mércores, 18 de novembro de 2009

Cousas da TDT


Onte convertinme nun ser integrado no meu tempo, televisiva mente falando, xa que puxen a TDT. A verdade paréceme que tanta canle so serve para tardar mais tempo en facer zapping dada a calidade dos contidos. Como cousa curiosa non recibo en condicións as dúas canles da galega, porén recibo perfectamente as dúas da TPA, Intereconomía e Veo. Será cousa do "Señor de las habichuelas"? Tentara convencerme de que me una as súas hostes? Ou é un sinal para que ese proxecto de mudarme a Asturias pase a ser realidade? Non o sei. O que si é indignante é que non reciba a TVG e que as emisoras locais e autonomicas ademais de non emitir aínda o vaian facer castelán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario