(Ven da anotación anterior)
O normal sería que nos 90 unha vez consolidada a democracia e alonxadas as veleidades golpistas se reformase a constitución para eliminar todo o que de ambiguo e provisional inclúe o titulo adicado as autonomías e se pasase a un estado federal. Nesta ausencia de reformas son tan culpables o PP como o PSOE. En vez diso o PP lanzouse na súa segunda lexislatura a un intento recentralizador que casa mal coa constitución (de aí os continuos conflitos que tivo o goberno Aznar co Tribunal Constitucional). Intento no que segue instalado pretendendo que as autonomías sexan pouco mais que Deputacións provinciais ampliadas. Algo no que coincide a metade das veces con UPyD, digo a metade porque segundo o pe co que se erga a señora Díez o partido defende unhas autonomías limitadas ou que desaparezan.
Dada esta situación en Cataluña comeza a albiscarse a posibilidade dun novo estatuto tanto por intereses políticos (argumento do PSC para desbancar a CiU) como POLÍTICOS (necesidade de protexerse ante a recentralización).
No medio de toda esta lea dous invitados e actores necesarios que non souberon/saben moi ben que facer:
- Zapatero: quen supostamente tiña na mente dar os pasos necesarios para chegar o estado federal pola porta de atrás (reforma dos estatutos). E que na súa teima de contentar a todos e non dar un golpe na mesa a tempo, mais o comportamento delirante do seu propio partido e de ERC, acabou dando marcha atrás.
- O Tribunal Constitucional. O alto tribunal en España funciona de pena por depender na súa configuración dos partidos ata o punto que se sabe a quen obedece cada quen. Ademais nun caso único no mundo pretende presentarse como un mero órgano xurídico cando o ser o encargado de interpretar a constitución tamén o é o político. As súas decisións son polo tanto (aquí e en calquera lugar) moi complicadas de tomar pois deben ter unha claridade xurídica impecable e ademais ter en conta que van ser a base para a actuación política durante anos. Dada a súa vinculación os partidos e as anteolleiras ideoloxicas que soen levar postos os seus membros en vez de solucionar problemas créaos. Ademais como cada vez que non contenta a un partido este arremete contra el acusándoo de estar politizado, corrompido, vendido etc. o Tribunal Constitucional esta moi desprestixiado. E cando lle caeu enriba o Estatut sumiuse no caos dadas as circunstancias concorrentes sobre as que incide a editorial da prensa catalá.
Dito todo o anterior a miña humilde opinión é a seguinte:
O estatut colle na constitución sen problemas dada a flexibilidade de esta. O Tribunal Constitucional vai cabrear a todo o mundo. Para min o mellor que pode facer é ou admitir o Estatut tal e como esta, ou tumbalo de pleno. De feito este último suposto e preferible a vía dos recortes para clarificar as posturas de todos e por sobre a mesa o paso a un estado federal dunha vez.
Respecto a Galiza como moi ben di Camilo Nogueira no seu artigo de Vieiros estamos nunha situación semellante a de Cataluña so que, coma sempre, sen forzas para loitar nos mesmos e esperado que de propina nos caian os posibles beneficios.
Por outra banda cando Cuiña jr di sentir envexa por Cataluña eu concordo con el. Aquí so sería imaxinable unha reacción conxunta da prensa para:
- Defender o L da Coruña.
- Pedir o seguinte sacrificio pola pobre España.
- Defender o esmorecente e ameazadisimo castelán.
- Lamberlle o cu a Xunta e o seu presidente para que a siga mantendo con subvencións.
Nunca para defender os intereses de Galiza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario