venres, 9 de outubro de 2009

Non faltan partidos...

Ultimamente tras a deblace do 1 de marzo tense falado moito da paralise do BNG, de se esta caduco ou secuestrado pola UPG, da necesidade dun partido nacionalista de centro-dereita, de que o BNG volva as orixes e sexa mais de esquerdas, de que o BNG se converta nun partido, de... e asi poderíamos seguir ata o infinito. Cada opinión, acompañada de mais ou menos improperios (dirixidos o BNG, a UPG ou a quen mais lle pete a cada un) centranse demasiado nos partidos. Desde a miña humilde opinión o problema non esta nos partidos en si mesmos porque si. O problema é mais profundo. Para poñernos en situación comezarei pola analise das cifras electorais (definitivas, incluido o pucheirazo CERA). Os datos son os seguintes:

* Censo de electores 2.648.276
* Participación 1.706.198
* Abstención 942.078
* Votos nulos 15.223
* Votos válidos 1.690.975
* Votos en branco 28.071
* Votos a candidaturas 1.662.904
Partido Popular 789.427
PSdeG-PSOE 524.488
Bloque Nacionalista Galego 270.712
Unión, Progreso y Democracia 23.796
Terra Galega 18.726
Esquerda Unida-Izquierda Unida 16.441
Os Verdes-Grupo Verde 5.911
Por un Mundo más Justo 3.507
Frente Popular Galega 2.903
Nós-Unidade Popular 1.510
Partido Humanista 1.227
Democracia Ourensana 1.066
+Galicia 923
Falange Española de las JONS (FE de las JONS) 675
Solidaridad y Autogestión Internacionalista 420
Galicia Unida 369
Unión Centrista Liberal 311
Partido Social y Democrático de Derecho 262
Asamblea de Votación Electrónica 230

Os datos completos poden consultarse en:

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaXuntaElectoral/2009.pdf

Para analizar os mesmos hai que ter en conta que TEGA presentouse dividida as eleccións por mor da liorta entre Xoán Gato e Pablo Padín. O sector de Xoán Gato, maioritario, foi o que puido presentarse as eleccións coas siglas de TEGA; mentres o de Pablo Padín, minoritario, foi en coalición co PG como +Galicia. As dúas, ou tres forzas dada a división de TEGA, representarían o nacionalismo de centro ou de dereitas. (O termo nacionalismo aplicado a estes partidos é moi xeneroso porén imos deixalo aí)

1. Suma de todos os partidos nacionalistas: BNG+TEGA+FPG+NÓS-UNIDADE POPULAR+ (TEGA+PG= +GALICIA)= 294.774

2. Suma do nacionalismo independentista: FPG + NÓS-UNIDADE POPULAR =4.413

3. Suma do nacionalismo de dereitas: TEGA + (TEGA+PG= +GALICIA)= 19.649

Ademáis do nacionalismo non podo deixar de sinalar a existencia de dous partidos locais (o local, sempre o local como lacra de Galiza): Democracia ourensana e Galicia unida cuxa suma da: DEMOCRACIA OURENSANA+GALICIA UNIDA= 1435

(Recomendo mirar o programa de Galicia Unida

especial atención os puntos XIV; XV e XVI para enmarcar)

Ben ,unha vez visto todo o anterior, queda claro que a problematica non é a falla de partidos nacionalistas. Mesmo para todos aqueles que renegan do BNG por terse vendido o "españolismo e o capital" a opción lóxica serían a FPG ou Nós-Unidade Popular. Partidos que obviamente non ían acadar a maioría absoluta co que os non independentistas poderían votarlles sen medo de xerar unha proclamación de independencia o día 2 de marzo. A situación é ainda mais clara para todos os que din que non votan nacionalista ( con esas fantasticas enquisas CIS coas que todo o mundo ataca o BNG ,pois mostran que o naciolismo chega o 28% da poboación, e alguns deles, pobriños, nos lle queda mais remedio que votar PP) por ser o BNG de esquerdas. TEGA e +Galicia cubrían amplamente esas espectativas.

Por outra banda tendo en conta que cun PP botado o monte mais cerril non se produciu a eternamente presaxiada escisión dos galeguistas do PP (nacionalistas incluso segundo as enquisas CIS ou algun exabrupto de Gloria Lago), queda claro que o problema non son os partidos senon o nacionalismo en si mesmo.

Polo que sexa este perdeu capacidade de convocatoria. Unha capacidade que ademais se ve mermada pola continua loita entre siglas e faccións o mais puro estilo "A vida de Brian" Loitas que se aportaran algo, porque non defendo a obediencia cega e a falta de critica, servirían para algo, por desgraza non é asi. O problema radica en que na meirande parte do nacionalismo, como moi ben dixo Xopau na súa xenial anotación, o nacionalismo é algo accesorio fronte a outras cousas. Se se poñen nunha balanza o nacionalismo perde fronte á outra parte. Asi podense ler na rede, ou escoitar na rúa (eu ademais de escoitar na rúa "tiven o pracer" de que mo dixeran a cara) voces que o mesmo tempo que se laian da politica do "Señor das habichuelas" preguntandose como pode facer tal cousa, sintense orgullosos de non ter votado o 1 de marzo porque co "bipartito non podíamos seguir".

En definitiva unha parte importante do nacionalismo preferiu salvar a súa pureza ideolóxica, de conciencia se se quere, a apoiar un proxecto que con todas as súas eivas era moito mellor co anterior; unha parte do nacionalismo preferiu salvar a súa pureza ideolóxica, de conciencia se se quere, a pararlle os pes a quen viña disposto a barrer todo o non español, (cousa que ía no seu programa e esta a cumplir de xeito impecable).

De todo o anterior ven a miña discrepancia coas criticas o BNG e a urxencia que alguns teñen de fundar partidos novos. O BNG é un partido, fronte ou como se lle queira chamar enfermo. Fracasou no que para min debía ter sido a súa labor principal: ser un BLOQUE NACIONAL, que verdadeiramente aglutinase a todo o espectro nacionalista, preferindo ser ante todo un partido de esquerda. Non é capaz de dar un paso para ser un partido en vez dunha gaiola onde os puñais brilan pola noite. Porén, e aqui falo coa ventaxe de non ser militante senon votante, de momento é o instrumento mais util co que contamos. Calquera partido novo tardara anos en ser unha alternativa viable, porque se precisan anos, apoio mediatico e moitos cartos (estas últimas dúas cousas non sobran no nacionalismo galego) para consolidar un partido. Visto o visto, sen rexeitar nen denigrar a quen decida fundar un novo partido, o mellor é seguir co BNG. A xente en vez de fuxir del debería entrar nel a ver se cambia dunha vez. O mesmo tempo que todos os partidos existentes alén do BNG deberían comezar a falar entre eles e co BNG, o cal tamen debe aplicarse o conto do dialogo, cara a crear unha fronte realmente ampla. Que non se repita que FPG e Nós-Unidada Popular non puideron coaligarse por diferenzas menores como a normativa (neste caso o peso da culpa cae na FPG) . Esto polo que toca os partidos. Respecto os nacionalistas, buff, mentres unha parte deles viva nun mundo de fantasía e ilusión no que non importa canto tempo pase porque a fin a verdade e a xustiza sempre triunfan, en vez de darse conta de:

-vivimos no estado español coas condicións que esto implica

-vivimos en Galiza, cuxas dinámicas son diferentes e debemos aproveitalas para o cambio (onde eu vivo asistin con satisfacción a "ruralización e caciquización" que din alguns do BNG. De non ser capaces de facer nada, fixeron cousas e subiron votos nas autonómicas)

-e que o ter unha nación/país/estado (escollase o termo que se queira) por facer en moitas ocasións vai haber que dar un paso atrás para avanzar dous

Calquera recuperación do nacionalismo será imposible. Mentres iso non ocorre, e por seguir coas analoxías cinematograficas, o que mellor definira os nacionalistas sera trocar a frase de "Nove Raiñas" : "En este país no faltan putos, faltan financistas" por "Neste país non faltan partidos nacionalistas, faltan nacionalistas"

2 comentarios:

  1. Pois a ver como vai nesta nova andaina. Lástima ter que deixar blogaliza

    ResponderEliminar
  2. De momento non a deixo. Seguirei nela o tempo que ando aqui.

    ResponderEliminar