martes, 27 de outubro de 2009

Pornografía!

Parece que coa nova lei audiovisual non se podera emitir pornografía en aberto. O cal traera consigo o peche de Foro Aberto. Onte vin a entrevista que Carlos Luis Rodriguez lle fixo o conselleiro de Cultura. Se a entrevista a Carlos Callón so pode ser definida como linchamento. A entrevista o conselleiro de cultura so pode ser calificada como pornografica, entrando directamente no campo das parafilias e mais concretamente no do bico negro ou anilingus. Como este blogue pretende respectar a lei e non ofender sensibilidades delicadas non pora o video ainda que o atope por internet. Quen vira a entrevista xa sabe como foi e quen non a vira so ten que seguir as ligazóns para facerse unha idea, moi cativa, do nivel de peloteo o que chegou.

luns, 26 de outubro de 2009

Cambio de hora

Meus avos, en paz descansen, odiaban o cambio de hora. Acostumados a vivir toda a vida polo sol non entendedían a que viña.

Meus pais odian o cambio de hora, nunca entenderon o suposto aforro do mesmo. Dificil entendelo cando implicaba muxir varios días coa luz encendida a maña e a noite e aturar que durante quince días as vacas desen menos leite e estivesen alteradas = sementaban patadas que Dios te crio, que dicía miña nai. Agora que estan retirados e non teñen que muxir seguen a odiar o cambio de hora.

Eu, desertor do arado, odio o cambio de hora. Sobretodo o de inverno-veran que me fai estar descolocado unha semana (este non me altera no mais minimo).

A que ven todo isto?. Unha vez mais cambiamos de hora en beneficio de... nada. Porque deixando a un lado a polemica sobre se son reais ou non os beneficios económicos do devandito cambio, o que esta claro é que se estes existen non se aplican a Galiza. O noso fuso horario é o de Portugal ou Canarias: a frase "Una hora menos en Galicia y Canarias" non a oiremos nunca. Vale que o mellor o recoñecemento do noso fuso horario o mellor traía mais contratempos economicos, porén eso non obvia para que unha vez mais estar nese conxunto chamado España reserve para nos as molestias e as perdas e para eles os beneficios. Levamos 500 anos sacrificandonos por España. Xa podía esta sacrificarse por nos algunha vez. Dubidoo moito. O "Señor das habichuelas" xa anda por ai pedindo o seguinte sacrificio.

xoves, 22 de outubro de 2009

Humor negro (so apto para xente curtida)

Os salvadores de España descubren a volta da conspiración xudeo-masonica:

http://www.youtube.com/watch?v=NZZRmvlKHAo

A martir da liberdade avisa do perigo de recorte de dereitos:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/galicia-bilingue-considera-manifestaciones-queremos-galego-buscan-reducir-libertades/idEdicion-2009-10-18/idNoticia-478432/

O democrata de longa tradición reacciona contra os desmáns de Queremos Galego:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/10/21/0003_8050818.htm

E por suposto o grande exito: Un paxaro, un avión, Goebbles ? Non, Carlos Luís Rodríguez:

http://www.dailymotion.com/pageitem/video/player?request=%2Fvideo%2Fxav9r7_carlos-callon-entrevistado-por-carl_news&ajax_rnd=4ae02034c8466&method=loadPlayer&method:args[]=0

P.D: Quen queira ter unha recopilación da reacción dos distintos medios que pase polo excelente blogue "Ferradura en transito" , aqui a ligazón correspondente:

http://xmeyre.blogaliza.org/2009/10/19/despois-da-manifestacion-do-18-de-outubro/

martes, 20 de outubro de 2009

Foro Aberto e outra reflexións sobre o 18

Onte vin Foro Aberto, o novo programa de discusión da TVG, para ver se dicían algo da manifestación, e a verdade non me decepcionou. Poderanse dicir moitas cousas da TVG porén non se pode dicir que non sepan facer o seu traballo. E onte fixerono a perfección desde a selección e presentación de imaxes e informacións ata os convidados coas súas intervencións e ese moderador tan pouco moderado todo contribiu a transmitir as seguintes mensaxes:

- Alberto, "Señor de las Habihuelas", Feijoo: é un moderado que defende galego e castelán por igual

- Quen rachou o consenso lingüístico foi o bipartito cun decreto que pretendía a inmersión en galego

-É necesario recuperar o consenso e a paz da época de Fraga

- O pobo galego xa deciciu o 1 de Marzo que estaba en contra do decreto e todas as manifestacións están deslixitimadas porque tentan cambiar a vontade das urnas. Ademais son politicas e non pola lingua.

- Defensa do galego = radicalismo = nacionalismo = non aceptar a vontade das urnas.

