luns, 26 de abril de 2010

La Coz ou a becha encarnada

Fai case un ano fixenme eco do chamamento o boicoz. Dado que o 29 (data exacta de cando me unin a chamar o boicoz) non vou poder actualizar, aproveito agora.
Tivo algun exito? Podemos dicir que non. La Coz segue a ser o xornal de referencia para a meirande parte de Galiza e co que lle esta a talegar a Xunta como se non vende ningun xornal. Por outro lado as suscripcións seguen firmes. (Como pequeno exito no centro do ano pasado conseguimos que das cinco suscrpcions que tiñamos a Coz, unha se cambiase a Xornal). E a "liña editorial" tamén (1,2,3). Os exemplos escollidos non son arrebatos mesianicos de Don Santiago nin de Roberto o martir, senon novas normais que destilan todo o veleno da becha encarnada. Por outra banda hai moita xente que segue a ver a Coz como un xornal plural e sen liña editorial. De feito este ano tiven un par de conversas o respecto con alguns compañeiros do centro no que me tocou estar e... delirante: A Coz non ten liña editorial, non responde a ningún interese empresarial, e neutral e so se preocupa por Galicia. Isto dixomo un que fixo folga en contra do decretazo.
O único positivo é que polo menos nalguns sitios se poñen as cousas en claro e se deixa de espallar a idea de qie o da Coz é todo obsesión nacionalista. E se recoñece que certa influencia si ten.




P.D: o ser do norte estou centrado na Coz porén imaxino que o Faro non debe ser mellor. Se alguen se anima a mandar algo mellor que mellor.

xoves, 22 de abril de 2010

Rematando con Cuba

Visto o debate nos comentarios da anterior anotación Heder manda unha colaboración puntualizando as caracteristicas do sistema politico cubano.
" Adiquei algún tempo a ler a constitución cubana e a súa lei electoral, para ver en qué se basea esa afirmación de que cuba é unha ditadura. E realmente, non sei con qué definición se pode tachar de tal.
Polo que vin, o sistema cubano ten similitudes e diferenzas cas democracias occidentais, e paso a resumir no parágrafo seguinte a súa organización básica.
 Hai un órgano lexislativo colexiado (Asamblea nacional del Poder Popular), que se elixe por sufraxio, libre, directo e secreto de todos os cidadáns maiores de idade (16 anos) e en pleno uso dos seus dereitos políticos. Escóllese un membro da asemblea por cada 20.000hab de cada demarcación municipal, o que da unha asemblea grande, duns 600 membros (Cuba ten 11.400.000 habitantes)
 Este órgano elixe un subórgano de 30 membros (Consejo de Estado) que exerce parte das súas funcións cando o lexislativo non está dispoñible: entre períodos de sesións, en período electoral... Ademais, este subórgano ten parte das funcións que nas democracias occidentais se asignan á xefatura do estado ou ó executivo, como conceder indultos, ratificar e denunciar tratados internacionais, outorgar ou denegar o beneplácito aos representantes diplomáticos doutros estados e acordar as datas das eleccións. O seu presidente é o Xefe de Estado e de Goberno.
 A asemblea escolle tamén aos membros do  executivo (Consejo de Ministros), a proposta do presidente do Consejo de Estado.
 Ademais, hai órganos lexislativos provinciais e municipais
 Todos os órganos electos están suxeitos a revocación polo órgano que os elixiu en calquera momento.
 A designación de candidatos aos órganos municipais faise en asembleas de electores, e todos os electores teñen dereito a propoñer candidato, que pode ser calquera cubano en pleno uso dos seus dereitos políticos. A designación de candidatos aos órganos provinciais e á asemblea nacional  faise nas asembleas municipais e provinciais respectivamente, a proposta das comisións de candidaturas integradas por representantes da Central de Trabajadores de Cuba, dos Comités de Defensa de la Revolución, da Federación de Mujeres Cubanas, da Asociación Nacional de Agricultores Pequeños, da Federación Estudiantil Universitaria e da Federación de Estudiantes de la Enseñanza Media.
 Teñen iniciativa lexislativa os deputados da asemblea nacional, o consello de estado, o consello de ministros, as comisións da asemblea nacional, o comité nacional da central de traballadores de Cuba, as direccións nacionais das organizacións de masa e sociais, o tribunal supremo popular, a fiscalía xeral e os cidadáns. Para a iniciativa lexislativa dos cidadáns será necesario reunir 10.000 sinaturas de electores entre os 11.400.000 habitantes de cuba ( En España,con 44.708.964 habitantes 500.000de sinaturas; en Galicia 15.000 sinaturas entre 2.767.524 habitantes)"
En fin supoño que isto pode dar para moito mais e seguir per secula seculorum, porén espero que remate nesta anotación e os seus comentarios e que non teña que cambiar o nome do blogue a Cubauberalles. Reafirmome no de que non estamos para ir mirando fóra cando aqui non temos logrado nada.

Tamén en Galizauberalles

luns, 19 de abril de 2010

De porque vou acabar en UPyD


Esta semana pasada o centro estivo sen internet e eu cun catarro dos que fan historia. Ámbolos dous feitos combinaronse para que non puidera redactar nin publicar a terceira parte sobre o federalismo imposible en España. Porén, cando por fin fun medio persoa e a Xunta se dignou mandarnos un técnico para que amañara a conexión a internet, entereime do estudo do IGE sobre o galego. A verdade é que non di nada novo e non vou por aí. Vou porque a raíz dese estudo volveron a soar con forza as voces que cuestionan a normalización lingüística e o esforzo adicado a combater ou elaborar leis e decretos. Por aí vou. Porque quero deixar claro unhas cantas cousas:

- efectivamente a normalización así no senso mais amplo da palabra fracasou.E si, ningún decreto por fantabuloso que sexa vai cambiar por si so a situación de perda de falantes.

- a normalización non fallou porque si. A ver se deixamos de chorar e darlle argumentos os da imposición. A normalización fallou porque sinxelamente non se aplicou. A lei é do 83, repito do 83! se no curso 84-85( por darlle tempo a andar) todas as materias agás castelán se impartisen en lingua galega e así ata hoxe, sen ser posta en dubida por ningún partido, se todos os profesores e funcionarios empregasen o galego a cotío polo menos no seu posto de traballo ( o que nos profesores inclúe cando están fóra da aula) se ... podería seguir. O quid non é o se, o quid é que non se cumpriu nada. De feito a gran diferenza, a gran ameaza do decreto bipartito (como a mesma gloria recoñeceu en mais dunha entrevista) era que se estaba a tentar cumplir por parte da administración.

- seguir a falar do primeiro esquecendo o segundo so lle da ánimos e argumentos os da imposición.

- Mauro Fernández pode que teña unha grande traxectoria detrás, todo o mundo a ten nun determinado momento. Todo o mundo pode cambiar de idea, algo plenamente lexitimo. Mauro Fernández cambiou de idea e agora esta contra o galego, en galego porén contra o galego, so fai falla que el e os que defenden alegando mil e un matices se dean conta.

Por outra banda parece que houbo leria dentro do BNG sobre unha manifa sobre cuba. Leria que chegou magnificada a rede. A miña pregunta é: como persoa interésaseme Cuba como me interesan outros temas; na miña praxe política como nacionalista Cuba non me interesa, de feito é contraproducente para os meus intereses. Tan difícil e asumir iso polo nacionalismo institucionalizado?

E para rematar nun artigo no que Calidonia se queixaba da marxinación do galego por Google tivo que aparecer o comentario de sempre: google respecta moito o galego aí están as variantes de portugués. O problema é dos do galegonhol. Tan difícil é comprender que non estamos en situación de semellantes parvadas? Que debemos chegar a un armisticio normativo en aras do que realmente importa? E digo armisticio porque parece claro que a paz é imposible.

Como me temo moitas das respostas estou un pasiño mais preto de pasarme a UPyD que polo menos ten as ideas claras: ESPAÑA E ROSA DÍEZ!


Tamén en Galizauberalles

venres, 16 de abril de 2010

Un largo invierno

Dúas ligazóns:
a primeira sobre a viaxe da CIG e Queremos Galego a Bruxelas e a intervención ante distintos organismos europeos:
http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=2871%280%29
A segunda o video que da título a anotación sobre o 11 M:
http://www.unlargoinvierno.es/index.html

venres, 9 de abril de 2010

España: o imposible soño federal II

Ven desta anotación.

Se na anotación anterior perfilabamos a situación política nesta ocasión imos ver como se desenvolveu a actividade económica neses tempos.

En 1795 España aliase coa Francia revolucionaria dando comezo a un longo período bélico que non remata ata 1840. Durante ese período a guerra será unha constante tanto no exterior coma no interior: guerras da revolución e do imperio, guerra de independencia, guerras de independencia hispanoamericanas, guerras entre liberais e absolutistas e primeira guerra carlista.

A prolongada incidencia da guerra vai desfacer os cativos avances da economía española do século XVIII e vai confirmar o gran cambio producido a partires de mediados do século XVII (e atenuado en parte durante as reformas do do XVIII): o baleiramento demográfico do interior peninsular e o auxe económico e demográfico das rexións periféricas. Artellandose a partir de aí un choque centro (poder político) - periferia (poder económico) que explica en parte o fracaso do modelo liberal xacobino o estilo francés que se intenta implantar en España.

Por outra banda a incidencia da guerra ou guerras vai abocar o Estado a escaseza de recursos crónica que lle impide actuar na meirande parte dos eidos. E será precisamente a guerra a que obrigue a levar a cabo unha das accións económicas e políticas mais transcendentes do período: a desamortización. Porén esta foi feita de tal xeito que os beneficios económicos foron mínimos e consolidaron unha das constantes da historia económica española: o papel do Estado como axente económico básico, non pola súa política económica senón porque a súa acción política crea, transfire ou garante os recursos económicos primordiais. Este feito combinado coa desamortización e a total desfeita dos mercados tras anos de guerra vai provocar que as elites do interior peninsular e as súas ramificacións no resto do territorio vexan no control do Estado unha necesidade "sine qua non"  non xa da súa supervivencia política senón tamén económica. Ou noutras palabras: a burguesía (termo moi xeneroso e incorrecto neste caso) do eixo Madrid-Cádiz-Coruña precisa ata o día de hoxe controlar o aparato do Estado e evitar que este mude porque de non ser así a súa actividade económica camiñaría cara a extinción.

Cando por fin chegue en certa medida a paz e se inicien tímidas reformas económicas e a situación xeral mellore o dominio político económico desa elite identificada co Estado=Madrid vai impedir que se tomen medidas racionais e a economía de España sigan sendo un pouco rara (por empregar unha palabra suave).  Claro esta que o mesmo tempo Cataluña ou mellor dito a provincia de Barcelona estaba a levar a cabo unha industrialización idéntica a Europea. Dado o ermo económico do resto do Estado e a súa febleza en comparación cos países europeos, a burguesía catalá vaise integrar na política da época defendendo xeralmente as posturas mais avanzadas: progresistas primeiro, demócratas despois. Sempre coa idea motriz de que o Estado responda os seus intereses do mesmo xeito que a esa elite afincada en Madrid (no senso amplo da palabra).

Así, nestes primeiros momentos, pese a que xa comezan a xurdir areas económicas claramente diferenciadas, e con intereses contrapostos, en vez de constituír  un pulo as ideas federais = acordo entre as partes para non chocar. O que vai ocorrer dada a febleza do Estado e o seu papel, casi feudal, de creador/mantedor de riqueza mediante a acción política e todo o contrario = centralismo e loita polo control.

Continuara.

xoves, 8 de abril de 2010

Dunha desfeita a outra

Mentres o Consello escolar rexeita o decretazo 2.0 (1,2) e aumentan as razóns para que o Enterrador dimita (o tempo que se manifesta como o que é: o enterrador). No horizonte aparece outra ameaza: a desaparición de R (1,2) como empresa galega e todo o que elo implica para a lingua. Pois non esquezamos que R ata agora é a empresa mais senlleira no uso da lingua galega demostrando que é tan útil e valida como calquera outra. Hai días que un non sabe moi ben que dicir nin se é posibel algun tipo de futuro que non pase pola desaparición de todo o que sexa galego. Hoxe é un deses días.

mércores, 7 de abril de 2010

Avisos e o video de Feijoo

Primeiro lembrar:

"Este mércores 7 de abril está convocada a reunión do Consello Escolar de Galiza que terá de aprobar ou reprobar o proxecto do mal chamado decreto de plurilingüismo no ensino non universitario. O inicio da reunión está fixado para as 16.30 en 1ª convocatoria, 17 en 2ª. O lugar será a propia sede do organismo, no antigo hospital de San Roque (Rúa San Roque, 2, a carón da galescola), en Santiago de Compostela.

Queremos Galego! convoca concentración para este mércores ás 16.15 diante do edificio do Consello Escolar de Galiza. "

Segundo: 


"A Consellaría de Educación pretende suprimir  comedores escolares e postos de traballo

A contención no gasto da Xunta de Galicia xa sabemos quen a vai pagar. Non os altos cargos, que van seguir mantendo o plus de por vida que supón 15.015,96€ anuais , nin os Xefes Territoriais, aos que se lles aumentou o salario en máis de 200 euros ao mes, nin as múltiples empresas que están a recibir asistencias técnicas para xestionar os servizos públicos. Van ser as traballadoras e traballadores da Xunta de Galicia e os cidadáns.
 O caso dos comedores escolares é sangrante: na proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellaría de Educación, que se vai tratar o próximo 9 de abril, a Xunta elimina 66 postos de oficial e axudante de cociña e pechanse tamén ao redor de 20 comedores escolares.
A xustificación da Consellaría para eliminar os comedores é o número de comensais. Nalgún caso son 29 os comensais.
 É mentira que se vaian aforrar cartos pechando comedores, porque os alumnos teñen que comer. Terán que desprazarse a outros colexios, co gasto que isto supón en transporte ou seguirán a privatizar servizos, mediante o uso dos “catering”, que non supón aforro de cartos, pero si peor servizo. Iso si, naqueles que se mantén o comedor a Xunta vai aforrar cartos a costa de cargar aos traballadores que quedan coas funcións dos eliminados.
 Pero isto ten máis consecuencias que a presión sobre os traballadores e as traballadoras da Xunta: aumentar o perigo para os rapaces ao incrementarse os desprazamentos,  empeorar a súa dieta e empeorar as xa difíciles condicións de vida do noso rural e complicar a vida dos pais traballadores.
Por un miserábel aforro de cartos, que nos orzamentos da Xunta de Galicia son faragullas, dáse un paso máis no consciente e constante  empeoramento ou eliminación dos servizos públicos, que ademais neste caso ataca as zonas máis deprimidas do noso rural, nunha política de terra queimada, que non pode ter máis obxectivo que propiciar o empeoramento da prestación dos servizos públicos buscando a privatización en lugar de racionalizar os medios tanto materiais (cociñas de grandes dimensións xunto con comedores que xa están preparados) como persoais, que os temos e son moi bos, e utilizalos para dar servizo naqueles centros onde sexa necesario."

E por ultimo a xa celebre intervención do presidente en Boqueixón para quen aínda non a disfrutara:


venres, 2 de abril de 2010

España: o imposible soño federal

Fai tempo prometín tratar o asunto da posibilidade dun estado federal en España. Comezo con esta anotación o cumprimento desa promesa.
A vaga revolucionaria de 1848 foi a derradeira onda revolucionaria na que participaron unidas a burguesía, os grupos urbanos e o proletariado. Pese a que acabou fracasando no curto prazo foi a vaga revolucionaria que consolidou o liberalismo. De feito nos anos seguintes tódolos países (a excepción da Rusia do tsar) acabarían por adoptar réximes mais ou menos liberais. Ao mesmo tempo o liberalismo pasa de ser unha doutrina revolucionaria a converterse nunha doutrina conservadora ou dito doutro xeito de ser a esquerda pasa a ser a dereita. Isto debese en primeiro lugar a que se logra aquilo que se pretendía e a que os grupos urbanos se fragmentan ideoloxicamente. Uns intégranse no liberalismo o ver satisfeitas as súas aspiracións e outros van dar lugar o socialismo. Os campesiños pola súa parte desaparecen como grupo político nos países de Europa occidental o : ter conseguido o acceso a terra coas reformas liberais ou ser expulsados dela tanto por esas reformas como pola industrialización incluíndose no proletariado. O feito de que o propio movemento democrático conte con apoios dentro do liberalismo non cambia o anterior.

