venres, 9 de abril de 2010

España: o imposible soño federal II

Ven desta anotación.

Se na anotación anterior perfilabamos a situación política nesta ocasión imos ver como se desenvolveu a actividade económica neses tempos.

En 1795 España aliase coa Francia revolucionaria dando comezo a un longo período bélico que non remata ata 1840. Durante ese período a guerra será unha constante tanto no exterior coma no interior: guerras da revolución e do imperio, guerra de independencia, guerras de independencia hispanoamericanas, guerras entre liberais e absolutistas e primeira guerra carlista.

A prolongada incidencia da guerra vai desfacer os cativos avances da economía española do século XVIII e vai confirmar o gran cambio producido a partires de mediados do século XVII (e atenuado en parte durante as reformas do do XVIII): o baleiramento demográfico do interior peninsular e o auxe económico e demográfico das rexións periféricas. Artellandose a partir de aí un choque centro (poder político) - periferia (poder económico) que explica en parte o fracaso do modelo liberal xacobino o estilo francés que se intenta implantar en España.

Por outra banda a incidencia da guerra ou guerras vai abocar o Estado a escaseza de recursos crónica que lle impide actuar na meirande parte dos eidos. E será precisamente a guerra a que obrigue a levar a cabo unha das accións económicas e políticas mais transcendentes do período: a desamortización. Porén esta foi feita de tal xeito que os beneficios económicos foron mínimos e consolidaron unha das constantes da historia económica española: o papel do Estado como axente económico básico, non pola súa política económica senón porque a súa acción política crea, transfire ou garante os recursos económicos primordiais. Este feito combinado coa desamortización e a total desfeita dos mercados tras anos de guerra vai provocar que as elites do interior peninsular e as súas ramificacións no resto do territorio vexan no control do Estado unha necesidade "sine qua non"  non xa da súa supervivencia política senón tamén económica. Ou noutras palabras: a burguesía (termo moi xeneroso e incorrecto neste caso) do eixo Madrid-Cádiz-Coruña precisa ata o día de hoxe controlar o aparato do Estado e evitar que este mude porque de non ser así a súa actividade económica camiñaría cara a extinción.

Cando por fin chegue en certa medida a paz e se inicien tímidas reformas económicas e a situación xeral mellore o dominio político económico desa elite identificada co Estado=Madrid vai impedir que se tomen medidas racionais e a economía de España sigan sendo un pouco rara (por empregar unha palabra suave).  Claro esta que o mesmo tempo Cataluña ou mellor dito a provincia de Barcelona estaba a levar a cabo unha industrialización idéntica a Europea. Dado o ermo económico do resto do Estado e a súa febleza en comparación cos países europeos, a burguesía catalá vaise integrar na política da época defendendo xeralmente as posturas mais avanzadas: progresistas primeiro, demócratas despois. Sempre coa idea motriz de que o Estado responda os seus intereses do mesmo xeito que a esa elite afincada en Madrid (no senso amplo da palabra).

Así, nestes primeiros momentos, pese a que xa comezan a xurdir areas económicas claramente diferenciadas, e con intereses contrapostos, en vez de constituír  un pulo as ideas federais = acordo entre as partes para non chocar. O que vai ocorrer dada a febleza do Estado e o seu papel, casi feudal, de creador/mantedor de riqueza mediante a acción política e todo o contrario = centralismo e loita polo control.

Continuara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario