martes, 22 de decembro de 2009

BO NADAL!

Onte Telemadrid decidiu que "La Sexta" non podera emitir mais videos seus porque os emprega para causar danos morais. Supoño que o video da discordia desaparecera en breves da internet, aqui tedes o video que fixeron no Intermedio a raíz desta nova censura.
Feita a puntualización anterior sme queda felicitar a todos os lectores e comentaristas as festas: BO NADAL E FELIZ ANO A TODOS.

Clickar para ver mai grande
P.D: Este blogue permanecera sen actualizar ata a semana do 11 de xaneiro. Se Deus quere volveremos a actividade nesas datas. Mentres tanto: FELICES FESTAS A TODOS!

luns, 21 de decembro de 2009

Así comezou todo

Antes de entrar na cuestión que da nome a anotación dous apuntamentos: primeiro que se confirmou a fusión ou mellor dito absorción de Cuatro por Telecinco, e a segunda dous argos de Carlos Callón desmentindo o estudo da anotación anterior (1, 2).
Agora o que da título a anotación. O decreto do 2007 sobre o usodo galego no ensino vive os seus ultimos días. Porén a campaña contra el comezou moi cedo. En febreiro todolos usuarios do servizo de correo da xunt para o ensino recibimos o seguinte correo (o venres atopeino por casualidade o facer limpeza na devandita conta), que constitue un verdadeiro testemuño de como comezou todo. Reproduzo tal cal coa excepcion do nome e enderezo de correo do interfecto non me vaia caer unha denuncia por violar Deus sabe que.

"----- Mensaxe orixinal -----
De:
Data: Sábado, Febreiro 24, 2007 10:10 pm
Asunto: Política lingüistica

> *ESTA É A NOSA TERRA*
>
> No iban a ser ellos menos. Si los compañeros catalanes y los vascos
> hanllegado tan lejos, ¿por qué no Galicia? La Xunta se ha puesto
> manos a la
> obra para llegar a ser tan discriminatoria con lo español,
> empezando por la
> lengua, como sus amigos autonomistas.
>
> Publica El Mundo que la Xunta de Galicia está amenazando con
> expedientar a
> profesores por escribir en castellano la programación de sus
> asignaturas.
> Se trata de una decisión que queda fuera de la Constitución y del
> artículo314 de la Ley Orgánica 10/95, que prohíbe la discriminación
> por la lengua.
> El propio Estatuto de autonomía de la comunidad especifica en su
> artículotercero que *"los poderes públicos de Galicia garantizarán
> el uso normal y
> oficial de los dos idiomas".*
>
> Sin embargo, y según lo denunciado, no está siendo así, y numerosos
> docentesse están viendo obligados a contratar por su cuenta a
> traductores para poder
> presentar sus programas docentes.
> En cursos anteriores, la Consejería de Educación permitía que el
> resumen de
> contenidos se elaborara indistintamente en esa lengua o en gallego.
> Esto ocurre en una comunidad gobernada por un partido cuyas siglas,
> PSOE,creo que deben ser cambiadas, me da la sensación de que ya
> solo le queda la
> P de "partido" pues:
> S ¿socialista?
> O ¿Obrero?
> E ¿español?
>
> *Hay mucha gente que va por la vida buscando las diferencias que
> tiene con
> los demás y no lo que les une*.
>
> La pasión de muchos sedicientes nacionalistas por la lengua raya en lo
> ridículo: las lenguas sirven para que se comuniquen los individuos
> y no para
> trazar fronteras. Si todos entienden el español, ¿qué necesidad
> tienen de
> dedicar horas y esfuerzos económicos a revitalizar lenguas, que ya
> eranmoribundas? ¿Por qué no dedican ese tiempo a estudiar inglés,
> que les será
> mucho más útil? Qui prodest? ¿A quién aprovecha esto? Desde mi
> punto de
> vista, se trata de repetir en Galicia lo que ya se ha hecho en
> Cataluña y en
> el País Vasco*: todo el que no domine la lengua vernácula, que se
> vaya de
> aquí; así tendremos sus puestos de trabajo disponibles para
> nosotros solos,
> que, además, podremos trabajar en el resto de España, sin sonrojarnos
> siquiera.*
>
> Muchos políticos nacionalistas envían a sus hijos a colegios
> privados donde
> aprenden inglés, español, francés y un poquito de alguna lengua
> autonómica*.Los padres con menos recursos tienen que conformarse
> con enviar a sus hijos
> a colegios públicos para ser unilingües en gallego, euskera o
> catalán. Les
> enseñarán a ser analfabetos funcionales para manejarlos mejor en
> las urnas.*
> Tu le dices a un niño, si te presentas de mayor a las oposiciones
> de bombero
> en Galicia y sabes Gallego tendrás preferencia sobre los hijos de ese
> profesor extremeño llamado Paco que le ha dado por pedir el
> traslado a La
> Coruña, además podrás presentarte a las plazas que salgan de
> bombero en
> Almendrelejo pues allí no exigen nada especial…"


venres, 18 de decembro de 2009

O galego ben, grazas. Ben?

Se no seu día publiquei o sesudo artigo de FAES sobre a inexistencia da lingua galega, que foi desmontado por xopau. Hoxe publicito un estudo, esta vez serio de verdade , que afirma todo o contrario do sentir xeral do galeguista medio: o galego non esta en vías de extinción senon que presenta síntomas de recuperación. Eu e os meus coñecidos que estamos repartidos por multiples IES o longo do país e cambiamos de destino case cada ano podemos dicir que o galego esta mal, moi mal: chimpamos de ledicia cando temos 5 galegofalantes nunha clase ou cando os castelánfalantes entenden o galego. Claro que o noso é mera opinión, pois non estivemos en todos os IES do país nen entrevistamos a todos os mozos. Así que cada un saque as súas conclusións.
P.D: Como este é un tema que sempre resulta triste remato cun pouco de humor, unha imaxe tomada de seioque (blogue que recomendo e que esta na lista de ligazóns) sobre a arma definitiva na loita pola independencia.

Clickar para ver mais grande

xoves, 17 de decembro de 2009

O marechal, a tv e o decreto do galego

Actualización variopinta con temas importantes todos. En primeiro lugar o marechal:
- Tal día coma hoxe de 1483 morría decapitado Pardo de Cela, e aínda que como non me canso de repetir de heroe tiña mais ben pouco esa data merece lembrarse. Merece lembrarse porque significa a consolidación do poder da coroa sobre a nobreza, sobre Galiza. A partires de aí resulta paradoxal que Galiza perde todo atisbo de autonomía política o mesmo tempo que por vez primeira conta con institucións propias: As Xuntas do reino. Por iso, porque desde enton todo cambiou e pouco mellorou a cousa é preciso lembrar a data.
- A televisión como analizaba nunha anotación anterior ten unha grande importancia económica e política. As dúas cousas inciden no proceso de fusións ou non iniciado polas grandes cadeas cara o apagón analoxico do 2010. Hoxe tras un monton de ruxe-ruxes confirmaronse (polo menos na internet no momento de escribir esto) as fusións: Antena3+Sexta (1) e Telecinco+Cuatro (e cuxas condicións meten medo 1,2). Co cal xurde unha inevitable pregunta (se se confirman as fusións tal e como se perfilan na rede): Se antes o dominio da dereita mediatica era abrumador en número, agora so queda ela, ergo hai algunha esperanza de que todo o que non é dereita do monte profundo poida transmitir a súa mensaxe?
- O decreto do galego dos tercios segue xerando rumores, todo apunta a que saira no Nadal para minimizar o efecto. Por se acaso difundo un comunicado que me chegou o correo:

" Ante a inminencia de anuncio do contido do decreto que derrogará o 124/2007 e que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino por baixo do 50% que establecía o aínda vixente, cómpre estarmos atentos para darmos unha resposta colectiva.
É probábel que o decreto saia estes días de vacacións para dificultar as posibilidades de actuación da plataforma Queremos Galego polo que temos que ter axilidade e previsión para darmos unha resposta rápida e visíbel a pesar dos intentos de ocultación destas medidas galegófobas por parte do goberno da Xunta.
Para isto é necesario ter previsto actos para o día seguinte do anuncio do decreto que poderían ser os seguintes:
A nivel nacional: Concentración o mesmo día pola mañá diante de San Caetano.
A nivel comarcal: nas cidades habería que organizar concentracións e actos de protesta, nas vilas poderíanse organizar tamén caravanas de coches.
Esta convocatoria urxente ten a dificuldade de que non é posíbel anunciala cunha data previamente fixada, mais é necesario facer o esforzo de ter sobre aviso a todas as organizacións e persoas integrantes da plataforma das concentracións, e tentar que sexan o máis numerosas posíbeis.
Estes días enviarase outro correo electrónico cun manifesto para lermos en todas as concentracións que se convoquen.
Se a previsión da presentación do novo proxecto de decreto se cumpre, temos tomado a decisión de convocar a folga en todo o ensino o día 21 de xaneiro de 2010. Tomade esta data como posíbel pero non definitiva.

No arquivo que adxuntamos podes ver unha postal de Nadal (a felicitación en cuestión non se carga, tras varios intentos desisto, supoño que a terán nos locais da CIG) para dirixir ao Presidente da Xunta coa intención de que no vindeiro ano do 2010 el tamén QUEIRA GALEGO. Sumádevos a esta campaña pasando por calquera dos locais da CIG"

Que tempos todo son rumores e ningun bo.

martes, 15 de decembro de 2009

Que Deus nos pille confesados!

Se han sobrepasado los límites de la libertad de expresión.
El incidente en sí es grave pero más grave es el video que lo ha motivado.
No cabe duda de que la mayor responsabilidad recae sobre Wyoming como autor intelectual de la agresión.
Hemos llegado a un punto en el que ya no existen adversarios sino enemigos a destruir, debemos hacer algo.
Actuaciones como las de Wyoming siembran la crispación y el enfrentamiento civil. Hay que hacer algo.

Podería seguir co amplo coro que están a montar Intereconomía e Veo (supoño que Popular tv tamén porén agora ademais de non recibir a galega tampouco recibo popular tv). Todo a raíz da agresión que sufriu Herman Tertsch e do video no que El intermedio o ridiculizaba por unha saída de tono. Os dous feitos non teñen nada que ver porén a dereita mediática non so os ligou nunha unión inseparable senon que os converteu en símbolo da brutal persecución que sofre e de como España esta a beira do abismo. Onte mentres vía Veo e como cada cal se mostraba mais indignado ca o anterior non puiden evitar lembrar as editoriais de "El Mundo" ou as columnas de Don Federico nas que saía a relucir o Padre Mariana (único teórico político do XVII que defendía abertamente o tiranicidio) como unica solución para acabar con Zapatero, os insultos continuos que dirixen a todo o que non pensa coma eles desde os supostos informativos e xornais e un longo etc.
Tendo en conta o anterior mais o que pensa e di a señora Rosa Díez que supostamente é a versión moderada dos anteriores so me queda dicir que Deus nos pille confesados como gañen por maioría absoluta.
En fin, para rematar aquí o video da discordia antes de que os cruzados da liberdade de expresión ben entendida o retiren da rede.

luns, 14 de decembro de 2009

A constitución e o federalismo

Mentres medra a opinión de que a Constitución debe ser reformada para acabar cos excesos das autonomías e das linguas que oprimen o castelán (1,2), alguns tentan defendela argumentando que o mal non reside nela senon no uso que se fai dela. Outros ainda soñan cun estado federal. Sorprendeume a claridade dese soño vindo dun membro do PSdG, que sempre di ser unha cousa para acabar sendo Xacobino, e por iso a publicito (aqui no seu contexto orixinal).

" Solución federal

Estariamos na irrealidade si non foramos quen de recoñecer e suliñar os logros en termos de progreso e benestar colectivo derivados da entrada en vigor do actual marco constitucional, tamén no que atinxe á descentralización política do Estado. Tampouco seriamos honestos con nós mesmos si non recoñeceramos os déficits, imprevisións e conflitos abertos dende ese momento por falla (deliberada) de concrecións como, por exemplo, no aspecto financieiro. Todo é perfectible. Pero para que unha sociedade avance en consoancia coas súas normas fundamentais e o seu tempo debemos estar predispostos e preparados para afrontar debates substanciais de xeito maduro evitando, no posible, calquer intento de tensión que sobrepase os límites aceptables en democracia.

Pode parecer inevitable un cercano futuro de palabras grandilocuentes e demagoxia barata servida no almorzo, no xantar e coa cea nas tertulias de radio, nas declaracións partidarias, nos editoriais de prensa ou telexornais, Salsa Rosa ou foros de internet onde o menosprezo ós “cataláns”, “vascos”, “galegos” e ós “españois”, de calquera das dúas xeladoras Españas, sexa a tónica habitual en cadanseu espazo e onde o menor atisbo de racionalidade entre o fogo cruzado de nacionalismos radicalizados, excluíntes e antagónicos coloque na sospeita permanente a quen ouse abrila boca. Debates decimonónicos, rancios...O de sempre, cos de sempre como anunciadores da catástrofe disgregadora.

Esta é a situación que se presenta si o TC resolve como se filtrou: manifesto encorsetamento normativo ante a dinámica de bloqueo político e fracaso, tamén manifesto, no noble intento “pedagóxico” de mudar a cultura política para ir conquerindo a aceptación dunha pluralidade e plurinacionalidade reforzadora e potenciadora dos mecanismos de cooperación multilateral que fose capaz de ir desactivando e invertindo a tendencia ó vitimismo duns nacionalismos que se retroalimentan visceralmente entre sí. En definitiva: síntomas claros de esgotamento no modelo do Estado das Autonomías, tal e como o coñecemos.

Ante o que para min é unha evidencia non hai unha receta única nin unha solución incontestada, pero si desdramatizadora: outros lugares do mundo souberon resolver este tipo de problemática adoptando a solución federal. Decididamente federal. A Historia mostranos como os proxectos maximalistas dos nacionalistas españois, sexa o unificador ou os periféricos, fracasaron. Pero a solución autonomista tampouco parece satisfacer...

O federalismo non é o punto de chegada que resolva o eterno problema do encaixe territorial no seo dunha realidade histórica e xeográfica, pero tremendamente plural como é España, senón un proceso e, ante todo, unha conducta baseada na reordenación e revisión constante dos pactos e dos acordos entre iguais. Tamén na corresponsabilidade. Maior e mellor democracia unindo na aceptación dunha diversidade recoñecida e defendida por todos, aínda sendo asimétrica, e fomentando a efectiva participación cidadá. Difuminando as tradicionais estructuras sustentadas nas vellas xerarquías piramidais para entender as relacións de maneira horizontal, como xa as entende a sociedade cosmopolita do noso tempo: en rede. Desbotando e difuminando conceptos obsoletos, como o de soberanía. Outorgando confianza e mutuo recoñecemento entre poderes locais e central. Sendo máis eficaz, flexible e económicamente sustentable, ou viable...

En resumo: resulta, para min, a fórmula axeitada para articular o funcionamento cotiá nos estados occidentais do SXXI. Na miña opinión é a reforma pendente e necesaria. Non é novidosa, pero ante a tentación recentralizadora e as veleidades independentistas presentarase cedo o momento oportuno para acometela."
 
Claro que os soños, soños son. E alguns en vez de soñar toman nota da realidade e reflictena para tentar cambiala.

E se da realidade falamos, outro ruxe-ruxe sobre o novo decreto do galego. Algun pode que se sorprenda, eu de Feijoo "Señor de las Habichuelas" espero calquera cousa.


venres, 11 de decembro de 2009

Medida para acabar co déficit

Por motivos varios esta semana non podo poñer unha anotación propia, porén aproveito para difundir un artigo tomado do blogue de Anasagasti (aqui no seu contexto orixinal):


" MEDIDA PARA ACABAR CON EL DÉFICIT

Esta asociación de inspectores ha presentado un plan para recaudar 100.000 millones de Euros en 3 años, mediante un plan especial de la agencia tributaria, y lo más interesante CON UN COSTE PRESUPUESTARIO CERO. Las medidas que se proponen es el aumento de la paupérrima plantilla de la agencia tributaria, una mejora de los procedimientos, mejora de los programas informáticos y reformas legales que doten a los agentes de la AEAT de los recursos legales necesarios.
El coste de este plan se cifra en un 5% de lo recaudado. Esto permitiría que España se pusiera al mismo nivel de fraude fiscal que el resto de países del entorno ya que el fraude fiscal actual se cifra en torno al 23 % del PIB, una cifra de vergüenza.
La población Española en general está harta de ver cómo mientras la clase media "frita" a tributos, y procedimientos de inspección, aparecen en las noticias escándalos de corrupción y como las personas con más recursos son los que menos pagan (en clara referencia a las SICAV). Como hemos visto todos, el gobierno tratando de reducir el déficit ha aumentado los impuestos, intentando recaudar unos 10.000-11.000 millones de Euros más.
Desconozco el motivo por el cual (aunque me lo imagino) los gobernantes tienen miedo, de meter mano a esa bolsa de fraude fiscal y máxime sabiendo que con ello se reduciría buena parte del déficit. Es cierto que con la situación actual de recesión económica, si no existiera toda esa bolsa de economía sumergida estaríamos enfrente de una revuelta social.
Recientemente ha salido otro estudio, que indica que si España se pusiera al nivel de la media de la UE, en economía sumergida, se crearía 2,5 millones de puestos de trabajo, que en el contexto actual no creo que fueran mal recibidos en las listas del paro ni en el presupuesto de la seguridad social.
Ustedes tienen la oportunidad de terminar con esto, si no puede ser mediante la corrección en el presupuesto, y la oferta de empleo público de la AEAT, es mediante la iniciativa de una ley que recoja lo dispuesto en este plan.
¿ACASO CREEN QUE ESPAÑA VA A SALIR DE DONDE ESTÁ, CON UN CRECIMIENTO ECONÓMICO SOSTENIDO, CON UN 23 % DEL PIB DE ECONOMÍA SUMERGIDA?. ¿NO CREEN QUE SERÍA BUENO APROVECHAR LA CRISIS PARA LIMPIAR LA BOLSA DE ECONOMÍA SUMERGIDA DE NUESTRO PAÍS?.¿NO ESTARÍAN DISPUESTOS A ACABAR CON EL FRAUDE FISCAL Y TERMINAR CON BUENA PARTE DEL DÉFICIT?."

xoves, 10 de decembro de 2009

Caravana a prol do galego

  A “PLATAFORMA QUEREMOS da Mariña convoca a unha caravana de coches para o domingo, día 13 de decembro.

11:30 horas-Saídas: Ribadeo (aparcamento municipal) e Viveiro (estación buses)
Chegada: Burela (aparcar no porto e logo achegarse á praza da Mariña)

¡¡ NON A DEROGACIÓN DO DECRETO
SOBRE O USO DO GALEGO NO ENSINO!!

¡ACUDIDE!

mércores, 9 de decembro de 2009

Anuncios varios

Chegoume un aviso sobre a situación dos subsitutos no ensino que paso a publicar:
" Hola. Me ha llamado este fin de semana una compañera de carrera y con la que coincidí en un centro, para comentarme que ella y otra gente porque entre todos han detectado una serie de irregularidades en la adjudicación de vacantes de secundaria:
>
> - a veces salen vacantes que, en lugar de cubrirse desaparecen sin ningún motivo (se ha llamado a las personas que publican las vacantes y dijeron que las quitaron porque no pensaban que fueran a ser muy largas; a pesar de que también se llamó a los centros y ellos confirmaron que las bajas serían de más de 15 días pero que los partes de baja no son más largos).
>
> - hay especialidades de las que no salen apenas vacantes (Lengua Castellana, Matemáticas...) y también aparecen vacacantes que desaparecen misteriosamente.
>
> - Consultadas las personas que conceden las sustituciones dijeron que no llamarían a nadie a partir de la semana que entra... o la que viene, dejando a los alumnos 15 días sin profesor...
>
> Por todo ello, un grupo de sustitutos hemos decidido unirnos para protestar y por el momento se ha conseguido:
> - Quedar el jueves por la tarde con un representante de la CIG para ver qué se puede hacer desde los sindicatos
> - Una reunión el viernes por la mañana con Meijón, de la sección de Educación de la Xunta. En ella se pretenden abordar puntos como:
>
>
>    QUE CAMBIE NUESTRA SITUACIÓN COMO PRINGADOS QUE SOMOS.
>    QUE HAYA UN CAMBIO EN EL FUNCIONAMIENTO DE LAS LISTAS
>    QUE NO PUEDAN DESAPARECER BAJAS
>    QUE SE PUBLIQUEN TODAS LAS BAJAS
>    QUE NO SE ESPERE PARA ADJUDICAR BAJAS HASTA QUE SE INCORPORE GENTE QUE YA TRABAJO
>    QUE NO SE DEJE DE LLAMAR CON TANTA ANTELACIÓN ANTES DE LAS VACACIONES
>    QUE NO SE CORTE PERSONAL
>    QUE TENGAMOS UNA EDUCACION DE CALIDAD Y NO LO QUE ESTAMOS TENIENDO
>    QUE NO APAREZCA GENTE EN LA LISTA DE SUSTITUCIÓN QUE NO SE HAYA PRESENTADO A LAS OPOS (TENEMOS PRUEBAS!)
>
> Además de la entrevista hay en mente otras actuaciones:
>    -   INTENTAR LLEGAR A LAS DIRECTIVAS DE LOS CENTROS PARA EXPLICARLES LO QUE ESTÁ PASANDO CON LOS SUSTITUTOS Y ACORDAR MEDIDAS         PARA PRESIONAR Y QUE LES MANDEN LOS SUSTITUTOS QUE PRECISAN (YA SE VERÁ COMO ENFOCAR ESTO)
>    -   INTENTAR ORGANIZAR ALGUNAS MANIFESTACIONES EN SANTIAGO PARA HACERNOS OIR, QUE LA CONSELLERÍA NO PIENSE QUE ESTAMOS DURMIENDO Y QUE NOS DA IGUAL LO QUE HAGAN CON NOSOTROS.
>
> *Por todo eso...
> 1. Necesitamos saber si podemos contar contigo
> 2. Necesitamos qué nos cuentes irregularidades que hayas detectados en tus listas
> 3. Te damos la posibilidad de decirnos alguna queja concreta o algún asunto que quieres que sea tratado en las reuniones que habrá esta semana.
> 4. Te dejo un enlace a un foro donde se están debatiendo estas y otras cuestiones para que veas que son muchas las personas afectadas y volcadas con esta iniciativa: http://foro.stegsindicato.org/viewforum.php?f=12&sid=5377e999882a6da3be42af15e6fdf80b
>       - si quieres lee los temas: "Atención", "Escándalo" para ir poniéndote al día
> 5. Si quieres unirte a esta protesta, manda este mail a todos los sustitutos que conozcas y que se reenvíen con los mails de todos nosotros, para que no se queden perdidos o contestadme al mío directamente que yo le iré respondiendo. Eso sí, os agradecería que en el asunto mantuvierais: "movilización listas de sustitutos"
>
> **PD: A los que os llegue este mail, pero no seais profes, reenviádselo a los que conozcais, que seguro que hay gente a la que ayudáis.*
>
> *Sustitutos que se  unen:
> alagoarenas@edu.xunta.es"
Unha conmemoración dunha vitima da "redención" dos foros.
Un pouco de humor, tomada do magnifico blogue http://obichero.blogspot.com/:

Retrógrado?
Retrógrado?
 E para rematar parece que o final o toureiro e o garda civil da burla a GB  libranse de ir a cadea.

venres, 4 de decembro de 2009

A urxente necesidade do curto prazo

Unha das cousas das que sempre presume o nacionalismo é de ser a única forza política cunha idea clara de país centrada en Galiza. A verdade é que na meirande parte das ocasións esa idea non chega a xente en xeral e en ocasións nin os propios nacionalistas. E cando chega moitas veces ten mais que ver cunha realidade soñada que coa realidade que cada día se pode ver pola rúa. Esta realidade soñada serve para case todo: prometer o que chegaremos a ser cando... cando sexa dependendo do interlocutor (gobernemos, gobernemos con maioría absoluta, sexamos ceibes, chegue a Revolución proletaria...), e tamén serve a modo de paraíso de consolo ante as continuas debacles electorais que sufre o nacionalismo. Porque non importa que perda agora xa gañaremos no longo prazo. E debe ser ben longo cando levamos mais de 160 anos (contando o provincialismo) e seguimos a ser unha forza minoritaria. O problema desde o meu punto de vista é que esa idea de país non esta tan clara como parece e que por contraste con outros partidos nos que o que falla é o longo prazo ao nacionalismo galego o que lle falla é o curto prazo.
No 2004 un obreiro que facía unhas obras na miña casa contoume como a el tampouco lle chistaba moito o de urbanizar toda a costa cunha liña de urbanizacións porén era iso ou emigrar. "Ben deitamos dos madrileños que compran casas senón todos morríamos de fame" foron as súas verbas que serviron para baixarme da nube do "nacionalista perfecto=comprometido cun cento de causas e pegado a realidade soñada" e converterme no nacionalista heterodoxo que son hoxe= unha causa Galiza, e apertura de miras os medios e métodos necesarios para que a primeira triunfe.
Por que o final o nacionalismo peca de idealismo e de querer conservar unha digamos pureza virxinal que lle impide ir mais aló do que é: unha forza minoritaria que so goza de certa simpatía da xente cando hai que montar unha protesta. E isto debese a que no curto prazo o nacionalismo ten pouco que ofrecer o mesmo tempo que esta encantado pensando no longo prazo. Non importa cantos anos pasen: o galego sobrevivira e chegara a ser a lingua dominante, teremos un país desenvolvido e prospero gobernado por nos mesmos, recuncara a situación demográfica e un longo etc. Isto debese tanto o difícil que é artellar ideas concretas no curto prazo: pois falar, proxectar, comunicar implica o risco de trabucarte, de que os demais neutralicen un proxecto antes de que chegue a realizarse ou o copien. Como a incapacidade de asumir a realidade de Galiza. En Galiza non serve o de pan para hoxe e fame para maña de moitas das cousas que critica o nacionalismo cando este o que propón o eliminalas é: fame para hoxe e maña se cadra comes. Pedirlle tal cousa a calquera sociedade é un disparate. E como é un disparate a xente non vota nacionalista. Nisto inflúe tamén que unha gran parte do nacionalismo tal e como esta constituído este formado por xente co futuro asegurado (vamos funcionarios no senso mais amplo do termo) que pode manter uns ideas puros e criticar os outros que non son capaces de ver a súa altitude de miras e sacrificarse polo país.
Como exemplo do que digo vou tratar catro temas concretos:
- A Cidade da Cultura: o proxecto megalómano de Fraga naceu cun certo sentido. A idea primixenia era dotar o CSBG dunha sede onde puidera realmente desenvolver as funcións que lle outorgaba a lei do libro e de bibliotecas do tripartito. Entre esas funcións atopabase o deposito legal e a custodia de bens documentais para a historia de Galiza. Como resultado de ambas o CSBG contaba cunha cantidade inmensa de fondos ciscados por diversos lugares: (bibliotecas da USC, de Vigo, galpóns no polígono do Tambre...) A cidade da cultura ía consistir nun edificio para os fondos librarios e outros asimilados, A Biblioteca de Galicia, e outro para publicacións seriadas, A Hemeroteca. Ademais contaría cuns edificios administrativos para o CSBG, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Ramón Piñeiro, ou en vez dos dous últimos un Think Thank do galeguismo creado ex-profeso, e un museo. Hai algún nacionalista que non asinara isto? O proxecto desmandouse en seguida. E que fixo o nacionalismo? Criticalo sen pausa desde o primeiro momento. Ata aquí normal tendo en conta a desfeita na que pouco a pouco se ía convertendo. O problema radica en que a única opción que se presentou desde o comezo foi parala/eliminala/barrela da historia como se non fose seguir adiante ou nunca se fose ter que apandar con ela se chegase o goberno. E vela aquí que se chegou o goberno e claro houbo que apandar con ela. A Coz aproveitou (tras defendela a capa e espada) para botarse contra ela e contra o nacionalismo. Sendo as criticas ben acollidas polos nacionalistas que así puideron botar peito e dicir que eles non eran coma os vendidos do goberno. Aquí comeza a dicotomía que para min enterrou o bipartito. Unha vez no goberno o BNG viu esa necesidade do curto prazo e de realidade e os militantes/votantes/simpatizantes non deron un paso atrás. Esperaban todo o que soñaran de xeito inmediato sen decatarse de que o BNG era a forza débil do goberno. En fin o dito que por non ver desde o primeiro momento a necesidade de pensar na Cidade da Cultura cando houbo que facerse cargo dela: dubidas, vacilacións e poucas ideas. O cal se traduciu no curto prazo nun problema que podería terse evitado e mesmo sacado rédito se se plantexase unha volta o proxecto "orixinal" e se xustificase que os cartos investidos non se podían recuperar porén si darlles un uso. A conselleira tentouno porén estivo soa no empeño.
- Reganosa: Que dicir de Reganosa? Un despropósito de categoría maiúscula que aínda colea en Bruselas. Agora ben, desde o momento que tirou para diante a opción se se chegaba o goberno era clara: a que se tomou deixala estar e tentar sacar algo en limpo. Din que os nacionalistas da bisbarra de Ferrol aínda non lle perdoaron o BNG o cambio de postura. A min paréceme que o cambio de postura era o mais lóxico pois so a UE pode botala fóra unha vez o Estado decidiu darlle os seus parabéns. É no curto prazo era preciso, segue a selo, sacarlle algun proveito a tamaña desfeita.
- O urbanismo das costas: Parar o urbanismo salvaxe das costas pode parecer a priori unha boa idea. Claro que o facelo non se pensou en toda esa xente que indirectamente ou directamente: construtores, inmobiliarias, a xente que vende os terreos "que nunca nada deron" e o sector servizos reciben desa actividade. Ademais de que a costa merece ser salvada, a que se pode salvar, outra xa non ten remedio e o mellor era seguir adiante. A moratoria, un si que non, non contentou a ninguén: a uns por perxudicalos directamente e a outros porque non deixaba claro que ía pasar. O lóxico sería dividir a costa en zonas. As xa condenadas e as salvables. Nestas ultimas poñer o limite dos 500 metros ou a medida que se queira e listo. A nova liña de edificación converteríase na nova primeira liña e a actividade podería seguir. Por outra banda os edificios que quedarían dentro da zona de exclusións debían ter a seguridade de que ían seguir existindo como obxectos de libre mercado. Así revalorizaríanse o estar mais preto da costa e non haber posibilidade de mais edificacións. Nas zonas condenadas pola súa parte habería que levar a cabo unha supervisión que poña orde dentro do caos e procure minimizar os danos.
- O plano acuícola: Co plano acuícola pasa algo semellante o que acontece co urbanismo. Todos revestidos de ínfulas ecoloxistas (ou contra o capital transnacional aínda que Pescanova de momento sexa galega), sen parar ren en cada caso concreto. O argumento é o mesmo que o do urbanismo: escoller o lugar. O que habería que engadir unha gran capacidade de comunicación para explicarlle a esa maioría da poboación galega que non pode pensar en grandes proxectos de país, dada a súa escaseza de recursos, porque a condenas o paro ou emigrar. O caso de Rinlo é significativo. O lugar escollido era perfecto (eu aínda me pregunto porque o incluíron na rede natura).  Supoño que os donos dos terreos venderon ben e cobraron e agora andarán con ese sorriso tan galego de eu xa amañei o meu ti fódete.(Digo supoño porque non coñezo de primeira man o caso de Rinlo en canto a venda de terreos. Na zona de Piñeira-Vilaselán onde estaba prevista outra piscifactoría foi así. Seino de primeira man pois a rama familiar aliñada co PP tiña alí fincas e andan con ese sorriso todo o día). As redes familiares xa se mobilizaran e había trinta persoas que sabían que ían traballar alí. Agora a planta non vai adiante. É o único que van ter en claro os trinta en cuestión e todos os do seu eido de influencia: redes familiares, amigos, coñecidos etc foi que o nacionalismo botou para atrás uns postos de traballo nunhas terras que nunca nada deran, igualiño que fixera antes a suspensión de licenzas da construción.
Visto o visto a alguén lle estraña que a xente sempre este disposta a crer o peor do nacionalismo e interpretar a Coz como palabra de Deus? A alguén lle estraña que a xente este convencida que os nacionalistas so serven para protestar?
Sobre todo cando os nacionalistas parecen esquecer que isto é Galiza non a lúa, e que polo tanto en amplas zonas dela para gobernar, é polo tanto cambiar as cousas, hai que empregar esas redes familiares ou caciquiles se se quere a favor dun. Claro que a mera idea provoca ataques no nacionalista esquerdoso medio. E así nos vai.

xoves, 3 de decembro de 2009

Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais na internet

Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das
modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades
de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de
Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores
de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e
declaramos que ...

1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos
fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a
seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e
a liberdade de expresión.

2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha
competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza.
Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da
Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo
dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o
acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.

3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector
tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de
desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de
empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa
expansión internacional.

4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta
a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos
democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de
contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria
culturais, se non de moitas fontes distintas.

5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do
seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades
relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións
lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo
ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no
control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar
os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.

6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de
alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan
os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma
ineficaces para o fin que afirman perseguir.

7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas
patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio
obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.

8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en
España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o
desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.

9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual
co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio
público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser
aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as
partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas
que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata
de outro tema.