venres, 5 de marzo de 2010

Data limite 1 de marzo de 2017 (parte II)


Eleccións de 2001:  Un 21 de Outubro todos os soños do nacionalismo, agarimosamente criados despois do 1997, chocaron coa realidade.  Os resultados foron:
PP: 791.885/52,51%/41 BNG: 346.423/ 22,97%/ 17 PSdG-PSOE: 334.819/ 22,20%/ 17  
Fóra do parlamento e dentro do nacionalismo quedaron: Democracia progresista galega DPG: 6.938/ 0,69%/-  FPG: 3176/ 0,21%/-
Total do nacionalismo (incluindo a DPG que a inclúo so polo nome pois non atopei datos): 356.537/ 23,87%/17 Aquí comeza a recuperación do PSdG empurrado polo comezo do efecto Zapatero e porque Touriño puxo certa orde aquí. Significativo do estado dun partido que alguen como Touriño chegue a ser candidato, pacificador do mesmo e finalmente presidente da autonomía. O voto prestado marchou. Beiras co seu carisma non daba mais de si. E a frase :"vendidos o capital e o españolismo" comezou a usarse para referirse o BNG. Curiosamente, esa frase que a min dixoma un coñecido ,membro de Agir, e que estaba moi orgulloso de non ter votado foi parella con outra dunha coñecida: "yo vote en blanco, porque una cosa es estar harta de Fraga y otra votar a los radicales del Bloque". Cousa de ter amizades variadas. E desde entón vivimos na paradoxa permanente: o BNG mais moderado, case é un partido rexionalista, perde votos por radical mentres outros non lle votan por moderado.

Eleccións de 2005: E por fin, un 19 de Xuño e polos pelos, rematou o fraguismo.
 PP 756.562/ 45,81%/ 37 PSdeG-PSOE 555.603/ 33,64%/ 25 (máximo en votos e porcentaxe do PSdeG) BNG 311.954/ 18,89% 13
 O nacionalismo tivo fóra do parlamento á: FPG 2.982/ 0,18 %/- NÓS-UP 1.749/ 0,11%/-
En total o nacionalismo tivo: 316.685, ou o 19,18% dos sufraxios e 13 escanos. Esta foi a vez na que nos consolamos coa chegada a Xunta e a desaparición do fraguismo. Para uns non foi consolo abondo, para min si. Respecto a estas eleccións quero mencionar dúas cousas: O Prestige e La Coz. Soe dicirse que foi o Prestige o que posibilitou a derrota de Fraga, eu dubidoo, nas municipais de 2003 o PP seguiu coma se nada incluso nos lugares mais afectados. A xestión da catástrofe foi mala non así a das súas consecuencias. As redes caciquis puxéronse a traballar e sementaron cartos a feixes. Nada produtivo porén totalmente valido para a mentalidade galega que o quere son os cartos na man e non promesas nin planos de futuro. Respecto a La Coz, primeiro o cidadán medio cre que é un xornal totalmente neutral e obxectivo pois entre outras cousas carece de editorial ( o do editorialista a inmensa maioría da xente ignórao, ata eu tardei anos en caer da burra o non fixarme na letra pequena). Ben e La Coz no último mandato de Fraga foi implacable co goberno: primeiro o Prestige, despois as caídas de Fraga, que se ía ser un candidato con mais de oitenta anos, a rebelión de Baltar, que se o PP estaba dividido entre boinas e birretes... Así todos os días xa fose na sección de Galicia, na de opinión ou na de España o tratar o PP, e moitos deles con triplete. La Coz ten influencia, non é paranoia do BNG. Non pode cuantificarse en votos, mais crea unha corrente de fondo que podo facer variar uns poucos ou moitos votos, ou sexa un escano. Lembremos que se gañou a Fraga no tempo de desconto pendentes do CERA. Se o candidato non fose Fraga e La Coz estivese dacordo o mais seguro é que o PP gañase no 2005. Fixo falta todo o anterior e o tiron do goberno amigo, ese gran mito galego, de ZP para gañar por un.

Eleccións 2009: 1 de marzo, día da desfeita, todas as enquisas trabucaronse e comezou algo moito peor que o fraguismo e quen sabe se mais longo.
PP. 789.427/ 46,68% / 38 PSdeG-PSOE 524.488/ 31,02%/ 25 BNG 270.712/ 16,01% /12
Sen escano quedaron os nacionalistas de: TEGA 18.726/ 1,11% /-  FPG 2.903/ 0,17% /-    NÓS-UP 1.510/ 0,09% /-  + G 923/ 0,05%/-
O total do nacionalismo obtivo: 294.774 votos, que supuñan un 17,43% e 12 escanos. Case de volta os resultados de 1989. Pode dicirse que o 2009 foi unha repetición do 2005. Agora La Coz escolleu o BNG como branco e durante case catro anos xa fose pola Cidade da Cultura, a feira da Habana, o uso do termo Galiza, e sobre todo a partires do 2007 o decreto do galego e o concurso eólico, o BNG saíu ata na sopa na Coz, raro era o día que non fixese triplete nas seccións. Ah, ademáis non estaba Fraga, senon un candidato novo mais acorde os novos tempos.
 Se miramos o conxunto das eleccións teríamos unha media de: 317.772 votos, que supoñen o 20,74% dos votos validos e 13 escanos. Se descontamos os resultados de 1997 a media queda en 299.252 votos, un 19,67% dos sugfraxios e 12 escanos. Ou sexa que mais ala de utopías como a das enquisas do CIS e o seu mitico 25% de nacionalistas e espellismos coxunturais como 1997, a situación normal do nacionalismo (por outra banda bastante estable) é a de 1993 e 2005.. O quid da cuestión pois é non baixar mais e non perder o único logro destes anos: a unidade de voto. Porque non esquezamos que os partidos son un medio, non un fin. Por iso considero que moitas das criticas que se fan o BNG (e mira que eu tamén o critico) son excesivas e que como non me canso de repetir(1,2) o nudo gordiano da cuestión esta en cantos somos e que facemos cos que somos.

Bueno e que ten que ver todo o que dixen co aniversario da derrota e co 1 de marzo do 2017?

- Co aniversario: pono no seu sitio e bota un pouco de realidade sobre unhas excesivas ilusións que comezaban a agromar nalguns espazos da rede. Se o pesimismo do ano pasado, compartido por min e orixe deste blogue, era esaxerado o optimismo do momento presente e aínda mais irreal. As masivas manifestacións a prol da lingua poden moi ben ser flor dun día. Carecemos de apoio mediatico e os aliados puntuais non son de fíar. O PSdeG e moitos dos que se manifestaron anhelan unha solución de compromiso que faga voltar as cousas o rego: desaparición paulatina baixo unhas medidas supostamente proteccionistas. Co cal para cando toquen as eleccións seguintes, supostamente no 2013, todo iso estara superado e esquecido. No 2013 se o PP esta no goberno do estado o efecto goberno amigo tirara del e o PSdG será un caos.  Ademais claro esta que o  CERA esta vez voltara a ser para os conservadores. A baza que xogaran os socialistas galegos sera a de sempre: presentarse como o mal menor. Tentaran por todos os medios manterse na ambigüidade mais absoluta para non perder votos xacobinos fronte a UPyD e gañar votos do BNG. De feito a súa campaña seguro que estara mais orientada a fagocitar o voto nacionalista que a tentar derrotar o PP. O quid da cuestión é cantos van picar o anzol. O 2013 será unha vitoria do PP. Vitoria que pode ser eterna porque xa aprendeu a cambiar de candidato e seguir no poder: fixoo en Madrid, en Valencia e Castela e León e farao aquí. Non caiamos nos vellos erros de cargar todo nos ombreiros de Feijoo. O importante é o PP, mellor dito as politicas do PP. Politicas que o PSdeG non cambia moito. De feito aí esta a experiencia do bipartito na que Touriño deulle unha vicepresidencia simbólica a Quintana porénn quen mandaba cando non estaba era Pachi, un conselleiro. Iso sin contar que o PSdeG adicou mais esforzos a torpedear a acción de goberno das Consellerías do BNG que a gobernar el mesmo. O do decreto do gaelgo foi de antoloxía: feito nunha consellería súa acabaron botandolle a culpa o BNG e asumindo a tese da imposición. Con todos eses vimbios a campaña da Coz era doada. (Por certo que a campaña da Coz anti nacionalismo segue como so o goberno non tivera cambiado, so da certa tregua nos ultimos meses polo das caixas).

