venres, 7 de outubro de 2011

Manda Carallo coas Caixas e a puta Coz!

Ao final quedamos sen caixas tal é como estaba previsto. A Coz obviamente non so non protestou senon que capitanea con entusiasmo a cortina de fume das pensións dos seus directivos. ( O cal non quere dicir que estas non sexas indignantes e inxustas) Por outro lado parece ser que pese a recibir cartos a esgalla da Xunta a Coz ten problemas económicos coma todos os medios. Vale, coma todos non. Comeza a campaña electoral e seguro que lle van caer moitos carto máis da Xunta. De momento xa volveu a acelerar o ventilador para espallar merda sobre o BNG e a competir en nivel de insultos contra ZP con El Mundo. Ao final a Coz vai morrer de éxito: cando sexa indistinguible del Mundo ou La Razón para que a van mercar os seus lectores? Mellor mercar os orixinais que non unha imitación de provincias. Madrid e España ante todo!

Remato cunha selección de artigos que tratan os dous temas en extenso e mellor ca min.

SOBRE AS CAIXAS

SOBRE A PUTA COZ



















tamén en Galizauberalles

2 comentarios:

  1. a "expansión" de la voz foi financiada por caixa galicia. Contan con voltar a ter acceso á caixa e botar man coma sempre
    están a posicionar o seu. Lembrar tamén que castellando foi directivo en la voz de galicia, as súas aportacións son descoñecidas pero agora é o que corta o peixe en caixa galicia

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola visita e benvido. A verdade é que a lea das caixas cheirou desde o comezo a intento da Coz por seguir sendo o "amo" do país.

    ResponderEliminar