En España a revolución de 1848 non chegou. Gobernada por Narváez a quen se lle atribúe  no seu leito de morte a frase " Padre yo no tengo enemigos pues los he mandado fusilar a todos" España permaneceu tranquila dentro da súa peculiar forma de liberalismo doutrinario. Tradicionalmente soe considerarse que o equivalente a revolución de 1848 foi o Bienio Progresista de 1856-1858. O cal é amplamente incorrecto. A intensidade dos cambios, a convulsión social é a amplitude do movemento fan que sexa o Sexenio Democrático de 1868-1874 o verdadeiro equivalente a Revolución de 1848. Se normalmente non se considera así é porque queda moi lonxe no tempo do movemento orixinal e por presentar certos matices mais modernos. Claro esta que tendo en conta os matices antigos: unión dos distintos grupos, ansias de cambio e crenza en que ese cambio significa o mesmo para burgueses, campesiños e grupos urbanos todo indica que estamos ante a Revolución de 1848 que chega tarde ou cando pode.

Será precisamente este "carácter antigo" o que fará fracasar o Sexenio. Unha comparación coa Francia revolucionaria de 1848-1852 permítenos ver unha evolución mimética no fundamental coa única diferenza, totalmente accesoria, de que aquí primeiro tentouse unha monarquía renovada.  A que me refiro con "carácter antigo". A burguesía pretendía a consolidación dun réxime liberal non sometido os caprichos da Coroa, no que houbese unha verdadeira alternancia no poder mediante eleccións e a desaparición da corrupción que lastraba o país. Que o réxime fose liberal doutrinario (voto censitario e soberanía compartida) ou democrático (sufraxio universal e soberanía nacional) tanto lles tiña. Pola contra os grupos urbanos e os campesiño buscaban todo o anterior mais unha redistribución da riqueza e maior igualdade social e a propiedade da terra. Para estes dous grupos os termos democracia, república e federal non significaban o que indican os manuais de política. As súas ideas expresadas a través deses termos enlazaban directamente co socialismo utópico e o mesmo o marxista, so que aquí case ninguén oirá nada das familias socialistas.

Con todo o anterior a proclamación da república, en 1873,  vai ser unha sorpresa para todos. A fin de contas os republicanos eran minoría no Congreso, e dentro dos republicanos érano os federais. Así mentres se redactaba a nunca promulgada constitución da I república, que era unha república federal, seguiu en vigor a Constitución de 1869. Claro que o pobo, os grupos urbanos e os campesiños, non podían esperar así que pasaron a acción dando lugar o movemento cantonalista. A recen nacida república atopábase así en guerra contra a reacción (III guerra carlista) e contra o cantonalismo. Os deputados federais debían soportar os ataques dos non federais que pedían por unha república centralista e dos monárquicos que equiparaban república, caos, violencia, separatismo e federalismo.

Cando o xeneral Pavía de o seu famoso golpe de Estado a república non rematou como se acostuma dicir senón que se entrou nunha fase de goberno de concentración presidido por Sérrano. Os éxitos deste poderían ter salvado a república o xeito da Francia de Mac-Mahon porén Canovas e manobrou para evitalo e dar lugar a Restauración.

Pese o seu fracaso o Sexenio democrático ten unha grande importancia por :
- ser a primeira vez que se constitúe un goberno democrático no pleno sentido do termo: Constitución, liberdades e dereitos, separación efectiva de poderes, sufraxio universal... e non meramente como unha concesión que despois era desmentida no día a día.
- supón a primeira entrada das masas na política. E dentro desta entrada clarifica por fin as posturas separando a burguesía dos outros grupos e facendo aparecer unha esquerda socialista e anarquista. Democracia, república e federal poderán ser termos políticos no senso xeral e non co significado anterior de revolución social.
- derrota definitivamente a Reacción. A terceira guerra carlista demostra que o carlismo non da mais de si e que aqueles que loitan o seu carón por motivos "rexionais" deben buscar outros camiños. O nacionalismo catalán e vasco  arrancaran en parte deste feito.
- E para rematar e non menos importante e por desgraza  o elemento mais duradeiro do Sexenio: a identificación da república e sobre todo do federalismo coa violencia, o caos e o separatismo.

Continuara...