xoves, 26 de maio de 2011

Internet mal

Combinase o mal funcionamento do servidor do plan Abalar, que deixa sen coneexión a internet e sen telefono ó centro, cunha avería de telfonica. Como resultado, e dado que a conexión vai e ben en cuestión de segundos (isto é o terceiro intento de publicar). Permaneceremos inactivos ata o venres da semana que ben.

Esta vez o paron non é culpa miña.

martes, 24 de maio de 2011

Vai un, quedan dous!


Chegou e pasou o primeiro dos tres luns negros. Quedan dous. Neste podemos recorrer as obviedades de sempre: puido ser peor, a conxuntura ou que a cada quen lle guste máis... A verdade é que a hostia para o BNG foi gorda. En canto o PSOE todo marcha segundo o previsto. Desde o día seguinte das xerais de 2008 hai un ruxe-ruxe continuo nos medios que di que o PSOE camiña cara a súa disolución. O culpable e a solución disto é para uns que o PSOE se vendeu o separatismo e debe voltar a senda da Nación, ou sexa España, mentres que para outros é porque se volveu moi xacobino e debe ser máis federal. A verdade é que calquera o sabe. O único claro e que neste momento España é azul e camiña a ser SO AZUL.

Por outra agora que todos teiman en descubrir se influíu no resultado, ou non, Democracia Real Ya! eu reafírmome en que aínda é cedo para sabelo no senso de como afectou a esquerda. No caso da dereita esta claro que como tantas veces anteriores as acampadas déronlles o empurrón que precisaban: agora si que a esquerda esta dividida, agora si que hai que parar a revolución!

Remato cuns apuntamentos:
-         a dubida de quen é a cuarta forza, entendendo como tal unha e non voto en branco/nulo, decantouse a favor de esquerda unida. Hai que foderse!
-         A miña querida Converxencia XXI obtivo un concelleiro en Tui. Terá que demostrar se son un partido de verdade ou a enesima forza local.
-         Menos mal que esta Bildu. A única boa noticia do día.
-         Por último cando se analizan os resultados sempre se pensa na suba do PP. Poren se  se analizan mais polo miúdo vese que non sobe tanto senón que se esfondan os outros. Non teño os datos para toda Galiza poren pasáronme uns da Mariña que dan para reflexionar. Os datos aquí.



venres, 20 de maio de 2011

En vísperas do primeiro de tres luns negros

Un dos problemas que sempre presentan as eleccións autonómicas e municipais e que sempre son enfocadas como primeira ou segunda volta das xerais segundo coincida o clima político de cada momento. No caso de Galiza, que ten a capacidade de convocar eleccións autonómicas motu proprrio, a situación non cambia limitándose a trocar o concepto de volta das xerais polo das autonómicas. Isto leva a que as campañas electorais teñan sempre o foco posto en que vai ser o presidente do goberno central que no que ocorre realmente en cada lugar. Alomenos a nivel de prensa.

Estas eleccións constitúen o mellor exemplo do dito anteriormente. Os chamamentos para botar a Zapatero duns van acompañados dos de parar a dereita doutros. Curiosamente os ciclos de renovación das 13 autonomías de réxime común responden mimeticamente a estes plantexamentos tan aberrantes. Eu non entendo que terá que ver quen senta ou sentará o cu na Moncloa con que o vai sentar en Baleares por exemplo. Cousas de ser un malvado nacionalista, supoño.

Outra das cousas que implica esta campaña-volta das xerais é que as propostas máis importantes sempre son para cando se chegue a Moncloa ou que viran delas. Parece como se autonomías e concellos non pintasen nada. Bueno, na mentalidade do PP e da metade do PSOE que aspira a que Zapatero desapareza canto antes para liquidar o pouco de federalista que queda no partido así é. Os alcaldables son os únicos que as veces fan algunha proposta orixinal. Claro que as desta campaña son unha loita por ver quen di a verdade demagóxica mais grande: por exemplo esta promesa repetida por todos de que os impostos non van subir senón que baixaran, que a austeridade xa o amaña todo.

