Hoxe toca anuncios, primeiro David Peon informa sobre as consecuencias económicas dos recortes, despois Converxencia XXI informa do nacemento da súa revista: Chorima.
"As distintas políticas económicas aplicadas en USA e na UE comezan a dar os seus froitos: Estados Unidos reduce a taxa de desemprego do 10% ao 8,5% mentras a zona Euro sube ata o 10,3% a finais de 2011, cun crecemento económico 3 puntos acumulados por detrás dos USA.E mentras as políticas europeas centradas na consolidación fiscal non conseguen os froitos desexados, a política expansiva americana si está a conseguir o desapancamento do sector privado da economía. Ata cando durará o noso particular zeitgeist?
Ligazón ao artigo: Zeitgeist (II)."
"Estimado/a simpatizante:
Dende Converxencia XXI achegámosche a nosa última iniciativa para mantervos informados das actividades e opinións que estamos a desenvolver. O primeiro número da Revista Chorima, onde informaremosvos das nosas actividades recentes, iniciativas de Converxencia XXI, artigos e entrevistas a persoeiros destacados.
Aproveitamos esta ocasión para convidarte a que te unas á nosa cada día maior familia converxente. Podes atopar información na nosa web, e para ser converxente, só tes que enviarnos a este mesmo enderezo eletrónico o documento seguinte cos teus datos: http://www.converxencia.eu/wp-content/uploads/2011/04/ficha-de-afiliacion-2011.pdf
Agardámos que te animes a unirte ao noso proxecto para facer unha Galicia máis próspera e mellor!!"
Tamén en Galizauberalles
Ningún comentario:
Publicar un comentario