Serie de anuncios e novas:
- Mañá é día de greve xeral, para darlle pulo varias asociacións de consumidores engaden a recomendación de que ademáis non se consuma nada: recomendan facer a compra hoxe ou venres, non gastar nos bares, nin repostar, reducir o consumo de luz e auga etc.
- Se tempo atrás falaba da situación de Antom Santos, hoxe xa é oficial que vai ser procesado. Que as evidencias na súa contra sexan discutibles cando menos non significa nada o estar de por medio unha das magnificas leis de España: a Antiterrorista.
- A pregunta sobre quen ía quedar a cabeza do TDT Party : Intereconomía. A canle do touro consolida o 1,5% de audiencia con "El gato al agua" como líder indiscutible da súa audiencia. 13 tv logra un 0,8%. Veo7 desapareceu en xaneiro dando lugar a Discovery Max, aínda que Carlos Cuesta presenta un deses programas de linchamento de 23:30 a 1:00 co fin de que a xente lembre que a canle segue sendo de Unidad Editorial e para evitar competir con "El gato...". La10 desapareceu en xaneiro e tras meses de teletienda este venres 30 na súa frecuencia pasará a emitir Paramount Channel, cunha programación de 24 horas o día de teletienda. Popular tv, nas comunidades onde existe como Galiza, deixou de emitir salvo o minimo para conservar a licenza, o resto reemite programación de 13 tv e teletienda. Tele Coz vai ben, que a Xunta sempre paga a punto.
- PNG-PG, TeGa, PGD, APG e Converxencia XXI reunironse o sabado para ver se crean un partido ou coalición de dereitas. Non foron os de Converxencia Galega nin os do PG, este último sin actividade desde antes das municipais.
- Para quen queira seguir os blogues en galego de wordpress que visite: http://gl.wordpress.com/
- A rede social galega cabozo, convoca un concurso para o día das letras e crea o distinto de codigo aberto galego. (no momento de escribir isto a páxina non é accesible desde o ordenador do centro, si o era desde o da casa, curioso?)
- Privatización hospitais castela a mancha, pois iso o documento fala por si só.
- Boas vacacións a quen poida disfrutar delas esta semana santa, Tamén en Galizauberalles
Ningún comentario:
Publicar un comentario