Unha das cousas das que sempre presume o nacionalismo é de ser a única forza política cunha idea clara de país centrada en Galiza. A verdade é que na meirande parte das ocasións esa idea non chega a xente en xeral e en ocasións nin os propios nacionalistas. E cando chega moitas veces ten mais que ver cunha realidade soñada que coa realidade que cada día se pode ver pola rúa. Esta realidade soñada serve para case todo: prometer o que chegaremos a ser cando... cando sexa dependendo do interlocutor (gobernemos, gobernemos con maioría absoluta, sexamos ceibes, chegue a Revolución proletaria...), e tamén serve a modo de paraíso de consolo ante as continuas debacles electorais que sufre o nacionalismo. Porque non importa que perda agora xa gañaremos no longo prazo. E debe ser ben longo cando levamos mais de 160 anos (contando o provincialismo) e seguimos a ser unha forza minoritaria. O problema desde o meu punto de vista é que esa idea de país non esta tan clara como parece e que por contraste con outros partidos nos que o que falla é o longo prazo ao nacionalismo galego o que lle falla é o curto prazo.
No 2004 un obreiro que facía unhas obras na miña casa contoume como a el tampouco lle chistaba moito o de urbanizar toda a costa cunha liña de urbanizacións porén era iso ou emigrar. "Ben deitamos dos madrileños que compran casas senón todos morríamos de fame" foron as súas verbas que serviron para baixarme da nube do "nacionalista perfecto=comprometido cun cento de causas e pegado a realidade soñada" e converterme no nacionalista heterodoxo que son hoxe= unha causa Galiza, e apertura de miras os medios e métodos necesarios para que a primeira triunfe.

Por que o final o nacionalismo peca de idealismo e de querer conservar unha digamos pureza virxinal que lle impide ir mais aló do que é: unha forza minoritaria que so goza de certa simpatía da xente cando hai que montar unha protesta. E isto debese a que no curto prazo o nacionalismo ten pouco que ofrecer o mesmo tempo que esta encantado pensando no longo prazo. Non importa cantos anos pasen: o galego sobrevivira e chegara a ser a lingua dominante, teremos un país desenvolvido e prospero gobernado por nos mesmos, recuncara a situación demográfica e un longo etc. Isto debese tanto o difícil que é artellar ideas concretas no curto prazo: pois falar, proxectar, comunicar implica o risco de trabucarte, de que os demais neutralicen un proxecto antes de que chegue a realizarse ou o copien. Como a incapacidade de asumir a realidade de Galiza. En Galiza non serve o de pan para hoxe e fame para maña de moitas das cousas que critica o nacionalismo cando este o que propón o eliminalas é: fame para hoxe e maña se cadra comes. Pedirlle tal cousa a calquera sociedade é un disparate. E como é un disparate a xente non vota nacionalista. Nisto inflúe tamén que unha gran parte do nacionalismo tal e como esta constituído este formado por xente co futuro asegurado (vamos funcionarios no senso mais amplo do termo) que pode manter uns ideas puros e criticar os outros que non son capaces de ver a súa altitude de miras e sacrificarse polo país.
Como exemplo do que digo vou tratar catro temas concretos:
Como exemplo do que digo vou tratar catro temas concretos:
- A Cidade da Cultura: o proxecto megalómano de Fraga naceu cun certo sentido. A idea primixenia era dotar o CSBG dunha sede onde puidera realmente desenvolver as funcións que lle outorgaba a lei do libro e de bibliotecas do tripartito. Entre esas funcións atopabase o deposito legal e a custodia de bens documentais para a historia de Galiza. Como resultado de ambas o CSBG contaba cunha cantidade inmensa de fondos ciscados por diversos lugares: (bibliotecas da USC, de Vigo, galpóns no polígono do Tambre...) A cidade da cultura ía consistir nun edificio para os fondos librarios e outros asimilados, A Biblioteca de Galicia, e outro para publicacións seriadas, A Hemeroteca. Ademais contaría cuns edificios administrativos para o CSBG, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Ramón Piñeiro, ou en vez dos dous últimos un Think Thank do galeguismo creado ex-profeso, e un museo. Hai algún nacionalista que non asinara isto? O proxecto desmandouse en seguida. E que fixo o nacionalismo? Criticalo sen pausa desde o primeiro momento. Ata aquí normal tendo en conta a desfeita na que pouco a pouco se ía convertendo. O problema radica en que a única opción que se presentou desde o comezo foi parala/eliminala/barrela da historia como se non fose seguir adiante ou nunca se fose ter que apandar con ela se chegase o goberno. E vela aquí que se chegou o goberno e claro houbo que apandar con ela. A Coz aproveitou (tras defendela a capa e espada) para botarse contra ela e contra o nacionalismo. Sendo as criticas ben acollidas polos nacionalistas que así puideron botar peito e dicir que eles non eran coma os vendidos do goberno. Aquí comeza a dicotomía que para min enterrou o bipartito. Unha vez no goberno o BNG viu esa necesidade do curto prazo e de realidade e os militantes/votantes/simpatizantes non deron un paso atrás. Esperaban todo o que soñaran de xeito inmediato sen decatarse de que o BNG era a forza débil do goberno. En fin o dito que por non ver desde o primeiro momento a necesidade de pensar na Cidade da Cultura cando houbo que facerse cargo dela: dubidas, vacilacións e poucas ideas. O cal se traduciu no curto prazo nun problema que podería terse evitado e mesmo sacado rédito se se plantexase unha volta o proxecto "orixinal" e se xustificase que os cartos investidos non se podían recuperar porén si darlles un uso. A conselleira tentouno porén estivo soa no empeño.
- Reganosa: Que dicir de Reganosa? Un despropósito de categoría maiúscula que aínda colea en Bruselas. Agora ben, desde o momento que tirou para diante a opción se se chegaba o goberno era clara: a que se tomou deixala estar e tentar sacar algo en limpo. Din que os nacionalistas da bisbarra de Ferrol aínda non lle perdoaron o BNG o cambio de postura. A min paréceme que o cambio de postura era o mais lóxico pois so a UE pode botala fóra unha vez o Estado decidiu darlle os seus parabéns. É no curto prazo era preciso, segue a selo, sacarlle algun proveito a tamaña desfeita.
- O urbanismo das costas: Parar o urbanismo salvaxe das costas pode parecer a priori unha boa idea. Claro que o facelo non se pensou en toda esa xente que indirectamente ou directamente: construtores, inmobiliarias, a xente que vende os terreos "que nunca nada deron" e o sector servizos reciben desa actividade. Ademais de que a costa merece ser salvada, a que se pode salvar, outra xa non ten remedio e o mellor era seguir adiante. A moratoria, un si que non, non contentou a ninguén: a uns por perxudicalos directamente e a outros porque non deixaba claro que ía pasar. O lóxico sería dividir a costa en zonas. As xa condenadas e as salvables. Nestas ultimas poñer o limite dos 500 metros ou a medida que se queira e listo. A nova liña de edificación converteríase na nova primeira liña e a actividade podería seguir. Por outra banda os edificios que quedarían dentro da zona de exclusións debían ter a seguridade de que ían seguir existindo como obxectos de libre mercado. Así revalorizaríanse o estar mais preto da costa e non haber posibilidade de mais edificacións. Nas zonas condenadas pola súa parte habería que levar a cabo unha supervisión que poña orde dentro do caos e procure minimizar os danos.
- O plano acuícola: Co plano acuícola pasa algo semellante o que acontece co urbanismo. Todos revestidos de ínfulas ecoloxistas (ou contra o capital transnacional aínda que Pescanova de momento sexa galega), sen parar ren en cada caso concreto. O argumento é o mesmo que o do urbanismo: escoller o lugar. O que habería que engadir unha gran capacidade de comunicación para explicarlle a esa maioría da poboación galega que non pode pensar en grandes proxectos de país, dada a súa escaseza de recursos, porque a condenas o paro ou emigrar. O caso de Rinlo é significativo. O lugar escollido era perfecto (eu aínda me pregunto porque o incluíron na rede natura). Supoño que os donos dos terreos venderon ben e cobraron e agora andarán con ese sorriso tan galego de eu xa amañei o meu ti fódete.(Digo supoño porque non coñezo de primeira man o caso de Rinlo en canto a venda de terreos. Na zona de Piñeira-Vilaselán onde estaba prevista outra piscifactoría foi así. Seino de primeira man pois a rama familiar aliñada co PP tiña alí fincas e andan con ese sorriso todo o día). As redes familiares xa se mobilizaran e había trinta persoas que sabían que ían traballar alí. Agora a planta non vai adiante. É o único que van ter en claro os trinta en cuestión e todos os do seu eido de influencia: redes familiares, amigos, coñecidos etc foi que o nacionalismo botou para atrás uns postos de traballo nunhas terras que nunca nada deran, igualiño que fixera antes a suspensión de licenzas da construción.

Visto o visto a alguén lle estraña que a xente sempre este disposta a crer o peor do nacionalismo e interpretar a Coz como palabra de Deus? A alguén lle estraña que a xente este convencida que os nacionalistas so serven para protestar?
Sobre todo cando os nacionalistas parecen esquecer que isto é Galiza non a lúa, e que polo tanto en amplas zonas dela para gobernar, é polo tanto cambiar as cousas, hai que empregar esas redes familiares ou caciquiles se se quere a favor dun. Claro que a mera idea provoca ataques no nacionalista esquerdoso medio. E así nos vai.

Ningún comentario:
Publicar un comentario