- A pobre TVG é un medio galego e os radicais dos manifestantes atacarona con violencia (non dixeron mais nada, so ataque e violencia co cal o comun pode imaxinar que lle prenderon lume ou algo así. Pena que non fose así)

Hai que ter en conta que na transmisión destas ideas traballou a reo o moderador e contou coa involuntaria axuda de Carlos Callón. Este foi entrevistado e non estivo moi fino: nervioso, demasiado impetuoso nas súas respostas, e demasiado político no senso de que respostaba coma un político (sen concretar, fuxindo do que o incomodaba). Carlos non foi capaz de presentar unha argumentación próxima a xente e a súa fuxida das preguntas trampa transmitíu a dobre sensación de ocultar algo e non ser capaz de defenderse das criticas. Lamentable, eu esperaba que a estas alturas Carlos e calquera defensor do galego tivera un discurso coherente artellado para estes casos, mais tendo en conta que a mesa enviou a alguen a un dos programas de debate-linchamento de popular tv, e xa sabían que podían esperar.

Aquí algunha das preguntas trampa de Foro Aberto (non literais que non teño tan boa memoria nen grabei o programa aínda que si recollen o espiritu) e a resposta que eu considero acertada. (Non me creo na posesión da verdade así que acepto aportacións a ver se sacamos un documento de autodefensa entre todos)

A manifestación é contra o goberno?

Non, contra a súa politica lingüística que baseandose nunha inesistente discriminación do castelán pretende abolir as medidas promotoras do galego. Lingua que si esta discriminada e en perigo.

O goberno conta coa lexitimidade das urnas e no seu programa ía a derogación do decreto. Por que se manifestan?

O goberno é lexitimo igual que o é o noso dereito a manifestarnos e esixir que se manteña un decreto que a fin de contas esixe o 50% das materias en galego e que respeta o consenso existente ata que o PP o rachou.

O decreto establecía a lo menos o 50% das materias en galego, ese polo menos asusta a xente que ve a inmersión lingüística tras el. Por outra banda o consenso rompeuno o bipartito co seu decreto que non tivo en conta a opinión do PP. Que me pode dicir disto? Que pensa da inmersión lingüística?

En primeiro lugar hai que ter en conta que non existe diferenza entre o decreto de 1995 de Fraga e o de 2007 do bipartito en canto a contidos agas ese alo menos. O decreto do 2007 xurde porque o anterior non se cumpría. E vendo as dificultades para acadar o 50% en calquera dos decretos o temor é infundado. Sobretodo porque sobrepasar ese 50% sería unha decisión dos centros, decisión na que tamén estarían implicados os pais así que ningén tería inmersión, no improbable caso de que algun centro decidira , se non o quixera. Respecto o PP, este aprobou todas as medidas anteriores o decreto do 2007 e estaba nas negociacións deste e dacordo con este ata que se desmarcou a ultima hora por intereses electorais , ante as presións e intrucións chegadas desde Madrid e o xurdimento de GB ( o que vai despois da coma é opcional segundo o interlocutor que teñamos diante)

Respecto a inmersión (Carlos non dixo nada, que é peor que dicir a verdade porque a peor pouco nos queda). Estou a favor da inmersión lingüística en galego porque sería a única forma de que realmente se consiguese o dominio pleno da lingua galega. A inmersión non implica a desaparición do castelán do sistema educativo. Tampouco o pon en perigo dada a súa abrumadora presenza en todos os eidos: internet, libros, radio, televisión, música, e por suposto a fala da xente. A inmersión non implica que a xente non poida falar castelán.

A mesa critica o PP, e criticou o PSOE, nunca o BNG. É a mesa unha estensión do Bloque?

En primeiro lugar a manifestación do 18 convocouna a plataforma Queremos Galego. A mesa forma parte dela mais non é única organización integrada na plataforma (Carlos non o dixo e non estaba de mais dicilo). A Mesa ten como unica preocupación a Lingua e ten afiliados de todas as ideoloxías (esta foi a resposta de Carlos). A Mesa criticou a quen non defende ou ataca a Lingua, cando o BNG ataque a lingua criticaremolo como os mais. De momento non se produciu o caso asi que non o criticamos.

E vostede nacionalista?

(Carlos tentou non responder e acabou facendoo, hai que responder o que se sexa e non dar pe a que somos uns covardes ou uns que pretenden enganar a xente)

Si (no caso de Carlos e do meu). Mais a iso non é relevante. A defensa e o amor a lingua abrangue a persoas non nacionalistas. Por certo vostede é votante do PP? Tampouco é relevante e é tan capcioso como a pregunta que me acaba de facer. (Esto serve para calquera entrevistador)

Vostedes rexeitan a enquisa, como poden estar en contra do que din os pais?

Estamos en contra da enquisa en primeiro lugar porque contiña preguntas trampa: responder todo en galego implicaba manter o 50% co que se solapaba con outras opcións da enquisa, mentres todo en castelán implicaba realmente todo en castelán.

Por outra banda e respecto os pais podo darlle dúas respostas a demagoxica e a razonable:

- a demagoxica: os pais que non queiran que os seus fillos estuden unha determinada materia poden quitala do curriculo a partires de agora. Que fagan unha enquisa por materia.

