Ven da anotación anterior:
A caída do muro de Berlín deulle un gran pulo a estes partidos aproveitando o desconcerto e o retroceso da esquerda. Se nos anos vinte o fascismo se presentou como unha ideoloxía que pretendía superar a división da sociedade en esquerda e dereita, agora a nova ED presentarase como a única alternativa que se preocupa pola xente fronte o fracaso da esquerda e os danos que provoca na sociedade a aplicación das políticas neoliberais independentemente da suposta cor do partido gobernante. Grazas a isto os partidos ED aumentaran en número e forza, logrando éxitos como gobernar en Austria ou situar a Le Pen na recta final das presidenciais de 2002. Hai que ter en conta que en todo isto a ED contou a inestimable colaboración da esquerda.
Se nos anos vinte o fascismo alimentouse do medo o comunismo, desde os setenta a nova ED beneficiarase das contradicións internas da esquerda. A esquerda europea vive nos anos sesenta e setenta inmersa no dilema sobre se é marxista ou non. Se é marxista que tipo de marxismo (leninismo, maoísmo, trotskismo...) Se non é marxista que tipo de socialdemocracia é. O final e coa sombra da URSS pesando no horizonte todo queda nunha liorta continúa na que as escisións en aras da pureza ideolóxica e as acusacións de vendidos o capital se suceden. De pouco servira que finalmente calle o eurocomunismo ou un modelo socialdemocrata de mínimos cando a crise do petróleo vai converter a todos en neoliberais. Fenómeno acentuado a partires da caída do muro, momento en que as medidas neoliberais se converten en dogma. Nesa situación seguir chamándose camaradas uns a outros, cantando a internacional e erguendo o puño non enganan a ninguén. A xente quere solucións ou cando menos esperanza. A ED polo menos vende isto ultimo. De aí que para sorpresa de todos Le Pen contara no 2002 con votos de poboación inmigrante regularizada e integrada: obvio eles son os que senten de primeira man a presión da inmigración non regularizada e inmigrada, como defensa do pouco que teñen decantaron se polo único que falaba claro sobre o tema: Le Pen.
Por outra banda se estes partidos non medraron mais foi porque a propia dereita consolidade absorbeu cada vez mais posturas ata entón propios da ED: vexase a Sarkozy en Francia e o seu tratamento da inmigración; ou Berlusconi en Italia.
E mentres todo o dito ocorre en Europa, que pasa en España?
Como en case todo a longa noite de pedra que foi o franquismo mantivo a España illada das novas correntes de pensamento da ED. Non debemos esquecer que o franquismo era ante todo iso, franquismo é dicir Franco e punto. Por paradoxal que poida parecer, o mesmo réxime que daba acubillo a SS con crimes de guerra as costas, censuraba ou prohibía as obras renovadoras e impedía os seus autores pisar chan español. Así o franquismo preservou a España de todo este fenómeno. E non será ata a morte do ditador que as primeiras obras e os primeiros pioneiros da nova ED cheguen a España. Unhas e outros non terán ningún éxito. A transición polarizaba os seus posibles seguidores entre aqueles que ían aceptar a democracia e inclinarse polas forzas da dereita democrática ou pola nostalxia do franquismo.
Os nostálxicos do franquismo, aínda vixentes, careceran de éxito porque o seu pensamento é demasiado arcaico e porque o propio franquismo carecía dun corpus ideolóxico mais aló do propio Franco.
Os anos 80 verán como os franquistas esmorecen e se achegan os neos (fascistas e nazis) que chegan aquí como o resto de Europa. Mentres os renovadores da ED andan desnortados o tentar copiar o modelo do Fronte Nacional de Le Pen (como xa dixen o menos modernos destes partidos) sen conseguir diferenciarse claramente dos neos, entre os que podemos incluír o neofranquismo. Así mesmo a lenta consolidación da dereita democrática que non rematara ata 1993 (previa fundación do PP en 1989) tampouco crean o ambiente obxectivo que permita unha alternativa seria de ED. Cando a dereita democrática aínda non existe, non gobernou e polo tanto non pode decepcionar a ninguén é imposible que apareza unha alternativa ED.
Nos noventa comezan a producirse os primeiros cambios que tal poderían facer xurdir un partido moderno de ED. O Partido Popular chega o poder e a inmigración convertese en masiva co que xa se tería o tema de referencia aglutinador. Se os cambios non se produciron foi porque pese a toda a propaganda antiinmigración o crecemento económico permitiu absorver está man de obra extra, e o máis importante derivar a poboación española cara a traballos mellor remunerados e menos duros. Ademais hai que ter en conta que o PP, que carece dunha ideoloxía concreta, enche todo o espazo político da dereita o constituírse en referente de todo ese abano político, o mesmo tempo que manexa o populismo e a demagoxia como o mellor. Ese orgullo "popular" por ser o dique que nos salva da ED, convertido en mérito recoñecido pola "progresía" sempre me fascinou. Ben a ser algo así como: "Nesta vila non temos asasinos en serie, xa esta o Pepe que mata unha persoa o mes, e grazas a iso non aparece ningún outro"
Será pois o século XXI o encargado de ver nacer unha forza de ED. Por que agora e non antes?
- En primeiro lugar as condicións do acceso o poder do PSOE na lexislatura 2004-2008. O atentado do 11-M espallou unha sombra sobre a lexitimidade do PSOE para gobernar que aínda se mantén.
- En segundo lugar a campaña de acoso e derribo da prensa da dereita e do propio PP contra toda a política do goberno socialista, sen que este fose capaz de contrarrestar esa campaña.
- En terceiro lugar a propia febleza do goberno: con problemas continuos dentro das súas filas con cada tema conflitivo. Febleza acentuada o carecer dun aliado fiable e estable que lle permitira practicar o rodillo parlamentario típico da maioría absoluta. Este feito que en calquera democracia sería considerado unha virtude aquí acostumados a elixir caudillos e non gobernantes viuse como un erro. Erro acentuado pola esperpéntica actuación de ERC que queimou todo o que tocou.
A conxunción de todos eses factores e outros mais provocou por unha parte a sensación nunha parte da esquerda vinculada o PSOE de que todo ía a peor, mentres os xiros ultramontanos do PP (que non deixa de ser o partido da dereita de toda a vida) asustaba a outros non porque non compartiran o fondo da súa argumentación senón por estar desconformes coas formas. O resultado UPyD.
- UPyD defínese como un partido transversal que pretende defender os cidadáns, a democracia e a liberdade dos abusos que os políticos profesionais e os partidos nacionalistas cometen. O propio concepto de transversalidade (non ser de dereitas nin de esquerdas fai saltar todas as alarmas)
- Ten un claro compoñente nacionalista. So que coma sempre no nacionalismo español, o termo empregado e constitucionalismo
- Ten un tema referente: a lingua-liberdade-igualdade. Eu sigo sen ver por ningures como o seu proxecto de carnet lingüístico vai defender a lingua-liberdade-igualdade de ninguén.
- Ten un líder amable/carismático: Rosa Díez.
- E a maiores conta con algo do que carecen os outros partidos ED: ideólogos/propagandistas de prestixio como Savater.
En fin aquí remata a miña análise sobre a ED e como esta por fin ten encarnación en España. Espero que resultara de interese e non se fixera demasiado longa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario