Cando un pensa na extrema dereita por algunha razon descoñecida cinguese sempre a movementos do pasado: reacción, fascismo, nacionalsocialismo; ou os seus epigonos modernos que o unico que dan é pena. Parece como se a xente gustase de vivir adurmiñada nun soño de "iso é cousa do pasado", " non volverá ocorrer" e un longo etc. Parece como si todos leran a Beevor e creran o pe da letra o que di na súa obra sobre a caida de Berlin no 45 perante o exército vermello: "Berlin foi a tumba da ultradereita europea que se inmolou nunha pira tráxica e ápica que limpou Europa da súa presenza" (Pese o entrecomillado cita non literal). A verdade non é así. Porén antes de ir mais adiante repasemos as caracteristicas basicas da mais popular das encarnacións da extrema dereita: o binomio fascismo-nacionalsocialismo:
- Talante autoritario, claramente antidemocrático con rexeitamento de todo o relativo a un sistema liberal-democrático: sufraxio, igualdade de todos, soberanía nacional, institucións representativas, separación de poderes, liberdade de opinión, dereito a disistir...
- Intervención do Estado en todolos aspectos da vida publica, emprego da violencia para desfacerse da disidencia de calquera tipo que debe ser eliminada fisicamente. Autarquía no económico pretendendo evitar a dependencia do exterior.
- Líder carismático apoiado na propaganda constante e unha escenografía grandilocuente.
- Concepción antiigualitaria da sociedade: supremacía do militar sobre o civil, do partido sobre a sociedade, do home sobre a muller.
-Organizacións propias que encadran toda a vida da poboación: partido, sindicatos, asociacións, organizacións xuveniles etc. O mesmo tempo que se prohibe calquera outra organización.
-Predominio do sentimento frente a razón, da que se desconfía. Exaltación da violencia, de aí as organizacións paramilitares, e confianza na guerra como instrumento de progreso.
Estes movementos xurdiron nun momento complicado da historia europea no que a dereita tradicional: liberal-conservadora (dentro do sistema) e reaccionaria (fóra do sistema) eran incapaces de artellar un movemento de masas que fixera frente o auxe das esquerdas. Se os fascismo si o fixeron foi porque foron capaces de artellar un resposta que incluira a todos aqueles que por unha razón ou outra se sentían ameazados pola esquerda.
Ben visto o visto parece claro que hoxe en día escepto algúns marxinais todo o anterior esta lonxe da primeira liña politica europea. Agora ben eso non significa que estemos a salvo. Sigamos.
Tras a Segunda Guerra Mundial que efectivamente supuxo unha hecatombe para a extrema dereita esta comezou paseniñamente a rearmar os seus vimbios ideoloxicos. Este foi un proceso dilatado no tempo e no espazo.
O primeiro lugar onde comezou o rearme ideoloxico foi Bélxica. Descartados os elementos fascistas pola derrota diversos autores voltaron a vista o único campo que lles quedaba: a reacción. Dela tomaron a defensa da familia e da relixión como un dos seus soportes. Esta identificación relixiosa durou pouco. De feito en canto as circunstancias politicas internacionais o permitiron xurdiu outro foco renovador en Austria o mesmo tempo que desde Belxica chegaban influenzas os seus veciños Francia e Holanda. O traballo dos distintos grupos artellou un novo pensamento que pode resumirse en:
- Defensa da familia: a cal pode adoptar formas diversas segun o país e o momento.
- Aceptación da democracia non como un medio senon como un rexime politico lexitimo. O que se van criticar van ser os escesos da democracia. Así criticarase a politica en xeral por alonxarse da xente, incidirase en que todos os partidos son iguais, na necesidade dun partido que se preocupe polo que realmente lle interesa a xente, o sentido comun por riba de leis inxustas e artificiosamente construidas polos politicos tradicionais...
- Relacionado co anterior: populismo e demagoxia que lles permita dicir branco ou negro según a opinión da maioría.
- Rexeitamento do comunismo e da esquerda por ser titeres da URSS
-Nacionalismo.
- E por riba de todo a busca dunha cara amable/carismatica e dun tema único como referente cara a acción politica que sirva de aglutinador e referente do partido/movemento tanto cara o propio partido como cara a sociedade. A inmigración sera na meirande parte de paises o referente con maiusculas.
Así artellado o novo pensamento de extrema dereita espallase lentamente por Europa con resultados diversos. Sen esquecer que ainda que renuncia as roupaxes da reacción ou o fascismo segue a ser a extrema dereita negadora da diferenza e da liberdade de sempre.
1973 e crise do petroleo van ser un momento trascendente na evolución da extrema dereita (ED a partir de agora). Se por un lado a creba do Estado de Benestar tal e como fora concebido desde a 2ª Guerra Mundial fara que a xente lle preste oidos por primeira vez. Por outra lado esa mesma creba fai rexurdir os fascismos nas formas neo que todos coñecemos. En terceiro lugar as politicas neoliberais e o rearme ideoloxico patrocinado por Reagan e Thatcher van facer que aumente o seu predicamento entre os perxudicados por esas politicas o mesmo tempo que o discurso da dereita tradicional vai ir facendo súas algunhas das propostas desa ED. Esto vai facer que partidos descoñecidos, minoritarios e practicamente fóra do sistema adquiran unha certa aura de respetabilidade, non na prensa nen nos outros partidos porén si entre a xente que se identifica con eles.
Así as cousas, a partires de 1973 será a acción politica e como sacar mellor rendemento dela a que prime. Francia e Italia serán agora os centros mais activos. En Italia poñense os alicerces dos partidos neofascistas e claramente populistas que xurdiran nos 80 aproveitando o comezo do derrumbe da Democracia Cristiana. En Francia pola súa parte diversos partidos van confluir dentro do Frente Nacional de Le Pen (curiosamento o menos modernizado ideoloxicamente deles porén o mais popular e cun lider mais claro).
O seguinte gran paso vira coa caída do Muro en 1989 (do que onte se cumpriron vinte anos)
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario