venres, 23 de setembro de 2011

Debemos chorar por Xornal de Galicia?


Se en Galiza hai un medio de comunicación que resultou  polémico desde a súa fundación ese foi Xornal de Galicia. A verdade é que o proxecto pode considerarse como o mellor exemplo do que non hai que facer a hora de montar un medio de comunicación "galeguista" por dicilo dalgún xeito. Desde o comezo foi incapaz non só de disipar as dubidas sobre a súa orixe senón de satisfacer a aqueles que, coma min, puxeramos moitas esperanzas nel. A verdade eu perdín o interese nel moito antes de que se oficializase o cambio de liña editorial, máis ca nada porque eu noteilla moito antes. Un Xornal así e que ademais reducía a presenza do galego de pouco servía excepto para manter entretido en algo a Don Santiago e tentar crear a falacia de que o PSdG é un partido galeguista. Por iso podo dicir que o seu peche, tamén na rede, tras facelo no papel non me alegra porén tampouco vou chorar por el. Que nos debe quedar de Xornal? Para algúns pode que sexa a lembranza do que puido ser e non foi. Para min un montón de aprendizaxes útiles para cando alguén decida crear un xornal galego, en galego e nacionalista, de verdade. Xa sei que o 99,9% da poboación pensa que iso é imposible. Eu estou no 0,01% que pensa que é posible. Diso falarei outro día, se me lembro.


Por outra banda déixovos información sobre a folga do 21 e o vídeo de Rajoy no que se te fixabas aparecía a estreleira.





















Tamén en Galizauberalles

Ningún comentario:

Publicar un comentario