mércores, 22 de setembro de 2010

1600 anos de reino suevo, Converxencia XXI e Cea Cementeira

Comezo a sección de avisos e anuncios co reino suevo, converxencia XXI e un que chega tarde orén cosidero oportuno polo igual. Sen máis deixo que sexan os propios autores os que falen (aviso, valaa a redundancia é longo)


"Estimados compañeiros.
Este ano 2010, coincidindo co (estimado) 1600 cabodano da fundación do reino de Galicia polo rei suevo Hermerico, un grupo de docentes e arqueólogos, coa colaboración do Concello de Pontevedra, acometimos a organización dun Congreso Internacional que se vai celebrar nesta cidade, entre o 4 e o 9 de Outubro do 2010, e que terá como obxecto de debate o Reino Suevo de Galicia.
Para iso, contamos coa asistencia de 10 ponentes, que abordarán este periodo dende as perspectivas máis variadas, como a etnoxénese do pobo suevo, a historiografía, as fontes arqueolóxicas, a historia política e social, ou a cultura e o pensamento relixioso na Antigüidade serodia. Entre eles están case todos os que publicaron, nos últimos anos, monografías ou estudos que abordaran este periodo. Non son todos, pero fixemos un grande esforzo para ter entre nós o elenco máis solvente sobre a materia co que podemos contar actualmente no país.
Pero ademais das ponencias, queremos que estas xornadas sexan unha porta aberta ás comunicacións que os investigadores, dende os seus ámbitos, poidan aportar ao coñecemento da Antigüedade Tardía en Galicia e o mundo suévico, e que quizais doutra maneira ficarían inéditas. Por esa razón, animamos a todos os compañeiros investigadores historiadores e arqueólogos a que compartan coa sociedade o froito do seu traballo ofrecéndolles esta vía para a súa publicación. En calquera caso, será unha honra recibilos como asistentes en Pontevedra, este outono vindeiro.
Os datos sobre a organización e inscrición están a disposición de todos na nosa páxina web. Para calquera dúbida, o meu correo electrónico está á vosa disposición.
Un saúdo.
Francisco Padín
(Coordenador)"
Aquí o programatriptico

Paso a Converxencia XXI

"I Congreso de Converxencia XXI, terá lugar o vindeiro sábado 2 de outubro no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, Rúa do Vilar 19. Anuncio do congreso na web

O Programa do Congreso será o seguinte:

10:00 Benvida e entrega de carnés de afiliado.

10:15 Informe de xestión a cargo do Secretario Xeral.

10:30 Presentación e debate dos relatorios e emendas.

13:00 Presentación da candidatura á executiva.

13:15 Discurso de Clausura a cargo do Secretario Xeral electo.

13:30 Peche

Terán dereito a acudir e a votar no Congreso todos as persoas que se afilien ata o 30 de setembro. Ao remate do Congreso terá lugar un xantar ao que poderán asistir tanto afiliados como acompañantes e simpatizantes. Este terá lugar na parrillada San Clodio (Rúa de San Pedro). Pregámosche que nos confirmes a túa asistencia ao xantar no correo clg@converxencia.eu"

E acabo co que se me pasou:

"Ola a todas e todos: Hai uns meses creouse en facebook o grupo "Barreiros: máis talento e menos cemento" para concienciar á poboación sobre a problemática da construción desmesurada que se estaba producindo nese concello. Ao pouco tempo eran xa máis de 400 as persoas que se uniran ao grupo e algunhas delas manifestaban o seu interese en que o grupo se universalizase máis e non se referise só a Barreiros. Así foi como se empezou a artellar  "MÁIS TALENTO, MENOS CEMENTO" (no facebook aínda figura como ao principio). Neste verán algúns membros do grupo pensamos que era necesario que o que era un grupo virtual "aterrase", é dicir, se fixese máis visible, e para iso pensamos en organizar unha festa de presentación. esta festa que bautizamos ironicamente como "I Festa de exaltación do cemento" vaise celebrar en San Miguel de Reinante o vindeiro 18 de setembro; pero como todas as festas, esta tamén supón algúns gastos e como non queremos depender de ninguén, ocorréusenos organi zar unha "Cea cementeira" na que estafar un pouco aos participantes e así recadar fondos para a festa. Adxunto arquivo co cartel da cea.
Como veredes no cartel o prezo da cea é de 30 € (20€ para estudantes, desempregados ou pensionistas).
Se tedes interese en participar podedes usar calquera destes métodos: poñervos en contacto comigo, entrar no facebook e apuntarvos alí ou retirar invitacións nos lugares que se indican no cartel.
Saúdos para todas e todos.
Ramón Casas"
Blogaliza non me deixa subir o cartel. Sintoo

Tamén en Galizauberalles

Ningún comentario:

Publicar un comentario