xoves, 7 de xaneiro de 2010
CASTELAO!
Esta é unha actualización automática, pois ainda que vou estar sen internet (e polo tanto sen posibilidade de comentar calquera novidade segundo se produza) ata a semana do 11 de xaneiro non podía deixar pasar a data do cavodano de Castelao. Hoxe cumprense 60 anos do seu pasamento e por desgraza segue tan vixente como cando morreu. Digo por desgraza porque nada me gustaría mais que esta fose unha conmemoración meramente histórica de quen puxo os alicerces para todo o conseguido. E se ben o pouco que temos é en parte grazas a el non é menos certo que todo o que non temos xa estaba dito por el, de aí o sentimento ambivalente desta conmemoración. Non por el senon polo que nos falta. En calquera caso desde aqui vai a miña lembranza mesturada coa esperanza de que algun día teña a conmoración que merece.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario