venres, 29 de xaneiro de 2010

REFLEXIÓNS ENCOL DA LINGUA (SE É QUE ALGO FICA POR DICIR)

AVISO: Por problemas coa conta de correo de contacto deste blogue vinme na obriga de cambiala por outra. Na descrición do blogue xa esta cambiada. O novo enderezo electrónico é:  galizaprimeiro@gmail.com. Se alguen nas dúas últimas semanas mandou algo a conta antiga recomendolle que o envíe de novo a nova conta.
Respecto a agresión a Roberto Blanco repito o que xa dixen aquí, cambien Gloria por Roberto e todo o dito vale.


E AGORA SI A COLABORACIÓN DE XOPAU:

" Hai algo que detesto profundamente desde hai cousa duns quince anos, e é falar sobre a cuestión lingüística. Algunhas acérrimas discusións familiares e con amigos na adolescencia fixeron que vise que só se pode dialogar, no verdadeiro sentido do termo, con xente algo próxima a ti. Nos posteriores cinco anos dediqueime entón a falar de lingua cos meus, é dicir, cos falantes conscientes. Centrouse entón o tema na cuestión normativa, e podédesme crer: quen saia de aí sen danos sicolóxicos graves está en condicións de acadar os máis grandes logros nesta vida terrea. Ergo, abandonei case totalmente a discusión lingüística, co que creo que fixen un enorme favor aos que me arrodeaban e ao meu país. Evidentemente penso para min, pero calo.

A inactividade na que estou esta tempada faime ter algún que outro remorso polo que rompín esta especie de pacto tácito comigo mesmo e decidín enviar ao blogue unha colaboración nin máis nin menos que sobre lingua. Un tema certamente innovador.

A primeira cuestión que debemos aclarar é que, ou se é un superdotado, ou sobre lingua neste país está todo dito. Isto é claramente un problema, e dificulta moitísimo certos entendementos que non estarían de máis. Outra vez o minifundismo penetrou tamén nestes campos e a fórmula terrorífica que non conseguimos eliminar é a de “un falante consciente, un lingüista”. Por desgraza como falantes conscientes non é que sexamos moitos,  pero como lingüistas sobramos case todos.

O anterior ten que ver con algo grave que lle sucede a este país e que poderiamos calificar de logocentrismo nacional. A lingua ten, por tradición histórica, demasiado peso, e sería desexable que a xente se preguntase se non haberá moitos outros rasgos nacionais que merecerían a convocatoria dunha manifestación multitudinaria. Pensemos que a lingua leva en seis meses tres, e do deterioro paisaxístico desta nación nin case se fala. Un pobo diglósico é un pobo diglósico en todas e cada unha das súas facetas sociais e culturais, e está por demostrar que a lingua teña preponderancia obxectiva sobre calquera das outras.

As reflexións que a continuación irei debullando están no meu máis puro estilo inconexo e de fluir mental, pero teñen un único fío condutor: o debate para min só existe en termos de política lingüística. É dicir, non creo, para esta nación, nin case para ningunha, no que se pretende desde certos sectores nacionalistas e filolóxicos de desvincular a reivindicación da lingua da reivindicación política.

Que fas logo, Xopau, coa xente do PP e do PSOE que foi á manifestación?
Son nacionalistas, e a especial idiosincrasia deste país, cun único partido de extrema esquerda liderando o nacionalismo, fai que militen nos grupos estatais. A ver se algún iluminado que pon o exemplo de Cataluña se enteira dunha vez que alí o PSOE é máis nacionalista que aquí o Bloque, e rematamos con esa trapallada de despolitizar a lingua, cousa imposible dabondo.

Desvincular a lingua da política como medio de captar falantes é un argumento falaz e o que é pior, universitario. Quero dicir con isto que nace do mesmo espírito que, por exemplo, o debate normativo: non hai que traballar, compañeiros, porque Doraemon ten un peto máxico. Solucións que diría o Señor de las Habichuelas “Made in Abundio”. Unímonos á lusofonía e a vivir, facemos unha normativa dialectalizada e próxima ao pobo e listo, non nos asociamos co nacionalismo e veña a gañar falantes aínda para alén das nosas modestas fronteiras…Seriedade señores, seriedade…Como se vai a desvincular unha lingua dunha ideoloxía política que foi a única que fixo algo por ela nos últimos 150 anos? Como pode crer a xente que unha única e unilateral solución pensada nos cafés universitarios deste país vai invertir a tendencia suicida desta nosa xentiña?

Os que queren que a lingua soborde o nacionalismo fano porque cren firmemente que a lingua está “por riba de todos” (logocentrismo) e a súa perda suporá un dano irreparable. Este último argumento é tamén falaz por dous motivos. Primeiro, por estarse a identificar lingua e sociedade tradicional. A nosa riqueza lingüística feneceu (maiormente o léxico) coa morte da sociedade agraria e mariñeira. Está todo recollidiño no ILG e  noutras institucións, pero está morto, enterrado ou a piques de morrer. A nosa lingua é, nos novos falantes, pobre, pobrísima, tremendamente semellante ao castelán se é que non o é. As actualizacións de léxico non se fixeron ou non triunfaron, e o corpus de palabras, xiros, expresións dun falante de idade nova é patético. Hai filólogos que alucinan coas palabras dos dicionarios e cada falante consciente desta lingua tivo unha gravadora e andivo de recollida. Moi idílico, mais o infinitivo conxugado non se lle pegou tan ben coma a colocación do pronome átono á castelá…

O segundo argumento é que estas mesmas persoas que din que a perda da lingua é irreparable, logo, e atendendo á súa ideoloxía maiormente de esquerdas, definen a nación desde un ponto de vista democrático e non histórico-cultural-decimonónico. Pois ben, desde a democracia a lingua non ten máis valor que a choiva, que sexamos unha zona costeira, cun relevo irregular, casiñas de tella ou pizarra, etc… Ou se está con todo ou con nada. Esta nación existirá sen lingua por máis que lles doa aos do PP e ao Reiniño…

Resumindo, temos unha lingua que vale o mesmo que o “guaje” ou o “ye” dun asturiano. E, crédeme, non é pouco: se queremos, danos un lugar no mundo. Agora ben, non é tampouco máis para a maior parte dos utentes. Deixaremos unha excepción na literatura e nos literatos. A eles, nos próximos anos, lles toca desdialectalizar isto que chamamos galego e que é, coma o Virxilio da Divina Comedia, “unha sombra”. É o que tivo que facer a literatura alemá coa súa lingua despois da Guerra dos Trinta Anos, e que tiveron que repetir despois do nacismo (cóntao ben o Gunter Grass en Encontro en Telgte).

Resulta anecdótico o que ocorre coas oposicións e os exames de galego. O nacionalismo sempre defendeu a idea de que fosen eliminatorios e pretendeu que o pobo se sumase a esta idea con aquilo de que “así non che quitan as prazas os de fóra”. A xente nunca tragou, porque nunca entendeu que os de Pedrafita para alá non teñan nada que ver con eles, que sexan de fóra. Esta é a ideoloxía, e a lingua apoia a diferencia e aos diferentes (existentes que diría Risco) pero, ao resto, que nin lla nomeen. A xenerosidade do pobo galego con España está a proba de bombas. Ese can de palleiro que aspira a poder entrar na casa do amo algún día. (Por certo, falarei outro día sobre a Guerra de Independencia en Galiza despois de ler o libro de Barreiro. O moito que nos axudaron e o ben que nolo agradeceron…sen adxectivos).

Analicemos os grupos de falantes deste país e vexamos que se pode facer con eles:

1. Xente maior abondantísima e completamente diglósica. Para min deixaron de contar hai tempo. Son o silo de votos do PP e defenderían o castelán sempre que este lles mandase. A meirande parte deles descoñecen que teñen unha lingua, onde remata, quen a fala. Desde a óptica lingüística poden morrer.

2. Falantes de mediana idade con fillos en idade escolar de núcleos cativeiros do país. Son coma os vellos, pero en vez de votar pola farola ou a carretilla de grava pensan que son libres e, o que é pior, que teñen unha ideoloxía porque son capaces de enunciar a mítica frase de café: “a min non me parece ben”. Todo o que o PSOE traballou nestes anos está aí reflexado: cada un é libre de escoller e facer o que queira, e non se lle pode coartar. Unha das maiores imbecilidades que pode chegar a pensar o xénero humano, e moito máis nos tempos da era da información. Moitos déronlle a lingua aos fillos por comodidade, porque entre a parella falaban en galego e non ter que cambiar. Pódese, sempre con cautela, invertir algo neste grupo.

3. Os da manifestación. Primeiramente, temos que saber cantos somos. É facil: cada un debería saber que xente coñece que podería estar alí e por motivos diversos non estivo. Eu polo baixo contei dez persoas. Isto é 30000 por dez . Uns 300000 falantes conscientes e cos usos cultos da lingua. Nun país onde a metade ten o pé na tumba non é tan mala cifra. A política é para estes, non para andar facendo proselitismo nos outros que logo nos van botar a cicuta na cervexa. Segregación nas aulas, dereito a unha vida íntegra en galego, etc. E nós, referencia cultural, deportiva, de nivel de vida…deixar dunha santa vez de defender aos pailáns que votan PP e manter un distanciamanto en certo xeito aristocrático. No fondo somos nós os que sabemos inglés, fumos nós os que conectamos a este país con Europa, os universalistas…Isto non o dixo o Callón. Queremos inglés e eu, se houbese unha escola íntegra en inglés ou en alemán, mandaría aos meus fillos, claro que si. Son eles os que van atentar contra o galego coa universalidade de miles dos seus votantes que nunca na vida sairon do país. Eu, co Obradoiro cheo, quero outros discursos, e se hai que contentar a algún acomplexado é mellor que marche.

4. Hai esperanza nalgúns castelanfalantes, e ao mellor moita máis que nos grupos 1 e 2. Eu sei o difícil que é dar un cambio lingüístico unha vez pasada a adolescencia, pois teño xente na familia á que case lle levou dez anos. Cando o conseguiu, afiliouse ao BNG e á CIG. Outros disque van despolitizar… Neste grupo, todos os esforzos. Son facilmente identificables: son aqueles que, falando castelán, cando falan contigo intentan facelo en galego…eu creo que cada día máis.

Hai luz, pero nós somos nós, e non eles. E somos mellores, e non dicíndoo coa boca pequena de facer politiquiñas, senón de verdade.

Eu ben vin estar o moucho
             Enriba daquel penedo
Non che teño medo moucho
Moucho non che teño medo."


