venres, 16 de setembro de 2011

Do Códice e a Ledicia de Don Santiago

O roubo do Códice Calixtino este verán serve como metáfora perfecta da disolución de Galiza. O Calixtino foi redactado na era compostelá cando a cidade do apóstolo era o centro dunha Galiza que a falta dun termo mellor podemos chamar consciente de si mesma e dos seus intereses. Hoxe na que a aspiración única é ir tirando e ser mais español ca ninguén, sen importar o que custe nin que non se obteña beneficio ningún no proceso, van e rouban o Códice. Que mellor metáfora do que acontece! Cando eramos nós mesmos redactase unha guía de cómo chegar ata aquí. Agora que non somos nada róubana.





Por outra banda Don Santiago dono e señor de La Coz y de Galicia debe estar ledo coma un pícaro cando lle din que non hai clase. Este verán desapareceron Galicia Hoxe e Xornal co que o galego desapareceu dos kioscos. O “Señor de las habichuelas” sigue afogando o galego canto pode e dándolle cartos a La Coz e no horizonte aparece Rajoy como aniquilador do estado das autonomías e defensor do “acosado castellano”. Don Santiago ten motivos para estar ledo.



En fin parece que non queda esperanza ningunha. Eu así o creo. Poren pódeme a faceta de historiador: alguén terá que contar como acaba todo. Ou noutras palabras: estamos de volta!


Ningún comentario:

Publicar un comentario