- a lóxica. Vivimos nunha democracia na que todos somos iguais en dereitos. A democracia non é a vontade da maioría senon a igualdade ante a lei, a igualdade de dereitos e que a maioría conforma gobernos porén respetando sempre os dereitos da minoría. Dise que non impoña o galego que xa teño dereito a falalo. Eu non o impoño simplemente quero que se garanta o meu dereito. Como non vou falar coa parede senon con persoas estas deben coñecer o galego para que se queren falar castelán que o falen porén eu non teña que dirixirme a eles en castelán porque o galego vano entender igual. E para iso todos os que non o aprenden na casa deben aprendelo na escola. E como demostra o profundo coñecemento do inglés neste país unha materia soa de lingua non chega.

Perigo de morte, galegofobia, radicalismo. Non están sendo demasiado duros e sendo vostedes os radicais?

Tendo en conta que nunca insultamos os castelán falantes nen pretendemos que desaparezan, que o decreto establecía un 50% de materias en galego, que se pretenden revisar as leis de protección do galego cara a súa conversión en algo opcional, e que continuamente se denigra a nosa lingua dicindo que non serve para nada ou se espalla a mentira do perigo de extinción do castelán ou de que imos perseguindo os seus falantes mentres o uso do galego diminiu día a día, e segue vedado en moitos ambitos, creo que non temos nada de radicais. Mais ben quedamos curtos.

Fala castelán na intimidade?

(Única resposta de Carlos que me gustou) Eu falo castelán sen ningun problema con quen non sabe galego e non ten porque sabelo como un amigo de Madrid. Estar a favor do galego non é estar contra o castelán. Os galegofalantes si sabemos castelán pese o que digan algúns ultimamente.

Aqui remato. Carlos se les isto non o tomes como algo persoal, todos podemos trabucarnos. E recoñezo a túa valía, moito mais cando eu non me atrebo a asinar co meu nome estas cousas.

Respecto o 18.

Un amigo que non foi o 17 de Maio e si esta vez estaba abraiado coa cantidade de xente que viu, para el o 18 é un exito. Outro que si foi o 17 cre que foi menos xente.

Para min houbo tanta como o 17 e con sorte mais. A diferenza é que a xente segun entraba na zona vella dispersabase e non toda remataba na Quintana, mesmo xente que remataba na Quintana seguía camiño e non paraba. Pesou o sol e coñecer que non se ía coller.

O 17 estiven na terceira enchenta, esta vez na primeira. O que me quedou claro foi que polo menos non fixemos o ridiculo e que o modelo de manifestación esgotouse. Non se pode apiñar a xente nun espazo reducido. Xente que sabe o que vai e a que lle fan aguantar intervención moi boas porén demasiado longas. (A min o sol de xustiza desta vez custoume aguantalo mais que a chuvia do 17) É preciso artellar outras cousas. Sobretodo porque esto é unha carreira de fondo da que so se colleitara algun exito (con sorte) no 2013 se cae Feijoo. Por iso digo que o modelo de manifestación esgotouse. Se na 2ª xa flaqueou a cousa non insistamos en deslombarnos nos mesmos

[Nota: nun programa de debate serio o moderador non deber ser un simple espectador, debe intervir para desmontar cliches e facer que os invitados se expliquen. Nese senso Foro Aberto mellora a Hai Debate, claro que so na idea porque o moderador non debe tomar parte nen acosar/linchar/manipular cousa que o de Foro Aberto fai a perfección en defensa dos intereses do seu amo)

venres, 16 de outubro de 2009

Relentalización

Motivos laborais van facer que nas vindeiras semanas (dúas ou tres) me pase menos por aquí ergo: menos actualizacións e menos comentarios (meus e autorizacións dos que o filtro antispam siga confundindo con lixo). Porén animo a todos a seguir pasando por aqui. Sobretodo porque que eu non teña tempo para debater non quita que os demáis se o teñan. Do mesmo xeito que eu non teña tempo para porme a pensar e redactar anotacións non implica que non poida adicarlle un minuto a publicar as colaboración recibidas.

Un saúdo a todos.

O 18 pese a todo

O 18:

-Pode que chova

- Pode que penses, coma min, que é demasiado cedo para outra manifestación.

-Pode que che pese o desanimo e pensen en non ir facer o parvo porque desta non vai ir ninguen.

- Pode que sexas de dereitas

-Pode que sexas de esquerdas

-Pode que non sexas nacionalista

-Pode que odies a normativa oficial

-Pode que odies os que non aceptan a normativa oficial

-Pode que non fales galego

-Pode que (pon aquí o teu pode)

Da igual, o 18 todos debemos ir a Compostela, polo galego e pola liberdade. Porque hoxe é o galego e maña pode ser calquera outra cousa. A todos os comprometidos coa lingua esperovos en Compostela o 18 para berrar alto e claro que non imos calar mentres mexan por nos. A todos os comprometidos coa liberdade ainda que o galego non vos importe (coa de verdade a que implica dereitos e deberes para todos, non privilexios a carta para uns poucos) tamen vos espero en Compostela porque xa sabemos como vai isto: se non os paras a tempo, os recortes seguiran.

TODOS ESQUECEDE OS PODE E IDE A COMPOSTELA A DEFENDER O GALEGO E CON EL A LIBERDADE.

mércores, 14 de outubro de 2009

A necesidade de reconstruir a identidade

Completo aquí a anotación o rural e a identidade. Coloco de novo a ligazón sobre a interesante reportaxe da Nosa Terra que motiva esta anotación:

http://www.anosaterra.org/nova/35588/as-aldeas-pantasma-.html

e completoa cun escaneado daquela parte da reportaxe que non aparece na ligazón:

escanear0001Ler a lenta traxedia (clickar para que se abra noutra fiestra e vela máis grande) transmitenos toda a dor que sente o autor polo perigo de desaparición da súa aldea. Podo entender a súa dor, de feito compartoa aumentada. A miña aldea tamén esta a desaparecer, en realidade a mudar. Alí onde antes había leiras agora hai "chalets" de madrileños que se comportan como se estiveran en terra conquistada. Mentres os autóctonos morren ou marchan. Co cal creo que eu estou peor.

Agora ben xa esta ben de buscar a identidade galega na terra. A cultura rural galega era riquisima como todas. E igual ca todas desaparece polas transformacións sociais e económicas. É unha magoa, provoca tristura e é inevitable. Ou alguen cre que os labregos de Alemaña occidental viven hoxe igual ca no século XIX? Non. Aquí, como case todo, o proceso chegou máis tarde. Deixomonos de parvadas sentimentaloides e de caer en definicións organico-historicistas de Galiza (porque estás o final acaban en palabras dun bo amigo en liortas de "quien la tiene más grande, y en eso vais jodidos con el españolismo", e definamonos dunha vez dun xeito liberal-revolucionario: a vontade e dereito a decidir crean nación, crean Galiza. Por outra banda se a terra é a condición indespensable de Galiza, non hai problema ningun, sempre poderemos encher unha maceta e adorala.

PSC, UPN e agora o PP de Euskadi

Dicía nunha anotación anterior como Ramon Piñeiro fracasara no seu intento de que os partidos de eido estatal en Galiza fosen verdadeiramente galeguistas. Naquel momento puña como exemplos a seguir o PSC e UPN, sinalando as multiples diferenzas co PSdG-PSOE e o PP de Gallicia (pobre de min como me atrevera a usar o nome do país falando deles). Porén os exemplos de compromiso coa terra nai sin caer no separatismo (palabra tan grata a Fraga e o "Señor de las Habichuelas" multiplicanse:

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/13/espana/pp-no-votara-favor-blindaje-concierto-vasco/2009101317025374555.html

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/13/espana/luz-verde-tramitar-blindaje-concierto-vasco-voto-dividido-pp/2009101320542523846.html

Os deputados do PP por Euskadi no Congreso dos deputados negaronse a votar en contra do concerto vasco. Aquí algo semellante sería impensable. Lembremos que Galicia para o PP so existe para sacrificarse por España. Estamos moi mal cando ata os cerriles entre os cerriles poden darnos leccións de compromiso coa terra.

venres, 9 de outubro de 2009

Non faltan partidos...

Ultimamente tras a deblace do 1 de marzo tense falado moito da paralise do BNG, de se esta caduco ou secuestrado pola UPG, da necesidade dun partido nacionalista de centro-dereita, de que o BNG volva as orixes e sexa mais de esquerdas, de que o BNG se converta nun partido, de... e asi poderíamos seguir ata o infinito. Cada opinión, acompañada de mais ou menos improperios (dirixidos o BNG, a UPG ou a quen mais lle pete a cada un) centranse demasiado nos partidos. Desde a miña humilde opinión o problema non esta nos partidos en si mesmos porque si. O problema é mais profundo. Para poñernos en situación comezarei pola analise das cifras electorais (definitivas, incluido o pucheirazo CERA). Os datos son os seguintes:

* Censo de electores 2.648.276
* Participación 1.706.198
* Abstención 942.078
* Votos nulos 15.223
* Votos válidos 1.690.975
* Votos en branco 28.071
* Votos a candidaturas 1.662.904
Partido Popular 789.427
PSdeG-PSOE 524.488
Bloque Nacionalista Galego 270.712
Unión, Progreso y Democracia 23.796
Terra Galega 18.726
Esquerda Unida-Izquierda Unida 16.441
Os Verdes-Grupo Verde 5.911
Por un Mundo más Justo 3.507
Frente Popular Galega 2.903
Nós-Unidade Popular 1.510
Partido Humanista 1.227
Democracia Ourensana 1.066
+Galicia 923
Falange Española de las JONS (FE de las JONS) 675
Solidaridad y Autogestión Internacionalista 420
Galicia Unida 369
Unión Centrista Liberal 311
Partido Social y Democrático de Derecho 262
Asamblea de Votación Electrónica 230

Os datos completos poden consultarse en:

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaXuntaElectoral/2009.pdf

Para analizar os mesmos hai que ter en conta que TEGA presentouse dividida as eleccións por mor da liorta entre Xoán Gato e Pablo Padín. O sector de Xoán Gato, maioritario, foi o que puido presentarse as eleccións coas siglas de TEGA; mentres o de Pablo Padín, minoritario, foi en coalición co PG como +Galicia. As dúas, ou tres forzas dada a división de TEGA, representarían o nacionalismo de centro ou de dereitas. (O termo nacionalismo aplicado a estes partidos é moi xeneroso porén imos deixalo aí)

1. Suma de todos os partidos nacionalistas: BNG+TEGA+FPG+NÓS-UNIDADE POPULAR+ (TEGA+PG= +GALICIA)= 294.774

2. Suma do nacionalismo independentista: FPG + NÓS-UNIDADE POPULAR =4.413

3. Suma do nacionalismo de dereitas: TEGA + (TEGA+PG= +GALICIA)= 19.649

Ademáis do nacionalismo non podo deixar de sinalar a existencia de dous partidos locais (o local, sempre o local como lacra de Galiza): Democracia ourensana e Galicia unida cuxa suma da: DEMOCRACIA OURENSANA+GALICIA UNIDA= 1435

(Recomendo mirar o programa de Galicia Unida

especial atención os puntos XIV; XV e XVI para enmarcar)

Ben ,unha vez visto todo o anterior, queda claro que a problematica non é a falla de partidos nacionalistas. Mesmo para todos aqueles que renegan do BNG por terse vendido o "españolismo e o capital" a opción lóxica serían a FPG ou Nós-Unidade Popular. Partidos que obviamente non ían acadar a maioría absoluta co que os non independentistas poderían votarlles sen medo de xerar unha proclamación de independencia o día 2 de marzo. A situación é ainda mais clara para todos os que din que non votan nacionalista ( con esas fantasticas enquisas CIS coas que todo o mundo ataca o BNG ,pois mostran que o naciolismo chega o 28% da poboación, e alguns deles, pobriños, nos lle queda mais remedio que votar PP) por ser o BNG de esquerdas. TEGA e +Galicia cubrían amplamente esas espectativas.

Por outra banda tendo en conta que cun PP botado o monte mais cerril non se produciu a eternamente presaxiada escisión dos galeguistas do PP (nacionalistas incluso segundo as enquisas CIS ou algun exabrupto de Gloria Lago), queda claro que o problema non son os partidos senon o nacionalismo en si mesmo.

Polo que sexa este perdeu capacidade de convocatoria. Unha capacidade que ademais se ve mermada pola continua loita entre siglas e faccións o mais puro estilo "A vida de Brian" Loitas que se aportaran algo, porque non defendo a obediencia cega e a falta de critica, servirían para algo, por desgraza non é asi. O problema radica en que na meirande parte do nacionalismo, como moi ben dixo Xopau na súa xenial anotación, o nacionalismo é algo accesorio fronte a outras cousas. Se se poñen nunha balanza o nacionalismo perde fronte á outra parte. Asi podense ler na rede, ou escoitar na rúa (eu ademais de escoitar na rúa "tiven o pracer" de que mo dixeran a cara) voces que o mesmo tempo que se laian da politica do "Señor das habichuelas" preguntandose como pode facer tal cousa, sintense orgullosos de non ter votado o 1 de marzo porque co "bipartito non podíamos seguir".

En definitiva unha parte importante do nacionalismo preferiu salvar a súa pureza ideolóxica, de conciencia se se quere, a apoiar un proxecto que con todas as súas eivas era moito mellor co anterior; unha parte do nacionalismo preferiu salvar a súa pureza ideolóxica, de conciencia se se quere, a pararlle os pes a quen viña disposto a barrer todo o non español, (cousa que ía no seu programa e esta a cumplir de xeito impecable).

De todo o anterior ven a miña discrepancia coas criticas o BNG e a urxencia que alguns teñen de fundar partidos novos. O BNG é un partido, fronte ou como se lle queira chamar enfermo. Fracasou no que para min debía ter sido a súa labor principal: ser un BLOQUE NACIONAL, que verdadeiramente aglutinase a todo o espectro nacionalista, preferindo ser ante todo un partido de esquerda. Non é capaz de dar un paso para ser un partido en vez dunha gaiola onde os puñais brilan pola noite. Porén, e aqui falo coa ventaxe de non ser militante senon votante, de momento é o instrumento mais util co que contamos. Calquera partido novo tardara anos en ser unha alternativa viable, porque se precisan anos, apoio mediatico e moitos cartos (estas últimas dúas cousas non sobran no nacionalismo galego) para consolidar un partido. Visto o visto, sen rexeitar nen denigrar a quen decida fundar un novo partido, o mellor é seguir co BNG. A xente en vez de fuxir del debería entrar nel a ver se cambia dunha vez. O mesmo tempo que todos os partidos existentes alén do BNG deberían comezar a falar entre eles e co BNG, o cal tamen debe aplicarse o conto do dialogo, cara a crear unha fronte realmente ampla. Que non se repita que FPG e Nós-Unidada Popular non puideron coaligarse por diferenzas menores como a normativa (neste caso o peso da culpa cae na FPG) . Esto polo que toca os partidos. Respecto os nacionalistas, buff, mentres unha parte deles viva nun mundo de fantasía e ilusión no que non importa canto tempo pase porque a fin a verdade e a xustiza sempre triunfan, en vez de darse conta de:

-vivimos no estado español coas condicións que esto implica

-vivimos en Galiza, cuxas dinámicas son diferentes e debemos aproveitalas para o cambio (onde eu vivo asistin con satisfacción a "ruralización e caciquización" que din alguns do BNG. De non ser capaces de facer nada, fixeron cousas e subiron votos nas autonómicas)

-e que o ter unha nación/país/estado (escollase o termo que se queira) por facer en moitas ocasións vai haber que dar un paso atrás para avanzar dous

Calquera recuperación do nacionalismo será imposible. Mentres iso non ocorre, e por seguir coas analoxías cinematograficas, o que mellor definira os nacionalistas sera trocar a frase de "Nove Raiñas" : "En este país no faltan putos, faltan financistas" por "Neste país non faltan partidos nacionalistas, faltan nacionalistas"

Algunhas claves para o futuro do nacionalismo ???

Colaboración de Xopau

"Despois de case 20 anos de definirme como nacionalista galego hai cousa de dous ou tres deume por plantexarme a/as gran/des pregunta/s: como entrei nisto, cando e para que? Estas preguntas só as fai unha mente forxada no marco ideolóxico do cristianismo ao que, evidentemente, non renuncio. Son, claro está, preguntas finais e, como tal, teñen difícil contestación. Moitas persoas negarán mesmo a necesidade de facelas pois a ideoloxía debe ser dialectica e respostar a cousas máis concretas e atrapadas nun tempo determinado.

Todo este cuestionamento acrecentouse e medrou en tempos do bipartito e sobretodo coa posterior derrota e traduciuse noutra cuestión tanto ou máis difícil que se podería expresar como segue:a conciencia crítica permanente que comparto con moita xente do meu ámbito ideolóxico pode realmente ser traducida a algo coerente e positivo. Ou dito doutro xeito: é posible articular un discurso alternativo ao do BNG, sexa este alternativa ou simplemente transformación?

Esta colaboración é unha reflexión que se move entre o puramente ideolóxico e cousas máis ou menos concretas. Non é algo axiomático e pechado senón que busca ser contestado, modificado,… e de aí o titulo interrogativo.

A primeira necesidade que parece ter o nacionalismo é a de teorizar. As teses levan anos estancadas con xente que anda regalando libros dos anos 70 aos seus amigos polo aniversario (de Lôpez Suevos, O Atraso económico…) e os que defenden unha burocratización permanente e unha resposta nacionalista que non soborde nunca o cotidiano. O movemento que nos últimos anos se operou nos partidos estatais creando as súas respectivas fundacións e fábricas de ideas debería chegar como xustificante da necesidade de crear algo parecido.

Se se analizan as causas da desteorización do nacionalismo un encontra algo que, senón é, parécese moito a MEDO. É normal nun partido que aglutinou xente tremendamente dispar, que non se queira preguntar á militancia por un proxecto común a longo prazo. Xa chega coas loitas intestinas entre a UPG e o resto (que dito sexa de paso eu vexo como teóricas e non como a loita entre corruptos e decentes que é o que pretenden estes últimos). Por outra banda defendo que, se a militancia se fai as preguntas coas que comecei este artigo, o 80% descubriría que non é nacionalista. Alguén se pode preguntar quen son eu para dicir que é nacionalimo e quen é nacionalista. Ás veces as cousas definense mellor pola vía da sinxeleza: xente de procedencia ideolóxica diversa que antepoñan a todo iso a idea de Galiza. Así o definían os do Partido Galeguista e a min segue chegándome. O 80% ten unha prioridade clarísima e irrenunciable que non é Galiza: proletariado, muller, ecoloxismo,… Obviamente o nacionalismo ten que beber destas ideoloxías pero nunca deberían ser as rectoras da loita política. Con certa dureza e sendo unha das miñas teimas persoais: o nacionalismo debe buscar os votos desta xente pero nunca a militancia activa ( foron en parte os que colaboraron a afundir o bipartito). Máis duro aínda: a esquerda universalista-españolista non pode seguir usando os mecanismos credos polo nacionalismo para militar nas súas ideoloxías sen ningún tipo de pensamento de país nen compromiso con el.

Na liña do que estamos a expoñer compre explicar á militancia que a revolución non vai chegar e que o nacionalismo galego concretado nas siglas dun partido aspira a gobernar coas miserias que isto supoña. En relación a isto o BNG non pode seguir sendo unha vangarda permanente da esquerda en loita diaria consigo mesmo. Da miña estadía en Compostela saín coa idea de que D. Manuel Fraga era un santo comparado coa xente coa que tiñamos que lidar diariamente nos círculos nacionalistas. En consonancia con isto, e sendo ou non verdade, sería necesario potenciar entre a militancia a idea de que se un movemento non se consolida despois de 100 anos de existencia a culpa é en exclusiva del. Vivir co balón permanentemente en teito alleo non axuda a mellorar. Por outro lado a oposición pode e debe criticar o que fai o goberno pero non crelo individualmente. O 90% dos nacionalistas cren que o PP fai TODO mal e isto danos un ton de iluminados que está en relación directa cos nosos fracasos electorais.

A teoría fixa ideas e encadea, algo que pode non ser moi positivo. Teño en mente o tema das piscifactorías, esas que desde Castelao no Sempre en Galiza o nacionalismo se encargou de ir metendo á xente polos ollos. Meteullas polos ollos cando pescaba todo o mundo e sácallas dos ollos cando a pesca tradicional está en crise e iso por que xa estamos noutro lado: no ecoloxismo Post-Seattle. Hai que apeitar con certas ideas que se defenderon e moito máis se a palabra TRABALLO anda polo medio. Temos todo o dereito do mundo a equivocarnos e a facer algo mal sen que isto sexa a encarnación do MAL, que son cousas diferentes.A militancia do PP e o PSOE MILITA moito mellor que a nosa.

O punto anterior garda unha certa relación co tema do nacionalismo snob compostelano. Cómpre caer na realidade, sair de Compostela, vivir nos sitios e coñecelos. Vamos a Santiago os nacionalistas de aldea cando estamos depres coma os cataláns van a Andorra pero a realidade non é esa. Temos unha brecha que pechar entre o nacionalismo compostelán e o de Vigo e o resto que estamos no rural. Se o nacionalismo dera para atrais unha piscifactoría no meu concello de tres mil habitantes eu botaría meses sen atreverme a saír da casa. Somos moi poucos, a xente sabe quen somos e é tremendamente inquisitiva. A xente normal é inquisitiva na medida en que é analfabeta. O tema pode explicarse pero necesitaria un mes cun auditorio atento. Por outra banda isto afecta a toda a ideoloxía nacionalista: ao non ser un sentimento vivo na xente necesitas unha persoa de certa cultura para explicarlle quen somos e que queremos. En fin xa sabemos cal é a base electoral do BNG…

O esforzo teórico debe ter como principal finalidade ser capaz de fixar uns obxectivos a medio e longo prazo. Para isto hai que intuir, predicir ou como se lle queira chamar o futuro…cousa verdadeiramente difícil. No caso de non atinar moitas veces é mellor conservar o discurso que cambialo a última hora. Unha sociedade de vellos coma a nosa nega e critica os cambios…non hai peor que un virachaquetas…Neste sentido a postura do nacionalismo en temas coma o das piscifactorias, o das infrastruturas ou o das clases sociais é esquizoide. Metade (ou máis) da militancia segue con plantexamentos marxistas que imposibilitan calquer achegamento real e eficaz ao mundo das pemes, pasamos de criticar as autovías a pedirlle a Madrid que cumpra os prazos, o noso modelo produtivo para Galiza está sen definir e calquer problema remata coa manida frase de “máis axudas das administracións”.

Este movemento teórico que vimos de perfilar debe estar completado por un movemento inverso de achega ás políticas municipais. O PP goberna Galiza porque manda nos concellos e calquera que aspire á Xunta nun país analfabeto politicamente deberá facer o mesmo. Os nacionalistas coñecemos os grandes debates da política internacional (sobretodo aqueles que máis lle interesan á esquerda: Palestina, Cuba…), tamén falamos nos bares dos grandes problemas do país (enerxía, lingua, etc) pero somos nefandos perfilando programas municipais en concellos de menos de dez mil habitantes. Nas próximas eleccións irei nas listas do BNG do meu concello e teño un papel na porta do refrixerador para ver se me inspira e poido apuntar algo…algo diferente ao PP, claro…que logo na cotidianidade do rural non son tantas as cousas diferentes que se poden facer…

Creo que chegados a este punto vou algo longo de máis así que adoptarei un estilo máis telegráfico enumerando algunhas cousas. A meirande supoñen un cambio de mentalidade na propia militancia pois eu sempre crin que 100 persoas ben aliñadas son capaces de liberar un país mentres que as revolucións populares xeran caos e unha contrarreforma terrorífica.

