Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"
Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das
modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades
de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de
Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores
de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e
declaramos que ...
1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos
fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a
seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e
a liberdade de expresión.
2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha
competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza.
Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da
Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo
dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o
acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.
3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector
tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de
desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de
empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa
expansión internacional.
4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta
a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos
democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de
contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria
culturais, se non de moitas fontes distintas.
5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do
seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades
relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións
lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo
ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no
control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar
os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.
6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de
alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan
os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma
ineficaces para o fin que afirman perseguir.
7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas
patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio
obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.
8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en
España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o
desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.
9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual
co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio
público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser
aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as
partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas
que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata
de outro tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario