Esta anotación estaba pensada para a semana pasada. Non tiven tempo de escribila e a verdade é que me alegro. Desde o ton humoristico e un tanto despectivo inicial mudei o que sigue tras reflexionar e ler varios comentarios en internet.
Cuiña Jr dicía no 2007:
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/68/galeguismo-de-salon
E no 2009 di o seguinte (escusades clikar na ligazón do seu artigo remitindose o 2007, e o que puxen antes)
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/1008/a-cuarta-forza-ou-arre-ou-xo
En resumo o asunto vai sobre a necesidade dunha cuarta forza politica, non en votos senon que este presente no Parlamento a caron das outras tres, que represente o galeguismo/nacionalismo de centro-dereita.
Máis alo da posible preparación dun vía de fuxida por Cuiña Jr., na que inciden moitos comentaristas, o asunto cheira a vello o igual que a anunciada/anhelada e nunca producidad escisión dos sectores galeguistas do PPdG.
O novo é quen o di. Porque independentemente de calquera vicisitude persoal de Cuiña Jr. este ten certa autoridade por ser quen é e vir de onde ven.
Tamen é novo que tras anos sen ningun partido que tentase encher ese oco, que exista é outra cousa, agora mesmo existen tres partidos: Terra Galega, Partido Galeguista e Converxencia XXI loitando por el. É precisamente a existencia deste último e as furibundas criticas que recibe na rede por parte dalgúns o que me fixo cambiar o enfoque desta anotación. Parecenme excesivas as criticas que esta a recibir un partido cunha traxectoria vital minima e que aínda non pasou a proba de lume que supoñen as urnas. Tal vez peque de inxenuo porén mentres as urnas non falen e os seus dirixentes non actuen en consecuencia non se pode saber como ira a cousa. Eu pola miña parte concedolle o beneficio da dubida, sobretodo cando nas declaracións do seu Secretario Xeral aparecen cousas positivas que outros non se atreven a dicir (desde a redución do número de Concellos ata que o partido non pode ser un cemiterio de elefantes que espallen a dubida sobre as súas intencións).
Do mesmo xeito que non comparto as criticas vertidas contra Converxencia XXI si comparto a opinión tamen vertida na rede de que tres partidos loitando por un espazo tan pequeno son demasiados. Sobretodo cando desde o punto de vista ideolóxico parecen ser iguais. A necesidade de que se unan/coaliguen é mais que manifesta. Necesidade que de plasmarse nun proxecto novo precisaría tanto dunhas siglas novas non comprometidas co pasado como duna limpa de elefantes.
E tras todo o anterior volvemos a necesidade ou non dunha cuarta forza. Ben como ca dixen en ocasións anteriores (1,2) a problematica non reside tanto na falla dun partido ou varios como na propia febleza do espazo politico nacionalista e galeguista realmente comprometido con esa palabra. A día de hoxe a cuarta forza é UPyD con 23.796 votos fronte os 19.649 do nacionalismo de dereitas/galeguismo. Ben é certo que o panorama electoral non é inmutabel, porén se non queremos que sexa UPyD a que sente no Parlamento como cuarta forza, vai sendo hora dunha xenerosidade e amplitude de miras por parte de todos os nacionalistas e galeguistas que eu non vexo por ningures. Un primeiro paso sería que eses tres partidos revertesen nun.
Para rematar dúas entrevistas o Secretario Xeral de Converxencia XXI.
http://www.vieiros.com/nova/76925/entrevista-con-carlos-vazquez-padin
P.D: Estou aberto a publicitar calquera forza do país como reflicten as ligazóns da categoría partidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario