martes, 15 de decembro de 2009

Que Deus nos pille confesados!

Se han sobrepasado los límites de la libertad de expresión.
El incidente en sí es grave pero más grave es el video que lo ha motivado.
No cabe duda de que la mayor responsabilidad recae sobre Wyoming como autor intelectual de la agresión.
Hemos llegado a un punto en el que ya no existen adversarios sino enemigos a destruir, debemos hacer algo.
Actuaciones como las de Wyoming siembran la crispación y el enfrentamiento civil. Hay que hacer algo.

Podería seguir co amplo coro que están a montar Intereconomía e Veo (supoño que Popular tv tamén porén agora ademais de non recibir a galega tampouco recibo popular tv). Todo a raíz da agresión que sufriu Herman Tertsch e do video no que El intermedio o ridiculizaba por unha saída de tono. Os dous feitos non teñen nada que ver porén a dereita mediática non so os ligou nunha unión inseparable senon que os converteu en símbolo da brutal persecución que sofre e de como España esta a beira do abismo. Onte mentres vía Veo e como cada cal se mostraba mais indignado ca o anterior non puiden evitar lembrar as editoriais de "El Mundo" ou as columnas de Don Federico nas que saía a relucir o Padre Mariana (único teórico político do XVII que defendía abertamente o tiranicidio) como unica solución para acabar con Zapatero, os insultos continuos que dirixen a todo o que non pensa coma eles desde os supostos informativos e xornais e un longo etc.
Tendo en conta o anterior mais o que pensa e di a señora Rosa Díez que supostamente é a versión moderada dos anteriores so me queda dicir que Deus nos pille confesados como gañen por maioría absoluta.
En fin, para rematar aquí o video da discordia antes de que os cruzados da liberdade de expresión ben entendida o retiren da rede.

Ningún comentario:

Publicar un comentario