xoves, 14 de xaneiro de 2010

O decretazo

En fin tras a colaboración de Anna sobre o decretazo toca a miña opinión persoal sobre o mesmo. A verdade é que a estas alturas pouco podo engadir que non se dixera xa. Así que tentarei incidir nunha serie de cuestións que presento en forma de pregunta e as súas correspondentes respostas.
- Como pode facer o goberno galego semellante cousa? Porque pode, ten maioría absoluta e conta coa lexitimidade das urnas para facer o que considere oportuno. Por moito que nos enfademos, berremos ou insultemos os seus membros iso non vai cambiar. Do mesmo xeito que nós temos toda a lexitimidade para expresar o noso descontento.
-Que pretende? Dúas cousas obvias. En primeiro lugar asegurar a rápida extinción do galego e de todo o que este representa: a máis forte sinal de identidade dunha comunidade diferente o modelo único de España, una, grande y libre.  En segundo lugar ocupar a centralidade politica, presentandose como a opción moderada fronte a radicalidade duns e outros, manter a iniciativa, distraer de todo o demáis que esta a levar a cabo e desgastar a oposición. Neste senso de desgastar a oposición son exemplares os cantos de serea o PSdG-PSOE, se o convence de unirse o pacto rompe calquera posibilidade de alianza co BNG cara a un futuro bipartito e é de supor que lle fara perder alguns votos; se non o convence a situación é igualmente positiva pois permitelle manter o discurso de que é un recen do BNG e perdera aínda mais votos. (A miña teoría é que os votos de UPyD en Galicia de momento son fugados do PSdG-PSOE).
-Que podemos facer? Para comezar serenarnos. O decreto vai ir si ou si. Cada insulto ou improperio que lle diriximos a Feijoo, Gloria e demais e empregado como munición contra nos tanto polos mencionados como pola prensa afin (é dicir toda agas Xornal de Galicia segundo o humor do que se erga a dirección). Segundo armarnos de paciencia. Isto vai para longo e nestes momentos o perigo mais grande non é o decreto en si senon que nos mesmos nos desfondemos nestes primeiros momentos. E en terceiro lugar e mais importante: VIVIR EN GALEGO. Falar galego, dar a brasa en canto lugar e institución non se cumpran os nosos dereitos, cambiarnos de compañía de telefono, internet, mobil etc. se non ten servizos en galego... É dificil, e en moitas ocasións mais caro e menos comodo que pasar polo aro do castelán porén neste momento é a nosa mellor opción. Se coonseguisemos ser un mercado potencial de interese moitas cousas cambiarían para ben.
Para rematar engado unha escolma doutras analises sobre o decretazo.
http://atrenza.blogaliza.org/2009/12/31/lingua-galega-historia-de-liberdade/
http://xmeyre.blogaliza.org/2009/12/31/comeza-o-glotocidio-do-contradecreto-senorito/
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=951
http://www.carloscallon.com/2009/12/este-decreto-imosllo-tombar.html
http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/12/decreto-do-galego-no-ensino.html
http://www.anosaterra.org/nova/39330/galegamente-incorrecto.html
http://www.vieiros.com/nova/77755/reaccions-os-centros-teran-que-pandar-cos-conflitos-que-creara-o-decreto-feijoo
http://prolinguagalega.org/2009/12/31/unha-ameaza-a-liberdade-un-artigo-do-membro-de-prolingua-agustin-fernandez-paz/
http://atrenza.blogaliza.org/2010/01/02/satapria-contra-a-lingua-galega/
http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1311
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Buenas/noches/buenos/Reyes/elpepuespgal/20100105elpgal_11/Tes
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticia=503563
http://perfectoconde.blogspot.com/2009/12/tres-eran-tres.html
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=951
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=946
http://www.carloscallon.com/2010/01/artigo-sobre-o-decretazo-contra-o.html
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5668
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5670
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5677
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5672
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/01/02/0003_8203023.htm?idioma=galego
http://www.xornal.com/opinions/2010/01/01/Opinion/isto-non-ten-solucion/2010010116352500865.html
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Galicia/retorica/realidad/elpepiautgal/20100108elpgal_8/Tes/

Tamén dispoñible aqui

Ningún comentario:

Publicar un comentario