O luns pasado, 9 de novembro, cumprironse 50 anos do pasamento de Ramon Cabanillas. Podería dicir moitas cousas del, porén prefiro que sexa el mesmo quen nos fale.
¡En pe!
¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa fronte erguida,
envoltos na brancura
da luz que cae de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
¡cantémolo-lo dereito
á libre nova vida!
Validos de traidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afrouxan as cadeas...
¡Irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito
a liberta-la Terra!
¡Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡En pé dispostos
a non morrer sen loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!
¡Xa está o vento a bandeira azul e branca!
berremos alto e forte:
¡ A nosa terra é nosa!
Ramón Cabanillas, Da terra asoballada (1917)
Ningún comentario:
Publicar un comentario