venres, 18 de decembro de 2009

O galego ben, grazas. Ben?

Se no seu día publiquei o sesudo artigo de FAES sobre a inexistencia da lingua galega, que foi desmontado por xopau. Hoxe publicito un estudo, esta vez serio de verdade , que afirma todo o contrario do sentir xeral do galeguista medio: o galego non esta en vías de extinción senon que presenta síntomas de recuperación. Eu e os meus coñecidos que estamos repartidos por multiples IES o longo do país e cambiamos de destino case cada ano podemos dicir que o galego esta mal, moi mal: chimpamos de ledicia cando temos 5 galegofalantes nunha clase ou cando os castelánfalantes entenden o galego. Claro que o noso é mera opinión, pois non estivemos en todos os IES do país nen entrevistamos a todos os mozos. Así que cada un saque as súas conclusións.
P.D: Como este é un tema que sempre resulta triste remato cun pouco de humor, unha imaxe tomada de seioque (blogue que recomendo e que esta na lista de ligazóns) sobre a arma definitiva na loita pola independencia.

Clickar para ver mais grande

Ningún comentario:

Publicar un comentario