Eis os puntos que faltan:

1.Temos que crer na importancia do simbólico fronte ao factible á hora de facer política. Non parar a Cidade da Cultura foi denigrante, non reprobar a Magdalena Álvarez (simbólico) por certos beneficios para Galiza (entelequia) forma parte da Historia da Infamia…

2.Hai que incidir na idea de que Galicia será nacionalista. Os tres grupos políticos levan flores á tumba de Castelao. A historia deste país é só a nacionalista; a outra ocúltase. Temos a superioridade moral.

3.Nun país que fai augas economicamente por moitos sitios e cuns convenios denigrantes (o da construción deLugo…pufff) o traballo debería ser unha prioridade. Se é unha prioridade é que está por diante doutras cousas…Non parece difícil de entender, pero vamos…

4.Relacionado co punto tres e para os ecós: non vamos a poder vivir só da agricultura ecolóxica e do turismo de élite por moito que nos guste…

5.Relacionado co anterior: as áreas protexidas deben ser poucas e intocables.Non moitas e intocables, nin moitas e tocables…

6.Isto sonará a dereita (como moitas outras cousas). Non todo funciona mal. Se todo funciona mal o modelo que propoñemos será sempre intervencionista. Nun mundo marcadamente rural e conservador o intervencionismo permanente das administracións é motivo de que nos fusilen ou de perder as eleccións…recordades?

7.Se a transparencia e a limpeza se traducen nun atraso administrativo do 200% non lle interesan a ninguén…nen a min sequera.(Sobre isto e o bipartito sendo profesor e con un pai enxeñeiro que fai proxectos e ten que traballar con varias administracións podería falar moito pero non quero aburrir).

8.A percepción dos vellos (a inmensa maioría) é a dun mundo que trocou radicalmente para mellor, dese no que hai una “chea de vicio”. Chegar con discursos catastrofistas só provoca rexeitamento e aquilo de “os tolos do bng”. Todo o que se diga ten que ser no contexto das outras comunidades do Estado e non en termos absolutos.(recordo a Bieito Lobeira defendendo que o colonialismo galego era coma o dos países de África…cousiñas da xuventude).

9.Todo o anterior se pode solucionar refuxiándose no voto urbano pero creo que xa nos quedou claro o leite que dá. Ás veces é mellor o rural rural que os rurais urbanizados ou o snobismo multicultural e apolítico.Costa máis tempo pero é fiel.

10.O BNG ten que ficar liberado do PSOE e firmar cousas co PP. Non se pode dar o pacto por suposto nunca máis.

11.O Estado necesita unha prensa e uns medios en Galiza. Aínda que La Voz non estivese conchavada co goberno da Xunta tería diñeiro do Estado.Olvidemos ese tema, nunca cambiarán, teñen unha forte ideoloxía…

12.Se non somos capaces dun xornal pensemos nunha rede de radios locais, desas que dan as esquelas e os resultados do fútbol das categorías inferiores…

13.Resulta incompresíbel que non teñamos un xornal gratutíto ou varios…

14.Hai anos, en Compostela vin un documento que a comezos da democracia fixera a esquerda abertzale no que se explicaban as bases do seu nacionalismo dun xeito sinxelísimo (coma o windows para torpes…). Sempre soñei con algo así. Se se buzonea nas eleccións tamén se podería buzonear isto. Todos entendemos que o Sempre en Galiza e o Atraso… non son para todos os públicos ouh? Despois das últimas eleccións e dunhas ceas familiares de acérrima discusión con meu pai eu comecei un documento así, pois vin que nen a clase media ten nin idea. Probablemente o colgue un día…

15.Unha vez ao ano os que traballamos e temos un soldo decente temos que pagar.É fodido pero hai que pagar. Cando me din de alta no BNG puxen de cota 20 euros e chamoume o responsable local para dicirme que para onde ía que os partidos políticos xa se subvencionaban cos fondos do Estado…fiquei perplexo. Outra vez en Santiago cando falei de que a xente en Euskalherria daba moito diñeiro contestóuseme que iso era cultura da resistencia…máis perplexo. Hai que pagar e pagar para cousas concretas e definidas.

16.Acheguémonos á xente. Non temos nada que compartir con eles pero necesitamos o seu voto. Busquemos aos amigos da infancia que non seguiron o noso camiño e preguntémoslle que queren, que farían eles…Non nos fiemos do que digan as enquisas e non sexamos uns puristas ( o cirio co das bandas de gaitas é tristísimo.Hai miles de exemplos máis. Non nos gusta nada do que lle gusta á xente).

17.Faigamos un esforzo tamén na posta en escea que ás veces a xente xa sabe quen somos e que votamos sen que abramos a boca.

18.Xa non mando máis. Obrigadiño."