Rematado o mes da lingua continuo co tema do federalismo. O que sigue é unha continuación directa destas anotacións: 1, 2.
Co pronunciamento de Martínez Campos comeza oficialmente a Restauración que podemos estruturar do seguinte xeito:
- Durante o reinado de Afonso XII (1875-1885), Cánovas del Castillo converteuse no home forte do rei e creou un sistema político baseado no poder compartido entre as Cortes e o Rei, e no bipartidismo.
- Elaborou a nova Constitución de 1876. O sistema electoral era deixado en mans das Cortes. O partido conservador de Canóvas prefería o voto censitario. O partido liberal de Sagasta optará polo sufraxio universal masculino na lei electoral de 1890.
Claro que bipartidismo e lei electoral non era máis que unha fachada empregada para ocultar o verdadeiro alicerce do sistema: o caciquismo. Na practica o sistema politico baseábase en:
- Non aceptación dentro do sistema politico nin do carlismo (absolutista e católico) nin dos revolucionarios (republicanos, socialistas e anarquistas).
- Creación, grazas a intervención de Sagasta, do partido liberal para garantir a estabilidade do sistema mediante a quenda de partidos.
- Cando Cánovas ou Sagasta eran convocados polo rei para formar goberno o obxectivo principal consistía en que o seu partido gañase as eleccións a Cortes e debía prepararse o proceso electoral en dous aspectos: 1º publicación dunha lei electoral favorable, 2º contar en cada provincia co apoio dos caciques locais e dos oligarcas para o “encasillado” e a fraude electoral.
O sistema sera polo tanto nada democratico e moi estable. Estabilidade que permitira o desenvolvemento económico e demográfico:
- España tiña 16,6 millóns de habitantes en 1877, en 1900 tiña 18,6 e en 1920 tiña 21,5.
- En 1900, España seguía tendo unha agricultura tradicional baseada na triloxía mediterránea. Pese o cal ao final do XIX, tanto as vides como as oliveiras experimentaron unha grande expansión. Desde 1900 produciuse un aumento da superficie adicada os cereais así como a expansión de novos cultivos de regadío: citricos, remolacha azucreira e algodón na península; tomate, platano e tabaco en Canarias.
- A lexislación proteccionista (arancel de 1891) beneficiou ós cerealeiros casteláns, ós industriais textiles cataláns, a siderurxia vasca e a minería asturiana. Os empresarios vascos tamén creán compañías navais e grandes bancos como o de Bilbao e o de Vizcaia.
Será precisamente a estabilidade do sistema, o moderado desenvolvemento económico e a exclusión das forzas máis conservadoras e das máis democraticas as que lle van dar pulo a ansias federalizantes. Será a Restauración cando xurdan ou se consoliden os movementos rexionalistas de Euskadi, Catalunya e Galiza. Como resultado desto os proxectos de constitucións para os distintos estados federados ou rexionais multiplícanse. O caso catalán merece salientarse porque coa creba do carlismo tras a III guerra carlista a ameaza que este implicaba para o liberalismo desaparece no principado. E sen esa ameaza a burguesía comezara a aglutinarse en torno a Lliga e actuar en política co fin de tentar o imposible: que España renuncie o seu tradicional xacobinismo furibundo.
Así as cousas, co desastre do 98 e a maioría de idade de Afonso XIII en 1902 a Restauración entra nunha segunda fase que podería tela levado a un rexime democratico e descentralizado. Porén os reformistas do rexime fracasaron unha e outra vez o tempo que as forzas de esquerda e republicanas presionaban sen descanso por ou ben a reforma ou se esta non era posible a ruptura. O fío dos acontecementos sería mais ou menos así:
- Intentos de reformar o sistema desde dentro por parte de conservadores, Maura, e liberais, Canalejas. Posteriormente dividironse os dous partidos en varias faccións desartellando o sistema.
- En 1909 a Semana Tráxica supuxo a fin do goberno Maura e o inicio do goberno Canalejas (1910-1912). As leis progresistas deste enfrontárono os conservadores. Entrementres, os anarquistas crearon a Confederación Nacional do Traballo (CNT). Durante a 1ª Guerra Mundial España declarouse neutral e abasteceu os países belixerantes. Con isto a burguesía obtivo beneficios extraordinarios, aumentou o proletariado e foron a máis os movementos obreiros. Entre 1917 e 1923 houbo unha autentica guerra nas fabricas de Barcelona, que comezou coas folgas e manifestacións e rematou con asasinatos mutuos de patróns e obreiros. E o pistoleirismo que non vai concluir ata a intervención do exército e o golpe de Primo de Rivera.
Será neste primeiro periodo, o anterior a ditadura de Primo de Rivera, cando os rexionalismos den o paso ao nacionalismo. E tamén cando se de o primeiro intento de descentralización: a mancomunidade catalana. Todo, incluida propia Restauración, remataría coa ditadura de Primo de Rivera:
O golpe de Estado de Primo de Rivera, capitán xeneral, foi como un dos moitos que se produciran no século anterior. A ditadura durou sete anos 1923-1930.
- Foi ben acollida e mesmo apoiada polo rei Afonso XIII. Así a Monarquía vencellaba o seu futuro o da dictadura. Cando caeu Primo en 1930 o rei non tardou en seguilo coa proclamación da Segunda República en 1931.
- A ditadura tivo éxitos e fracasos. Entre os primeiros hai que salientar o final da guerra de Marrocos, tras o desembarco en Alhucemas, e un ambicioso plan de obras publicas que dotou o pais de 7000 km de novas vías Por outra banda, foi un réxime incapaz de modernizar o liberalismo oligárquico español. Sería un réxime represivo que en ocasións perseguiu e encarcerou a quen se opoñía a el e o contradicía: peche de xornais, encarceramento de sindicalistas e folguistas, intelectuais e estudantes.
E será precisamente a necesidade de acabar coa Restauración a que faga que as forzas de esquerda e republicanas presten oídos aos nacionalismos. Mais como a idea federal esta ligada o fracaso da I República, na Segunda invéntanse o dos estatutos de autonomía.
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario