O martes pasado asistín a un acto do Modelo Burela. Fun invitado por Bernardo Penabade co motivo do peche das actividades do proxecto para este curso. Este ano o foco de atención estaba centrado na Sanidade un dos abondosos eidos que se resiste a presenza normal do galego. Un dos eventos realizados durante o acto foi a proxección dun documental, dispoñible proximamente na rede, sobre as persoas que tentan levar o galego o Hospital da Costa, sito en Burela. Son pingas de auga nun oceano de castelanismo militante. Porén non vou flaar diso senon das verbas mais repetidas non so no documental senon no propio acto: sen imposicións, sen ofender a ninguén. Verbas repetidas cada vez que se falaba, e perdon pola redundancia, de falar galego ou usalo na escrita. Chocoume bastante, non porque non saiba que moitos cren no da imposición no do galego nin porque non saiba que moitos aínda se ofenden se escoitan falar en galego. Chocoume porque se un plan tan "branco" como o Modelo Burela debe facer expresión manifesta de non impoñer é que xa non hai remedio. Do mesmo xeito chocoume o de deixar de falar galego se o outro se ofende. Porque así non hai remedio. En fin parece que todo segue o seu lento camiño cara a extinción. Porque mal imos se aceptamos o da imposición e peor se lle facemos caso os que se ofenden por oir unha lingua distinta a de Lope, insigne poeta que xa o deixou todo claro: "Antes puto que gallego".
Para rematar recomendo ler isto que da outra imaxe do mesmo.
Tamén en Galizauberalles
Ningún comentario:
Publicar un comentario