venres, 25 de marzo de 2011

Que facemos cos musulmáns?

A longa serie de anotacións sobre o islam viña a conto dun debate na extinta CNN+, producido durante o verán, no que os representantes mais progres falaban da necesidade dunha consideración especial cara os musulmáns. Pola contra o representante da esquerda mais tradicional avogaba pola simple igualación de todos ante a lei e procurar un estado laico.
A verdade e que ámbalas dúas opcións reflicten os dous modelos, fracasados, de integrar na sociedade occidental a amplísima vaga de inmigrantes de distintas procedencias e fe musulmá que chegaron a Europa desde os anos 50.

O modelo británico optou por conceder, ou desentenderse deles segundo outros, unha ampla capacidade organizativa os inmigrantes. Dese xeito xurdiron comunidades plenamente autónomas nos seus asuntos internos nos que se mantiveron a lingua, os costumes e mesmo as leis dos países de orixe. Quinteiros enteiros e mesmo cidades convertéronse en copias de lugares de Paquistán a India, Bangla Desh.... O resultado foi bo a curto prazo: escasa conflitividade, aforro de recursos para o Estado ao deixar en mans das propias comunidades a meirande parte dos servizos, e, se nos poñemos mais intolerantes, todos os inmigrantes nun mesmo sitio ben lonxe da mirada do inglés medio. O fallo produciuse a partires dos anos 80 o constatar que o nulo contacto provocaba, vaia sorpresa, que as novas xeracións seguisen a ser fundamentalmente o que eran seus pais sen crear fortes lazos coa Gran Bretaña.
O modelo francés optou por aplicar as leis da República a todo o mundo. En Francia so pode haber franceses. Porén se desde o punto de vista político os acabados de chegar foron sometidos a todos os mecanismos de integración da República o compoñente económico e de choque cultural volveu crear quinteiros exclusivos destes grupos. O resultado foi bo unha vez mais no curto prazo. Sobre todo porque moitos, se non a maioría, tiñan a aspiración de volver para os seus países nalgún momento. Obviamente a partires dos 80 e coas xeracións nadas en Francia xurdiron os problemas. Pode que a ollos da República todos foran franceses, de feito o francés é a súa lingua en maior medida que o árabe, porén para os franceses eran outra cousa.

Como vemos o fracaso de ámbolos modelos ten moito mais que ver con factores dos propios países de acollida, desidia e prexuízos sobre todo, que coa maldade intrínseca do islam. Visto isto chegamos o estado español onde ninguén e racista e os únicos intolerantes son os malvados nacionalistas periféricos que oprimen os pobriños castelán falantes. Como esta a cousa?

En primeiro lugar estamos na primeira fase do proceso. A inmigración e moi recente e os problemas, se os hai, xurdiran dentro de 20 anos ou así.
En segundo lugar, como en tantas outras cousas, aquí ninguén ten claro se hai un modelo que aplicar. A progresía esta no da consideración especial, agás no do Burka por aí si que non pasan, en parte por esta teima hispana de que todas as relixións son boas menos a católica. E a dereita carece de calquera idea mais aló do aproveitamento electoral ou para vender xornais. De antoloxía os comentarios a raíz da revoltas árabes dalgúns deles. Parece que Tariq acabe de poñer pe en Tarifa.

É dicir que aquí como en todo esperarase a que pase algo para sacar un bo feixe de leis: restritivas, farragosas e antidemocráticas. Ogalla me trabuque.

Por último cal é a miña proposta?
O estado laico, a igualdade de todos ante a lei, e o recoñecemento de todos aqueles elementos culturais, como a lingua, que non atentan contra os dereitos dos demais. Empezar por deixarlles construír mesquitas sería un bo primeiro paso.



xoves, 17 de marzo de 2011

Feliz día de San Patricio! Segundo Aniversario, pensando no peche.

Hoxe día de San Patricio, patrón da Santa Irlanda e deste blogue, facemos dous anos. Toca polo tanto unha reflexion interna na liña da do ano pasado. A verdade é que a cousa non vai mellor, nin no blogue nin no país. 

Respecto a situación do país pouco podemos dicir que non dixeramos xa. Situación que se pode apreciar na rede onde esa forte onda de actividade froito da desfeita do 1 de Marzo foi acougando pouco a pouco. Pode apreciarse claramente nas ligazóns inseridas neste blogue. Pode verse como moitas levan a sitios que xa non existen, que levan meses sen actualizar ou se converteron en sitios privados. 

A situación da rede incide no tráfico deste pequeno lugar do blogomillo. Moitas das fontes de tráfico xa non existen ou están paradas. Ademáis, os feeds doutros lugares que fan referencia a este sitio, por algun motivo, non se actualizan polo que a xente que viña desde eles non pasa por aquí porque a información que eles teñen é que nos non nos actualizamos. 

O resumo final é que a media de visitas descenceu a 4 a semana. A suma de todos estes elementos levoume a tomar unha decisión relativa a cando pecharemos o chiringuito. Unha decisión na liña dos nosos compañeiros de seioque que desenvolveron un proxecto con data de remate. E a data tomada é: despois das vindeiras eleccións autonómicas. Se gaña o PP xa todo dará igual e se non gaña, tamén so que esperemos que por outras razóns. Mentres, aínda que por aqui so pasemos os tres do equipo de redacción, seguiremos abertos coas pausas habituais. Sempre que Deus e San Patricio queiran, claro.

Sen máis, Feliz día de San Patricio!



Tamén en Galizauberalles

mércores, 16 de marzo de 2011

Achegarte e unha puntualización

Desde Achegarte informan do seguinte:


"Prezada/o amiga/o
Como é posíbel que saibas xa, o 2 e o 3 de abril de 2011 terá lugar na Coruña Achegarte, a cultura que queremos; unha festa arredor da creación cultural especialmente enfocada este ano cara ao público infantil e xuvenil, entendendo como tal todo o que non vai dirixido exclusivamente ao público adulto.

Gustaríanos convidarte a participar no Foro sobre o estado da cultura que terá lugar na rede durante todo este mes. Todas as ideas serán recollidas nun documento cuxas conclusións serán redactadas nunha mesa redonda durante o Achegarte para darlles forma de manifesto. Un foro, unha mesa redonda e un manifesto por cada unha das áreas temáticas -Literatura, Música, Artes escénicas, Audiovisual, Artes plásticas, Lingua e Organizacións culturais-. E finalmente publicaremos e difundiremos un documento conxunto sobre o estado da cultura e un vídeo coas lecturas dos 7 manifestos.

Podes participar pinchando nesta ligazón:
http://achegarte.org

Se ademais desexas inscribirte en Achegarte como creador/a, editora, libraría, asociación cultura ou outro tipo de organización, podes facelo no formulario seguinte:
https://spreadsheets.google.com/viewform?formkey=dHBvYkpCR2F4eGpiUEw4eldKNklYbHc6MQ

Vémonos en Achegarte 2011
A cultura que facemos."


E o Cortello da Laracha di:

"A Laracha,un dos últimos redutos do franquismo onde o PP se nega a quitar as placas co nome de Franco ( máis información en: http://ocortellodalaracha.blogaliza.org/ )"




A puntualización ven a raíz deste anuncio, o libro en cuestión trata disto. O que quero puntualizar é que se ben hai cousas nas que concordo con Converxencia XXI, noutras non.  Esta é unha das que non. A miñapostura non cambiou niso e sigue sendo a mesma
 
 
 
 

mércores, 2 de marzo de 2011

Converxencia XXI informa

Tras un tempo parada hoxe recuperamos a sección de Avisos e Anuncios con esta información de Converxencia XXI.



"O Secretario Xeral e fundador de Converxencia XXI, Carlos Vázquez Padín presenta hoxe (nota de lannister, refirese o 25 de febreiro) o seu libro “Galeguismo e Liberdade” vínculo á reseña do libro na web da editorial
As presentacións do libro serán:

-Tui: hoxe (nota de lannister, refirese o 25 de febreiro )ás oito da tarde na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Coa presenza de Eduardo Gimenez, o presidente da GALIDEM
-Santiago: o 3 de Marzo ás sete da tarde na facultade de Ciencias Políticas. Coa presenza de Miguel Anxo Bastos, prologuista do libro e Fernando del Rio
-Vigo: o 17 de Marzo na Casa do Libro (hora por confirmar). Coa Presenza de Miguel Anxo Bastos
-A Coruña: o 24 de Marzo na Libraria Arenas (hora por confirmar). Coa presenza de Fernando del Rio e de Marcos Lema.

Tamén vos deixamos vínculo ao debate no que interviu o noso candidato á alcaldia en Santiago de Compostela, Fernando del Rio



E por último nova na que se fala podemos ver que a de Marcos Lema por Converxencia XXI, é unha das oito candidaturas confirmadas ao concello da Coruña.

Saudos converxentes"



Por certo lembro o enderezo para comunicar novas, avisos ou mandar colaboracións:
galizaprimeiro@gmail.com.



martes, 1 de marzo de 2011

THE RADICAL CITRÖEN CO. "FEIJOO SALVE A GALIZA"

THE RADICAL CITRÖEN CO.

"FEIJOO SALVE A GALIZA"

Feijoo salve a Galiza
Ao régime fascista
Eles fam-te um mamarracho
Um furtivo em potência

Deus salve a Feijoo
El nom é um paisano
Nom hai futuro
No sonho FAES-iano

Que nom che digam o que queres
Que nom che digam o que terás
Nom hai futuro
Nom hai futuro
Nom hai futuro para ti

Deus salve à Citroëm
Sabemos o que fazemos
Amamos à nossa Gália
Que Deus nos salve

Feijoo salve a Galiza
O Xacobeo da muito carto
E a Nossa Santidade
nom é o que aparenta

Oh, Deus salve a História
O Papa a "Maruxinha"
Oh, Senhor, misericórdia
Todos os chiringuitos rentam

Quando nom hai passado
como pode haver pecado?
Somos os celtas no partido de fútebol
Somos os parvos que votam Putos Paiasos
Nós somos o futuro - Tu es o pária

Deus salve à Citroëm
Sabemos o que fazemos
Amamos à nossa Gália
Que Deus nos salve

Feijoo salve à banca
Que os porcos engordem
Nom hai futuro
No sonho das foliadas

Nom hai futuro
Nom hai futuro
Nom hai futuro para ti

Nom hai futuro
Nom hai futuro
Nom hai futuro para mim

Nom hai futuro
Nom hai futuro
Nom hai futuro para o galego

Nom hai futuro
Nom hai futuro para ninguém














The Radical Citröen Co. - Feijoo salve Galiza


Tamén en Galizauberalles