venres, 4 de novembro de 2011

Escenarios de pesadelo

Comezou a campaña electoral. O resultado a estas alturas parece cantado. Porén aquí van algúns escenarios posibles. Todos eles de pesadelo.
-          UpyD decisiva. Xa sexa como complemento dunha maioría absoluta ou dunha reforma constitucional.
-          Maioría absoluta do PP con 210 deputados. Con esa cifra podería reformar a Constitución ao seu antollo sen precisar a ninguén máis.
-          Goberno de Gran Coalición de feito ou de dereito. Por un milagre final o PSOE consegue un empate técnico e vaise a un goberno de Gran Coalición. Ou ben tras o esfondamento decisivo do mesmo deciden apoiar o PP en todo por “responsabilidad y patriotismo”
-          Vitoria do PSOE. Por un milagre aínda máis grande co anterior o PSOE consegue gañar as eleccións. Obviamente en minoría como ata agora co que sería unha repetición aumentada das dúas últimas lexislaturas. Ou ao final acabando na opción anterior.
Cal sería a única opción non pesadelesca? Un triunfo en minoría do PP onde as forzas necesarias para a formación de maiorías fosen o PNV e CiU. Ao fin todo vai dar igual. E imos ir a unha maioría absoluta e punto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario