Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de maio de 2012

Vai de música

Para todos aqueles que buscan música en galego e xa non aturan o lúar:

http://musicaengalego.blogspot.com.es/

http://www.komunikando.net/

Nesta última ademáis contamos coa xenial webserie Non saímos do Lixo:















E remato co triunfo do programa educativo de Feijoó: por fin falamos  linguas estranxeiras con normalidade.





FOTO TOMADA NO CORTE INGLÉS DE LA CORUÑA



Tamén en Galizauberalles

luns, 10 de xaneiro de 2011

Tiñan razón

A recente proposta do IGEA sobre o bilingüismo causou certa polémica. A verdade non é para menos. Non polo emprego do termo bilingüismo senón polos argumentos que empregan. De feito estes poden sintetizarse en:

- todos os que dicían que o castelán estaba dalgún xeito marxinado tiñan razón. Xa vexo a Gloria dando chimpos de pura ledicia.
- hai que ir cara a un modelo de convivencia que recoñeza o sitio do castelán.
Podería seguir porén ao final pregúntome se para dicir iso facían falta tantas palabras. Con darlle a razón a Gloria e dicir que o modelo de Feijoó e Anxo son, xa non o único posíbel, senón o mellor, xa estaba.
Tanto tempo pedindo un plan B para salvar algo e aquí esta: o pesebrismo, salvemos a poltrona. Se Anxo marcha aí esta Henrique para facer o "sacrificio" pola lingua.
 
E que queda despois de todo isto?

- Unha nova lea divisoria que sumar a guerra normativa.
- Un novo argumento para marxinar e estigmatizar os catro que quedamos defendendo a lingua sen matices de ningún tipo.
- Unha boa base para que Feijoó ou que sexa "iguale" o castelán e o galego. Ou para que derogue a Lei de Normalización para sustituila por unha Lei de Dinamización da Lingua Galega e convivencia harmónica/amable co castelán.
- Acaba co concepto de normalización e todos os escasos logros destes anos.

E para rematar xa que falamos de ter razón, os reintegracionistas tiñan razón. Os defensores desta normativa no fondo teñen o corazón en Castela. Vaian desde aquí as miñas desculpas.


mércores, 20 de outubro de 2010

Petición de Axuda fronte a GB, e ciencia en galego.

Petición do colexio de Cuntis ante os ataques e mentiras de Galicia Bilingüe:
- Manifestedes a vosa solidariedade nos comentarios ao comunicado no blog
- Reenviádelle o enlace e a petición de apoio aos vosos contactos.
Unha aperta moi forte e moitas grazas, por aquí de momento estamo tranquilos.

E ciencia en galego:

Prezados/as amigos/as,
A CGENDL convídavos a sumarvos dende os vosos centros á Xornada pola Ciencia en Galego, unha xornada que, en colaboración cos colectivos de docentes de matemáticas, ciencias e tecnoloxía e outras entidades, se dirixe dende o ensino a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias científicas escolares pensadas e desenvolvidas en galego.
A xornada celebrarase o próximo xoves 4 de novembro e vós, o profesorado, xunto co voso alumnado, podedes participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada á vosa realidade e aos diferentes niveis educativos. Trátase de transmitir ao alumnado e ao seu contorno os obxectivos da xornada cunha clase divulgativa que, segundo as posibilidades de cadaquén, pode desenvolverse na aula, no salón de actos ou no patio, e mesmo fóra do centro para quen poida cooordinarse con outros centros.
Atoparedes máis información na páxina www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego, que se actualizará con información sobre o desenvolvemento da xornada, propostas de actividades, etc. Dende este web, xa podedes descargar e imprimir o cartel do evento (formato PDF e con espazo para inserir o logo do voso equipo e centro) e cubrir o formulario de participación, que permitirá compartir as vosas ideas con máis centros de toda Galicia.
Enviámosvos nos arquivos anexos unha descrición máis detallada da iniciativa e o cartel (formato imaxe).
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
Formularios para adherirse á CGENDL como equipos ou docentes colaboradores/as:
 
 
 

martes, 19 de outubro de 2010

O Modelo Burela triunfa no altar


Bernardo manda isto sacado da Coz para que non todo sexan malas novas:

9/10/2010

A parella de bureleses formada por Zahara Peinó e Fernando Eijo casou onte segundo o ritual das vodas de antano e coa lingua e a música galega como actores destacados
A igrexa parroquial parroquial burelense acolleu onte unha voda feito seguindo os parámetros do Modelo Burela. A cerimonia foi un éxito rotundo e tanto a parella, formada polos burelenses Zahara Peinó e Fernando Eijo, como os convitados gozaron dun rito moi ben preparada e que se saíu dos parámetros habituais.
Os mozos foron ataviados cun traxe tradicional galego preparado especialmente para o casamento e, como é tradición, a noiva fixo esperar na igrexa un bo tempo ao seu prometido. Xunto a eles, tamén portaron esta vestimenta os padriños, os nenos das arras e moitos dos convidados, ademais dos músicos da Banda de Gaitas Dambara, á que pertence Zahara.
A intención da parella é que a voda foise moi participativa e abofé que o conseguiron, gracias tamén á participación do párroco Ramón Marful, que colaborou en que a cerimonia gañase en espontaneidade. Ata cinco persoas (o director da banda, amigos e familiares) leron durante a misa e os convidados pouco tardaron en romper a aplaudir estas intervencións, cargadas todas elas de emotividade.
Tanto na misa como no banquete, a música tradicional galega e a lingua do país tiveron un papel preponderante, xa que tanto os aspectos propiamente litúrxicos como aqueles outros que engloba un casamento foron recitados en galego.
No apartado musical sobresaíu unha composición interpretada a dúas voces de xeito maxistral por Guillermo e Elia, o arranxo do canon de Pachebel para gaita e O meu amor , unha peza tradicional da illa lusa de Madeira cantada a capela e que serviu de despedida.
Á saída da cerimonia, no adro do templo escenificouse unha regueifa bailada, a cargo de dous solistas.



mércores, 29 de setembro de 2010

O Divino ferrete

Mércores: tocan avisos e anuncios. O de hoxe é peculiar porque me chegou de TRES fontes distintas:


O divino ferrete, un proxecto nado no seo de GalegoLab, quere ser o primeiro filme pornográfico feito en lingua galega en todas e cada unha das súas etapas.

Será distribuído en rede e de balde, terá unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Xenérica e contará con dúas versións, unha de porno duro e outra de porno suave."

Por outro lado lembrar que este fin de semana é o primeiro congreso de Converxencia XXI e que a vindeira semana é o congreso sobre o reino suevo.


venres, 24 de setembro de 2010

Os medios de comunicación en galego

Os medios de comunicación en galego teñen os mesmos problemas que calquera outro medio, multiplicados polo reducido tamaño do seu publico obxectivo. Nun Estado no que a meirande parte da poboación recoñece prestar pouca atención a prensa escrita agás os titulares e os deportes, e aínda menos mercala: todos lemos os xornais no traballo ou no bar, os medios en galego téñeno cru. Ou canta xente mercaba A Nosa Terra? Canta estaba subscrita? Isto fai que os medios de comunicación na Galiza dependen dos cartos do erario público dun xeito ou doutro. Claro que o quid da cuestión non son os cartos públicos senón porque se lles asignan cartos de todos e para que. Nese senso o de Galiza ten delito: unha parte importante das axudas son para a promoción do galego. Que La Coz ingrese milleiros de euros pola promoción do galego mentres rebuzna contra el non ten ningún nome civilizado.
Por outro lado os medios en galego tamén teñen problemas propios: a escasa identificación do seu público obxectivo e a lea pola normativa.
No primeiro caso lembro unha columna de Jimenez Losantos onde louvaba o resto de medios da caverna por seren compañeiros de viaxe, non competidores. A idea era sinxela: retro alimentarse e facer sinerxia entre eles.
Nos medios galegos en galego a incapacidade de apoiar o outro froito do localismo e do filólogo/ideólogo oculto que todos parecemos levar dentro, manifestábase en roces constantes. Que manda carallo! que para catro que somos que mal nos levamos.
Relacionado co anterior esta o da normativa que fai unha parte do público lector lle negue o pan e o sal os medios da outra normativa.
E a suma de todo o anterior esta a problemática de todo xornalista en galego: eu para quen escribo? Neste caso resulta paradigmático a evolución de A Nosa Terra desde o 2007. Escollo ese ano porque foi cando comecei a lela de xeito habitual, se o que digo comezou antes non o sei. Nun intento de ser máis plural e chegar a un público máis amplo pasou de ser o referente do nacionalismo a ser unha publicación digna do rexionalismo cántabro. Unha cousa é procurar ser obxectivo, tentar chegar a mais xente e outra que Barreiro pontifique sobre as virtudes do PP tódolos números ou que Roberto "Mártir" Blanco pase dar leccións de liberdade e tolerancia de vez en cando. A alguén lle sorprende a caída de subscritores? Claro que falando cun coñecido informado sobre estes temas saíu unha hipótese nova:
A creación de Xornal de Galicia, en mans do mesmo dono que A Nosa Terra, foi mais custosa do esperado. Nun intento de sobrevivir reorientou a súa liña ideolóxica de próxima o nacionalismo a próxima o PSdG e como parte desa mudanza A Nosa Terra non podía vivir.
E por último e mais importante esta a cuestión do compromiso. A todos se nos enche a boca de lealdade inquebrantable o galego, sempre e cando isto non supoña ningún custo nin contratempo. Viuse na manifestación do 17 deste ano onde xa acudiu menos xente, e vese tamén nisto do que falo agora.
En fin difundo o comunicado de apoio os medios en galego:

"Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tome a decisión de axudar ós medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un trás outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.


Podedes asinar aqui: www.osmediosengalegoimportan.com"


E con isto remata a semana dos medios, a semana vindeira: O Estatut

Tamén en Galizuberalles


venres, 28 de maio de 2010

AO LONXE (OU O COMEZO DA GUERRA NORMATIVA)

Neste mes no que deberíamos celebrar a nosa lingua tódalas anotacións tiveron que ver mais ou menos con ela. O de celebrala e outro cantar tendo en conta que saíu o decretazo (para min o decretazo sempre será o do galego). Decreto que vai empregar a porta de atrás e as seccións bilingües para restarlle mais horas o galego das que di expresamente. (1,2) (Por certo xa que falamos de desfeitas, esta fin de semana comeza a emitir a televisión de La Coz)

Nesta situación reafírmome no xa dito nas dúas anotacións anteriores(que non ligo porque son literalmente as dúas anteriores a esta) sobre a necesidade de cambiar de estratexia. Entre as opcións existentes unha moi desexada por min é a fin da liorta normativa. Claro que para que remate primeiro hai que saber como comezou e sobre iso ilústranos Xopau na seguinte colaboración:

"AO LONXE : O COMEZO DO PROBLEMA NORMATIVO
 Atendo nesta colaboración a dúas cousas. Dunha banda a petición que Lannister hai tempo me fixo solicitándome unhas poucas reflexións sobre o principio da cuestión normativa; doutra botar unha man co blogue pois hai tempo que ando un chisco lacazán.

 Xa teño afirmado que detesto falar de lingua. A cousa empeora se se trata da normativa. Para min hai anos que é un debate fechado con sete pechos e do que non quero saber nada. Cando entrei na AGAL un dos seus socios de máis prestixio díxome que non o fixera se non quería rematar tolo… case acerta.

 Doutra parte a sociedade galega consciente (a única que a min me interesa) xa pechou o debate e moito máis despois da norma RAG do 2003 que, se ben non afonda moito no lusismo, si lle dá unha certa vitoria moral-simbólica. Isto non se pode falar cos reintegracionistas pero é así. O que non sei é se por sorte ou por desgraza.

A primeira norma foi redactada por Ricardo Carvalho Calero aló polo 80 e os que agora teñen 35 anos poden mirar como os seus libros de primeiro de EXB están en mínimos reintegracionistas. A norma non gustou aos sectores máis populistas nin españolistas (dígase Filgueira Valverde que ficou perplexo  co tema da acentuación portuguesa aínda que como bo filólogo el sabía que para un galego “Amalia” é unha palabra esdrúxula sempre). Esa xente  desconforme encontrou ámparo nos únicos que podían amparalos: AP e compañía aínda que para min non son nin nunca serán o mesmo pois uns aliñan nunha  parte do nacionalismo histórico e os outros non. Cómpre aquí recordar que o debate entre o achegamento ao portugués ou non, está nos alicerces mesmo do noso movemento (Murguía-Saco y Arce) e por moito que o reintegracionismo se esforce non é un debate entre patriotas e españolistas. Non o foi historicamente, non o é agora, pero dicindo a verdade si o foi no período dos 80.

 O españolismo axiu sen ningún tipo de apoio social nin cultural a partir do ano 80 e encargou ao ILG outra norma dun xeito raposeiro. No 82 deu un golpe de Estado Lingüístico que non se pode desligar como pretenden algúns sectores do golpe que  se daría contra a Lei de Normalización Lingüística e que lle impediu ao galego ter a categoría de DEBER. Por iso delira Ferrín cando pretende ver culturalismo no reintegracionismo pero ataca a García Sabell polo recurso de inconstitucionalidade. Ambas medidas foron tomadas xuntas formando parte dunha mesma estratexia de dialectalización-castelanización e decotamento do galego.

 A partir dese momento toda persoa boa e xenerosa (cando digo toda léase o 90%) organizouse arredor da AGAL. A xente nova dudará disto pero así foi durante todos os anos 80. Alí estaban desde Suso de Toro a Moncho Pena ( aquel que lle dixo a R: Carvalho Calero que pasarían por riba do seu cadáver antes de que el renunciase ao reintegracionismo), desde García Negro a Paco Rodríguez, desde Xavier Alcalá ata…
 O enorme pulo do reintegracionismo permitiu que se establecese un paralelismo entre nacionalismo e reintegracionismo pois coas excepcións de Ferrín e outra pouca xente isto foi así. Porén os tempos ían virar as cousas  por varios factores:

 a. Dun lado o fraguismo imporía unha represión lingüística enorme ao mesmo tempo que consolidaba unha serie de traballos e redes culturais en torno ao galego: oposicións, subvencións ás editoriais, cursiños de galego, publicación de libros, etc. Todos estas profesións e traballos esixían do candidato a adopción da normativa oficial. Non é de estrañar que fosen ficando os máis ideoloxizados que neste pais é un palabra que por desgraza rima con visionarios e loucura.

 b. Doutro lado foise incorporando xente de novas xeracións ao galego-consciente que non coñeceran o debate nas súas orixes e que non lle vían con claridade os cornos á normativa oficial pois fora nesa na que se criaran e educaran. A parella reintegracionista-nacionalista comezou pois a desfacerse.

 c. Os individuos que ficaron no reintegracionismo fóronse dividindo en dous grupos. Un no que estaban os que non podían abandonar polos anos invertidos nesa loita e outro, que ía recollendo a xente nova que aínda entraba, e que pensaba que a solución estaba en radicalizar o discurso. Aquí chega a última das grandes excisións da AGAL, aquela que se establece entre a xente de máximos e os que optan directamente polo portugués padrao. Estes últimos fanse coa voz potente do movemento asistindo a cantos congresos hai, rebentándolle a cabeza a toda canta xente collen por banda e adoptando unha postura misionaria-visionaria que os afasta das grandes masas de xente galego-falante-consciente. Evidentemente a teoría de Ferrín cúmprese, aínda que anos despois: puro culturalismo e desconexión social. Só ambientes da marxinalidade do independentismo poden asumir o discurso.

 Aquí é onde estamos. Un movemento coma tantos en Galiza que ten a razón moral pero que lle falta a razón social. Xa fora dito por xente ben máis lida e máis sabida: A Terra quere Pobo.
 Só me resta dicir que espero que isto non sexa lido polo reintegracionista de turno que nos veña rebentar o blogue. Xa chega con que Gil Hernández rebente Vieiros con caralladas visionarias todos os días. Esas que lle aplaude o 1,11111111111 por mil da sociedade galega.

 Ah……e Portugal? Durmindo o sono eterno fronte ao Atlántico, coma sempre nos últimos quiñentos anos."


martes, 25 de maio de 2010

luns, 24 de maio de 2010

A cabeza fría

Neste momento en que todo vai segundo o previsto, aprobación do decretazo, conven manter a cabeza a fría. Moitas veces o noso peor inimigo somos nos mesmos. Algún podería sacar a colación o da inconstante alma céltica, non sei. Eu prefiro dicir que a maioría dos que militamos neste bando teñen a teima de negarse a ver a realidade. Como consecuencia diso emociónanse (17 de Maio) e deprímense (Decretazo) cunha facilidade sorprendente. De aí que insista en que é preciso manter a cabeza fría. O decretazo chegou como estaba previsto. Como estaba previsto o ruxerruxe da rúa é escaso. Obvio cando xa levamos un ano con algo e cando a crise asoma con forza o fuciño. Por iso non hai que botar as mans a cabeza nin pensar en queimarse o bonzo ( en todo caso se alguén se anima o do cinto de explosivos...)

O decretazo chegou e como dicía "onte" chega o momento de cambiar de estratexia. Non é hora de mais manifestacións nin folgas. Hai que gardalas para os seguintes pasos do programa popular: Lei de Normalización e Estatuto. Non, hai que empezar a falar unhos con outros. A facer cousas polo lingua e polo país na medida das nosas posibilidades en cada lugar no que estemos. A próxima hostia vai ser mais gorda. "El señor de las habichuelas" recuou no que non lle quedou mais remedio que recuar, non polo que  fixemos nos. E recuou para agruparse e gañar forzas cara o seguinte embite. Conta con que a crise e as municipais fagan abandonar o PSdG o noso lado e que caia como a froita podrida que é no seu. Debemos ser conscientes diso e meditar. Para a vindeira debemos estar todos xuntos e cunha soa voz. Non é tempo de desacougo. Por que o decretazo ou o informe do IGE, dixeron algo que non soubéramos xa?

Coma sempre o decretazo noutros medios:

http://xmeyre.blogaliza.org/2010/05/23/lvg-entrevista-a-un-idiota/
http://atrenza.blogaliza.org/2010/05/21/galego-lonxe-dos-cativos/
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=6796
http://nosquedaportugal.blogspot.com/2010/05/paga-pena.html
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=422&seccion=5
http://seioque.com/index.php/main/extra-extra
http://www.xornal.com/artigo/2010/05/20/politica/xunta-aproba-decreto-do-plurilinguismo/2010052012273200283.html
http://bretemas.blogaliza.org/2010/05/20/aprobase-o-%C2%ABdecreto-de-feijoo%C2%BB-dia-triste-para-o-futuro-do-idioma/
http://www.vieiros.com/nova/79656/maquillaxe-inaceptabel-valoran-a-oposicion-e-os-colectivos-sociais
http://www.vieiros.com/nova/79647/o-goberno-aproba-o-decreto-de-linguas-e-elimina-a-prometida-consulta-as-familias

Tamén en Galizauberalles

martes, 18 de maio de 2010

Hai que...

O 17 , onte, pese a todo,  fixen un esforzo e o final estiven no Obradoiro. Poderíamos incidir no de sempre: a guerra de cifras, o aire festivo, que o decreto vai ir adiante si ou si. Porén eu vou cambiar un pouco o discurso.

Primeiro, respecto o acto en si. Levamos catro grandes manifestacións e todo sigue tendo un aspecto de improvisación de última hora que fai menos forte a nosa mensaxe. Sigue a fallar a megafonía. Carlos sigue a aturullarse de mais cos discursos e a prolongalos demasiado. A posta en escena falla. Hai un feixe de organizacións todas polo seu lado e coas súas bandeiras... E todos felices e contentos ata a próxima.
E xa postos: por que hai que cantar o himno co puño en alto?

Segundo: vai sendo hora de cambiar de estratexia. ( E os que escribiron, non digo onde, que todo o que defende isto é un traidor, dígolles que eu estiven o 17, 0 18 e o 17 en Compostela. O 21 non puiden ir porén fixen folga, así que créome lexitimado de sobra para aportar ideas) Hai que facelo xa. seguir a confiar so nas manifestacións esperando que cada unha sexa meirande ca anterior é un suicidio. Con unha soa que sexa inferior en número a anterior os "outros" van abrir unha fenda e tirar dela. Meditemos. O decreto vai saír. E o mundo non pode acabar aí. De feito comeza aí. As distintas organizacións deberían comezar a coordinarse para o post-decreto: asegurar que os pais que perdan as "eleccións" teñan polo menos asociacións culturais en galego cun programa amplo de actividades na nosa lingua para as horas de fóra do colexio. A rede de centros privados en galego é unha utopía que igual non chega nunca. Porén non hai que cruzarse de brazos: hai que poñerse a traballar e ofrecer alternativas aínda que sexa o nivel mais baixo.

Terceiro: o decreto esta redactado non para ser un remanso de paz senón un diktat. Como se vai combinar o dereito dos alumnos: a expresarse libremente no que queiran; coa obriga dos profesores de impartir unha determinada materia nunha lingua concreta? Pois facendo que o profesor se limite a poder falar no que queira. Fóra diso todo o que faga vai ser fiscalizado pola propia administración e polos bífidos. Ergo sería bo ir facendo acopio de cartos, avogados e ánimos para apoiar os que rematen denunciados ou acosados.En vez de seguir indo a Compostela ir a cada centro no que pretendan asoballarnos. 

Para rematar: as manifestacións son como as grandes batallas, e nos so poderemos gañar como as guerrillas.




venres, 14 de maio de 2010

O 17 outra vez

" Máis non o esquezamos, eiquí o realmente importante é escapar do medo herdado e do sometimento interesado. Ámbalas dúas cousas fixeon do noso un pobo sometido. E ben vemos o beneficio que ese lle trougo: ser carne pra caciques e ter como horizonte a emigración. [...] porque sin lingua propria non hai pensamento propio pois éste tece dende a memoria. I a gran memoria útil dun pueblo está na súa lingua."
Uxío Novoneyra, FEBREIRO DE 1980.




cartaz%2017%20maio





Tamén en Galizauberalles

mércores, 5 de maio de 2010

Queremos galego envía un comunicado os centros e ANPAS

Queremos galego está a envíar o seguinte comunicado os centros para que llo pasen as ANPAS. Reproduzoo aquí por se alguen o quere levar en persoa a algunha ANPA (xa que en moitos sitios seguro que se perde polo camiño).  Aquí en pdf :Comunicado centros e ANPA por se alguen quere descargalo.  E a continuación o comunicado:

"Á/A do Consello Escolar
Estimadas amigas:
Estimados amigos:
Como xa sabedes, o pasado día 7 de abril, o Consello Escolar de Galicia reclamou a retirada do borrador do, na nosa opinión, mal chamado Decreto de plurilingüismo no ensino non universitario. Este resultado foi posíbel porque a representación das nais e pais do ensino público  (CONFAPA), xunto cos representantes estudantís, os representantes da Universidade, as organizacións sindicais (CIG, CCOO e UGT), os movementos de renovación pedagóxica (AS-PG, NEG, Escola Viva, o Seminario de Estudos Galegos), e os representantes da administración local do BNG e PSOE, confluímos á hora de presentar unha emenda á totalidade reclamando a retirada do anteproxecto presentado pola Consellaría, proposta que prosperou por 24 votos a favor e 16 en contra.
Desde a Plataforma Cidadá Queremos Galego valoramos moi positivamente este resultado e consideramos que sería oportuno promover desde a vosa ANPA unha resolución de adhesión, sumándovos deste xeito á petición de retirada do borrador. Para isto, propoñémosvos o texto seguinte:
A ANPA DO CENTRO ESCOLAR de ............................................................................., concello de ........................................................, informada de que o Consello Escolar de Galicia celebrado o día 7 de abril, acordou por maioría dos seus membros pedir a retirada do borrador do Decreto de plurilingüismo no ensino non universitario, manifesta a súa  adhesión a este acordo e solicita que sexa atendida pola Consellaría de Educación, polos seguintes motivos:
·        A proposta presentada pola Consellaría pretende facer ás nais e aos pais responsábeis dunha decisión que soamente lle corresponde á Administración Educativa, tal e como recolleron diferentes sentenzas xudiciais no seu día. Debe ser a Consellaría de Educación quen estabeleza cal é a lingua vehicular no ensino, en tanto en canto se trata dunha decisión que non soamente compete a pais e nais que teñan os seus fillos ou fillas escolarizados no momento da consulta, senón a todas as galegas e galegos como usuarios do ensino público, que ten como cometido fundamental formar cidadáns que teñan a competencia suficiente para desenvolverse na nosa lingua. Por outro lado, nais e pais están representados no Consello Escolar do Centro, que é quen aproba o Plan Lingüístico do centro, polo que xa teñen establecido a súa canle de participación neste tema.
·        Non atendeu as propostas que desde distintas instancias, anpas, sindicatos, profesorado, organizacións estudantís, movementos de renovación pedagóxica, universidades, equipos de normalización, traballadores e traballadoras da normalización lingüística, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura, etc., foron realizadas recomendando o cumprimento do Plan Xeral de Normalización do ano 2004, do que emana o actual Decreto 124/2007.
·        Non recolle as recomendacións do Consello de Europa para dar cumprimento á Carta Europea das Linguas Minorizadas, nin dará cumprimento ao recollido na Lei de Normalización Lingüística.
·       A proposta presentada contribúe a reducir a presenza do noso idioma nas aulas, o que repercutirá nun empeoramento da competencia en galego. Tamén incidirá negativamente na tarefa normalizadora do profesorado ao tratar por igual a dúas linguas que están en situación de desigualdade, sendo o galego, a nosa lingua propia, a que non goza do mesmo recoñecemento e proxección.
·        É unha proposta que facilita que o alumnado de Educación Infantil non teña contacto coa nosa lingua até chegar á etapa de Primaria.
·        Obriga a impartir en castelán as materias de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, desprezando o traballo realizado polos centros até o de agora e trasladando a mensaxe de que o galego non é unha lingua útil para a ciencia.
·        A libre elección da lingua por parte do alumnado socava a autoridade do profesorado, e contravén a máis elemental pedagoxía de que para aprender unha lingua esta debe ser usada.
·        É unha norma que non dá cumprimento ao Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004, un plan xeral que acadou o máximo consenso posíbel.
Por todo o anterior adherímonos á decisión do Consello Escolar de Galicia e reclamamos que sexa atendida, procedendo a retirar o borrador do mal chamado Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario.
......,  ...... de ................... de 2010"


Por certo o 17 de maio está convocada outra manifestación en Santiago contra os decretazos. Dado que non vou poder ir... alguen se anima a ir en calidade de corresponsal deste blogue? E xa que estamos coa lingua: o venres pequena entrevista a Bernardo Penabade presentando o Modelo Burela.

luns, 3 de maio de 2010

Capitulemos

Comezou o día seguinte da desfeita. Primeiro como intento de explicala despois como movemento que tenta demostrarse a si mesmo e facerse co control de todo. Nestes días tal vez pola coincidencia dos datos do IGE e a proximidade do 17 de maio mostrase especialmente activo.
De que estou a falar?
De todos aqueles que a partir duns datos de Perogrullo:
- o fracaso das políticas de normalización
- o bipartito perdeu as eleccións
- o castelán é xa a lingua materna de boa parte dos galegos
están a construír un suposto discurso de defensa do galego baseado en:
- moderación, moderación e moderación. Non podemos ser tan radicais como os do bipartito.
- o decreto do galego non é tan malo porque deixa un certo espazo o galego, non podemos ir mais aló (dixérono co dos terzos e dino co 2.0)
- debemos renunciar a calquera aspiración de máximos.
- relacionado cos dous anteriores hai que recoñecer que non podemos pretender que o galego compita en certos espazos.
- non podemos politizar a lingua. Se un nacionalista aparece a fronte de  calquera reivindicación sobre a lingua esta queda descualificada e invalidada.
- os nacionalistas deben apoiar as nosas teses e as nosas organizacións que son neutrais. Nos non podemos apoiar as súas porque son ilexítimas, politizan.
Os xornais están encantados de darlles publicidade sobre todo porque os principais líderes dese movemento son persoas supostamente expertas no tema do que falan. A rede espalla mais esas novas e dálles aínda mais corpo.
Pois eu non estou dacordo. Pode que eu sexa un ninguén porén aínda lembro os exercicios da facultade cando nos ensinaban a buscar a intencionalidade tras a mascara das palabras. Ese movemento é tan lexitimo como calquera outro se admite que no fondo o que busca é unha capitulación, mais ou menos honrosa, perante o lingüicidio. Capitulación que debe ser total de todos nos para conseguir o que realmente lles importa os promotores de tal idea: que a súa conciencia e sona quedan impolutas e que grazas a paz que trouxeron con eles se lles manteñan os seus postos. Nese senso o enterrador comeza a ser un home que gana enteiros en canto a equidade: quería un posto e déronllo. O posto obrígao a facer un traballo e faino.
Os que queiran capitular que capitulen, e mais os de enfronte recibiranos cos brazos abertos. Porén non insulten a nosa intelixencia. Nin capitular é a única alternativa nin o fan por amor o galego. E por certo se as súas teses son as correctas capitular non salvará o galego mellor que a suposta confrontación que defendemos os "perturbados nacionalistas", so fará a súa morte mais silenciosa.
 
 

luns, 19 de abril de 2010

De porque vou acabar en UPyD


Esta semana pasada o centro estivo sen internet e eu cun catarro dos que fan historia. Ámbolos dous feitos combinaronse para que non puidera redactar nin publicar a terceira parte sobre o federalismo imposible en España. Porén, cando por fin fun medio persoa e a Xunta se dignou mandarnos un técnico para que amañara a conexión a internet, entereime do estudo do IGE sobre o galego. A verdade é que non di nada novo e non vou por aí. Vou porque a raíz dese estudo volveron a soar con forza as voces que cuestionan a normalización lingüística e o esforzo adicado a combater ou elaborar leis e decretos. Por aí vou. Porque quero deixar claro unhas cantas cousas:

- efectivamente a normalización así no senso mais amplo da palabra fracasou.E si, ningún decreto por fantabuloso que sexa vai cambiar por si so a situación de perda de falantes.

- a normalización non fallou porque si. A ver se deixamos de chorar e darlle argumentos os da imposición. A normalización fallou porque sinxelamente non se aplicou. A lei é do 83, repito do 83! se no curso 84-85( por darlle tempo a andar) todas as materias agás castelán se impartisen en lingua galega e así ata hoxe, sen ser posta en dubida por ningún partido, se todos os profesores e funcionarios empregasen o galego a cotío polo menos no seu posto de traballo ( o que nos profesores inclúe cando están fóra da aula) se ... podería seguir. O quid non é o se, o quid é que non se cumpriu nada. De feito a gran diferenza, a gran ameaza do decreto bipartito (como a mesma gloria recoñeceu en mais dunha entrevista) era que se estaba a tentar cumplir por parte da administración.

- seguir a falar do primeiro esquecendo o segundo so lle da ánimos e argumentos os da imposición.

- Mauro Fernández pode que teña unha grande traxectoria detrás, todo o mundo a ten nun determinado momento. Todo o mundo pode cambiar de idea, algo plenamente lexitimo. Mauro Fernández cambiou de idea e agora esta contra o galego, en galego porén contra o galego, so fai falla que el e os que defenden alegando mil e un matices se dean conta.

Por outra banda parece que houbo leria dentro do BNG sobre unha manifa sobre cuba. Leria que chegou magnificada a rede. A miña pregunta é: como persoa interésaseme Cuba como me interesan outros temas; na miña praxe política como nacionalista Cuba non me interesa, de feito é contraproducente para os meus intereses. Tan difícil e asumir iso polo nacionalismo institucionalizado?

E para rematar nun artigo no que Calidonia se queixaba da marxinación do galego por Google tivo que aparecer o comentario de sempre: google respecta moito o galego aí están as variantes de portugués. O problema é dos do galegonhol. Tan difícil é comprender que non estamos en situación de semellantes parvadas? Que debemos chegar a un armisticio normativo en aras do que realmente importa? E digo armisticio porque parece claro que a paz é imposible.

Como me temo moitas das respostas estou un pasiño mais preto de pasarme a UPyD que polo menos ten as ideas claras: ESPAÑA E ROSA DÍEZ!


Tamén en Galizauberalles

xoves, 25 de marzo de 2010

De malvados nacionalistas e libros de texto

Unha das cousas que me leva fascinado desde que comecei a ler xornais ala polo 1993 é o da sempiterna cantinela dos medios da dereita mediatica respecto os "nacionalismo periféricos" : Mais concretamente o feito de que manipulan e distorsionan a Historia, como se iso fose algo privativo deles e non a tónica xeral dos nacionalismos o longo e largo do mundo. Aínda lembro o ABC chamándolle a Fraga nacionalista radical. 

Nesa presunta manipulación dos malvados periféricos o ensino da historia ocupa un lugar preferente pois: lembremos que o nacionalismo español non minte nin manipula so di a verdade como na afirmación: Atapuerca, España!, o falar do homo antecesor e configuralo como o primeiro español.

Naqueles anos nos que eu disfrutaba da Pax Fraguiana como alumno de instituto primeiro e universitario despois sempre ría  a cachón cando incluían a Fraga no mesmo saco que a Pujol ou Arzalluz. Sobretodo porque no tema da historia os libros de texto en Galiza incluían con sorte unha páxina ou un paragrafo sobre a historia de aquí. Páxina ou paragrafo que acostumaban a estar o final do capitulo de cada tema e que nunca se daban debido a "la falta de tiempo".

Co aínda mais malvado bipartito, no 2005, tocoume voltar o instituto desta vez como profesor encargado de "falsificar la verdadera historia y llenar la mente de los niños de cosas que no existieron nunca salvo en la mente enferma de los nacionalistas"  (Pedro J ou Jimenez Losantos dixit, que non lembro cal dos dous a soltou nin gañas teño de miralo). Cal foi a miña sorpresa o ver que os libros de texto seguían a ter unha páxina ou capitulo o final de xeralidades infantís sobre Galicia (non cambio de termo é que o nome dos capítulos é Galicia). Visto que todo seguía igual so me quedaba saber se o de "la falta de tiempo" continuaba igual. Nese curso 2005/2006 no que fun chimpando dun sitio a outro como substituto, e grazas o programa de gratuidade dos libros de texto que permite ver que fixeron o ano anterior, puiden ver que mais ou menos a cousa seguía igual. Desde entón primeiro como interino e despois xa como funcionario continuei chimpando e vendo como o apartado de Galicia sempre aparecía nos libros riscado ou marcado cun gran No entra. Cousa que tendo en conta que eu si a dou e a amplío dada a súa irrelevancia natural no libro de texto contribúe a miña popularidade alí por onde vou. Por certo no curso 2006/2007 vin o libro equivalente, neste caso de Xeografía, de Castela e León: era da mesma editorial e dos mesmos autores e non tiña unha páxina senón un tema enteiro adicado a Castela e León para cada eido especifico.

O cal nos leva a outro tema interesante o galego dos libros de texto e como se escollen. Nun artigo de Vieiros xa se falaba do pésimo galego dos libros de texto e aventuraba que os tradutores eran inexpertos. Disinto, os tradutores son tradutores automáticos, así nos libros de historia e xeografía so existe o termo xeneral:
 Definición RAG
xeneral s. Mil. Xefe militar de máis alto grao no exército de terra ou do aire. Ascendeu de coronel a xeneral. s Xeneral de brigada. Militar de grao inferior no xeneralato. / Xeneral de división. Xefe militar de grao intermedio entre o de tenente xeneral e o de xeneral de brigada.
 Definición Digalego:
s BÉL Oficial de máis alto grao na xerarquía militar, nos exércitos de terra e aire. RELIX Xefe dunha orde ou congregación relixiosa.
Cando na meirande parte dos casos debería ser xeral:
Definición RAG
xeral adx. 1. Que se refire ó conxunto de individuos, de casos, de detalles, etc., e non a cada un en particular. Dáme a túa opinión xeral sobre o asunto. Cultura xeral. ANT. particular. 2. Que afecta á maioría ou á totalidade dunha colectividade. Un asunto de interese xeral. SIN. común.Convocaron unha asemblea xeral para o venres. O profesor deu aprobado xeral. 3. Que abarca o conxunto dunha organización, dun servizo, etc. A Dirección Xeral de Política Lingüística depende da Consellería de Educación. s En xeral.En conxunto, sen pararse nun elemento en particular. En xeral, a xente sabe o que quere. Falo en xeral e non de ti.
 Definición Digalego:
Que se refire a un conxunto de cousas, individuos ou feito
Que afecta maioritariamente a unha comunidade
Que abarca o conxunto dunha organización ou dun servizo
Que é frecuente ou usual

Porque a meirande parte dos libros de texto son traducións de edicións feitas para o resto do estado. E por que é así? Aquí é onde entramos na elección dos libros de texto.
Cando un pensa na necesidade de mais financiamento para os centros educativos case sempre lle ven a cabeza a idea de mais ordenadores. E os ordenadores están moi ben, porén nun centro publico precisase de todo. E como a administración sempre atopa escusas para pagar o menos posible o resultado é que se buscan fondos onde sexa. Isto implica que a elección de libros de texto teña moito mais que ver coas vantaxes económicas que poida outorgar a editorial que co libro en si. Por outra banda hai que ter en conta que o contido dos libros debe cumprir as esixencias da administración estatal e  a autonómica ergo non hai marxe para a creatividade da que falan na brunete mediatica, nin para ir en contra da meirande parte dos tópicos desfasados.

Polo tanto poñámonos nun centro calquera a hora de escoller os libros de texto. Faise a chamada de rigor as editoriais para que envíen as mostras correspondentes (e as ofertas económicas). As mostras chegan e o departamento reúnese para unha primeira peneira: aqueles que son rematadamente malos (algún hai así), os das tirrias persoais dos profesores etc. caen nesta primeira peneirada. Así normalmente os que se clasifican son os de Santillana e Anaya. Vicens Vives acostuma caer nesta primeira selección pois os seus libros "teñen demasiado contido para as esixencias actuais e falan demasiado de Cataluña e dos cataláns". Os libros de editoriais galegas, por separado ou agrupadas no Consorcio segundo a edición, pasan a primeira fase mais que nada por non chamar a atención. Que por certo Anaya xoga con vantaxe pois presenta os seus libros e os de xerais. Unha vez chegado a este punto tentarase chegar a un acordo entre os membros do departamento para darlle tódolos cursos a unha editorial ou repartir salomonicamente entre varias. Aquí si que xa hai so dous criterios: o que ofrecen (o mais importante) e a editorial favorita de cada quen. Ao final vai primar o primeiro salvo casos dunha vaca sagrada de departamento que conseguira a editorial que quere para a súa materia. Nesta fase os libros escritos directamente en galego caen si ou si na maioría dos casos o non poder igualar a oferta económica das grandes. Grandes que fan unha edición base para todo o estado e engaden/traducen o que sexa necesario. A min tocoume vivir un par destas eleccións: gañando unha Anaya porque nos ofrecía un canón proxector, varios mapas murais, os libros de texto necesarios para os profesores e outros para ter en reserva no departamento como material de consulta. Non era o mellor libro. O mellor era de A Nosa Terra. Non se chegou a falar coa editorial para ver que ofrecía: " No hombre no, como vamos a escoger un libro de A Nosa Terra. ¿Qué dirían los padres?" dixo o director do centro e verdadeiro factótum do departamento. No segundo caso chegouse a unha situación de compromiso: Santillana polo que daba e SM porque era o que quería o profesor para a súa materia. Neste caso os libros das editoriais galegas caeron con razón porque era moi malos. En fin a preocupación mostrada por se  van traducir os libros do galego o castelán e os conflitos de dereitos de autor e vana.
Espero que co anterior se teña algo mais claro porque o galego dos libros de texto é como é e como funcionan as cousas no apaixonante sistema educativo galego.
Tamén en Galizauberalles

martes, 23 de marzo de 2010

Dous avisos.

En primeiro lugar comunicar que o vindeiro Xoves 25 hai convocada unha manifestación pola: Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo. Esta manifestación saíra as 20 horas da Vía Norte.
E en segundo lugar a sentenza sobre o caso Arteijo (1,2), que corrixe algo semellante desfeita. Podese consultar aquí, en Vieiros.

Tamén en Galizauberalles

luns, 22 de marzo de 2010

A hora da verdade

Dada a miña tardanza en tratar o asunto do proxecto_decreto_plurilinguismo teño un bo feixe de ligazóns sobre o asunto. Porén o final decidin centrarme so nos seguintes:  o de Fermin Bouza, o de Anton Baamonde,e o de Ferradura en transito. Desde o noso lado e desde o outro nas palabras do Ponselleiro, do martir, e da señora esa.

Ben e que podo aportar eu? Pouca cousa. O decreto novo (a falta de ser o definitivo) mellora o anterior na forma sen cambialo para nada no fondo. Este cambio de faciana pretende seguir incidindo no caracter radical e impositor dos que o combaten. Non hai mais que ler o Ponselleiro e o martir, que menten coma cabróns que son e agachan outras cousas. De feito aí esta a súa perigosidadade mediatica, mentres a practica residen en dúas palabras e un feito: xeral, predominante e que os escolares teñan libros en castelán se lles peta. Porque por moito que leo o decreto os termos xeral e predominante (combinados coas familias) dame a posibilidade (legal ou alegal) de que haxa centros onde todo vaia en castelán e listo. O dos libros é o mais grave, pois eu que nunca obriguei a falar/escribir en galego a ninguen pese a que a miña materia é das que se dan en galego dou fe que os rapaces non mutaron e por economia se o libro esta en galego = galego nos exames e preguntas en galego sobre a materia asi falen entre eles en castelán. Como todo o mundo o sabe de aí a teima en darlles liberdade oral, escrita e de libro.

A perigosidade mediatica radica en que sobre o papel parece equilibrado. Ergo moitos dos que se subiron o carro da lingua recentemente, mentres botan pestes contra os nacionalistas que poderína trabucarse porén sempre estiveron aí, van baixar en aras do equilibrio e do consenso. O que faga o PSdG e o seu entorno vai ser clave.

Esta é a hora da verdade por:
- o decreto vai saír si ou si.
- vai haber que artellar a supervivencia da lingua coa escola en contra coma nos vellos tempos.
- e veremos cantos quedamos o final nesta trincheira, se os que sempre estivemos ou alguen mais.

Tamén en Galizauberalles

mércores, 10 de marzo de 2010

Rexeitada a ILP de Queremos galego

E tras a mostra de humor anterior, toca falar de cousass serias. O rexeitamento da ILP de Queremos galego. Deixo que falen as comunicacións que me chegaron o correo persoal por parte da CIG. 
Onte:
"Prezadas compañeiras,
Prezados compañeiros,

Na tarde de onte celebrouse reunión da Mesa do Parlamento e, como era previsíbel, tratouse de novo sobre a admisión a trámite da nosa iniciativa lexislativa popular. Como era tamén de agardar, o PP fixo valer a súa maioría no organismo para rexeitar que a ILP puidese emprender o seu camiño legal, porén contou cun sorprendente aliado: o representante do PSdG-PSOE tamén votou en contra.
Como xa se indicou en correos anteriores, cómpre responder canto antes, anunciando as medidas legais e sociais que se iniciarán inmediatamente. Así, hoxe martes 9 de marzo ás 17 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 16) haberá unha rolda de prensa da Plataforma “Queremos Galego” para valorar a situación e propoñer novas accións.

Unha forte aperta e moito ánimo, agora que é aínda máis preciso.
Seguiremos informando"

E hoxe chegoume isto:

"Enviamos información sobre a rolda de prensa de onte de Queremos Galego
Asunto   INFORMACIÓN URXENTE QUEREMOS GALEGO!

A/A. EDNL e comunidade educativa:

Prezada/o amiga/o:

A seguir enviamos información da conferencia de imprensa que tivo lugar hoxe
9 de marzo tras coñecermos o rexeitamento a trámite da Iniciativa
Lexislativa Popular presentada o 8 de febreiro pola plataforma Queremos
Galego, por parte da Mesa do Parlamento. Agradeceriamos a máxima difusión da
noticia por canto afecta a un dereito democrático básico como é o da
iniciativa popular e incide na política de desmantelamento da oficialidade
da nosa lingua por parte do PP.

Se quixeres coñecero o textoda ILP rexeitada pola Mesa do Parlamento podes
entrar en:
http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/iniciativa-lexi
slativa-popular

QUEREMOS GALEGO  COMEZARÁ A RECOLLER SINATURAS PARA EVIDENCIAR O APOIO
SOCIAL Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR REXEITADA POLA MESA DO PARLAMENTO

A plataforma asegura que “non vai calar por moito que queira Núñez Feijóo
que a sociedade deixe de defender o galego”

Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resoluciónda Mesa do
Parlamento, que evidencia “a actitude prepotente dun Partido Popular que
teima en non querer escoitar a sociedade”

Santiago de Compostela. 9 de marzo de 2010. A comisión xestora de Queremos
Galego compareceu hoxe en conferencia de imprensa para, a través dun dos
seus portavoces, Carlos Callón, anunciar as medidas legais e sociais a
adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a
trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde
a plataforma. Esta iniciativa puxérase en andamento a través dunha comisión
promotora da que fan parte nomes senlleiros en diferentes ámbitos da vida
social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda
Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois
“O Carrabouxo” ou Sonia Lebedynski, entre outros.

Esta proposición de lei por iniciativa popular pretende garantir plenamente
a posibilidade de uso do galego das e dos cidadáns perante a administración
galega, desenvolvendo o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística e
na Carta europea de linguas minorizadas.

Para Queremos Galego a non admisión a trámite desta ILP é unha mostra máis
“do medo que o Partido Popular ten a que a sociedade exprese de calquera
maneira o seu apoio ao uso da lingua propia e oficial do noso País, mesmo
utilizando e manipulando de xeito partidario institucións públicas como a
Mesa do Parlamento e lexislación como a da Iniciativa lexislativa Popular
para os seus fins”.

A plataforma cidadá lembra que o dereito á Iniciativa Lexislativa Popular é
un dereito democrático básico recoñecido na Constitución española, “que vén
de ser vulnerado”. A súa admisión a trámite non implica a súa aprobación, só
marca o inicio dun período de recollida de sinaturas entre cidadás e
cidadáns maiores idade e censuados en Galiza. Tras completarse o mínimo
necesario (15.000), con todos os requisitos recollidos pola lei, motiva o
seu debate parlamentario. Para a plataforma cidadá “é a este debate ao que
ten pánico o Partido Popular, xa que evidenciaría que detrás do seu discurso
o que se agochan son claras intencións de acabar coa lingua galega”. E
recorda que “iniciativas anteriores foron tramitadas, sen lles seren
aplicadas visións restritivas, con toda naturalidade, independentemente da
súa aprobación final ou non”.

Queremos Galego anuncia que “non se dobregará ante esta manobra
antidemocrática e autoritaria do Partido Popular”, que “aínda motiva máis”
ás perto de 700 entidades que integran a plataforma a seguiren realizando
accións  de defensa da nosa lingua. Neste sentido, Queremos Galego anunciou
que iniciará un proceso de recollida de sinaturas “exactamente baixo as
mesmas condicións que se faría coa ILP”, que serán presentadas no Parlamento
galego a todos os grupos.

Para dotar de garantías xurídicas e velar polo cumprimento da legalidade en
todo o proceso, constituirase unha comisión xurídica formada por
profesionais de diversos ámbitos do Dereito e a xustiza.

A plataforma cidadá chama ao pobo galego “a mobilizarse e non deixar pisar
os seus dereitos lingüísticos e políticos”, duplamente vulnerados ao
negárselle admisión a trámite parlamentar á iniciariva. Segundo Carlos
Callón,  “o PP terá que escoitar, quixer ou non, a voz do pobo”. E lembrou
que este “xa reaccionou exemplarmante á política lingüicida do actual
goberno a través das manifestacións máis grandes da historia democrática en
defensa da nosa lingua e cultura”. O tamén presidente da Mesa pola
Normalización Lingüística amosouse convencido de que  a sociedade “volverá
mobilizarse por múltiplas vías” se fai falta e anunciou a presentación dun
calendario de “intensas actividades ao longo e largo de todo o país”.

Desde este momento Queremos Galego comezará a estudar a interposición dun
recurso de amparo ante os tribunais competentes contra a decisión da Mesa do
Parlamento, “co fin de restaurar en Galiza a normalidade democrática que o
PP teima en facer desaparecer”.

TEXTO DA ILP EN:
slativa-popular"

En fin nada novo por desgraza.



venres, 12 de febreiro de 2010

PARABÉNS PARA XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN…OU NON?

Xopau analiza para nós a elección de Ferrín como presidente da RAG. Algúns lectores fixéronme chegar que sería mellor fragmentar as anotacións porque son demasiado longas para lelas nunha pantalla. Mentres meditamos sobre o feito e para que sexa mais doado imprimir e polo tanto ler a magnifica colaboración de Xopau aquí a tedes en pdf. PARABÉNS PARA XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN
E aquí e sen mais espera a colaboración como anotación:

" PARABÉNS PARA XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN…OU NON?
Tense valorado profusamente, maiormente na prensa e noutros medios de comunicación, a elección de Ferrín como novo presidente da Real Academia Galega. Aínda así non puiden resisitir a tentación de facer unhas reflexións que intentaran deitar luz sobre o posicionamento da xente a respecto deste tema e en menor medida sobre o meu propio. Campos tantas veces arados que se pode dubidar  que poidan dar colleita.
    Ferrín pode ter moitas virtudes e outros tantos defectos pero o que si é claro é que a ninguén deixa indiferente. A cuestión está en saber se iso é ou non positivo. Amigo dos seus amigos conta con defensores leais por correspondencia a esa amistade ao mesmo tempo que cada frase súa recolle unhas cantas ducias de inimigos.

QUE NON
Na listaxe infinita de detractores compre seguir un método escolástico que nos permita clasificar a xente pola súa ideoloxía e o grao de furor dos seus ataques.
    O primeiro posto foi gañado e deféndeno con carraxe e forza todos os días os reintegracionistas. É un odio que roza no visceral e que leva a moita xente a intentar defender o indefendible. Recordo unha colaboración de certo intelectual focense intentando demostrar científicamente que a obra de Ferrín carecia de calidade literaria o que o convertía nun candidato ao nóbel pésimo (como digo eu: cousiñas!).
    Ferrín acusou sempre ao reintegracionismo das mesmas cousas: intelectualismo, alonxamento das clases populares, pouco coñecemento real da lusofonía (maiormente de Portugal) e  vasalaxe con respecto a esta.
    Da acusación de intelectualismo e de alonxamento das clases populares poderíaselle retrucar coa súa mesma obra que nunca buscou un público popular e con unha certa actitude vital que nunca conseguiu sobordar, en ningún dos seus aspectos, o cenáculo e as sociedades “quasi secretas” do tipo da FPG.
    De adoración por todo o lusófono ata raiar no autooodio  ten certa razón, sempre que se matice que a metade da xente do reintegracionismo (da que queda hoxe en día; outra cousa era nos 80) non está completa de todo a nivel mental(habendo mesmo casos de loucura manifesta que abondo deron que falar) e só é reintegracionista; é dicir, non entende de máis nada e todo se filtra e desemboca nesa ideoloxía. Son unha relixión . Evindentemente existe xente que rompeu os miolos no reintegracionismo para intentar chegar a unha solución entre o universalismo da lusofonía e a realidade de Galiza como nación minoritaria, cousa que nos achegaría a outras comunidades sen estado europeas. Esta conxunción foi a que buscou o nacionalismo histórico e así debería seguir sendo. Por desgraza esta visión vaise esvaindo ao polarizarse as posicións. Dalgunha maneira era o que a nivel gráfico representaban as normas da AGAL, mais hoxe o debate está ou no isolacionismo ou no portugués padrao.
    En Ferrín hai unha tendencia (plenamente de acordo co seu marxismo e coa súa forma de ser) á provocación que hai que valorar sempre que se lle xuzgue. Isto, a persoas que non posúen o don da retranca ou do temple,  resúltalles imposible. So coñecen o escándalo e a resposta furibunda. De feito hai provocación cando ataca o reintegracionismo e estou seguro que Ferrín non empregaría moitos dos seus argumentos debatindo con Carvalho Calero. En certa maneira estase acusando a unha parte dos filolusófonos de incultos, de descoñecedores da realidade portuguesa,…  ao mesmo tempo que el se pon como modelo contrario asentando a súa obra en pilares literarios de Portugal e do Brasil e sendo un coñecedor profundo, como arraiano, do que é e do que o país veciño representa para os galegos. Ten dito unha vez que aquel galego que aprofunde nas diferenzas que separan  Galiza e Portugal encontrará os grandes vencellos que aínda nos unen. Aquí, para min, só me resta a reverencia. Por último dicir que son dos que opino que moitas veces o noso movemento é tan pobre que sobrevaloriza algunhas persoas e as súas boutades. Ao mellor Ferrín opina o que opina sobre lingua porque é íntimo amigo de Ramón Lorenzo e xa está, sen máis.
    O segundo grupo que se encontra a desgusto coa elección é o do españolismo galeguista sintetizado en figuras coma as de Xesús Alonso Montero, Franco Grande e algúns outros. Son xente da diplomacia que sempre creron na mensaxe piñeirista culturalista. Hai que ter relacións estables co poder e intentar convencelos pola persuasión. Non deixa de ser unha ideoloxía golpista que exclue do debate as clase populares por analfabetas. Así, trocando a ideoloxía das clases dirixentes o asunto virará aos nosos intereses. Esta ideoloxía, nun país con enormes taxas de analfabetismo cultural e político, pode suscribirse sen temor a erro máis isto xa se experimentou e non vimos a regaleguización de D. Manuel Fraga por máis que a conta do erario público comimos con el no Anexo Vilas, fomos embaixadores da nosa cultuira en medio mundo viaxando en primeira e falamos e discutimos en ton amistoso ao redor de copas de bon viño… Esta xente cre que Ferrín radicalizará o discurso e perderemos os poucos apoios que temos no poder. Eu creo que no PP e no PSOE, que para nós son o poder, non temos apoios (verdadeiros).
    O nacionalismo integrante do BNG está dividido mais entende que Ferrín é un extemporáneo disgragador e pouco práctico. Como me chamaron a min unha vez: un desestruturador (nalgo me parezo, mira ti). Aquí hai, por un lado, odios históricos e polo outro  xente nova que recolle a testemuña de forma esvaída e a sintetiza nunha frase  que de  tanto escoitarse acabou por volverse clásica: é un grande literato pero un pésimo político. Dalgunha maneira para os históricos do nacionalismo Ferrín é a voz da conciencia que lles fala do que eles eran hai coarenta anos. Hai unha frase nas conversas co de Vilanova dos Infantes no que fala ben de Camilo Nogueira porque sempre estivo no mesmo sitio non coma fixeron outros camaleóns sub especie gallaica. Baixo o meu ponto de vista o xiro do nacionalismo nos últimos anos foi positivo mais foi xiro categórico e niso ten razón. Que Paco Rodríguez é unha figura obscura tampouco é negable.
    E desde as lexións destinadas nos deserto áridos e maniños do españolismo? Alí paz e gloria, coma de costume. Saben que Ferrín ten o don de xerar enfrontamentos no seo do nacionalismo o que, supoño que non teño que recordalo,  en principio benefíciaos. Por outra banda o filomarxismo explícito de Ferrín, a súa militancia na FPG, etc sempre son ases na manga que se poderán xogar no momento propicio, se for necesario. Evidentemente o peso das opinións  dun ex sacerdote catedrático de Universidade ( Barreiro) a nivel social sempre será moito maior que o que poida ter o autor de Crónica de Nós. Ademais Ferrín pode insultar certas ideoloxías pero é fiel a outras ata o extremo. Con el nunca haberá un enfrontamento (teórico) Galiza/España pois un camarada marxista español é un camarada por máis que a vida lle debeu ensinar que son a quintaesencia do xacobinismo. A FPG segue enpeñada en aliarse coa CGT, etc.
    Preguntaranse por que está o españolismo entre os do NON? No fondo creo que a elección molesta un pouco polo carácter do Ferrín. Ao fin, cando se está no poder, non é agradable ter que estar contestando diariamente os ataques furibundos que che están mandando desde unha Institución. Ademais, que Ferrín fose eleito é o cume dunha reforma da RAG que se foi consolidando desde os tempos infaustos de García Sabell; reforma nunca propiciada nen apoiada desde os españois de Galiza.


QUE SI
Mais fica alguén que diga que si?
    Pois fica. Están os literatos (moitos) que recoñecen unha obra que agrandou a literatura deste país (case un milagro coma o de Cunqueiro ou Pedraio) e que pode ser motivo máis que suficiente para sentarse na cadeira de presidencia da RAG.
    Gusta tamén que o debate entre a RAG e as outras institucións nas actuais circunstancias se radicalice un pouco e se faiga intelixible.
    Da súa xeración é o home con máis peso simbólico e un dos que mantivo un traballo máis constante e vai nos seus anos, é de xustiza darlle a Presidencia.
    Desde a miña visión o mellor é que Ferrín ten amigos. Amigos máis alá das fronteiras de España e Galiza e estou seguro que, co paso do tempo, agora algúns son influíntes. O noso problema ten que internacionalizarse e iso o nacionalismo deste país entendeuno nos anos 20 e 30 pero hoxe non o entende. Hai millóns de persoas no mundo buscando un Prometeo Encadeado a quen liberar. De nós depende que nos elixan. Ferrín axudará a isto, estou certo.
    A pregunta que paira neste ar frío do mes de febreiro sempre é a mesma: a quen lle interesa a elección do presidente da RAG neste país? A resposta pode atoparse nas cifras que sobre consumo cultural no Estado se deron o outro día. Lemos menos que un Español de España que xa é dicir! Vaia por Deus….

Con todo e por todo: parabéns Méndez Ferrín!!! "