Pasaron 91 anos desde que galeguistas de diversas orixes, agrupados nas Irmandades da Fala se xuntaron en Lugo e deron o paso transcendental de pasar do rexionalismo o nacionalismo e de defender o galego en castelán a facelo en galego. Moitas cousas son fillas dese momento, desde a propia existencia dun corpus científico en galego que existe en diversos eidos, pois grazas o cambio mental froito desa defensa do galego en galego a lingua abandonou o espazo estritamente literario o que estaba restrinxido, a existencia dun nacionalismo galego como tal.
Moitas cousas cambiaron nestes 91 anos outras seguen case igual. O programa básico das Irmandades segue sendo valido hoxe en día, lamentablemente, e a unidade da que fixeron gala nese intre algo a imitar. En calquera caso desde aquí vai a miña lembranza para todos eles.

Ningún comentario:
Publicar un comentario