Neste artigo de opinión Eduardo Rego analiza o papel político que pode ter a clara viraxe conservadora da Igrexa Católica española e a alianza que manten co PP. En liñas xerais estou de acordo co que di. So discrepo en dúas cousas concretas:
- O empregar o simil da Contrarreforma e mais ben caer no topico de que foi causa de todos os males. Nesta apreciación da Contrarreforma pesan moito mais os prexuizos e a propaganda protestante que a analise calmada do contexto politico, social e histórico no que se producíu e as súas consecuencias.
- A identificación desa viraxe co conxunto da Igrexa, tanto a nivel español como universal. Aquí hai que ter en conta mais que nada o papel da Conferencia Episcopal. Lembremos que desde o momento en que Xoan Paulo II condenou o nacionalismo como doutrina destrutora e violenta, algo que tiña relación direta coas guerras de disolución de Iugoslavia, aqui a Conferencia Epicopal interpretouno como condena os nacionalismos "perifericos" e así o aplica desde enton sen dicir nen chío sobre o verdadeiro nacionalismo destrutor da convivencia que é o español. Neste senso nada novo. Lembremos que o mesmo Tarancón, sempre alabado por todos polo seu papel na transición, nunha visita pastoral a Galiza cando xa traballaba na devandita conferencia dixo: "No es necesario emplear el gallego pues todos los niños entienden perfectamente el castellano" A declaración viña a conto da esixencia do Concilio Vaticano II de dirixirse os fieis na súa lingua. Esixencia que o trouxo a estas terras por ver se había que empregar o galego como pedirán algúns cregos. Tras percorrer o país pontificou esa frase coa que pechou o debate a saída dunha sesión de catequese.
A verdade é que canto mais se empeñe a Conferencia Episcopal en subirse o monte mais se alonxara da Igrexa unha parte do seu rebaño. Eu persoalmente atopome nesa situación de afastamento tras cansarme de oir homilías sobre o malvado nacionalismo. Claro esta que a Conferencia Episcopal tanto lle ten se se baleiran as Igrexas mentres o Estado lle encha os petos e os seus medios de comunicación trasmitan a sensación de que van montar unha nova cruzada dentro de nada. E nestes dous aspectos o PSOE é o unico culpable. Por que alguen lembra que a Conferencia Episcopal dixera algo durante o Aznarato pese a que este mantivo o aborto e o diovorcio? Ou sobre a financiación cando os problemas financeiros xa viñan daquela? Non dixo nada porque saben que o PP non lle poden sacar nada, mentres o PSOE en canto tronan os pulpitos mexan polos pantalóns.
Polo ben da democracia e sobretodo da propia Igrexa Católica en España, antes de que moitos nos vexamos condenados a fuxir definitivamente, é preciso a revisión do Concordato e que este separe dunha vez e para sempre a Igrexa e o Estado.
E aos sindicatos tamén, e os milleiros de millós d'euros na cultura esspañola tamén, e no funcionariado non educativo ,sanitario, ou esencial do estado tamén.Há moito onde rascar.
ResponderEliminarBo artigo o do xopeu outro día sobre irmandades,non comentarei nada para non estropealo.So dezer, vaia merda que sempre gañen os españolistas nista terra. A voz nunha páxina par nunha columna moi pequecha publicou que 100.000 galegos deberá emigrar nos próximos anos. Esspaña desangranos e nos a cantar o lalala, por que non aparecen hoxe un movimento liberal-revolucionario que nos afaste do liberticismo e pobreza diste estado?.Saudos até a vitoria
Se tivese a resposta pregonaríaa aos catro ventos.
ResponderEliminar