luns, 26 de outubro de 2009

Cambio de hora

Meus avos, en paz descansen, odiaban o cambio de hora. Acostumados a vivir toda a vida polo sol non entendedían a que viña.

Meus pais odian o cambio de hora, nunca entenderon o suposto aforro do mesmo. Dificil entendelo cando implicaba muxir varios días coa luz encendida a maña e a noite e aturar que durante quince días as vacas desen menos leite e estivesen alteradas = sementaban patadas que Dios te crio, que dicía miña nai. Agora que estan retirados e non teñen que muxir seguen a odiar o cambio de hora.

Eu, desertor do arado, odio o cambio de hora. Sobretodo o de inverno-veran que me fai estar descolocado unha semana (este non me altera no mais minimo).

A que ven todo isto?. Unha vez mais cambiamos de hora en beneficio de... nada. Porque deixando a un lado a polemica sobre se son reais ou non os beneficios económicos do devandito cambio, o que esta claro é que se estes existen non se aplican a Galiza. O noso fuso horario é o de Portugal ou Canarias: a frase "Una hora menos en Galicia y Canarias" non a oiremos nunca. Vale que o mellor o recoñecemento do noso fuso horario o mellor traía mais contratempos economicos, porén eso non obvia para que unha vez mais estar nese conxunto chamado España reserve para nos as molestias e as perdas e para eles os beneficios. Levamos 500 anos sacrificandonos por España. Xa podía esta sacrificarse por nos algunha vez. Dubidoo moito. O "Señor das habichuelas" xa anda por ai pedindo o seguinte sacrificio.

2 comentarios:

  1. O máis divertido e que o governo madrileño zpteiro ten un tipo coa sua comisión de burócratas a tentar mudar os hábitos horários dos españois,manda troula, niste estadiño decadente solucionan as coisas asi, non se lles ocurre mudar a hora.Como tantas cousas só mudarán rompendo con iles, a nosa solución é sinxela.Dise xeito non haberá máis "sacrificios innecesarios

    ResponderEliminar
  2. Duar o da comisión para a introdución do horario europeo é un chiste. Escoitei unhas declaracións do seu presidente argumentando como Madrid era a única capital europea con atasco as 20:00 horas e como desaparecería cando tivesemos o mesmo horario ca Europa. ( A conclusión de que o atasco ía cambiar de hora e que o se precisa é que se flexibilicen os horarios segun as necesidades das persoas en vez de trocar un por outro non se lle ocorreu). Respecto o de marchar desa cousa chamada Es... non o dixen porque se prospera a reforma da liberdade de expresión impulsada por Popular tv e adlateres pechannos o chiringo porque: "Hay cosas que no se pueden decir. La libertad de expresión no puede amparar poner en duda la unidad de España ni sus símbolos"

    ResponderEliminar