- Co 2017. Ben, as políticas tardan un tempo en dar resultados tanxibles. No caso do tripartito as súas medidas foron mantidas polo goberno de Fraga so que cambiandolles o nome e ocultando a súa procedencia. Iso permitiulle gobernar os dous primeiros mandatos. Cando se esgotaron as ideas do tripartito tivo que botar man do "toca sacrificarse por España" que lle deu outros dous mandatos nos que o goberno da Xunta non fixo nada. No caso do bipartito nunca saberemos ata que punto eran factibles pois Feijóo eliminounas por completo. Dadas as multiples frontes que o actual goberno abre cada día, os verdadeiros efectos non serán plenamente tanxibles ata o 2017. De aí o de data limite. Se para esa data o nacionalismo non é quen de artellar unha vía de acción que de resultados o estilo da vía culturalista de Ferreiro durante o franquismo, non quedara nada polo que loitar en Galiza. E esa vía non pode ser so política. Centrar todos os esforzos nunha suposta maioría que algun día caera do ceo é un esforzo inutil. A fin de contas ese día non da chegado e cada vez queda menos de Galiza. E precisamente nesa loita por salvar todo o posible é onde a unidade nacionalista é mais necesaria.

Para rematar dicir que todo o anterior non pretende ser unha profecía, todo o contrario. Eu estarei nesas datas, se Deus quere, mais que feliz de terme trabucado, de trabucarme. Por desgraza tal e como están as cousas hai poucas posibilidades de que asi sexa, e tamén moi poucas de que o nacionalismo espabile e non acabe sendo un mais deses movementos minoritarios e utopicos que circulan pola rede. Respecto o 1 de marzo do 2009 todo o que dixo Heder, naquel intre colaboradora anónima, segue sendo valido.

ENGADIDO: o venres 26 de febreiro "El Gato al Agua" fixo un especial desde o teatro Jofre de Ferrol onde Feijóo volveu darse un baño de moderación. Entendase moderación porque as súas verbas eran as mais moderadas das que ali se dixeron. Todo o que dixen aquí vale outra vez.

2 comentarios:

  1. A história está bem sabe-la, mais nom sempre é linhal. A variante crise económica e a xestión da crise política, que acho vai-se produzir probabelmente na españa tamén xoga forte. Nom creio tampouco que a xestión marianista en madrid agrade.
    Por outra banda nom poden seren mais lóxicas as verbas de caralladas sobre a solución ao bng, vamos, só há que ouvir a meus coñecidos de +bng,fartos da actitude dos da upg, que en qualquer outro pais sería considerada lesa traición.buff isso estoupa si ou si.
    Um partido socialdemócrata pode estar bem, mais galiza está mui lonxe de poder calhar tal cousa( coido que a situación internacional tampouco) de xeito hexemónico ,vexo moito mais factibel apostar por um movimento no ámbito liberal-conservador.
    Partillho das ideas de unióm do nacionalismo, exceto no ámbito partidario, surpreende-me que lanister aínda nom se decatara da sua inutilidade.
    Mas o nacionalismo,qualquer, ten qe contar cunha nova Galiza que esta a xurdir(senóm xurde nom há nada que fazer,e se xurde prepararmos para elo), eis a chave, e estar preparmos o lombo para aguantar unha longa marcha.
    Na lingua só vexo futuro na via, mui mal chamada, lusista,os argumentos de caralladas creio que som convincentes nisto,non acho outra via, non a vexo, as estratexias para leva-lo a bon fim, non as teño.
    Respeito os meios de comunicación dos madriles o pior e a enorme influenza na nosas mentes, nas nosas digo, non xa nas da población.Considera-los bons ou maus por ser de esquerda ou dereitas acho-o un grande erro, en muitas ocasións o mais filho de puta fai de policia bom.
    saudos son duar

    ResponderEliminar
  2. Eu se creo no da unidade nun so partido é por dous motivos: aínda non coñezo a ningun nacionalista de verdade que non xire ou xirara na orbita do BNG (xa sexa por activa ou por pasiva), e segundo: a dereita funcionoulle a nivel estatal, son unha piña inamobible

    Respecto os medios de fóra duar tes toda a razon: non hai mais que ler a sección de Galicia del Pais para darse conta que todos son o mesmo, ou a Sexta denunciando a Kale Borroka cando os de GB.

    Un saúdo e grazas por pasar

    ResponderEliminar