xoves, 28 de xaneiro de 2010

Territorialidade, imposición e verdades incomódas

AVISO: Por problemas coa conta de correo de contacto deste blogue vinme na obriga de cambiala por outra. Na descrición do blogue xa esta cambiada. O novo enderezo electrónico é: galizaprimeiro@gmail.com. Se alguen nas dúas últimas semanas mandou algo a conta antiga recomendolle que o envíe de novo a nova conta.
Por outra banda tras fracar miserablemente na conversión dos videos mandados por Xopau, renuncio a subilos. Porén os fans de Xopau están de noraboa. Maña teremos unha colaboración súa.
ANOTACIÓN:
Primeiro de todo recomendo ler este artigo de vieiros como posta en situación do que vou falar.
Nos últimos tempos o novo non son os ataques contra a lingua e a cultura galega senón o roupaxe co que se visten a liberdade e a imposición. Sendo falsos eu atopo que moitas veces non son refutados axeitadamente. Obviamente non me creo na posesión da verdade absoluta e coma sempre o que pretendo co que segue e sumar e non restar, aportar novos argumentos.
Para comezar habería que facer fincapé nun elemento clave que poucas veces se menciona: a territorialidade. Desde a fin do Antigo Réxime e a creación dos réximes liberais primeiro e dos réximes democráticos despois a territorialidade é un elemento clave do mundo en que vivimos. Isto quere dicir que as leis non poden ser persoais senón que están vinculadas a un territorio concreto onde afectan a todo o mundo. Ergo como as leis acoutan que o territorio para o galego é Galicia a liberdade individual non existe para a elección de idioma. De aí arranca a necesidade do PP de trocar as leis e mesmo en mendar a Constitución pois do contrario o seu arrebato anti- todo o que non sexa castelán non se sostén. A liberdade non é mais ca unha mascara habilmente empregada.
Respecto a imposición, temos que partir que esta certamente existe no senso de que todos aqueles que non teñen o galego como lingua nai ven como un fastío o ter que aprender outra lingua que realmente non precisan. En Galicia pódese vivir sen saber galego mentres é imposible o contrario. Este feito é coñecido por todos e mesturado co da imposición e a liberdade empregado como ariete contra nos. Cantas veces non escoitamos en tódolos sitios e de tódalas persoas (mesmo galegofalantes) a frase: Tú entiendes perfectamente el castellano, ¿Por que molestas/insistes/no te da igual? Frase empregada para caracterizarnos como radicais e negarnos o noso dereito o galego. É aí no do dereito individual onde hai que situar a clave das nosas reivindicacións sumándolle o da liberdade. Recorrer os dereitos colectivos é algo que vai en contra nosa. A liberdade dun remata onde comeza a doutro. Polo tanto se somos iguais e a miña liberdade e dereito me garanten o uso do galego, este debe ser real en tódolos eidos. O que inclúe que a outra parte poida usar o castelán sen negarme a min o galego. O que implica que nas administracións publicas se dirixan a min oral e por escrito en galego e que no ensino os demais deban aprender galego non por imposición nin limitación da súa liberdade senón por respeto a miña. De non ser así, se cada vez que me atopo con alguén teño que empregar o castelán si ou si porque o outro amparándose na súa liberdade non aprendeu galego, onde están os meus dereitos? Onde esta a miña liberdade? Por aí é por onde debemos ir. Non podemos deixarlles o monopolio dos conceptos de dereito e liberdade. Conceptos que eles perverten.
As verdades incomodas:
- Feijóo non creou o conflito lingüístico. O conflito lingüístico existe desde o século XIV coa chegada dos primeiros nobres casteláns e os seus séquitos. Desde entón o castelán non fixo mais que avanzar e o galego recuar. A transición e a autonomía non cambiaron ese feito senón que o disfrazaron baixo a falsa aparencia do consenso das distintas leis e planos de normalización. Consenso doado de acadar porque o PP era consciente de que non se ían cumprir e ninguén se ía molestar porque non se cumpriran. Foi ese motivo e non que as leis fosen malas ou insuficientes o que fixo que o galego seguise a recuar. Na situación actual ningún decreto por bo que sexa é garantía de nada, porén non porque a normalización desde o punto de vista do ensino non sexa eficaz senón porque no momento en que podía selo non se aplicou.
-Feijóo sabe ben o que fai. A fin de contas sumou dous e dous e chegou a conclusión que era mellor exterminar o que quedaba de galego e colleitar os réditos políticos, que sentar a esperar que morrera de morte natural como fixera Fraga (Nisto inflúe que Feijóo é mortal non como o León de Vilalba que non pode morrer). Sabe que conta co apoio de todos os descendentes xenéticos ou culturais dos conquistadores orixinais que como todo conquistador non soportan que se poña en dubida o seu dereito de conquista. Ademais da gran cantidade de persoas que tras baixar do monte a cidade desde os anos 50 en diante e mudaron para o castelán coa esperanza de recibir o mana celestial, agora ben como non so non hai mana senón que tal vez todos os seus esforzos foron de balde. A carraxe e a vergoña que aniña nos seus corazóns fai que sexan os mais ultras dos ultras.
- O PSdG non é de fiar, é o elo feble da cadea. Divido entre o localismo e o xacobinismo mais radical, único resaibo de verdadeira esquerda que lle queda, o PSdG esta disposto a deixar a lingua tirada a menor ocasión. So precisa un pacto apañado de mínimos e xa esta. De feito é o que agarda. A fin de contas como forza de esquerdas e polo tanto "internacionalista" dálle igual se goberna Galicia agora ou dentro de 20 anos. Se ademais alguén lle fai o traballo suxo de liquidar o que non lle gusta mellor.
- A nosa propia dispersión xoga na nosa contra. Nun sistema político baseado na territorialidade, unha zona galegofalante de verdade, é dicir que fose consciente da lingua e do que esta significa, serviría tanto como para tentar recompoñer a situación a nivel de toda Galiza como no caso de non ser posible consolidar unha zona propia o estilo do Val de Aran ou as comarcas de Navarra onde se fala éuscara.
Ademais estamos divididos de xeito case irreconciliable entre lusistas e isolacionistas, entre nacionalistas e non nacionalistas, entre dereita e esquerda. Como non espabilemos e cheguemos a un acordo aquí non hai nada que facer.
- Aínda estamos convencidos de que imos gañar o vello estilo. Neste senso concordo cos que din que no fondo GB e o decretazo foron o mellor que nos puido pasar porque nos espertou desa idea de que todo ía ben e xa estaba gañado. E obviamente non so non estaba feito nin esta gañado. E temos que gañar dun xeito distinto.
Non imos conseguir botar para atrás o decreto e aínda que así fose este non garante nada. Temos que asumir que non imos voltar a ter unha Galiza monolingüe en galego. Temos que asumir que non nos imos quitar o cualificativo de radicais/perigosos/intransixentes na vida. E por riba de todo temos que asumir que se queremos salvar o galego mais aló dunha lingua de museo, o que eu me refiro con gañar, temos que ser capaces de artellar un mundo en galego con ou sen as institucións.
Aquí remato, animo a ler maña a colaboración de Xopau que clarifica o que eu esbozo aquí.
P.D: na ligazón unha mostra da pluralidade informativa da auspiciada pola Xunta.(Nota_CPI_Tomás_De_Lemos)
A mesma anotación en Galizauberalles

mércores, 27 de xaneiro de 2010

¿Alberto Núñez Feijóo, héroe de la patria?

Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Junta de Galicia, vencedor de las hordas coaligadas de rojos, separatistas y masones en las elecciones al parlamento de Galicia de marzo del 2009. Vencedor en definitiva de los ¡liberticidas! da muestras de debilidad que impiden considerarlo un héroe de pleno derecho. No hay evidencia más clara del clima de postración moral que vive España, un síntoma más del evidente proceso de desintegración que sufre la nación española y la democracia que un político que tanto prometía ceda a la  estrategia de la imagen instaurada por el zapaterismo.  Pese a todo  aún mantiene cierta coherencia y ha dado algunos pasos en el buen camino (1,2) . Si persistiera en esta actitud y no en la debilidad sí que sería un político digno de liderar el renacimiento moral y político que ESPAÑA necesita.





Buff, credes que despois disto podo fichar por intereconomía ou liberdade dixital?

Que panda de... quedo sen palabras.
Aqui en Galizauberalles.

martes, 26 de xaneiro de 2010

Un pouco de humor.


Aqui non hai puntualizacións como en Galizauberalles, por que o comentario de duar esta na anotación do cambio de aspecto.

luns, 25 de xaneiro de 2010

Da folga do 21


Falar da folga e da manifestación do 21 implica estar a medio camiño entre a ledicia e a tristura. O primeiro polo exito de ambalas dúas e o segundo porque, ademais de non cambiar nada, manda carallo! o que temos que facer no noso propio país pola nosa propia lingua.
Respecto as analises e novas relacionadas aqui unha selección de como se deu a noticia por aí adiante. E agora unha selección de distintas reaccións e analises:
http://atrenza.blogaliza.org/2010/01/21/feijoo-humillado/
http://xmeyre.blogaliza.org/2010/01/22/onde-demostro-que-o-pp-esa-panda-de-burranzologos-nin-sabe-sumar/
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=1026
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=1032
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=1036
Podería seguir porén remato con dúas analises que me gustaron especialmente: unha da furada do trasno, e outra de feijoomente. As dúas fan fincape en como podemos ter exito nas mobilizacións sen que nada cambie e Feijoo siga adiante e disfrutando desa aura de centrismo da que presume. Eu concordo plenamente con esas analises. Sobretodo estando nun centro no que so fumos a folga o 35% dos profesores, mais que os catro gatos mal contados que nos posicionamos de comezo, e un exito rotundo segundo un compañeiro tendo en conta a composición do claustro.  E xa que falamos do claustro hoxe tocou un para ver que alegacións se ían presentar o decreto na reunión de mañan coa Consellería. Falaron catro persoas. Un profesor contra a imposición do galego. Outro a prol de potenciar o inglés (para máis inri o encargado de normalización, caeulle o posto para completar horario). Unha profesora de galego para defender o obvio a volta o decreto anterior ou de elaborar un novo que siga as mesmas bases do anterior. E eu, que falei para apoiar a compañeira de galego e para no caso de que se empeñen en seguir con este que fagan o seguinte:
- 50% mínimo de materias en galego como lingua minorizada.
- Os pais non teñen nada que dicir sobre a lingua das materias. Iso so crea conflictos e complicacións administrativas. Corresponde a Consellería elaborar unha lista de materias en cada lingua.
- O s rapaces deben empregar de forma oral e escrita a lingua na que se imparte a materia pois do contrario non acadaran a debida competencia lingüística.
- E por último, se a Consellería persiste no do menú a carta para pais e alumnos, que os profesores tamen poidamos escoller lingua.
Como vedes vou facendo amigos ala por onde paso. En fin,isto vai para longo. De momento animo a todos.


 P.D: Teño pendentes dous videos de Xopau, que foi a manifestación, sobre o Obradoiro "cheo de peregrinos". O quid da cuestión é que consiga convertelos a un formato que sexa compatible co blogue.


Aquí en Galizauberalles




venres, 22 de xaneiro de 2010

Cambio de aspecto en galizauberalles

Comezo cunha rectificación: o final Feijoo non estivo o mercores en "El Gato al Agua", non sei se entendin mal a data ou se cambiou de idea. Onte non vin o programa co cal tampouco sei se dixeron algo sobre a folga. Respecto a folga como lamentablemente non puiden ir a Compostela pospoño a miña valoración ata a semana vindeira. Estou a agardar novas dun par de amigos que si foron ademáis de facer acopio de valoracións na prensa.
Por outro lado como nestes ultimos tempos engadin un bo feixe de novas ligazóns, redistribuín outras, creei novas categorías e engadin as sementes RSS de nosquedaportugal e feijoomente para que calquera que entre aqui vexa que se acaba de publicar neses dous blogues (mais que nada para compensar os multiples parons que sufre este blogue) decidin cambiar o aspecto do blogue. Espero que non cause problemas ( ao mellor para o dubidoso caso de que alguen imprima algo de aqui e non se vexa ben). En calquera caso se a opinion maioritaria dos lectores é que non lles gusta a nova plantilla sempre podemos voltar a anterior ou buscar outra que sexa mais lexible e nos convenza a todos. Galizauberalles2 seguira coa mesma plantilla.



