venres, 13 de novembro de 2009

Feijóo, “fortiter en re, suaviter in modo”

O título da anotación coincide co dun artigo de opinión publicado por Plácido Lizancos Santos en Galicia Hoxe no mes de Agosto. O título gustoume porque reflicte moi ben a actitude de Feijóo estes meses de tentar parecer o centro mesmo de tódolos asuntos sendo os demais os radicais. Nesta centralidade conta con bazas importantes:
- o apoio incondicional da Coz e o control da TVG
- nos mesmos cando por pura rabia o descalificamos

- a dereita mediatica cando o chama moderado

-e el mesmo que nas súas continuas intervencións publicas nunca se manifesta vehemente con nada.
Claro que esta suavidade é pura imaxe porque tras ela escondese unha determinación férrea de levar adiante o seu proxecto (aquí un resumo sacado de nosquedaportugal.blogspot.com). Algo que constitúe un mérito nestes tempos en que a democracia mediatica parece relativizalo todo. Feijóo en vez de botarse atrás fai o que ten que facer: converter o seu proxecto nun escaparate mediatico. Un goberno pode vivir de rendas se é capaz de transmitir un par de medidas estrela que polaricen a opinión publica e creen a imaxe de que cumple e fai algo. ZP e a retirada das tropas de Irak constitúen un exemplo de libro.
Feijóo vai mais adiante porque el realmente non traballa na busca dunha medida estrela senón porque aplicando o seu programa, algo que o honra, converte cada medida nesa noticia estrela o mesmo tempo que obriga a oposición a entrar o trapo con cada medida ou parecer que agora apoia xusto o contrario do que fixo como forza de goberno. A actitude de Feijóo e o seu goberno roza a perfección neste eido. Sobre todo porque as medidas de impacto como a derrogación do decreto do galego ou do decreto eólico foron tomadas de xeito rápido e sen concesións. Grazas a isto consegue o dobre efecto de aglutinar os seus e concentra o posible desgaste propio nos primeiros tempos da lexislatura, ademais de obrigar a oposición a desgastarse desde un comezo. Este ultimo un aspecto moi importante, pois se o poder desgasta mais o fai estar na oposición. Oposición que de momento da pena porque non acaba de asumir que fagan o que fagan Feijóo estará ata o 2013 e pisar o acelerador tan forte como o esta a afacer nalgúns eidos os serve para desfondala a ela e consolidar o goberno.
E si, por se alguén o dubida, esta anotación é para recoñecer o mérito de Feijóo e loubalo. Non comparto ningunha das súas políticas nin os seus intereses porén creo que desde os seus intereses o esta a facer moi ben. Porque outro dos problemas deste país e do Estado é a teimosía dos políticos e dos seareiros dos partidos de considerar o adversario como un parvo no senso clínico do termo e o que é peor: actuar como se fose así. O primeiro paso para ter unha democracia sana é recoñecer que o adversario, aínda que se discrepe con el, non é parvo.
Por outra banda aproveito para falar aquí do celebre concurso eólico. A algúns chocoulles que Feijóo dese finalmente o paso de derogalo. Curioso tendo en conta que o levaba no programa que o dixo na campaña electoral e que serve os seus intereses. Hai que ter en conta que o concurso eólico era de todas as medidas do bipartito a mais perigosa de todas. Independentemente de que os parques chegaran a funcionar ou renderan un peso a medida en si mesma sacudía os alicerces sobre os que se asenta o sistema político galego desde 1486. Que unha forza política galega fixera un reparto dun ben galego e que ademais beneficiaba maioritaria mente a empresas galegas atentaba contra os conceptos básicos da política galega: Galiza é incapaz de facer nada por si mesma, todo depende de Madrid, e os autóctonos so podemos esperar as migallas que nos deixen os de fóra porque non sérvemos para outra cousa. O cambio de actitude/mentalidade era tan perigoso que ata o propio PSdG se posicionou encontra. Os posibles erros do concurso como a afectación da rede natura eran minucias en comparanza co cambio político que podía supor. O nacionalismo coma sempre pensando nese pais soñado que non existe deulle en bandexa o PP un argumento mais para tirar o bipartito. E Feijóo que parvo non é aproveitouno e segue a aproveitalo.
En fin para rematar esta louvanza de Feijóo e o seu goberno remato cunhas verbas dos informativos de Popular Tv na semana posterior o triunfo de Feijóo.
"- El bipartito pretendio que Galicia dejase de ser lo que siempre ha sido, y eso no podía ser.
-[...]
- Afortunadamente el pueblo gallego no lo permitió"
Se os de fóra se dan conta do elemental porque nos non? Creo que non temos salvación. O único consolo que me queda e que non estamos predispostos xeneticamente para a incapacidade política. Feijóo día a día demostra que non é así.
P.D: Nesa campaña de imaxe permanente na que vive o presidente da Xunta, este domingo sae na Sexta en Salvados o programa do "buenrollo progre" por antonomasia.

2 comentarios:

  1. Tremenda o xogo pa idiotas de darlle canha ao frijol para aparenter centralo, iso máis o xogo periférico do zp-soe deberiase ter moi en conta.Deixote un extrato dunha entrevista ao barreiro ppresidente do pp lugo
    Primeiro ca perguntiña delpaís, xa o define como galeguista,manda troula
    P.Como galleguista aprueba las políticas de Núñez Feijoo en esta materia?

    Depois a berborrea , defende a teses bífidas, pero dende o “mellor galleguismo” obvio
    Resposta .
    El idioma nunca puede ser un elemento de confrontación. Defiendo que
    nuestra pr…incipal seña de identidad es nuestra lengua, pero sin estar
    reñida con el castellano. Nunca hubo ese problema en Galicia y ahora se
    intenta crearlo. El BNG en el bipartito ya negociaba con el idioma e
    hizo del gallego un elemento de negociación, de chalaneo y de mercadeo
    político. Nosotros tenemos una alta consideración por el gallego y me
    parece acertada la política de Feijóo de no aceptar la imposición.

    “Feijoo campeón de las libertades” o ponto intermedio entre o tolos radicais defensores do galego e bífidos, son uns sinvergonzas e manghantes, cuspidiños aos intolerantes, pero acho que aínda máis perigosos Saudos, saudos

    deixeite un comentario no post 4º forza no bloggaliza, Pon unha ligazón ao bloggaliza-eique e viceversa, acho ca xente esterariase máis saudos

    ResponderEliminar
  2. Aledame velo de volta por estes lares. Seguirei con interese a evolución de Converxencia XXI desexando que chegue a bon porto. Para min, que seguin a evolución das Tegas, foi unha decepción que todo acabase como acabou. Sorte co proxecto.
    E si queda claro que a prensa adrede ou non estalle facendo a campaña de ser o "centro" bo.

    ResponderEliminar