Aquí en Galiza as perspectivas non son mellores. Estamos entre dúas opcións lamentables:
  • que os bipartitos repitan e continúen nesa agonía eterna que so lle da folgos os socialista
  • que os Negreira, Porro, Conde Roa, Telmo Martín e compañía gañen e barran o pouco galego que queda nas cidades e consoliden o PP para sempre.

Por último alguén dira que debo falar dos de Democracia Real Ya. Teño pouco que dicir. Eu non vou ir de listo, como agora os xornalistas, dicindo que se vía vir. Eu non o vía. En que quedara todo e se vai influír nas eleccións? Non o sei. So espero que non se cumpra a norma histórica que se repite en España cada vez que sae unha mobilización deste tipo: a esquerda esfarelase, a dereita mobilizase aínda máis e gaña dun xeito ou doutro para anos e anos.

Para rematar déixovos co que parece o manual de campaña de PP, PSOE e algúns dos portavoces dos de Democracia Real Ya:
1. Principio de simplificación y del enemigo único. Adoptar una única idea, un único símbolo. Individualizar al adversario en un único enemigo.2. Principio del método de contagio. Reunir diversos adversarios en una sola categoría o individuo. Los adversarios han de constituirse en suma individualizada.3. Principio de la transposición. Cargar sobre el adversario los propios errores o defectos, respondiendo el ataque con el ataque. «Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que las distraigan».4. Principio de la exageración y desfiguración. Convertir cualquier anécdota, por pequeña que sea, en amenaza grave.5. Principio de la vulgarización. Toda propaganda debe ser popular, adaptando su nivel al menos inteligente de los individuos a los que va dirigida. Cuanto más grande sea la masa a convencer, más pequeño ha de ser el esfuerzo mental a realizar. La capacidad receptiva de las masas es limitada y su comprensión escasa; además, tienen gran facilidad para olvidar.6. Principio de orquestación. La propaganda debe limitarse a un número pequeño de ideas y repetirlas incansablemente, presentarlas una y otra vez desde diferentes perspectivas, pero siempre convergiendo sobre el mismo concepto. Sin fisuras ni dudas. De aquí viene también la famosa frase: «Si una mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdad».7. Principio de renovación. Hay que emitir constantemente informaciones y argumentos nuevos a un ritmo tal que, cuando el adversario responda, el público esté ya interesado en otra cosa. Las respuestas del adversario nunca han de poder contrarrestar el nivel creciente de acusaciones.8. Principio de la verosimilitud. Construir argumentos a partir de fuentes diversas, a través de los llamados globos sondas o de informaciones fragmentarias.9. Principio de la silenciación. Acallar las cuestiones sobre las que no se tienen argumentos y disimular las noticias que favorecen el adversario, también contraprogramando con la ayuda de medios de comunicación afines.10. Principio de la transfusión. Por regla general, la propaganda opera siempre a partir de un sustrato preexistente, ya sea una mitología nacional o un complejo de odios y prejuicios tradicionales. Se trata de difundir argumentos que puedan arraigar en actitudes primitivas.11. Principio de la unanimidad. Llegar a convencer a mucha gente de que piensa «como todo el mundo», creando una falsa impresión de unanimidad

Por
Joseph Goebbels (1897-1945), Ministro de Propaganda del gobierno de Adolf Hitler.




Tamén en Galizauberalles




xoves, 19 de maio de 2011

Un venres 13

O veneres da semana pasada, 13, blogger non funcionaba e non puiden publicar a entrada que segue(aquí en Galizauberalles). Vai con retraso porén por unha vez non foi cousa miña.


Comezo falando de Bildu, ou mellor dito, da estraña transformación do TC segundo o PP: onte heroe demócrata nacional por tumbar o Estatut e hoxe fato de galiñas e viláns por deixar que Bildu se presente as eleccións. Que se pode dicir que non se dixera xa: o PP esta involucionando cara o feudalismo mais pleno, ou mais atrás. A fin de contas no feudalismo aínda se recoñecía a nivel teórico, ao menos, certos dereitos os demais. O PP so recoñece o dereito de obedecer. Respecto a Bildu en si, tendo en conta que abomino da lei de partidos, estou moi contento porque de momento poida presentarse. Respecto o TC remítome o xa dito.

A campaña ten dúas ópticas diferentes se a analizamos a nivel xeral ou galego. No primeiro caso presentase como unha primeira volta das xerais e ao mesmo tempo como o momento histórico no que o PP pode varrer o PSOE na meirande parte de España. Algo necesario para combinado co seu suposto triunfo nas xerais reverter todo o seu estado natural: ¡ESPAÑA UNA, GRANDE Y LIBRE!. O quid da cuestión non é que non se sepa ou que o PP o oculte: senón que todo o mundo parece resignado a que así sexa. Algo no que a incapacidade dos demais partidos para artellar unha alternativa. Ademais claro da desfeita dos medios de comunicación non alineados no TDT Party.

En Galiza, onde a liberación Popular xa chegou, o asunto é se a liberación chega as aínda cativas cidades e deputacións rebeldes co que o futuro do país será o PRI; ou se os bipartitos resisten. E tamén, xa para os fans dos asuntos pequenos coma min, quen vai ser a cuarta forza. No 2007 foi Tega. Claro que agora os independentes e "cabreados" agrupados baixo esas siglas marcharon en masa de volta para o PP recrutados polos bos oficios de Feijoo e Louzán. De feito no partido so queda o alcalde de Narón. E se falamos de Tega e de Narón hai que lembrar a Xuan Gato e a escisión que protagonizou en Tega. Tras ser derrotado nos tribunais Gato volve con Converxencia Galega. Onde, dado que a páxina é un calco da extinta terragalega.org, estará acompañado por parte dos que os seguiron na escisión. E se falamos de escisións aí esta o Partido Galeguista Democrata, escindido do Partido Galeguista. E como non a miña favorita Converxencia XXI, que non vai ser cuarta forza porque so se presenta en Santiago, Coruña, Vigo e Tui.
Ata aquí falo dos que se definen como "galeguistas". Porque esta claro que quen ten máis posibilidades de ser cuarta forza é un misterio. Nas autonómicas foi UpyD. Agora presentase en: Santiago, Ferrol, Ourense, Nigrán. Lugo, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Baiona.

Remato porque ultimamente os MEU volven estar de moda. Na Tempos Novos de marzo ven un eloxio dos mesmos. Eu que os sufrín de cerca non comparto ningún deses eloxios. De feito o mellor que podo dicir deles e que deron o paso de irse dos CAF, porque estaban controlados pola malvada U. A pena é que despois todos eses quedan no BNG. Respecto os novos MEU e a outra escisión recente da que non lembro o nome concordo plenamente co comunicado que sacou AGIR no seu día analizando esas espantadas que saen pola porta para entrar pola venta: marchade dunha vez! Ou deixade de molestar.




Na imaxe inferior dous afoutos galegofalantes enfrontan as hordas galiciabilingüistas.

mércores, 4 de maio de 2011

Nostalxia de Mayor Oreja

Onte entrevistaron en "La noche en 24 horas" a Rosa Díez. A súa intervención centrouse na nación, a necesidade dun goberno forte que goberne, o sentido común, o feito de ser o único partido nacional dada a cesión sen tregua que PSOE e PP fan os separatistas e demais cousas dese estilo. O que me chamou a tención e que para entrevistador e contertulios todo estaba ben. Cando Mayor Oreja, ou Aznar, din o mesmo sempre hai alguen que salta en defensa das autonomías e a pluralidade. Porén UPyD non alarma a ninguen. O dito, nostalxia de Oreja que polo menos identificano como o que é, mentres Díez segue contando con inmunidade.

Por outra banda, a fin semana Converxencia XXI presentou os seus candidatos.