luns, 16 de novembro de 2009

Celanova

PUBLICITO O SEGUINTE (CHEGOUME O CORREO, UN DELES):

O IES Celanova, que durante tantos anos ten sido motor de formación de xeracións e xeracións de estudantes, referente cultural da vila e a súa comarca, agora, debido á cativeza de miras dos nosos gobernantes, está previsto que sexa desaloxado para, no seu lugar, construír un hotel de luxo, privado.

Por ese motivo pedimos o teu apoio para frear esta “barbarie” que se pretende cometer cun centro de ensino público a pleno rendemento.

Para que poida seguir mantendo o seu carácter de formador de cidadáns/ás en liberdade e democracia e que non sexa destinado a outros fins espurios, por parte duns políticos insensibles ao nobre labor que está a desenvolver o mosteiro, situado na cerna da nosa vila.

NON Á PRIVATIZACIÓN DO PATRIMONIO GALEGO!

NON Á ESPECULACIÓN!

NON AO TRASLADO DO IES!

Se pensas que isto é un despropósito, e queres axudar a paralo pedimos a túa colaboración. Atoparás máis información e a posibilidade de colaborar asinando en ensinomosteiro.blogspot.com.
Moitas grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario