mércores, 14 de outubro de 2009

A necesidade de reconstruir a identidade

Completo aquí a anotación o rural e a identidade. Coloco de novo a ligazón sobre a interesante reportaxe da Nosa Terra que motiva esta anotación:

http://www.anosaterra.org/nova/35588/as-aldeas-pantasma-.html

e completoa cun escaneado daquela parte da reportaxe que non aparece na ligazón:

escanear0001Ler a lenta traxedia (clickar para que se abra noutra fiestra e vela máis grande) transmitenos toda a dor que sente o autor polo perigo de desaparición da súa aldea. Podo entender a súa dor, de feito compartoa aumentada. A miña aldea tamén esta a desaparecer, en realidade a mudar. Alí onde antes había leiras agora hai "chalets" de madrileños que se comportan como se estiveran en terra conquistada. Mentres os autóctonos morren ou marchan. Co cal creo que eu estou peor.

Agora ben xa esta ben de buscar a identidade galega na terra. A cultura rural galega era riquisima como todas. E igual ca todas desaparece polas transformacións sociais e económicas. É unha magoa, provoca tristura e é inevitable. Ou alguen cre que os labregos de Alemaña occidental viven hoxe igual ca no século XIX? Non. Aquí, como case todo, o proceso chegou máis tarde. Deixomonos de parvadas sentimentaloides e de caer en definicións organico-historicistas de Galiza (porque estás o final acaban en palabras dun bo amigo en liortas de "quien la tiene más grande, y en eso vais jodidos con el españolismo", e definamonos dunha vez dun xeito liberal-revolucionario: a vontade e dereito a decidir crean nación, crean Galiza. Por outra banda se a terra é a condición indespensable de Galiza, non hai problema ningun, sempre poderemos encher unha maceta e adorala.

1 comentario: