xoves, 18 de novembro de 2010

92 anos da I Asambleia nazonalista de Lugo

A verdade é que hai pouco que dicir da Asemblea como non sexa que todo o que pedían sigue vixente e que sorprende tanta claridade hai 92 anos fronte a tanta pobreza mental hoxe.
Por outro lado este ano tócame estar nun centro repartido o 50% entre galegofalantes e castelán falantes. Os dous anos anteriores estiven en centros case monolingües en galego. Isto ben a que se en anos anteriores, o aproveitar o aniversario para explicar as Irmandades e a propia Asemblea, me escoitaban nese silencio propio de quen non lles interesa o mais mínimo o que lles están a dicir. Este ano era un silencio malhumorado propio de quen se sinte molesto por aquelo que esta a escoitar. Supoño que me sirve de adestramento para cando caia nun centro "bilingüe".



Ningún comentario:

Publicar un comentario