran-a-oposicion-e-os-colectivos-sociais
http://www.vieiros.com/nova/79647/o-goberno-aproba-o-decreto-de-linguas-e-elimina-a-prometida-consulta-as-familias
Tamén en Galizauberalles
Ningún comentario:
Publicar un comentario