"Prezada/o amiga/o
Como é posíbel que saibas xa, o 2 e o 3 de abril de 2011 terá lugar na Coruña Achegarte, a cultura que queremos; unha festa arredor da creación cultural especialmente enfocada este ano cara ao público infantil e xuvenil, entendendo como tal todo o que non vai dirixido exclusivamente ao público adulto.
Gustaríanos convidarte a participar no Foro sobre o estado da cultura que terá lugar na rede durante todo este mes. Todas as ideas serán recollidas nun documento cuxas conclusións serán redactadas nunha mesa redonda durante o Achegarte para darlles forma de manifesto. Un foro, unha mesa redonda e un manifesto por cada unha das áreas temáticas -Literatura, Música, Artes escénicas, Audiovisual, Artes plásticas, Lingua e Organizacións culturais-. E finalmente publicaremos e difundiremos un documento conxunto sobre o estado da cultura e un vídeo coas lecturas dos 7 manifestos.
Podes participar pinchando nesta ligazón:
http://achegarte.org
Se ademais desexas inscribirte en Achegarte como creador/a, editora, libraría, asociación cultura ou outro tipo de organización, podes facelo no formulario seguinte:
https://spreadsheets.google.
Vémonos en Achegarte 2011
A cultura que facemos."
E o Cortello da Laracha di:
"A Laracha,un dos últimos redutos do franquismo onde o PP se nega a quitar as placas co nome de Franco ( máis información en: http://ocortellodalaracha.
A puntualización ven a raíz deste anuncio, o libro en cuestión trata disto. O que quero puntualizar é que se ben hai cousas nas que concordo con Converxencia XXI, noutras non. Esta é unha das que non. A miñapostura non cambiou niso e sigue sendo a mesma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario