O 10 de novembro Mikhaíl Kalashnikov cumpríu 90 e foi homenaxeado por ser o inventor dunha das iconas do século XX: o fusil que leva o seu nome.
Barato, fiable, practicamente indestructible, capaz de funcionar nas condicións mais extremas e sinxelo de utilizar o Kalashnikov nas súas multiples versións é o fusil de asalto mais producido e empregado no mundo. Icona das loitas revolucionarias ata o punto de ser chamado a arma dos pobres, a arma do pobo ou figurar nas bandeiras e escudos de varios países, o Kalashnikov segue a ser amplamente empregado.
Eu non son nen belicista nen militarista porén recoñezo a importancia do devandito aparello na historia do século XX. Por outra parte aledame que Mikhaíl sexa homenaxeado mentres esta vivo, o mesmo tempo que me arrepía ese rasgar de vestiduras da progresía toda por ese merecido homenaxe. Arrepíame por que son incapaces de poñer as cousas no seu lugar e no seu contexto e porque a bo fe moitos deles teñen os mesmos esquemas mentales que os levaría a ter no peto o libro vermello de Mao se vivirán nos 70.
Dito todo o anterior, felicidades señor Kalashnikov tanto polo seu aniversario como polo premio e o seu invento.
(Clickar na imaxe para vela completa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario