Actualización variopinta con temas importantes todos. En primeiro lugar o marechal:
- Tal día coma hoxe de 1483 morría decapitado Pardo de Cela, e aínda que como non me canso de repetir de heroe tiña mais ben pouco esa data merece lembrarse. Merece lembrarse porque significa a consolidación do poder da coroa sobre a nobreza, sobre Galiza. A partires de aí resulta paradoxal que Galiza perde todo atisbo de autonomía política o mesmo tempo que por vez primeira conta con institucións propias: As Xuntas do reino. Por iso, porque desde enton todo cambiou e pouco mellorou a cousa é preciso lembrar a data.
- Tal día coma hoxe de 1483 morría decapitado Pardo de Cela, e aínda que como non me canso de repetir de heroe tiña mais ben pouco esa data merece lembrarse. Merece lembrarse porque significa a consolidación do poder da coroa sobre a nobreza, sobre Galiza. A partires de aí resulta paradoxal que Galiza perde todo atisbo de autonomía política o mesmo tempo que por vez primeira conta con institucións propias: As Xuntas do reino. Por iso, porque desde enton todo cambiou e pouco mellorou a cousa é preciso lembrar a data.
- A televisión como analizaba nunha anotación anterior ten unha grande importancia económica e política. As dúas cousas inciden no proceso de fusións ou non iniciado polas grandes cadeas cara o apagón analoxico do 2010. Hoxe tras un monton de ruxe-ruxes confirmaronse (polo menos na internet no momento de escribir esto) as fusións: Antena3+Sexta (1) e Telecinco+Cuatro (e cuxas condicións meten medo 1,2). Co cal xurde unha inevitable pregunta (se se confirman as fusións tal e como se perfilan na rede): Se antes o dominio da dereita mediatica era abrumador en número, agora so queda ela, ergo hai algunha esperanza de que todo o que non é dereita do monte profundo poida transmitir a súa mensaxe?
- O decreto do galego dos tercios segue xerando rumores, todo apunta a que saira no Nadal para minimizar o efecto. Por se acaso difundo un comunicado que me chegou o correo:
" Ante a inminencia de anuncio do contido do decreto que derrogará o 124/2007 e que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino por baixo do 50% que establecía o aínda vixente, cómpre estarmos atentos para darmos unha resposta colectiva.
É probábel que o decreto saia estes días de vacacións para dificultar as posibilidades de actuación da plataforma Queremos Galego polo que temos que ter axilidade e previsión para darmos unha resposta rápida e visíbel a pesar dos intentos de ocultación destas medidas galegófobas por parte do goberno da Xunta.
Para isto é necesario ter previsto actos para o día seguinte do anuncio do decreto que poderían ser os seguintes:
A nivel nacional: Concentración o mesmo día pola mañá diante de San Caetano.
A nivel comarcal: nas cidades habería que organizar concentracións e actos de protesta, nas vilas poderíanse organizar tamén caravanas de coches.
Esta convocatoria urxente ten a dificuldade de que non é posíbel anunciala cunha data previamente fixada, mais é necesario facer o esforzo de ter sobre aviso a todas as organizacións e persoas integrantes da plataforma das concentracións, e tentar que sexan o máis numerosas posíbeis.
Estes días enviarase outro correo electrónico cun manifesto para lermos en todas as concentracións que se convoquen.
Se a previsión da presentación do novo proxecto de decreto se cumpre, temos tomado a decisión de convocar a folga en todo o ensino o día 21 de xaneiro de 2010. Tomade esta data como posíbel pero non definitiva.
No arquivo que adxuntamos podes ver unha postal de Nadal (a felicitación en cuestión non se carga, tras varios intentos desisto, supoño que a terán nos locais da CIG) para dirixir ao Presidente da Xunta coa intención de que no vindeiro ano do 2010 el tamén QUEIRA GALEGO. Sumádevos a esta campaña pasando por calquera dos locais da CIG"
Ningún comentario:
Publicar un comentario