ACTUALIZACIÓN :
Mentres escribía o anterior vin un comentario de duar que serve como primeira información sobre a manifestación: Grazas duar. Reproduzo o comentario:

"Xa que mo pides, aínda sendo consciente da discriminación que sofro, contarei-che a manifa. Chegeui tarde, pasadas as 12 na praza do toural enganchei a manifa, ah esquecera-me , primeiro crín que xa rematara pois na alameda,vin moito rapaz de volta, depois de cumprirem pola patria tras as rapazas, supoño, mas bastante xente tamén maior.Sigo onde ía, eu continuei e volvo ao Toural muita xente,surprendo-me, vou axiña adiantando e chego ao obradoiro, outra surpresa pola xente, poidendo pasar con dificultade, fago caso aos organizadores e vou cara o hostal. Discurso, callón no seu pael, a xente moito caso non fazia,a que estava ao meu carón ao menos. Soou o himno nacional, emocionei-me, pouco puño en alto e tamben pouco cantante, o primeior bon, o segundo mau, eche o que há. E fun-me a xantar cun amigo madrileño. Se no obradoiro caben 25.000 persoas , coma mínimo 35,000 houvo.Ao mellor máis, un sucesso sen dúvida.

Duas cousas estavan os de agir cos seu carteliños, dando a nota, e o seu, lóxicamente portada nos media de madriles e na entrevista co frijol en intereconomía, há que vè-la, incríbel. demagoxia ppeppeira a raudais. Somos uns radicais separatistas aldeanos que non queremos que nosos rapazes falen..... Inglés, para analisar sen dúvida.Os da voz cumprindo o seu traballo, fixerón a fotiño da bandeira franquista-rojigualda queimada
Cando camiñaba pola rua, moi pouca bandeiras estreladas e sindicais, iso sí aorredor do callón muitas.Non gostei, risco de aproveitamento. Parezemos aínda unha sociedade infantilizada dependendo duns marxistas e duns españolistas. mas iso vai mudar sen dúvida.Saudos"



mércores, 20 de xaneiro de 2010

Derogator: o contraataque da Ponsellería




Onte desde a Ponsellería mandaron este correo a todolos usuarios do correo da Xunta para a comunidade educativa:

" Prezado profesor/profesora:
Dirixímonos a vostede desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para transmitirlle un resumo dos puntos principais que organizan as bases do decreto de plurilingüismo, documento que lles presentamos aos partidos políticos parlamentarios, ás forzas sociais e ás institucións, co obxectivo de propiciar o máximo consenso posible no deseño do marco educativo para o ensino non universitario de Galicia.
Quero indicarlle, en primeiro lugar, que as bases que presentamos se enmarcan no respecto e aplicación da Constitución española, do Estatuto de autonomía de Galicia e da Lei de normalización lingüística, documentos legais que garanten a cooficialidade do galego e do castelán, a non discriminación por razón de lingua e a promoción activa da lingua galega.
En segundo lugar, as bases están asentadas en tres principios: a aposta por un plurilingüismo efectivo; a garantía de equilibrio entre as linguas oficiais; e a potenciación da participación das familias.
Con respecto ao plurilingüismo, a realidade social, cultural e laboral europea lévanos a redefinir os modelos de adquisición das linguas para que capaciten ao alumnado no dominio de linguas estranxeiras, e sempre sen descoidar a correcta e plena aprendizaxe das linguas oficiais. Apostamos por un ensino no que se garanta o equilibrio, en horas lectivas entre o galego e o castelán, para a medio prazo, ir introducindo algunha materia en lingua extranxeira -predominantemente o inglés-.
Convén ter moi presente que somos realistas e sabemos que a impartición dunha parte das materias e das horas semanais en lingua(s) estranxeira(s) non se pode implantar de golpe sen ter en conta a indubidable importancia do profesorado: é preciso insistir na formación e na reciclaxe do profesorado, ao tempo que aumenta a capacitación do alumnado para que se incorpore á docencia plurilingüe.
A Administración educativa vai facer o máximo esforzo para que os centros educativos e o profesorado se incorporen, de maneira progresiva, gradual e voluntaria, ao ensino plurilingüe. Mentres tanto, tal como xa está indicado nas bases, cada centro asignará as horas semanais, de maneira equilibrada, en galego e castelán.
Con respecto ao equilibrio entre as linguas oficiais, prevese tal equilibrio en todos os niveis educativos na docencia ofertada en galego e castelán. Así, asegúrase unha porcentaxe estable para as linguas nas que se van impartir as materias en todos os niveis educativos, establecida a través do correspondente equilibrio horario.
E con respecto ás familias, estas terán voz, en colaboración estreita co profesorado, respondendo a un compromiso de goberno adquirido coa cidadanía. Na primeira escolarización dos fillos/as, en Educación Infantil, indicarán a lingua predominante da aula, sempre acompañada da outra lingua oficial, e nas etapas posteriores terase en conta a súa opinión sobre a distribución lingüística das materias.
Cremos que estas son unhas bases para un decreto necesario para superar o debate suscitado arredor das linguas en Galicia. É necesario tamén para garantir a adquisición da competencia plena nas dúas linguas oficiais e o fomento activo da lingua galega. E, finalmente, precisámolo para artellar un sistema educativo que favoreza a capacitación en linguas estranxeiras do noso alumnado, consonte as demandas sociais, culturais e laborais da sociedade galega actual.
Queremos contar coa súa participación neste proceso ilusionante que principiamos agora. Desexamos poñer os alicerces dun ensino moderno e de calidade, axeitado á realidade de saberes, habilidades e coñecementos lingüísticos precisos para a formación do alumnado da Galicia do século XXI. E para lograr, en definitiva, un marco educativo que sexa garantía da mellor convivencia nas aulas e na sociedade.
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA"

Polo visto os alicerces que queren construir son o estilo fenicio que esixía un sacrificio como base para erguer calquera edificación. Eles escollen o galego como sacrificio. Eu, especialista en historia das relixións, non teño nada en contra dos fenicios, de feito estaría encantado de colaborar coa Ponsellería incluso cun sacrificio o estilo fenicio, so teñen que deixarme escoller as catro persoas que todos temos en mente como base deses alicerces.
Respecto a folga de maña, orixe desta preocupación polos alicerces, a cousa vai por sitios. No meu centro imos ir a folga catro gatos mal contados mentres noutros vai ir a maioría ou vaian ou non sacan cousas coma Posicionamento_do_IES_Pazo_da_Mercé_sobre_as_bases do decreto.

Por certo aínda que eu maña fago folga non poderei ir a Compostela. Agradecería aos amables lectores, se algún vai estar na manifestación, que me informase da mesma. Pois xa estou vendo os titulares de La Coz e prensa semellante:
" Cuatro Radicales y/o dos indepedentistas/terroristas se manifiestan contra el inglés y el castellano" 


martes, 19 de xaneiro de 2010

Juan Manuel de Prada e Feijoó

Onte no estupendo programa "El gato al agua" de Intereconomía tv tocaba falar da educación. En xeral coincido cunha parte importante das cousas que alí se dixeron do mesmo xeito que discrepo totalmente coa outra parte. Entre os contertulios atopabase Juan Manuel de Prada que no anaco que vin do programa tivo dáus intervencións brillantes. Unha para poñer a Feijoó a caldo por ter sacado o do inglés cando o que tiña que facer era dar libre elección e deixarse de pantomimas que non enganaban a ninguen. E outra para defender que as vacacións de verán sigan como estan. Que a solución os males educativos de España non pasa porque o curso remate o 31 de Xullo e que o final o que os pais o que queren é un servizo de gardería gratis o mais longo posible. A verdade é que concordo coas dúas intervencións. (Na de Feijoó por motivos distintos e cun obxectivo final totalmente oposto) Se conto todo isto é porque ademais desa urxentisima necesidade de que o curso remate o 31 de Xullo outra das cousas centrais do programa foi centrar a Feijoó. O heroe dos madriles ira a "El gato al agua" o mercores para recibir outra dose de centrismo. Supoño que para facer campaña e rendir contas de como vai enfrontar a perigosa folga subversiva do 21.
Respecto o decretazo seguin mobedonse as cousas para que todo siga igual. Difundo aqui a analise da RAG e unha  nota_de_prensa_sobre_entrevista_co_Conselleiro2__20100118_(4) sobre a chamada do Ponselleiro (eu tamen recibin a felicitación da que falaba Anna) a tragar.
E difundo tamén un modelo de alegacións o decretazo:
Enviamos anexo e a seguir modelo de alegacións contra o decretazo contra o galego para enviarmos ao enderezo alegacions.decreto.plurilinguismo@edu.xunta.es e remitir copia para faceren seguimento ao enderezo alegacions.decretazo@queremosgalego.org .

O obxectivo destas alegacións é mostrarmos directamente á Consellaría de Educación a oposición da maioría da sociedade galega a este decretazo.

Reenvíao a@s túas amigas e amigos

Entre todas e todos pararemos este decretazo.

Don/ Dona…………………………………………. con DI……………………….. e domicilio en………………………………………………………………………………………………………….
En relación coas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo presentado publicamente a noite do 30 de decembro de 2009, presenta as seguintes

ALEGACIÓNS

 O borrador de decreto presentando na noite do 30 decembro:

1)   Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.- Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2)   É unha proposta feita de costas á sociedade galega.- O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3)  Suporá enfrontamentos nos centros.- A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4)   É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.- O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar.  utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos

5)  Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.- O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6)   Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.- Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.

Por todo isto

SOLICITA

A aplicación real e efectiva do decreto 124/2009 e do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso e unanimidade polo Parlamento Galego.



Asdo:

Don/ Dona




En ……………………….a.. de xaneiro de 2010


Tamen dispoñible aquí.


luns, 18 de xaneiro de 2010

Un engadido, unha descrición e unha confirmación

Aquí (1)  un engadido a como comezou todo. Porque non esta de mais que teñamos claro de onde ven todo isto e como no seu momento nos deixamos superar por algo que críamos pasaxeiro e sen sentido.
Aquí, unha descrición da amabilidade "habichuelera".
E para rematar a confirmación de que GB=FAES.

venres, 15 de xaneiro de 2010

Do decretazo a folga do 21

Ata que punto sacar o decretazo en Nadal foi un acerto do goberno quedou demostrado para min este martes. Unha representante da CIG pasou polo meu centro para informar da folga xeral no ensino convocada o 21. A meirande parte dos meus compañeros non sabían da folga porén tampouco sabían nada do decretazo. De feito nas tipicas conversas da sala de profesores moitos consideraban que de cumprirse o dos terzos a cousa tampouco estaba tan mal. Cando eu comentei a realidade oculta tras o dos terzos, o da elección dos pais, e o dos pícaros falando e escribindo no que lles pete indepedentemente da materia miraban con cara de abraio. A miña impresión é que unha vez máis e nun centro máis quedei coma un radical e que o xoves vou ser o único que faga folga. A verdade é que precisamos apoios para que a folga do 21 non sexa un fracaso. Por iso reproduzo un destes comunicados que me chegou estes días o correo electrónico. Apela o corporativismo do profesorado mais que a defensa dunha lingua e esta claro que aliados como estes son os inimigos de mañan, porén estamos tan mal que debemos pensar no hoxe.

" Tú que eres profesor/a olvídate del gallego, del castellano, del inglés y de cualquier otro idioma. En vez de todo eso recapacita:

- Los padres pueden elegir el idioma de las materias de sus hijos.

- Los alumnos pueden contestar de forma oral y escrita en la lengua que prefieran independientemente de la lengua en la que se imparta la materia.

¿No te falla algo? ¡Sí! Y no es el sinsentido ni la posible contradicción de los dos presupuestos anteriores. Lo que falla eres tú. Aquí por lo visto todo el mundo puede opinar y elegir menos tú. Total que más da lo que tú pienses, sólo eres el que va a impartir la materia, buscar el material, corregir los exámenes etc.

Vale, dirás que somos funcionarios y que estamos sujetos a lo que diga la ley. Correcto. Pero si el presidente, el conselleiro, el secretario y un largo etc. renuncian a su capacidad normativa en beneficio de la libertad de una parte de la comunidad educativa lo de estar sujetos a la ley pierde enteros. Porque una de dos o se pregunta a todo el mundo y se concede libertad a todo el mundo o a ninguno. Es lo que tiene la igualdad ante la ley.

¿Sigues sin estar convencido? Piensa, ¿quieres aguantar al padre/madre orgulloso militante que viene a fiscalizarte por si no acatas la voluntad de la mayoría? ¿Quieres aguantar al padre/madre orgulloso militante que viene a intentar convencerte de las virtudes de la minoría no elegida? No. Ya aguantamos bastante a los padres/madres como para darles más cancha.

Por todo lo anterior, independientemente de la lengua que más ames u odies, para el 21. Únete a la huelga contra el decreto. Ya es hora de dejar de ser los últimos monos en cada decisión que toman sobre la educación. Es más movilízate que se convoque un claustro en tu centro y desde este se haga llegar un escrito a la consellería poniendo los puntos sobre las íes:

- Cupo cerrado de materias en cada lengua con la obligación para todos, nosotros y los alumnos, de cumplir con la lengua en cuestión en todos los ámbitos de la materia.

- O libertad para todos y por lo tanto que cada uno pueda dar la materia en la lengua que quiera.

Son el gobierno que gobiernen y no escurran el bulto.

HUELGA EL 21 DE ENERO.

Reenvía esto a todos los profesores que conozcas."

No meu caso reenvíar os profesores esta compricado pois xa o recibiron. Así que se alguen ten algun coñecido que llo pase. E para rematar co tema do decretazo un pouco de humor, vía seioque:


 





Tamen dispoñible aqui.

xoves, 14 de xaneiro de 2010

O decretazo

En fin tras a colaboración de Anna sobre o decretazo toca a miña opinión persoal sobre o mesmo. A verdade é que a estas alturas pouco podo engadir que non se dixera xa. Así que tentarei incidir nunha serie de cuestións que presento en forma de pregunta e as súas correspondentes respostas.
- Como pode facer o goberno galego semellante cousa? Porque pode, ten maioría absoluta e conta coa lexitimidade das urnas para facer o que considere oportuno. Por moito que nos enfademos, berremos ou insultemos os seus membros iso non vai cambiar. Do mesmo xeito que nós temos toda a lexitimidade para expresar o noso descontento.
-Que pretende? Dúas cousas obvias. En primeiro lugar asegurar a rápida extinción do galego e de todo o que este representa: a máis forte sinal de identidade dunha comunidade diferente o modelo único de España, una, grande y libre.  En segundo lugar ocupar a centralidade politica, presentandose como a opción moderada fronte a radicalidade duns e outros, manter a iniciativa, distraer de todo o demáis que esta a levar a cabo e desgastar a oposición. Neste senso de desgastar a oposición son exemplares os cantos de serea o PSdG-PSOE, se o convence de unirse o pacto rompe calquera posibilidade de alianza co BNG cara a un futuro bipartito e é de supor que lle fara perder alguns votos; se non o convence a situación é igualmente positiva pois permitelle manter o discurso de que é un recen do BNG e perdera aínda mais votos. (A miña teoría é que os votos de UPyD en Galicia de momento son fugados do PSdG-PSOE).
-Que podemos facer? Para comezar serenarnos. O decreto vai ir si ou si. Cada insulto ou improperio que lle diriximos a Feijoo, Gloria e demais e empregado como munición contra nos tanto polos mencionados como pola prensa afin (é dicir toda agas Xornal de Galicia segundo o humor do que se erga a dirección). Segundo armarnos de paciencia. Isto vai para longo e nestes momentos o perigo mais grande non é o decreto en si senon que nos mesmos nos desfondemos nestes primeiros momentos. E en terceiro lugar e mais importante: VIVIR EN GALEGO. Falar galego, dar a brasa en canto lugar e institución non se cumpran os nosos dereitos, cambiarnos de compañía de telefono, internet, mobil etc. se non ten servizos en galego... É dificil, e en moitas ocasións mais caro e menos comodo que pasar polo aro do castelán porén neste momento é a nosa mellor opción. Se coonseguisemos ser un mercado potencial de interese moitas cousas cambiarían para ben.
Para rematar engado unha escolma doutras analises sobre o decretazo.
http://atrenza.blogaliza.org/2009/12/31/lingua-galega-historia-de-liberdade/
http://xmeyre.blogaliza.org/2009/12/31/comeza-o-glotocidio-do-contradecreto-senorito/
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=951
http://www.carloscallon.com/2009/12/este-decreto-imosllo-tombar.html
http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/12/decreto-do-galego-no-ensino.html
http://www.anosaterra.org/nova/39330/galegamente-incorrecto.html
http://www.vieiros.com/nova/77755/reaccions-os-centros-teran-que-pandar-cos-conflitos-que-creara-o-decreto-feijoo
http://prolinguagalega.org/2009/12/31/unha-ameaza-a-liberdade-un-artigo-do-membro-de-prolingua-agustin-fernandez-paz/
http://atrenza.blogaliza.org/2010/01/02/satapria-contra-a-lingua-galega/
http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1311
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Buenas/noches/buenos/Reyes/elpepuespgal/20100105elpgal_11/Tes
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticia=503563
http://perfectoconde.blogspot.com/2009/12/tres-eran-tres.html
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=951
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=946
http://www.carloscallon.com/2010/01/artigo-sobre-o-decretazo-contra-o.html
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5668
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5670
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5677
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=5672
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/01/02/0003_8203023.htm?idioma=galego
http://www.xornal.com/opinions/2010/01/01/Opinion/isto-non-ten-solucion/2010010116352500865.html
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Galicia/retorica/realidad/elpepiautgal/20100108elpgal_8/Tes/

Tamén dispoñible aqui

martes, 12 de xaneiro de 2010

Tres tristes tercios

Unha colaboración de Anna Raven sobre o decretazo:
"Aproveitando que todo o mundo está de vacacións e en vacacións case ninguén ten tempo que perder online mirando os xornais apropiados ou de irse ao bar da esquina a tomarse o relixioso descanso de 30-40 ou mesmo 50 minutos (se a patronal llo permite) para tomar un café ou un té con deliciosas torradas, os nosos políticos consideran que é o momento de tratar temas de importancia, como a lei das caixas ou o "Decreto do galego".
Así que, nestes últimos días, primeiros do 2010, os que aínda cremos no pracer da prensa escrita (cada vez menos, sobre todo cando na sección internacional atopamos noticias da talla do posible namoramento do ex-presidente arxentino Menem), puidemos regalarnos a vista coas notas sobre o novo borrador do "Decreto do galego" que, segundo tanto o ilustrísimo presidente da Xunta de Galicia así como polo Ponselleiro de Cultura (aqueles que recibimos a súa felicitación do Nadal vimos como unha tipografía errónea pode acabar coa escasa reputación dun cargo político) Jesús Vázquez mellorará o ensino en Galicia e entrará en vigor durante o curso 2010-2011. Segundo este borrador, que aínda terá que ser lido pola Academia Galega e outras "autoridades" ás que, sen dúbida, non se lles prestará atención algunha, a educación en Galicia será totalmente trilingüe. Todo moi ecuánime, verdade? Trilingüe significa que un terzo das horas lectivas daranse en castelán, un terzo en galego e un terzo no idioma do futuro, o inglés.

Si pensamos nun alumno da ESO, por exemplo de 3º da ESO, veremos que a este alumno impártenselle 32 horas docentes. Claro que dous, en 3º da ESO, poden ser de francés. A ver, un terzo, máis un terzo máis un terzo dá como resultado un. En que idioma se vai a impartir o francés, en castelán, galego ou inglés? De acordo, dirán vostedes, o francés en 3º é optativo, poida que as criaturas opten, porque son libres como o vento, de ter Cultura Clásica en lugar de francés. Claro, Cultura Clásica, entendo eu, podería darse en calquera deste tres idiomas, por exemplo en inglés, non hai máis que ver o ben que pronuncian en latín e grego os anglosaxóns, iso seguro que lles axuda moito: "Hécate? Quen é Hécate? ...Ahhhhhhhhh heketyyyyyyyyyyyy! Empezásemos por aí! E esa tal Atenea dis que é a mesma que Azini?" Ademais, suponse que é un decreto para que os nenos non  se sintan desprazados e todos teñan as mesmas oportunidades de aprender disciplinas e idiomas... así que eu pregúntome, os nenos que dan francés en francés non serán máis parvos que os que dan Cultura Clásica en Castelán? Porque claramente, si están a dar Cultura Clásica en castelán, esas DÚAS HORAS DAS súas VIDAS están a repercutir sobre a súa saúde cerebral de forma que as súas conexións neuronais cambien dun modo incomprensiblemente complexo e sen volta atrás algunha, de modo que os que tiveron francés en francés... Xamais saberán falar castelán! Oh Deus Santo! Como van desenvolverse no mundo?

Claro que un podería preguntarse si estes nenos que dominarán tres linguas por igual (non o dubido, con este decreto serán uns catetos de coidado en tres idiomas) saben usar unha calculadora ou entenden a diferenza entre comercio xusto e cambio climático (non leven as mans á cabeza, isto non está demostrado como certo). Ou, xa que estamos, entre efecto invernadoiro e cambio climático. De todos os xeitos, sigamos co decreto. Asumindo que Jesús Vázquez e o seu gabinete atopen a máxica proporción para que ningún estudante do mundo mundial, ou da autonomía, que é o que nestes momentos nos concierne, se véxa discriminado por recibir clases en distintos idiomas, saltamos a unha das partes máis demenciais: o idioma no que se impartirán as materias será decidido polos pais, que cubrirán unha casa no impreso de matriculación, este idioma virá dado pola lingua nai da criatura. Aha... Polaco? Caboverdiano? Cubano? ... E máis aínda, un neno que teña o castelán como lingua nai, non ten dereito a aprender galego? e un que teña galego non pode falar castelán?
Pero sigamos coa esquizofrenia. Nas materias que non sexan "linguas" (ou sexa, nin en lingua castelá, nin en lingua galega, nin en inglés nin en francés. Ou o que é o mesmo, en mates, en bioloxía, en ciencias sociais, tecnoloxía, cultura clásica, física e química, educación física, EPV, etc) o profesor pode falar no que queira que o neno pode traballar ou responder na lingua que a el (ao estudante) Deus  lle dea a entender. Iso mellorará moitísimo (nótese a ironía) o nivel de inglés do persoal da ESO galega, cando o profesor, totalmente esmerado no seu traballo lle diga:
-Xurxiño, please do start reading the answers to your homework.

Xurxiño: Primeira pregunta: What were the main Gods in the Roman Empire? (léase como se escribe)
Xurxiño: Es que esta no la hice porque no la entendía.

Profe: Didn´t you have a dictionary at home?
Xurxiño: Qué?
Profe (más despacio): Didn´t you have a dictionary at home?
Xurxiño: No lo entiendo, ¿me lo dices en español?
Profeç: In English.
Xurxiño: I don´t understand. You tell in Spanish?"

Tamén dispoñible aquí

xoves, 7 de xaneiro de 2010

CASTELAO!

Esta é unha actualización automática, pois ainda que vou estar sen internet (e polo tanto sen posibilidade de comentar calquera novidade segundo se produza) ata a semana do 11 de xaneiro non podía deixar pasar a data do cavodano de Castelao. Hoxe cumprense 60 anos do seu pasamento e por desgraza segue tan vixente como cando morreu. Digo por desgraza porque nada me gustaría mais que esta fose unha conmemoración meramente histórica de quen puxo os alicerces para todo o conseguido. E se ben o pouco que temos é en parte grazas a el non é menos certo que todo o que non temos xa estaba dito por el, de aí o sentimento ambivalente desta conmemoración. Non por el senon polo que nos falta. En calquera caso desde aqui vai a miña lembranza mesturada coa esperanza de que algun día teña a conmoración que merece.