"Aproveitando que todo o mundo está de vacacións e en vacacións case ninguén ten tempo que perder online mirando os xornais apropiados ou de irse ao bar da esquina a tomarse o relixioso descanso de 30-40 ou mesmo 50 minutos (se a patronal llo permite) para tomar un café ou un té con deliciosas torradas, os nosos políticos consideran que é o momento de tratar temas de importancia, como a lei das caixas ou o "Decreto do galego".
Así que, nestes últimos días, primeiros do 2010, os que aínda cremos no pracer da prensa escrita (cada vez menos, sobre todo cando na sección internacional atopamos noticias da talla do posible namoramento do ex-presidente arxentino Menem), puidemos regalarnos a vista coas notas sobre o novo borrador do "Decreto do galego" que, segundo tanto o ilustrísimo presidente da Xunta de Galicia así como polo Ponselleiro de Cultura (aqueles que recibimos a súa felicitación do Nadal vimos como unha tipografía errónea pode acabar coa escasa reputación dun cargo político) Jesús Vázquez mellorará o ensino en Galicia e entrará en vigor durante o curso 2010-2011. Segundo este borrador, que aínda terá que ser lido pola Academia Galega e outras "autoridades" ás que, sen dúbida, non se lles prestará atención algunha, a educación en Galicia será totalmente trilingüe. Todo moi ecuánime, verdade? Trilingüe significa que un terzo das horas lectivas daranse en castelán, un terzo en galego e un terzo no idioma do futuro, o inglés.
Si pensamos nun alumno da ESO, por exemplo de 3º da ESO, veremos que a este alumno impártenselle 32 horas docentes. Claro que dous, en 3º da ESO, poden ser de francés. A ver, un terzo, máis un terzo máis un terzo dá como resultado un. En que idioma se vai a impartir o francés, en castelán, galego ou inglés? De acordo, dirán vostedes, o francés en 3º é optativo, poida que as criaturas opten, porque son libres como o vento, de ter Cultura Clásica en lugar de francés. Claro, Cultura Clásica, entendo eu, podería darse en calquera deste tres idiomas, por exemplo en inglés, non hai máis que ver o ben que pronuncian en latín e grego os anglosaxóns, iso seguro que lles axuda moito: "Hécate? Quen é Hécate? ...Ahhhhhhhhh heketyyyyyyyyyyyy! Empezásemos por aí! E esa tal Atenea dis que é a mesma que Azini?" Ademais, suponse que é un decreto para que os nenos non se sintan desprazados e todos teñan as mesmas oportunidades de aprender disciplinas e idiomas... así que eu pregúntome, os nenos que dan francés en francés non serán máis parvos que os que dan Cultura Clásica en Castelán? Porque claramente, si están a dar Cultura Clásica en castelán, esas DÚAS HORAS DAS súas VIDAS están a repercutir sobre a súa saúde cerebral de forma que as súas conexións neuronais cambien dun modo incomprensiblemente complexo e sen volta atrás algunha, de modo que os que tiveron francés en francés... Xamais saberán falar castelán! Oh Deus Santo! Como van desenvolverse no mundo?
Claro que un podería preguntarse si estes nenos que dominarán tres linguas por igual (non o dubido, con este decreto serán uns catetos de coidado en tres idiomas) saben usar unha calculadora ou entenden a diferenza entre comercio xusto e cambio climático (non leven as mans á cabeza, isto non está demostrado como certo). Ou, xa que estamos, entre efecto invernadoiro e cambio climático. De todos os xeitos, sigamos co decreto. Asumindo que Jesús Vázquez e o seu gabinete atopen a máxica proporción para que ningún estudante do mundo mundial, ou da autonomía, que é o que nestes momentos nos concierne, se véxa discriminado por recibir clases en distintos idiomas, saltamos a unha das partes máis demenciais: o idioma no que se impartirán as materias será decidido polos pais, que cubrirán unha casa no impreso de matriculación, este idioma virá dado pola lingua nai da criatura. Aha... Polaco? Caboverdiano? Cubano? ... E máis aínda, un neno que teña o castelán como lingua nai, non ten dereito a aprender galego? e un que teña galego non pode falar castelán?
Pero sigamos coa esquizofrenia. Nas materias que non sexan "linguas" (ou sexa, nin en lingua castelá, nin en lingua galega, nin en inglés nin en francés. Ou o que é o mesmo, en mates, en bioloxía, en ciencias sociais, tecnoloxía, cultura clásica, física e química, educación física, EPV, etc) o profesor pode falar no que queira que o neno pode traballar ou responder na lingua que a el (ao estudante) Deus lle dea a entender. Iso mellorará moitísimo (nótese a ironía) o nivel de inglés do persoal da ESO galega, cando o profesor, totalmente esmerado no seu traballo lle diga:

-Xurxiño, please do start reading the answers to your homework.
Xurxiño: Primeira pregunta: What were the main Gods in the Roman Empire? (léase como se escribe)
Xurxiño: Es que esta no la hice porque no la entendía.
Profe: Didn´t you have a dictionary at home?
Xurxiño: Qué?
Profe (más despacio): Didn´t you have a dictionary at home?
Xurxiño: No lo entiendo, ¿me lo dices en español?
Profeç: In English.
Xurxiño: I don´t understand. You tell in Spanish?"
Tamén dispoñible aquí

Ningún comentario:
Publicar un comentario