Fai tempo prometín tratar o asunto da posibilidade dun estado federal en España. Comezo con esta anotación o cumprimento desa promesa.
A vaga revolucionaria de 1848 foi a derradeira onda revolucionaria na que participaron unidas a burguesía, os grupos urbanos e o proletariado. Pese a que acabou fracasando no curto prazo foi a vaga revolucionaria que consolidou o liberalismo. De feito nos anos seguintes tódolos países (a excepción da Rusia do tsar) acabarían por adoptar réximes mais ou menos liberais. Ao mesmo tempo o liberalismo pasa de ser unha doutrina revolucionaria a converterse nunha doutrina conservadora ou dito doutro xeito de ser a esquerda pasa a ser a dereita. Isto debese en primeiro lugar a que se logra aquilo que se pretendía e a que os grupos urbanos se fragmentan ideoloxicamente. Uns intégranse no liberalismo o ver satisfeitas as súas aspiracións e outros van dar lugar o socialismo. Os campesiños pola súa parte desaparecen como grupo político nos países de Europa occidental o : ter conseguido o acceso a terra coas reformas liberais ou ser expulsados dela tanto por esas reformas como pola industrialización incluíndose no proletariado. O feito de que o propio movemento democrático conte con apoios dentro do liberalismo non cambia o anterior.
En España a revolución de 1848 non chegou. Gobernada por Narváez a quen se lle atribúe no seu leito de morte a frase " Padre yo no tengo enemigos pues los he mandado fusilar a todos" España permaneceu tranquila dentro da súa peculiar forma de liberalismo doutrinario. Tradicionalmente soe considerarse que o equivalente a revolución de 1848 foi o Bienio Progresista de 1856-1858. O cal é amplamente incorrecto. A intensidade dos cambios, a convulsión social é a amplitude do movemento fan que sexa o Sexenio Democrático de 1868-1874 o verdadeiro equivalente a Revolución de 1848. Se normalmente non se considera así é porque queda moi lonxe no tempo do movemento orixinal e por presentar certos matices mais modernos. Claro esta que tendo en conta os matices antigos: unión dos distintos grupos, ansias de cambio e crenza en que ese cambio significa o mesmo para burgueses, campesiños e grupos urbanos todo indica que estamos ante a Revolución de 1848 que chega tarde ou cando pode.
Será precisamente este "carácter antigo" o que fará fracasar o Sexenio. Unha comparación coa Francia revolucionaria de 1848-1852 permítenos ver unha evolución mimética no fundamental coa única diferenza, totalmente accesoria, de que aquí primeiro tentouse unha monarquía renovada. A que me refiro con "carácter antigo". A burguesía pretendía a consolidación dun réxime liberal non sometido os caprichos da Coroa, no que houbese unha verdadeira alternancia no poder mediante eleccións e a desaparición da corrupción que lastraba o país. Que o réxime fose liberal doutrinario (voto censitario e soberanía compartida) ou democrático (sufraxio universal e soberanía nacional) tanto lles tiña. Pola contra os grupos urbanos e os campesiño buscaban todo o anterior mais unha redistribución da riqueza e maior igualdade social e a propiedade da terra. Para estes dous grupos os termos democracia, república e federal non significaban o que indican os manuais de política. As súas ideas expresadas a través deses termos enlazaban directamente co socialismo utópico e o mesmo o marxista, so que aquí case ninguén oirá nada das familias socialistas.
Con todo o anterior a proclamación da república, en 1873, vai ser unha sorpresa para todos. A fin de contas os republicanos eran minoría no Congreso, e dentro dos republicanos érano os federais. Así mentres se redactaba a nunca promulgada constitución da I república, que era unha república federal, seguiu en vigor a Constitución de 1869. Claro que o pobo, os grupos urbanos e os campesiños, non podían esperar así que pasaron a acción dando lugar o movemento cantonalista. A recen nacida república atopábase así en guerra contra a reacción (III guerra carlista) e contra o cantonalismo. Os deputados federais debían soportar os ataques dos non federais que pedían por unha república centralista e dos monárquicos que equiparaban república, caos, violencia, separatismo e federalismo.
Cando o xeneral Pavía de o seu famoso golpe de Estado a república non rematou como se acostuma dicir senón que se entrou nunha fase de goberno de concentración presidido por Sérrano. Os éxitos deste poderían ter salvado a república o xeito da Francia de Mac-Mahon porén Canovas e manobrou para evitalo e dar lugar a Restauración.
Pese o seu fracaso o Sexenio democrático ten unha grande importancia por :
- ser a primeira vez que se constitúe un goberno democrático no pleno sentido do termo: Constitución, liberdades e dereitos, separación efectiva de poderes, sufraxio universal... e non meramente como unha concesión que despois era desmentida no día a día.
- supón a primeira entrada das masas na política. E dentro desta entrada clarifica por fin as posturas separando a burguesía dos outros grupos e facendo aparecer unha esquerda socialista e anarquista. Democracia, república e federal poderán ser termos políticos no senso xeral e non co significado anterior de revolución social.
- derrota definitivamente a Reacción. A terceira guerra carlista demostra que o carlismo non da mais de si e que aqueles que loitan o seu carón por motivos "rexionais" deben buscar outros camiños. O nacionalismo catalán e vasco arrancaran en parte deste feito.
- E para rematar e non menos importante e por desgraza o elemento mais duradeiro do Sexenio: a identificación da república e sobre todo do federalismo coa violencia, o caos e o separatismo.
Continuara...
Ningún comentario:
Publicar un comentario