venres, 19 de novembro de 2010

Aldraxe e dignidade

Desde que gobernan os señores que nos gobernan, todos sabemos o que son máis non o digo para non caer no delito de calumnias contra o honrado gremio das meretrices, as aldraxes contra lingua e a cultura galega son constantes. Xopau reflexiona sobre unha recente: a concesión do Otero Pedrayo a Fraga.


"Extra, extra!!!! As deputacións outórganlle a Fraga o galardón Otero Pedrayo. Como era de esperar o galardoado aproveita o discurso para dicir que espera que a vida lle dea uns meses máis para seguir defendendo a España. Manda carallo.


Otero Pedrayo: o que resisitiu firme nos anos duros da Guerra, o que perdeu o seu traballo de profesor e tivo que vender as súas terras para poder vivir no ostracismo a que o condenaron os fascistas, o que falou por primeira vez nun acto público en galego despois da Guerra e foi apoupado polos camisas azuis que querían rebentar o acto cantando o caraosol.

Otero Pedrayo: o que axudou e formou as xeracións máis novas de galeguistas nos anos 60 aínda que fosen marxistas e non lle importou porque eran nacionalistas ao fin, o símbolo da fidelidade, o home que máis recordou a Castelao nos anos nos que só mentar o seu nome te podía condenar, o que se entrevistou con el en Arxentina por dúas veces, o máis xeneroso e o que nunca aproveitou os premios que como galego recibiu para dicir que había que defender España. Descanse en paz."



Mentres de vez en cando salta algo de dignidade, como a renuncia de Agustín Fernández o premio "deses señores".


Tamén en Galizauberalles

Ningún comentario:

Publicar un comentario